9.9 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeEleccións 12XGonzalo Caballero a dotar a todos os estudantes galegos de ordenador con...

    Gonzalo Caballero a dotar a todos os estudantes galegos de ordenador con conexión a internet dende a casa

    O candidato socialista destaca que os 2.000 millóns de euros extra que o Goberno de España destina á educación nas autonomías permitirán un plan de fortalecemento e adaptación do ensino público galego

    O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, comprometeuse hoxe a dotar a todos os estudantes galegos de ordenador e conexión a internet “para resistir a nova etapa na que a dixitalización é fundamental”. O líder dos socialistas galegos empregará os fondos que correspondan a Galicia da partida de 2.000 millóns de euros que o goberno de España vai repartir entre as comunidades para a mellora da educación, incluíndo a posta en marcha dun Plan de Dixitalización do Ensino así como un incremento do persoal docente.

    O secretario xeral do PSdeG protagonizou a presentación da candidatura socialista ao 12X por Pontevedra, que hoxe se reuniu en Vigo xunto co alcalde, Abel Caballero e a presidenta da Deputación, Carmela Silva. Dende alí respaldou o esforzo por parte do goberno de Pedro Sánchez en materia de educación pública, que será, subliñou, “a bandeira do goberno progresista na Xunta de Galicia”.

    Gonzalo Caballero lamentou que “o único presidente autonómico ao que non lle gusta que o goberno de España dispoña fondos para a mellora da educación publica é Feijóo, porque non lle gusta a educación pública”. Fronte a esta actitude, comprometeuse a aproveitar os fondos estatais para “fortalecer o ensino público” e adaptalo ao novo tempo.

    O líder dos socialistas galegos subliñou que as partidas procedentes do Goberno de España permitirán tamén contar con “máis docentes, un sistema de bolsas de ensino máis potente, máis capacidade para dotar os comedores escolares” e a dixitalización, ademais dos “libros de texto gratuítos”.

    Gonzalo Caballero salientou así que o goberno de España “acaba de aprobar 16.000 millóns de euros para dotar ás comunidades autónomas de posibilidades para facer mellores políticas” e dotarse dun “escudo protector” para a cidadanía. Ademais, dixo, incorporan os sinalados 2.000 millóns para “defender o dereito dos e das estudantes de Galicia a ter unha educación pública de calidade”.

    “O cambio posible é necesario”

    O candidato socialista á Xunta aproveitou a presentación da candidatura de Pontevedra para apostar polo “cambio posible e necesario” na Xunta de Galicia, que “vaise producir pola mobilización crecente do electorado progresista”. Dixo que “de novo existen todos os impulsos para que o 12X Galicia abra unha nova etapa de progreso, de futuro e de posibilidades”.

    Por iso, Gonzalo Caballero reclamou a “todos os galegos e galegas que se involucren” e “apoien o cambio que necesitamos para o futuro do país” porque “non nos podemos arrepentir catro anos máis de gobernos do PP, da dereita e de Feijóo, e temos que facelo cun compromiso claro coas políticas de progreso”.

    O dirixente socialista interveu en Vigo, onde dixo que “queremos gañar porque a vitoria en Vigo será a vitoria progresista para a nova etapa en Galicia liderada polo PSdeG en conexión co municipalismo”. Reivindicou un goberno galego que traballe “a carón do alcalde de Vigo para facer mellores políticas públicas que a cidade demanda”.

    Gonzalo Caballero reivindicou que os veciños e veciñas de vigo “saben que con Feijóo non hai avance nin compromiso, simplemente rexeitamento e tensión permanente e incapacidade de compromiso”. Puxo en valor o traballo municipal deste concello, “referencia en toda España”, onde o presidente da Xunta demostrouse “omnipresente nos medios pero ausente nas medidas”.

    Tivo que ser, puntualizou, “o goberno municipal con Abel Caballero á cabeza o que lle dera resposta aos problemas e necesidades da cidadanía fronte á crise, como máximo colaborador do goberno de España para desenvolver o ingreso mínimo vital e que chegue a todos os cidadáns”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.