O candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, apelou hoxe a todos os galegos a sumarse ao “cambio con garantías”, a un “cambio tranquilo, confortable” que non irá “contra ninguén” senón que traballará para que “ninguén quede atrás”.
“Somos
a mellor opción para o futuro de Galicia”, subliñou o líder dos
socialistas galegos, quen chamou a “meter a Feijóo no baúl dos
recordos” a partires do 12 de xullo. Sobre todo, como dixo, porque
quen durante 11 anos “recortou os servizos públicos, privatizou a
sanidade e destruíu o emprego non pode agora pilotar a
reconstrución” de Galicia trala pandemia.
É
por iso, remarcou Gonzalo Caballero, “os socialistas saímos a
gañar” estas eleccións, “con forza e con ilusión”, para
construír “un goberno de progreso” na Xunta. “Porque Galicia
-argumentou- é a nosa razón e o noso compromiso”, e “se en
abril o cambio era necesario” para poñer fin á senda de “recortes
e retrocesos” de Feijóo, “agora é imprescindible”.
Sobre
todo, porque despois de frear a curva dos contaxios da covid en
virtude das medidas tomadas polo goberno progresista en España,
agora temos que “frear a curva da desigualdade” e “non deixar a
ninguén na cuneta”. “As nosas receitas son máis necesarias que
nunca”, evidenciou o candidato socialista á Presidencia da Xunta,
consciente de que “somos a única garantía fronte aos recortes da
dereita”.
Así
pois, Gonzalo Caballero chamou aos galegos a “non resignarse ao PP
de Casado, Ayuso e Feijóo”. “As eleccións do 12 de xullo son
moi importantes. Se non acertamos na resposta que queremos,
estarémonos laiando durante outros catro anos dos recortes de
Feijóo”, advertiu.
“Catro semanas para o cambio”
Neste
escenario, Gonzalo Caballero fixo fincapé en que “quedan catro
semanas para o cambio” e para ter en Galicia un goberno que
“defenda os servizos públicos e faga política pensando na
cidadanía”. “Necesitamos revitalizar Galicia tralo diagnóstico
en branco e negro que nos deixa Feijóo”, engadiu.
En
concreto, referiu como os 11 anos de Feijóo en Galicia deixan 70.000
ocupados menos, unhaa 500 camas menos nos hospitais públicos, 2.000
millóns de recortes na sanidade pública e tan só 26 vivendas
públicas construídas. “Galicia necesita abrir unha etapa de
progreso e de oportunidades e o PP non é quen de facer política
para remontar unha crise como esta”, incidiu.
Para
poñer en marcha medidas que “a prol da xustiza social, a
igualdade, os dereitos dos nenos e dos maiores” e pular pola
creación de emprego e a mellora da economía, Gonzalo Caballero
comprometeu un pacto político, cos axentes sociais e co
municipalismo para “reconstruír o país”. Para “orientar”
ese traballo, ademais, avanzou que contará con Xoaquín Fernández
Leiceaga como conselleiro de Facenda do goberno autonómico.
Ademais,
asegurou que un goberno progresista en Galicia “esclarecerá todo o
ocorrido nas residencias de maiores” durante a crise da covid,
porque 132 persoas faleceron en Galicia dentro dos xeriátricos. “Con
responsabilidade, sen demagoxia, pero entendendo que o dereito á
dignidade implica dar información a quen perdeu a un ser querido”,
concluíu, antes de remarcar que é “un compromiso” que fará
realidade.
Finalmente,
o líder do PSdeG puxo en valor como o goberno progresista dispuxo o
pago das nóminas a 270.000 galegos a través dos ERTE, como 70.000
autónomos de Galicia percibiron axudas, que se prohibiron os
desafiuzamentos e o corte de subministracións durante a pandemia e a
aprobación do ingreso mínimo vital.
E
a resposta de Feijóo a este “escudo protector” da cidadanía,
recordou, foi “a confrontación. “É corresponsable da estratexia
de Casado, Álvarez de Toledo e Ayuso”, remachou Gonzalo Caballero,
antes de recriminar a súa “irresponsabilidade” ao pedir o
levantamento do estado de alarma o pasado 3 de maio. “Feijóo é PP
en vena”, criticou.
Fronte
a este xeito de actuar, Gonzalo Caballero reivindicou que o
PSdeG-PSOE ten “un proxecto de país” que terá en conta á
cidadanía. E engadiu que, despois de que as forzas progresistas
gañaran en Galicia todas as eleccións do pasado ano, o vindeiro 12
de xullo haberá unha nova vitoria nas urnas que terá como resultado
un presidente socialista.
“Hoxe hai máis motivos”
Pola
súa banda, a número dous pola provincia de Pontevedra, Isaura
Abelairas, destacou de Gonzalo Caballero que é “reivindicativo”
e “un traballador incansable” e resaltou que o PSdeG ten “gañas,
experiencia e coñecemento” para afrontar o cambio.
A
continuación, a cabeza de cartel por Lugo, Patricia Otero, puxo en
valor as medidas do goberno de España nesta crise, como o pago dos
ERTE, as axudas a autónomos ou o ingreso mínimo vital.
“Temos
mil e un motivos para saír á rúa e dicir que non é igual que
gobernemos uns ou que gobernen outros”, incidiu, e criticou a
“inacción” de Feijóo fronte ao traballo dunha maioría de
alcaldes socialistas na súa provincia e do presidente da deputación.
“Só nos queda desbancar ao PP da Xunta”, arengou, convencida de
que Gonzalo Caballero será o próximo presidente.
Tamén
interveu Marina Ortega, quen encabeza a candidatura ourensana, e
sinalou que a súa provincia parece “o experimento macabro do PP”,
á vista do pacto subscrito por Feijóo para manter a Baltar á
fronte da Deputación e situar a Jácome no concello.
Por
iso, tras “unha década perdida” para Galicia, chamou a situar na
Presidencia da Xunta a “unha persoa moi formada e moi recoñecida”
como Gonzalo Caballero.
Finalmente,
Pablo Arangüena, número un pola Coruña, tomou a palabra para
subliñar que “se hai tres meses había vimbios e motivos para o
cambio” agora “hai os mesmos vimbios e moitos máis motivos”.
“Se
despois de once anos recortou todo o que podía recortar e máis en
sanidade e servizos públicos, que non fará se segue gobernando tras
o 12X na crise que seguirá á pandemia?”, inquiriu, convencido de
que Feijóo “deixaría Galicia como un bonsái” a base de
tesoiras. Fronte a isto, comprometeu unha nova política para
reconstruír Galicia ao lado da cidadanía.