7.6 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño recibe os primeiros selos de 'Comercio Seguro'

    Tomiño recibe os primeiros selos de ‘Comercio Seguro’

    Os primeiros galardoados alcanzaron as máximas notas nunha avaliación que ten a Xunta de Galicia a disposición dos establecementos

    A Federación Provincial de Comercio fixo entrega en Tomiño dos primeiros selos dunha campaña que infunde confianza nos consumidores. Estes selos acreditan como ‘Comercio Seguro’ aos pequenos establecementos que aplican os protocolos sanitarios e hixiénicos estipulados pola Xunta trala crise do Covid-19.

    Os selos de ‘Comercio Seguro’ foron entregados aos propietarios de Lito Sport, Hebe Estética, Clínica Dental Ignacio Rodríguez e Arte Peluquería pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González; o concelleiro de Promoción Económica, Francisco Campo; a vicepresidenta, o secretario e a xerente de Adeto, Marta Álvarez, Iago Pérez e Lorena Quinteiro, respectivamente, e o secretario xeral da Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados, Enrique Núñez.

    Estes establecementos foron os primeiros en cumprimentar a autoavaliación da Xunta de Galicia dentro da plataforma www.comerciosegurogalicia.com conseguindo a nota de ‘Elevado’ e ‘Moi Elevado’ que outorga a citada plataforma. A vindeira semana seguiranse repartindo distintivos a outros establecementos que tamén superaron a autoavaliación da Xunta de Galicia.

    Dende ADETO confíase en que “todos os comercios leven a cabo a súa evaluación e soliciten o seu distintivo”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.