13.9 C
Pontevedra
Venres, 8 de Decembro de 2023
Máis
    HomeVal MiñorBaionaO Pavillón Municipal de Deportes e as Escolas Deportivas Municipais reinician a...

    O Pavillón Municipal de Deportes e as Escolas Deportivas Municipais reinician a súa actividade o vindeiro 15 de xuño

    Tanto o Pavillón como as Escolas contarán con estritas medidas de seguridade de cara a garantir a seguridade sanitaria dos usuarios e usuarias

    O vindeiro luns, 15 de xuño, o Pavillón Municipal de Deportes de Baiona volverá a abrir as súas portas, pechadas pola crise sanitaria provocada pola COVID-19. A apertura, sempre pendente das circunstancias que dite a ‘nova normalidade’ estará marcada pola adopción de “estritas medidas de seguridade que permitan un funcionamento o máis normalizado posible e, ao mesmo tempo, unha total garantía de seguridade sanitaria para usuarios e usuarias”, sinala a concelleira de Deportes, Miriam Costas.

    Así, para acceder ás instalacións do Pavillón, establécese un protocolo que será controlado polo persoal de recepción tendo que presentar os usuarios e usuarias “unha declaración xurada de non ter viaxado ao estranxeiro, non estar en contacto con ningunha persoa que padeza a COVID-19 e non ter síntomas da enfermidade.

    Ademais tomarase a temperatura a todas as persoas que accedan as instalacións, non permitíndose á entrada a ninguén que supere os 37,2 °C. Doutra banda, e para maior tranquilidade, proporcionarase a cada persoa usuaria un pulverizador de uso para a limpeza e desinfección de cada espazo e material utilizado. De cara a evitar cruzamentos de persoas usuarias, establécese unha única entrada de acceso (a porta da zona de recepción) e unha única vía de saída (o portón de pista).

    En canto ao horario, as instalacións estarán abertas de luns a xoves de 8:30 horas a 13:30 horas e de 18:30 horas a 22:30 horas e o venres de 08:30 horas a 13:30 horas.

    As diferentes clases realizaranse polo sistema de cita previa podendo solicitala ou a través do teléfono 986 356 558 ou do WhatsApp 667 983 555. A duración máxima da estancia no Pavillón será de 90 minutos ou dúas clases e, usuarias e usuarios, só poderán elixir unha quenda, ou de mañá ou de tarde. O persoal das instalacións levará un control telefónico de solicitudes e reservas a través do WhatsApp

    No que ao persoal atinxe, haberá un monitor/a para clases colectivas en pista do pavillón, un monitor/a para clases de spining na aula de aerobic e un monitor/a permanente na sala Gym para o control de espazo de usuarios e usuarias.

    Tal e como explica a concelleira de Deportes, Miriam Costas, as persoas usuarias “contan con todas as medidas de seguridade para poder asistir as clases grupais ou utilizar as instalacións” e, nese sentido, sinala Costas “cada persoa disporá de 4 metros cadrados e as clases grupais estarán limitadas a un máximo de 20 usuarios e usuarias para poder garantir o correcto distanciamento”. Na mesma liña, a sala de fitness terá limitado o aforo a 15 persoas por módulo.

    A reapertura deste tipo de instalacións “é complexa debido á propia estrutura de funcionamento –sinala a concelleira de Deportes– motivo polo que o Goberno local adoptou todas as medidas para garantir o contacto ‘cero’ entre persoas usuarias”. Como medida preventiva non se poderán utilizar nin vestiarios nin taquillas, será obrigatorio o uso de esterilla propia e toalla, e as máquinas de vending non terán servizo.

    Finalmente, as instalacións serán desinfectadas antes da apertura diaria, tanto de mañá como de tarde, e entre as distintas clases.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.