10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño prioriza a circulación de persoas no novo espazo público do Seixo...

    Tomiño prioriza a circulación de persoas no novo espazo público do Seixo con excepcións só para residentes e comerciantes

    Para o control do acceso de vehículos, o Concello contará cun sistema de cámaras de videovixilancia, coñecido coma 'Traffic Eyes Accesos'

    Crear un Área de Circulación Restrinxida (A.CI.RE.) nas rúas do núcleo urbano do Seixo, con total prioridade para os peóns, e na que non se permitirá a circulación de vehículos, salvo os debidamente autorizados, é a decisión tomada polo Concello de Tomiño, que entrará en vigor en breve, tras o remate das obras de humanización levadas a cabo nos últimos meses.

    O obxecto é garantir a mellora da mobilidade peonil e a seguridade viaria, retirando o tráfico de vehículos das rúas República Arxentina, A Guarda, Colón, Camino do Alivio e Praza do Seixo.

    Dentro das excepcións, atópanse as persoas residentes, propietarias de comercios ou usuarias de garaxes; vehículos de carga e descarga de mercadorías e gasoil; servizos de emerxencias, ambulancias, bombeiros, policía, taxis e bicicletas, entres outros.

    Asemade, non se poderá estacionar na zona, salvo para as persoas residentes, que disporán de 10 minutos para carga e descarga doméstica (carga e descarga de mercadorías, até 30 minutos).

    Para o control do acceso de vehículos, o Concello contará cun sistema de cámaras de videovixilancia, coñecido coma ‘Traffic Eyes Accesos’; un sistema de recoñecemento de matriculas por OCR, para o control de tráfico en vías urbanas, que funciona de forma centralizada, enviando todas as matrículas detectadas a un servidor central, que comproba cada acceso na lista de vehículos autorizados, e xera as infraccións correspondentes, en caso de non dispor de permiso.

    A partir da próxima semana, tanto residentes como comerciantes e demais servizos, terán á súa disposición o modelo de solicitude para a autorización de acceso á zona restrinxida.

    Ditas solicitudes poderán presentarse no rexistro de entrada do Concello, ou ben, a través da sede electrónica (tomino.gal).

    O concelleiro de Tráfico e Seguridade, Ismael Troncoso, acompañado polo oficial xefe da Policía Local, José R. Álvarez Riveiro, mantivo varias xuntanzas con residentes e comerciantes do núcleo urbano de Tomiño, para informarlles sobre as obras realizadas para a creación dun novo espazo público para a veciñanza, e do conseguinte cambio de prioridades de circulación de persoas e vehículos, escoitando ao mesmo tempo as súas necesidades e inquedanzas. “Queremos salientar a boa acollida das novas medidas por parte de residentes e comerciantes, e agradecemos a súa paciencia e comprensión durante as obras”, comenta o edil.

    As obras contan cun investimento total de 670.000 euros (500.000 do Plan DepoRemse).

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.