12.4 C
Pontevedra
Martes, 28 de Marzo de 2023
Máis
    HomeEleccións 12XCabaleiro e Regades coinciden en que o mellor para Tui "é que...

    Cabaleiro e Regades coinciden en que o mellor para Tui “é que Gonzalo Caballero sexa presidente da Xunta” logo do 12X

    Unha Xunta de Galicia progresista e aliñada co municipalismo permitirá que os proxectos de desenvolvemento industrial pendentes en Tui collan velocidade, contribuíndo así a xerar emprego e oportunidades no centro da eurorrexión

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, recibiu a visita da candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia de Pontevedra ás próximas Eleccións Autonómicas e do secretario xeral provincial, David Regades Fernández. Cabaleiro remarcou que o mellor para Tui é que o próximo presidente da Xunta de Galicia sexa Gonzalo Caballero.

    A xuntanza produciuse no polígono industrial de Areas, onde o Concello está a impulsar unha segunda fase, para a que quere contar co apoio do Consorcio da Zona Franca, que dirixe Regades. O propio David Regades destacou que a Zona Franca pasou de ser unha institución pouco coñecida e que era vista como “un observador” a converteuse “nun axente activo do desenvolvemento industrial e social no Sur de Galicia”.

    O alcalde de Tui ten moi claro que o relevo na Xunta de Galicia significará o mesmo que xa significou o cambio político no propio Concello de Tui no ano 2015. Confiou en que tralos comicios do próximo mes dispoñamos dun novo Goberno galego “para levar adiante tódalas cuestións que están pendentes en Tui”. O alcalde lembrou que ao igual que houbo que emprender un camiño para o desenvolvemento urbanístico da totalidade dos polígonos do municipio, agora hai tarefa por diante e que precisa dunha Xunta comprometida.

    David Regades afirmou que a garantía do cambio son os nomes de Carmela Silva na Deputación de Pontevedra e de Pedro Sánchez no Goberno de España. “Xa demostramos que cando chegamos ás institucións sabemos poñelas ao servizo da xente”. Por tanto, concluíu que os proxectos a curto, medio e longo prazo de Tui precisan dun Goberno galego que, con Gonzalo Caballero á cabeza, aposte por xerar emprego, riqueza e ilusión “nun enclave que, como Tui, é o centro da eurorrexión e un dos pasos transfronteirizos máis utilizados de España”.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS