Xoves, 13 Febreiro de 2025

As Bibliotecas de Redondela abren as súas salas de estudo

As salas ábrense cumprindo todas as normas de seguridade sanitaria que impón a actual pandemia da COVID-19

 As Bibliotecas de Redondela abriron este luns, 15 de xuño, as súas salas de estudo, unha apertura que se fai respectando o aforo, cumprindo sempre a distancia interpersoal e a limpeza e hixiene axeitados.

No caso da sala de estudo da Biblioteca Pública Municipal ‘Valle-Inclán’ de Redondela, adaptouse un dos espazos da planta baixa do Multiúsos da Xunqueira co fin de poder espaciar máis os lugares de estudo para manter a distancia de seguridade. Esta medida permite conotar cun total de vinte prazas para estudo.

As persoas interesadas poderán acudir ás salas de estudo de luns a venres de 08:30 a 14:00 horas. Ao chegar ao Multiúsos deben solicitar, no mostrador da entrada, un número que se corresponde co do posto asignado para o estudo; ese número entregarase de novo á saída para que o persoal poida sinalizar ese posto para a súa hixienización.

Respectando as mesmas medidas de seguridade e hixiene, a na Biblioteca Pública Municipal ‘Xela Arias’ de Chapela abrirá de luns a venres de 9 horas a 14 horas.