8.6 C
Pontevedra
Domingo, 2 de Abril de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiConcello de Tui e Zona Franca márcanse como obxectivo a ampliación do...

    Concello de Tui e Zona Franca márcanse como obxectivo a ampliación do parque empresarial de Areas

    O borrador de convenio ten un obxectivo claro de incrementar o chan industrial en 200 mil metros cadrados

    O Concello de Tui e a Zona Franca de Vigo van estudar a ampliación do Parque Empresarial de Areas. Así o acordaron esta mañá o alcalde, Enrique Cabaleiro, o delegado da Zona Franca, David Regades. Na Casa do Concello mantiveron unha reunión á que tamén asistiron os concelleiros Ana Mª Núñez, Sonsoles Vicente, Yolanda Rodríguez, Laureano Alonso, José Ramón Magán e Rafael Estévez, e técnicos de Zona de Franca.

    O alcalde, Enrique Cabaleiro, e o delegado de Zona Franca, David Regades, comprometéronse a redactar un convenio de colaboración que estude a ampliación e desenvolvemento desta superficie empresarial en 200 mil metros cadrados.  O parque empresarial de Areas conta cunha estratéxica situación, e verá mellorada a súa comunicación co novo acceso que terá coa A55 e coa VAP Tui-A Guarda.

    O goberno municipal de Tui sitúa entre as súas prioridades “a viabilidade das empresas, dispor de chan industrial para atraer investimentos a Tui,  consolidar o emprego existente e crear novos postos de traballo”, segundo explicaba o alcalde, Enrique Cabaleiro. En concreto  indicaba o rexedor que a ampliación do chan industrial de Areas tería coma obxectivo “consolidar a oferta existente e atraer novas empresas”.

    O delegado de Zona Franca, David Regades, destacou coma nestes momentos na provincia se rexistra máis demanda que oferta de solo industrial.  Por iso apuntaba que esta posible ampliación “é unha gran iniciativa”, sinalando que “creemos que este polígono vai ser un polígono de éxito e máis se vai co selo de Zona Franca de Vigo”. Destacaba a vantaxe xeográfica que ten Tui pola súa cercanía en Portugal”, e nese subliñaba que temos que ver en “Portugal un aliado estratéxico” e Tui é unha porta importante a Galicia dende Portugal é Tui”.

    Amais do traballo que se está a realizar para a posible ampliación do Parque Empresarial de Areas, o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, lembraba tamén a xestión realizada nos outros solos industriais do municipio. Así explicaba que nestes momentos esta en fase final a reordenación definitiva do chan industrial de Ribadelouro, en breve aprobarase inicialmente a reordenación do chan industrial de Baldráns, e estase a traballar na reordenación do chan industrial de Guillarei.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS