18.6 C
Pontevedra
Venres, 17 de Setembro de 2021
Máis
    HomeÉ NoticiaOs premios 'Demo Day' de 'DepoEmprende na FP' exhiben na Deputación "todo...

    Os premios ‘Demo Day’ de ‘DepoEmprende na FP’ exhiben na Deputación “todo o talento e a creatividade que hai na provincia”

    O CIFP Carlos Oroza, o IES Montecelo e o CIFP Manuel Antonio foron os tres centros premiados con iniciativas “moi novidosas e perfectamente viables”

    O talento emprendedor da xente máis nova exhibiu hoxe o seu grande músculo no Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra no acto de entrega dos Premios Demo Day aos proxectos gañadores da nova edición de ‘DepoEmprende na FP’, un “acto cheo de talento e creatividade” tal e como subliñou a Carmela Silva, a pesar de que entrega tivo que adaptarse aos tempos da Covid19 coas medidas de protección e distanciamento axeitadas. A presidenta dirixiuse ás mozas e mozos premiadas e amosouse “alucinada co nivelazo que ten a formación profesional na nosa provincia”, subliñando que “cada ano sorpréndome coas incribles ideas que poñedes en marcha desde os vosos centros”.

    Os Premios Demo Day recoñecen ás tres mellores iniciativas empresariais no marco de “DepoEmprende na FP” deste ano, que tiveron que reorientarse, polas consecuencias da crise sanitaria, cambiando os seus proxectos iniciais ao formato audiovisual. O xurado destacou “o excelente nivel dos traballos” que na categoría de Grao Superior, outorgou o primeiro premio (700 euros) ao CIFP Carlos Oroza polo proxecto “Animal Lovers” e o segundo premio (500€) para o CIFP Manuel Antonio por “OdontoApp”.

    “Animal Lovers”, realizado polas alumnas Nuria Pintos e Nuria Franco, do Ciclo superior de Aloxamentos Turísticos do Carlos Oroza, baséase na posta en marcha dun establecemento destinado a satisfacer as necesidades que se dan á hora de viaxar con mascotas. Trátase dun hotel rural onde os protagonistas son os animais de compañía das persoas que se hospedan, con aloxamento e coidados específicos para as mascotas.

    O segundo premio foi para o proxecto do alumnado do CIFP Manuel Antonio, realizado por Sabela Cid, Óscar Vila, Eva Figueroa e Alba Pichel, do Ciclo Superior de Hixiene Bucodental, e leva como nome “OdontoApp”. Consiste nunha ferramenta tecnolóxica dirixida ás clínicas dentais co fin de optimizar e facilitar o traballo de xestión a través dunha axenda en liña que se pon a disposición das e dos pacientes.

    En canto á categoría de Grao Medio, o premio dotado con 700 euros foi para o IES Montecelo polo proxecto empresarial “Camiñando”, ideado por Andrea Abal, José Carlos Rodríguez e Julián Sevilla, do Ciclo Medio de Farmacia e Parafarmacia. É unha iniciativa que ofrece a montaxe e comercialización dun kit con produtos para o coidado persoal dos peregrinos e peregrinas, utilizando unha cabaza como envase que despois pode conservarse como un recordo da experiencia vivida polos Camiños de Santiago.

    Na entrega de premios, na que participaron o profesorado e o alumnado, Carmela Silva

    salientou que estaba “abraiada cos tres proxectos premiados” porque “teñen moito futuro, xa que cada unha destas iniciativas están capacitadas para ter viabilidade, son demandas reais que hai no sistema económico”. Amais, recalcou que “nesta provincia hai moito talento, hai moita creatividade e isto é un feito para ser moi optimistas porque son as ideas as que poden por si mesmas cambian o mundo”.

    A presidenta provincial aproveitou para reivindicar o papel da formación profesional a que considerou “fundamental para o futuro da nosa provincia e do conxunto do estado, como un bo camiño para xerar riqueza e emprego de calidade”. Tamén reclamou “unha aposta máis forte de todas as administracións pola FP”, e aplaudiu as palabras de alumnas e alumnos que fixeron un canto ao optimismo e á actitude como canles axeitados para conseguir os soños.

    COLABORACIÓNS

    ¡Indultos!

    Hace unas semanas fue la época de los indultos. Por un lado, se indultaron a los "díscolos catalanes" que quisieron "separarse de la madre patria" para ocultar las vergüenzas de tantos años de corrupción ya que, si no no se entiende. Ni historia ni, sobre todo los datos económicos, lo sostienen por ningún lado.

    Xesús Constenla, «O peso do cerebro»

    Xesús Constenla xa nos ten acostumados a unha narrativa arriscada e alonxada de tópicos, o que non deixa de ser un aliciente para calquera lector. Agora, con «O peso do cerebro», mantense firme nesta liña de traballo para adentrarse no confuso mundo de don Honorio, un vello afectado de demencia senil que un día, aproveitando un despiste da súa neta, Paula, sae da casa e vaga sen rumbo pola cidade de Barco (doadamente identificable co Ferrol natal do autor), un espazo que, coma o protagonista, coñeceu mellores tempos.

    Illote Areoso, paraíso natural

    Último domingo del mes de agosto y aquí estoy de nuevo para compartir con vosotros un pedacito de mis aventuras. Hoy os dejo un planazo sin salir de la provincia de Pontevedra: una visita al Illote Areoso.

    Peregrinos xacobeos na cidade de Tui (XIII). O nobre polaco, Xacobe Sobieski de Janina en 1611

    Nos capítulos que vimos recollendo nesta sección sobre peregrinos xacobeos que deixan referencía á cidade de Tui nos seus relatos ou diarios nos que recollen a súa experiencia, abordamos hoxe a figura doutro peregrino chegado dende terras ben afastadas. Trátase dun nobre polaco, Xacobe (Jakub) Sobieski de Janina, foi...

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    11 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    4 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    44 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    34 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    1 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    2 POSTS0 COMMENTS