22.2 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasSalceda pide unha vez máis á Xunta a reparación do vial paralelo...

    Salceda pide unha vez máis á Xunta a reparación do vial paralelo á EP2505 por ser “un perigo para vehículos e persoas”

    O Concello comezara a reparación do vial contando cun permiso verbal da Xunta que, unha vez comezadas as obras, lle foi retirado e incluso chegou a anunciarse un expediente sancionador contra a administración local

    A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, reiterou diante da Axencia Galega de Infraestruturas que se acometa o asfaltado de urxencia da vía de servizo existente entre a EP-2505 a glorieta elevada sobre a PO-510 polo seu mal estado, que non reúne as condicións mínimas para a circulación de vehículos.

    A alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, fixo fincapé no feito que o pasado ano a Xunta de Galicia, “saltándose o principio de colaboración entre administracións, impediu o arranxo do vial por parte do Concello, e agora manteno nunhas condicións deplorables que impiden o seu uso por parte de vehículos e camiñantes”

    Castiñeira facía referencia a que hai un ano o propio Concello quixo realizar obras de reparación do mencionado vial contando co permiso verbal por parte da Xunta de Galicia, pero no momento da execución a administración autonómica paralizou dita obra, anunciando incluso a apertura dun expediente ao Concello de Salceda.

    Finalmente a AXI autorizou ao Concello a realizar as obras de mellora, pero establecendo uns condicionantes imposibles de acometer por parte da administración local, pois levar a cabo o proxecto cos mencionados condicionantes supón un investimento que ronda os 50.000 €, que o Concello ademais non podería imputar a ningún tipo de subvención por tratarse dun vial propiedade da Xunta de Galicia, e polo tanto a Administración Autonómica é a responsable de mantelo nas condicións óptimas de utilización.

    Dende o Concello xa se lle deu traslado á Xunta do mal estado do vial no mes de xaneiro, e o pasado 3 de marzo reincidiuse na petición, indicando na mesma que “case dous meses despois, non se tomaron as medidas pertinentes por parte da AXI (Axencia Galega de Infraestruturas), e o mencionado vial presenta un estado que o fai practicamente intransitable”.

    O equipo de goberno, entendendo que o momento que vimos de vivir dificultou a execución da obra, respetou as semanas de confinamento, e este pasado xoves volveu enviar unha nova solicitude á Xunta de Galicia (a terceira) para que acometese canto antes a reparación, que neste momento resulta aínda máis importante para poder aliviar de tráfico a recén humanizada rúa Gándara, que gana así máis espazo para as persoas, fundamental nestes momentos en que resulta vital manter a distancia física entre persoas.

    Según un informe do arquitecto municipal, o vial deteriorouse debido o aumento do tráfico rodado, polas obras realizadas en agosto pasado polo Concello, e as condicións climatolóxicas adversas dos últimos meses. Este informe considera que a situación do vial é un perigo tanto para os peóns como para os vehículos.

    Agora, “unha vez pasado o confinamento, –conclúe Loli Castiñeira– a Xunta ten que dar resposta á nosa solicitude canto antes”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.