Mércores, 12 Novembro de 2025

Ponteareas presenta a cuarta edición da súa Feira do Libro

O goberno de Ponteareas presenta a cuarta edición da Feira do Libro que terá lugar dende o xoves día 9 na Praza Maior, organizada entre o Concello de Ponteareas e a Federación de Libreiros e Editores de Galicia co apoio da Deputación de Pontevedra, Xacobeo 2021 e Xunta de Galicia. A feira abrirá as súas casetas ás 18:00 horas do xoves e ficará aberta ata o domingo, día 12, e contará coa presenza de algúns dos e das autoras máis destacadas do panorama literario galego contemporáneo. Este ano contaremos cun total de cinco casetas participantes.

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, salientaron a importancia de retomar a axenda de actos culturais sempre adaptados ás esixencias sanitarias e ás normativas actuais pero mantendo unha ampla oferta de calidade. Para o goberno de Ponteareas a cultura máis ca nunca é necesaria para acompañar e mellorar o día a día das persoas. Iniciativa que ademais da súa importancia cultural favorece a actividade do comercio e da hostalaría.

Nani Regueira da Federación de Libreiros salienta que a celebración da feira é un esforzo pero sobre todo “un esforzo seguro froito de contemplar todas as normativas vixentes e das ganas de todo o sector de facerse visible e volver estar máis preto dos e das lectoras sabendo a importancia vital que tiveron estes meses de confinamento nos que a lectura foi un compañeiro de viaxe”

A feira do libro preséntase este ano baixo o lema “Non contaxian pero enganchan” e así o demostraron os libros que foron os grandes aliados nos tempos de corentena.

As librarías Pedreira, Ledo, Terra, Cortizas e Milfollas ofrecerán nos seus stands descontos do 10 % en tódolos libros.

O concelleiro de Cultura adianta que o responsable do pregón inicial será o escritor e ensaísta Clodio González que se encargará da apertura oficial da feira a partir das 20:00 horas do día 9. Previamente, ás 18 horas Anémona del Río asinará A proba de auga. A continuación, ás 19 horas Manuel Portas asinará Cadencias e despois do pregón Francisco Castro asinará Tantos anos de silencio.

O venres día 10 a feira abrirá de 13 a 21 horas coa seguinte programación: ás 13 horas Juan J. Prieto asinará a súa obra autoeditada La Sonrisa Eterna e ás 18 horas Manel Monteagudo asinará Camiño á lagoa dos bardos. Ás 19 horas César Lorenzo e Jorge Campos asinarán Atlas de Galicia Pequeniña e ás 20 horas será o turno de Pablo Prado con O derradeiro libro de Emma Olsen. A escritora e editora ponteareá Susana Lamela estará asinando a súa obra Invisibles ás 21 horas.

O sábado día 11 ás 18 horas Carlos da Aira asinará e presentará A guerra era contra nós e unha hora despois Nazaret López estará con Formigas nos pé. Ás 20 horas Isabel Blanco asinará o seu libro La muerte de Marilyn y otros relatos. Ás 21 horas o coñecido fotógrafo Xurxo Lobato asinará a súa obra Galicia é unha festa.

O domingo día 12 Elisabeth Oliveira será a encargada de comezar os actos ás 18 horas coa sinatura da súa obra Náufragos no mar e na terra da editorial Urutau.

Ás 19 horas Roi Vidal asina As máscaras brancas e ás 20 horas Inma López Silva con O libro da filla.

O escritor Manrique Fernández pechará a feira do libro coa sinatura do seu último libro Os anxos indecisos.

Tamén enmarcada na Feira do Libro terá lugar a presentación da versión teatralizada do libro de Alfonso Pexegueiro Illa das Mulleres Loucas, editado polo Concello de Ponteareas. Será o día 11 no auditorio municipal de Ponteareas.

Nigrán estrea o ciclo ‘Sona Gaifar’ o venres 10 de xullo coas actuacións de Belém Tajes, Akazie, Fon Kid e Yugen Kala

0

O Concello de Nigrán presenta a súa primeira edición de Sona Gaifar coma un novo evento sonoro apoiado pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2020 que ven a complementar a oferta musical e cultural do verán na localidade. Con dúas datas, venres 10 de xullo e venres 14 de agosto, propón sesións de escoita para as tardes e solpores de Panxón (no Espazo deportivo Dunas de Gaifar, lugar que acollerá máis eventos este verán e que se estrea con este). O ciclo propón unha selección de artistas destacados de toda Galicia, entre nomes emerxentes e outros máis consagrados: DJ’s, actuacións en vivo e, como non, tamén con foco en artistas locais de Nigrán.

A primeira sesión de Sona Gaifar terá como invitados a 4 proxectos de artistas novos pero de gran proxección nacional e internacional. A actuación en vivo ven da man de Belém Tajes, cantante e compositora, teclado e voces do proxecto Vudú e anteriormente en outras formacións, coma os míticos Lúar na Lubre. Co proxecto Vudú foi gañadora do Premio Martín Códax da Música galega en 2017 na categoría Blues/Funk/Soul. A súa proposta parte de letras chegadas da música tradicional galega con harmonías fundamentalmente Soul e R&B, música íntima, elegante para grandes-pequenos momentos.

[su_image_carousel source=”media: 16775,16777,16776,16778″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

No apartado de DJ’s e selectores musicais, abrirá a sesión a xovencísima viguesa Akazie. Con herdanza musical latina e influenciada polo jazz e o hip hop, mistura un espectro sonoro baseado na electrónica percusiva con influencias da música africana, lusófona ou árabe.

Tamén estará Fon Kid, un dos DJ’s máis respetados e experimentados de Galicia no eido da música disco e de raíz negra (funk, soul…), residente do bar Pénjamo en Patos dende hai xa varios veráns e responsable dos eventos e programa de radio Under the Ball.

E pechando a xornada estarán Yugen Kala, xoven dupla de productores e DJ’s vigueses, quenes con tan só 16 anos veñen de editar un dos discos máis sorprendentes e mellor valorados pola crítica nacional e internacional deste 2020. Ademáis, están nominados coma finalistas na edición deste ano dos Premios Martin Códax da Música -categoría electrónica-.

A entrada ó evento é de balde ata completar aforo. Haberá unha distribución de cadeiras e mesas para que os asistentes poidan mantela distancia de seguridade, ademais de cumplilos protocolos de seguridade vixentes.

No segundo evento do ciclo Sona Gaifar, que se celebrará o venres 14 de agosto, actuarán, entre outros, Jose González, Dll Outro e Viktor Flores.

Sona Gaifar é un evento promovido polo Concello de Nigrán co apoio da Deputación de Pontevedra e coa producción e comisariado artístico de Certain Music e o xestor cultural e DJ nigranés Victor Flores.

A praia das Eiras contará con socorrista dende esta mesma fin de semana

0

A praia das Eiras contará dende esta mesma fin de semana cun socorrista encargado das tarefas de vixilancia, prevención e salvamento das persoas que acudan durante a tempada fluvial a esta praia e á súa contorna, así como do control das medidas de seguridade derivadas da nova normalidade consecuencia do COVID-19.

A persoa encargada destas labores prestará servizos os meses de xullo e agosto. Os horarios nos que a praia contará con socorrista serán:

  • De martes a venres de 15:30 a 20:15 horas.
  • Sábados e domingos, de 12:00 a 20:00 horas.
  • Os luns a praia permanecerá sen vixilancia.

O Concello apela á responsabilidade persoal da veciñanza e dos posibles visitantes para facer uso da praia este verán, sobre todo de cara a cumprir as medidas de prevención de contaxios de coronavirus, respectando as disposicións de seguridade, o distanciamento social e as actitudes recomendadas polas autoridades sanitarias.

EU Son do Porriño pide a dimisión da alcaldesa pola “pésima xestión dos cartos públicos e das contratacións”

O Grupo Municipal de EU Son do Porriño–Son en Común pediu no Pleno do martes 30 de xuño, a dimisión da actual alcadesa ao considerar a formación asamblearia “que ten que asumir a súa responsabilidade na pésima xestión dos cartos públicos e das contratacións no Concello do Porriño”.

Asegura EU que apostura do seu grupo “non mudou, é a mesma que na anterior lexislatura e o motivo polo que non entramos no Goberno” pero, engaden, “as formas e a postura da alcaldesa tampouco mudaron, seguen a aparecer facturas pendentes de pago e as explicacións ou a súa ausencia non nos convencen. Converteu en normal o que debía ser algo excepcional”.

Para Esquerda Unida-Son, queda claro que os provedores teñen que cobrar e “os expedientes da conta 413 ten que atopar unha solución no Pleno”, pero, explican, “tamén está clara a responsabilidade de quen nos levou a esta situación” polo que esixen a documentación “enriba da mesa” e que a situación económica do Concello “sanéese xa, que se controle o gasto corrente, que as contratacións se axusten aos procedementos establecidos, que se fomente a libre competencia, o que cabe agardar dunha xestión minimamente responsable cando estamos a falar de cartos públicos”.

Lamenta EU que, un ano despois da conformación do novo Goberno “a vida municipal estea estancada no caos” e, volvendo a vista atrás, lembran que o mandato comezou coa promesa “dunha coordinación e relacións fluídas, reunións da Xunta de Voceiros e un estudo polo miúdo da situación da totalidade das facturas impagadas” pero, apuntan Esquerda Unida, “infórmase parcialmente, continúan sen explicación facturas que tentaron levarse a recoñecemento unha e outra vez, contratos fraccionados, empresas cos mesmos apoderados ou administradores, mistúranse facturas de subministracións e traballos aparentemente regulares con outras informadas pero que non se suman ao total da débeda e fan que pensemos nun montante final aínda peor do que se nos presenta”.

“Mentres unhas empresas e autónomos pechan as súas portas, outras son favorecidas de xeito continuo por un Concello que actúa de xeito pouco transparente e sen respectar a libre concurrencia e o dereito a participar nos contratos do Concello de todas as empresas e autónomos/as do Porriño. Non imos permitir que se siga por este camiño, botando man de nós só para a súa propia conveniencia e non polo interés xeral” afirma EU.

Estes motivos son, afirman, suficientes para que Eva García de la Torre dea un paso atrás “que asuma a responsabilidade política que lle corresponde e que outra persoa do seu grupo asuma a Alcadía”.

Remata Esquerda Unida subliñando que “a situación é límite e o Goberno ten que poñerse a traballar nuns orzamentos negociados coa oposición, a menos que aínda siga a actuar coma se gobernase en maioría. Agora é o PSOE do Porriño quen ten que decidirse a dar o paso”.

Máis de setenta cativas e cativos comezaron un verán de aventuras no ‘Campus Tea’ e no ‘Verán Rural’

Máis de setenta cativas e cativos de Ponteareas comezaron onte a vivir un mundo de aventuras e experiencias nos campamentos ‘Campus Tea’ e ‘Verán Rural’ que a Concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, ofrece para facilitar a conciliación laboral e familiar.

Sesenta nenas e nenos aprenderán xogando cada mañá nas instalacións do colexio público Nosa Señora dos Remedio e doce o farán no centro cultural de Cristiñade.

O Campus Tea urbano e o Verán Rural son iniciativas da Concellería de Educación que dende hai seis anos supoñen un apoio para as familias durante a tempada estival. En quendas de quince días e subvencionados, os campametos ofrecen tamén a posibilidade de aula matinal.

Baixo a filosofía de espertar a curiosidade, de ampliar o seu coñecemento sobre a súa vila e sobre a súa contorna e de fomentar hábitos de vida saudables e respectuosos co medio ambiente, os campamentos de conciliación promoven actividades lúdicas e didácticas para ofrecer un tempo de lecer de calidade.

Cristina Fernández explica que no desenvolvemento destas dúas actividades “vélase polo cumprimento das normativas hixiénico sanitarias” dividindo ademais os grupos á metade e aumentando os monitores que tamén se verán reforzados por persoal propio do Concello e tamén persoal en prácticas.

Engade a concelleira que para garantir a seguranza e a distancia interpersoal “úsanse máis espazos individuais para os grupos e quendas para os almorzos”. Do mesmo xeito as e os monitores tamén limitan o achegamento físico ao alumnado pero tentando sempre transmitir achegamento e afectividade para que o alumnado se sinta atendido. Traballarase, así mesmo, “tendo en conta as carencias de socialización do tempo de confinamento e observando as posibles consecuencias psicolóxicas dese tempo”.

Redondela homenaxea ao equipo xuvenil do Club Deportivo Choco tralo seu ascenso á División de Honra

A alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, acompañada polo concelleiro de Deportes, Nacho González e concelleiros e concelleiras da Corporación Municipal, recibiron na Praza do Concello aos compoñentes do equipo xuvenil do Club Deportivo Choco e así facerlles unha merecida homenaxe polo seu recente ascenso á División de Honra.

Digna Rivas quixo transmitir como alcaldesa e polo tanto “en nome de todos os veciños e veciñas” o seu orgullo polo traballo realizado ao longo dunha complicada tempada na Liga Nacional e felicitou tanto aos xogadores e corpo técnico, coma á directiva encabezada polo seu presidente, Iván Crespo.

A alcaldesa Digna Rivas, cos concelleiros Vicente Lamas e Nacho González (á esquerda na foto), o concelleiro Leonardo Cabaleiro e a concelleira Olga García Ballesteros, durante a recepción na Praza do Concello

Nas súas palabras a alcaldesa de Redondela salientou “a capacidade de sacrificio, de traballo e o compromiso co club e as súas cores, da que fan gala todos e cada un destes xogadores” e agradeceulles o feito de levar “con orgullo e alí por onde vaiades, o nome de Redondela”.

O concelleiro de Deportes, Nacho González, subliñou a importancia de competir na máis alta categoría que é o mesmo que “poñer ao Club Deportivo Choco e a Redondela, no mapa do deporte español e con nome propio”.

Un ‘Estourazo’ de Salceda con sabor a gratitude ao homenaxear o traballo da Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil

“A homenaxe deste ano era obrigada” aseguraba a alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira ao anunciar que a Agrupación de Voluntari@s de Protección Civil de Salceda sería o encargado para dar, este ano, o pistoletazo de saída no ‘estourazo’ que marca o inicio das Festas do Cristo que, como todo, estarán marcadas pola pandemia do coronarivus.

Castiñeira non dubidaba en afirmar que “o traballo voluntario deste grupo de persoas resultou fundamental durante a época máis dura do confinamento, e segue a ser imprescindible hoxe en día” polo que este colectivo será o encargado de disparar o xa tradicional ‘estourazo’ –que este ano chega xa a súa décimo primeira edición– o vindeiro sábado, 18 de xullo, ás 22 horas dende o balcón da Casa da Cultura ‘Castelao’.

Con este xesto, o equipo de Goberno recoñece a “laboura desinteresada” da Agrupación ao longo de tantos anos “en eventos e emerxencias de Salceda e arredores”, pero sobre todo “polo inmenso traballo que a agrupación realizou durante o estado de alarma, fundamentalmente no momento do confinamento máis estricto, con innumerables horas de traballo adicadas ao servizo público durante todo o ano, pero especialmente nestes momentos”.

Cómpre salientar que Protección Civil realizou, entre outras, tarefas de apoio ás persoas máis vulnerables ou tarefas de limpeza e desinfección de espazos e mobiliario público. Ademais aproveitaban as súas saídas para dar mensaxes de ánimo á poboación e facer máis amena a estancia nas casas, con multitude de solicitudes da veciñanza para que felicitasen aos nenos e nenas que cumpriron anos durante o confinamento.

Asemade compraban mediciñas para as persoas de risco ou realizaban compra de alimentos e entrega de deberes e material escolar. Estes son, sinala o Goberno local, “tan só algúns dos exemplos das tarefas realizadas polo colectivo nestes últimos meses, aos que hai que engadirlles as accións que seguen realizando durante todo o ano, como retirada de árbores caídas, asistencia en accidentes, apoio en eventos, etc.”.

Loli Castiñeira quería agradecer ese inmenso traballo “nunhas festas especiais e diferentes como as de este ano” e expresaba o seu convencemento que a veciñanza “vaise unir nesta máis que merecida homenaxe”.

O Estourazo, que este ano celebra a súa decimoprimeira edición, serve cada ano para marcar o inicio das festas do Cristo. A cita serve para recoñecer a traxectoria de asociacións e colectivos de Salceda que teñan destacado no ano en curso, e por ela xa levan pasado asociacións e colectivos culturais, deportivos, sociais, sanitarios, etc., e aínda que este sexa un ano especial no que non se celebrarán as tradicionais verbenas na Praza do Concello, si que se manterá parte da actividade cultural das festas, como o mencionado estourazo, que de novo estará acompañado, como ven sendo tradición, pola Agrupación Gaiteira de Salceda.

‘Dous povos. Um só território’, Arbo e Melgaço reabren a súa fronteira

0

A Ponte Internacional que une de Arbo e Melgaço, pechada dende o pasado 17 de marzo, volveu a ser o punto de unión entre “Dous povos e um só território” como sinalaba a pancarta que, no acto simbólico de reapertura da fronteira, portaban o alcalde de Arbo, Horacio Gil e o presidente da Câmara Municipal de Melgaço, Manoel Batista.

O peche da fronteira supuxo que veciños e veciñas de ámbolos dous concellos que traballaban ao outro lado da raia, tiveran que percorrer ata 100 kilómetros para ir aos seus postos de traballo ao ter que desprazarse ata Tui-Valença, o único punto aberto, e de aí a Melgaço ou Arbo, segundo fora o caso. Doutra banda, veciñanza con familia a ámbolos dous lados da fronteira, tampouco podían cruzar o paso.

Tras varias reivindicacións por parte dos alcaldes da ‘raia’, o pasado 15 de xuño, abríase o paso aos traballadores transfronteirizos e o transportes de mercadorías de luns a venres en horario de 8:00 a 22:00 horas. Este paso supuxo un alivio para os traballadores e traballadoras, pero seguía deixando a un importante porcentaxe de poboación e aos sectores económicos dos concellos en desvantaxe, porque o transito diario por esa ponte para distintas actividades e moi fluído o que supón para Arbo unha fonte de ingresos para o comercio local.

O presidenta da Câmara de Melgaço e o alcalde de Arbo, asisten ao paso dos primeiros vehículos trala reapertura da fronteira entre as dúas localidades

O pasado 1 de xullo o alcalde de Arbo Horacio Gil e o presidente da Câmara de Melgaço, podían asistir, por fin, ao peche da apertura da fronteira entre ambos municipios. Con este acto simbólico, os rexedores quixeron poñer en valor a amizade que une a estes dous pobos, que durante estes meses estiveron separados. Dous pobos con semellanzas culturais, tradicións, festas, gastronomía…. e sobre todo amizade.

Non se pode esquecer que Melgaço e Arbo están unidos, dende hai moitísimos anos pola, ponte internacional ao igual que o estiveron, moito antes, polo transbordador e antes aínda polas barcas. Dende a construción da Ponte o trafico foi máis fluído e os habitantes de ambos municipios comezaron a ‘facer vida’ a ambos lados da fronteir.

Porén, a crise da COVID-19 fixo que Arbo e Melgaço, separados únicamente por uns cantos metros, estiveran separados por máis de 3 meses.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, mostrou a súa satisfacción porque a Ponte Internacional Arbo-Melgaço “poida reactivar en todos ós ámbitos a súa actividade que sempre foi moi intensa, entre os veciños e veciñas de ambos lados do río Miño”.

O rexedor quixo subliñar a importancia da “volta a normalidade transfronteiriza” e os beneficios “que esta apertura supón para o noso concello”. Horacio Gil, recordou que se deben adoptar todas as medidas sanitarias recomendadas tanto pola Xunta de Galicia e o Goberno de España, “e cumprir con todas as recomendacións e obrigas para que esta crise sanitaria non se volva a repetir”.

A Concellería de Medio Ambiente de Ponteareas pide a colaboración cidadá para rematar cos vertedoiros incontrolados

A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ponteareas, que dirixe Rosa Covelo, lamentou a aparición dun novo vertedoiro incontrolado no Confurco. Covelo solicita a colaboración cidadá para atopar aos e ás responsables destes vertidos que supoñen un atentado para o medio ambiente pero tamén unha falta de consideración e respecto polos bens comúns e polo resto da veciñanza.

Rosa Covelo adianta que se abrirá unha investigación “que conlevará unha sanción unha vez que se atope ao ou á culpable dos feitos”. “Non podemos seguir consentido este tipo de actitudes que obrigan ao resto da veciñanza a convivir con residuos indesexados”, engade a concelleira de Medio Ambiente.

Lembra a concelleira que o servizo de recollida de lixo ten unha programación semanal “que non se pode estar alterando continuamente para retirar os vertedoiros incontrolados”. É por iso que Rosa Covelo fai un chamamento á veciñanza para que “todas e todos xuntos poidamos atopar aos responsables das verteduras incontroladas e facilitar ao Concello todos os datos posibles que axuden na investigación”.

A cidadanía pode contactar co departamento de Medio Ambiente no número de teléfono 986 64 00 00 e solicitar cita previa ou enviar un correo electrónico ao enderezo [email protected].

Rosa Covelo recorda que a veciñanza dispón dun Punto Limpo e dun Servizo de Recollida de Enseres, ámbolos dous totalmente de balde. Para a súa utilización só teñen que contactar no número de teléfono 986 640 307. O servizo, lembra Rosa Covelo, están especialmente pensado para “poder desfacernos dos mobles voluminosos sen ter que movernos da casa ou achegándoos ás instalacións do punto limpo”. Así, previa solicitude “poderemos deixar os nosos enseres xunto aos contedores cada xoves desde ás 21 h ata o venres ás 06:00 horas.

O Concello de Ponteareas, orgulloso da súa comunidade educativa

A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, quere trasladar os seus parabéns a toda a comunidade educativa por ter superado un terceiro trimestre e un final de curso completamente improvisado fóra da normalidade. A concelleira participou nestes días nos distintos consellos escolares nos que se avaliou a situación vivida e se adiantaron ideas e propostas para reforzar o sistema educativo de cara ao vindeiro curso.

Cristina Fernández quere recoñecer a actitude de superación de todas as partes que puxeron o mellor de cada un e de cada unha para seguir coa cotidianidade dos estudos enfrontándose a unha escaseza de previsión e organización na que por parte do profesorado tiveron que improvisar novos recursos e ferramentas educativas e por parte das familias aprender novos sistemas e métodos de aprendizaxe para que o alumnado puidese concluir o curso adquirindo os coñecementos programados e puidera sentir a proximidade do seu colexio.

“Todos e todas tivemos que volver a comezar o curso aquel 13 de marzo no que nos indicaban que se paralizaban as clases e debíamos permanecer nos fogares enfrontándonos á incertidume, a un baleiro de información e a un distanciamento afectivo. Para superar todo isto foi vital o esforzo realizado por todas as partes para achegarnos facendo uso das novas tecnoloxías”.

Nos últimos meses a concellería acompañou aos centros educativos para prestarlles o servizo de entrega de material formativo ás familias con menos recursos. Empregados municipais repartiron equipamentos informáticos, apuntamentos e todo o que os centros desexaban facer chegar ao seu alumando. Tamén se puxo a disposición das familias a través de emerxencia social unha axuda para ter datos e poder estudar on line.

“Acurtar a coñecida brecha dixital e procurar a igualdade foi a nosa máxima preocupación para que ningún alumno ou alumna quedara excluído/a. Pero tamén estivemos moi atentos ás consecuencias que podía provocar o distanciamento social ofrecendo na nosa páxina web asesoramento e recomendacións da man de psicólogos, profesores/as e pedagogos/as a través de vídeos, xogos e todo tipo de recursos lúdicos e didácticos”.

Cristina Fernández tamén quere recoñecer o traballo da comunidade educativa do conservatorio municipal de música que seguíu coa súa actividade lectiva empregando todas as ferramentas dixitais posibles para que alumnado e profesorado puideran seguir a rutina prevista para o curso.

A concelleira desexa a todas as familias e profesionais dos centros educativos unha boa tempada estival e felicita a todo o alumnado polo seu comportamento adiantando que xa traballan nas medidas coas que deberá comezar o novo curso.

Baiona destina 40.000 euros a Servizos Sociais, máis dun 222 % do que destinaban os anteriores gobernos conservadores

0

Os orzamentos do Concello de Baiona, que previsiblemente serán levados a aprobación plenaria no mes de agosto, incluirán unha partida de 40.000 euros para os servizos sociais municipais, –máis dun 222 % dos 18.000 euros que habitualmente destinaban os anteriores gobernos conservadores– ao considerar o executivo que preside Carlos Gómez que unha das primeiras obrigas dunha administración local “é velar polo benestar da cidadanía en xeral pero, principalmente, daquelas veciñas e veciños que menos recursos posúen ou que mesmo atópanse en risco de exclusión social”.

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, aclara que esta partida orzamentaria “podería ampliarse ata os 60.000 euros segundo evolucione a crise da COVID-19”. Das necesidades da poboación en materia de servizos sociais durante a pandemia, engade o alcalde de Baiona, “falan ben ás claras os números: a estas alturas entre o Servizo de Atención Familiar, educación e Emerxencia Social, estamos preto dun 400 % por enriba da demanda do ano pasado a estas alturas”.

A previsión xa contemplada de ampliar a partida orzamentaria para estes fins ata os anteditos 60.000 euros –máis dun 333 % do adicado polo anterior Goberno do PP– vai ser precisa “para afrontar unha realidade que vai estar maquillada pola época estival na que entramos, pero que a comezaremos a sentir, previsiblemente, a partir do mes de outubro”.

Carlos Gómez subliñou que “Baiona conta agora cun Goberno ao que lle preocupa, e moito, a situación con frecuencia crítica pola que atravesan moitas veciñas e veciños” e afirmou con rotundidade que “servizos sociais significan dereitos e dignidade e nunca beneficencia”.

O agora alcalde de Baiona lembraba que no anterior mandato, sendo alcalde o actual portavoz do PP, Ángel Rodal, “este xactábase de non gastar os 18.000 euros que adicaban a Servizos Sociais”. “No 2016, coa ONG ‘Ayuda al Tercer Mundo’ asistindo a 123 familias de Baiona, que un goberno municipal xáctese de non gastar os 18.000 euros da partida de servizos sociais ten difícil explicación, a non ser a dunha pésima xestión dun departamento que ten a responsabilidade de velar por aqueles a aquelas que menos recursos posúen”, engade Carlos Gómez.

O Goberno das Neves proporá ao Pleno instar a Abanca para que deixe de cobrar comisións abusivas

0

O Goberno local das Neves levará ao Pleno da Corporación do vindeiro martes, unha proposta de acordo instando a Abanca a que elimine as comisións abusivas e que devolva as xa cobradas. Ademais, o Goberno municipal, integrado polo Bloque Nacionalista Galego (BNG) e o Partido dos Socialistas de Galicia (PSdG-PSOE), fará extensiva esta solicitude a todas as entidades bancarias que operan nas Neves.

Afectou a pensionistas, autónomos e traballadores en situación de ERTE

Dende o Goberno nevense sinálase que nos últimos días, Abanca efectuou o cobro de 50 € en concepto de comisión semestral de mantemento aos seus usuarios e usuarias que afectou, fundamentalmente, a pensionistas, persoas autónomas e persoas traballadoras, moitas delas en situación de ERTE.

Así mesmo, lembra que esta entidade privada declarou uns beneficios de arredor de 405 millóns de euros en 2019, ao que contribuíron, en parte, comisións como as que veñen de cobrar estes días. Isto, logo de ter sido rescatada con 9.000 millóns de fondos públicos e malvendida a unha empresa estranxeira.

O Goberno Municipal rexeita o cobro destas comisións, considera que son abusivas e que afectan directamente á economía da maioría social da poboación, especialmente, nun momento tan delicado como o actual, no que xa se están a sufrir as consecuencias derivadas da crise da pandemia da Covid-19.

As entidades financieiras deben apoiar o tecido produtivo

Á vista desta situación, entende que todas as entidades financeiras deben poñerse, máis que nunca, á disposición das persoas, fomentando iniciativas de emprendemento, apoiando o tecido produtivo e evitando cobros de calquera tipo de comisión abusiva aos seus usuarios e usuarias, especialmente, ás máis vulnerables.

O PP de Ponteareas solicita a devolución das comisións cobradas a centos de Ponteareáns por Abanca

Os populares de Ponteareas levaron ao Pleno do pasado martes, 30 de xuño, unha moción de urxencia para que toda a Corporación Municipal acordase solicitar á entidade financeira Abanca a retirada e a devolución  inmediata das comisións bancarias cobradas aos veciños/ as de Ponteareas por consideralas abusivas no momento actual.

Os populares contaron co respaldo de todos os grupos políticos polo que o acordo será trasladado á entidade financeira para que devolvan este tipo de comisións que xerou gran balbordo no municipio.

“Estamos a falar de clientes de toda a vida, que viron incrementados os seus pagos por comisións no último ano. Ademais, estamos nunha situación excepcional na que todos debemos arrimar o ombro. Non esquezamos o gran incremento do números de persoas que son atendidas no departamento de servizos sociais, as familias con menos recursos que quedaron sen traballo, os que cobran o RISGA, os pensionistas e a elevada taxa de paro no noso municipio”, recalcan desde o Partido Popular.

Areeiro recomenda manter o nivel de vixilancia ante o desenvolvemento do mildio

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que reporta unha situación bastante tranquila do mildio nas parecelas fixas e nas aleatorias. Porén, nas plantas testemuña e nas abandonadas a enfermidade continúa avanzando, aparecendo síntomas novos, secando gromos e proseguindo a defoliación das plantas polo que, aínda que o bo tempo apunta a un risco de infección menor, débese seguir cun alto nivel de vixilancia.

En canto ás avelaíñas do acio, na estación apareceron os dos dous primeiros machos da segunda xeración de Lobesia botrana nunha das trampas instaladas. Amais, segundo as observacións desta semana os cicadelidos da especie Zygina rhamni continúan sendo dominantes sobre os de Empoasca vitis e para as seguintes xornadas espérase un certo incremento dos seus niveis poboacionais. En relación aos ácaros, esta semana o centro observou un maior número de viñas con síntomas de erinose de verán. Tamén se recomenda revisar as alteracións da madeira, marcando as plantas afectadas e eliminando plantas enteiras ou brazos mortos.

Pola súa banda, nos gromos novos e tenros de moitas árbores de cítricos seguen a observarse ovos e ninfas de psila africana. A Estación Fitopatolóxica aconsella eliminar os gromos para axudar á contención das poboacións así como instalar tampas amarelas a carón destas árbores.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

No buxo o avance da Cydalima perspectalis, bolboreta do buxo, foi moi notorio esta semana en moitas sebes, ata o punto de presentar xa todas as follas secas. Noutras aínda non se produciu a defoliación ou secado e requírese un nivel de alerta máximo ante as altas temperaturas que se esperan nos próximos días.

No que respecta ao botrite, en caso de que se cumpran as previsións meteorolóxicas, nas próximas xornadas non se esperan condicións favorables ás infeccións por este patóxeno. Tampouco se observan cambios destacables na presenza do oídio nin do black-rot.

O Pleno de Redondela respalda a iniciativa do BNG rexeitando a macroárea comercial do Celta en Mos

0

O Pleno da Corporación de Redondela, amosouse maoritariamente en contra do Macrocomplexo deportivo e comercial, que o Celta de Vigo pretende construír no veciño concello de Mos. Nunha moción presentada polo Bloque Nacionalista Galego, formulou rexeitar o proxecto por agochar unha grande Área Comercial poñendo en risco o futuro do Comercio Local. Tanto Partido Socialista, como AER, entenderon a gravidade da situación dando o seu apoio á iniciativa nacionalista. Pola contra, o PP negouse a apoiala argumentando “que se trataba dunha cuestión que non afectaba ao noso concello”.

“Tras a idílica imaxe dun complexo deportivo, agóchase unha grande Área Comercial con 140 tendas, 12 locais de restauración, o que consideramos unha competenza desleal ao noso comercio de proximidade”, afirma Xoán Carlos González, quen defendeu a moción. Segundo o nacionalista, “sorprendentemente ao posicionarse a favor da Macroárea Comercial, o Partido Popular de Redondela volve darlle as costas ao pequeño comercio, un sector que crea emprego de calidade, dinamizando as vilas e concellos”.

Na moción, recóllese que ademáis de rexeitar grande Área Comercial, que vai a ocupar un millón de metros cadrados dos montes de Mos, pide ao novo goberno galego unha moratoria de dez anos na concesión de licencias. “A presenza do BNG no goberno galego garantirá unha nova orientación lexislativa en defensa e polo futuro do Comercio Local; que será impulsado e dinamizado” salienta na súa nota Xoán Carlos González.

Roteiros guiados, ‘Vive Nigrán’ e ‘NigranJazz’, pratos fortes dun atractivo programa cultural de xullo en Nigrán

0

O Concello de Nigrán hoxe xoves unha programación cultural para este mes de xullo na que, por unha banda, aposta pola posta en valor do enorme valor medioambiental do municipio coa celebración de uns máis que interesantes roteiros guiados. Por outra banda, mantén a súa aposta por dus ‘clásicos’ como o Vive Nigrán e o NigranJazz que, no caso deste último, puxo ao municipio do Val Miñor como un dos referentes entre os festivales de jazz que se celebran en España.

No caso das rutas guiadas, repetimos que tan interesantes como variadas, o programa busca, segundo o Concello “descentralizar o turismo de praia” e a bofé que o conseguen coa organización de dous semanais.

O sendeiro circular polo Castro de Chandebrito abría a programación ás 10:00 horas de hoxe e, como en todos os demais que se realicen e por protocolo sanitario, precisaba de inscrición previa. As persoas interesadas en particiar nas seguintes rutas, deberán facer a inscrición previa no mail [email protected]. Os vindeiros roteiros están previstos, noutros sendeiros do municipio, os días 4, 10,16, 18, 23, 28 e 30).

Nigrán, equilibrio natural

Baixo o lema ‘Nigrán, equilibrio natural’, o Concello pretende un ano máis dar cabida a todo tipo de públicos ao tempo que pon en valor o interior do municipio, máis descoñecido pero con grandes atractivos e perfectos para fuxir de concentracións de xente. Paralelamente, o Concello mantén neste xullo de 2020 as súas sinais de identidade: a aposta pola música en directo a través do seu festival máis antigo, Nigranjazz, do 22 ao 25; e o máis recente, ‘Vive Nigrán’, o 17 e 18 de xullo. Co fin de adaptarse ás medidas de prevención sanitaria, Nigranjazz multiplica a súa duración e o número de escenarios para poder chegar a todos os interesados, sumándose Patos e Panxón ao clásico auditorio ao aire libre da Foz. Pola súa banda, ‘Vive Nigrán’ trasládase ao espazo deportivo de Dunas de Gaifar, onde terá un aforo máis limitado e prescindirá de moitas actividades paralelas. En ambos casos se desvelará o cartel nos vindeiros días e, novamente, as food-truks de Rilla na Rúa coincidirán co NigranJazz (estarán do xoves 23 ao domingo 25 na Alameda de A Ramallosa). “Lóxicamente este é un verán diferente, pero non por iso deixamos de programar eventos, o que sucede é que estes deberán estar adaptados ao protocolos sanitarios en vigor e suxeitos a calquera posible modificación ao respecto”, destaca o alcalde, Juan González, quen incide en que o espazo deportivo de Dunas de Gaifar, graza á eliminación das pistas de pádel, servirá para ofrecer máis actividades e concertos ao longo do verán (entre outros, será un dos novos escenarios para a realización de zumba xunto coa Alameda de A Ramallosa). “É un sitio idóneo, ao pé da praia e onde resulta facil controlar o aforo”, incide. Así, o cantante e exfutbolista Gustavo Almeida dará un concerto aí o día 11 e o día anterior, 10 de xullo, terá lugar a primeira edición de ‘SonaGaifar’ con diferentes Dj de renome da provincia. Finalmente, o Pazo de Cea dentro da súa programación TerraCea2020 ofrece o concerto de Alejo Stivel e Los Limones o 17 e Love of Lesbian o 31 de xullo.

A aposta do Concello pola música de calidade en directo materialízase nunha das grandes actuacións deste verán e que pon punto e final a xullo: o concerto de Patricia Kraus ‘Pioneras’ no que rende homenaxe ás grandes damas do jazz. Este terá lugar no exterior do CPI Arquitecto Palacios, aos pés do Templo Votivo de Panxón, un lugar espectacular que xa estreara o Concello no 2018 con magnífica acollida entre os asistentes.

Outras das novidades deste ano será o espectáculo de maxia do mago Rei Midas, baseado no que puideron gozar todos os nenos que estiveron de aniversario durante o confinamento, xa que o Concello os agasallou cunha videochamada del. Este terá lugar o sábado 4 ás 21:00 no esteiro do Miñor (onda o Nigranjazz) e o venres 31 na Praza do Concello estará xunto a maga Valeria Varitas (20:00 horas, Praza do Concello). O día anterior, tamén dirixido a nenos, terá lugar tamén na Praza do Concello e á mesma hora as actuacións do Paiaso Popín e a representación de ‘O estrano caso do dentista da rúa Brasov’. E se os nenos son protagonistas na programación de Nigrán, tamén o serán os maiores coa primeira celebración do Día do Avó o domingo 26 de xullo en Camos cun xantar campestre e diversas actividades.

Novamente, o consistorio aposta polo grupo local Teatro do Ar, que estreará a súa obra ‘Días felices’ o domingo 5 ás 21:00 horas no esteiro de A Foz, ofrecendo ademais o domingo 19 ás 21:00 unha obra para nenos no espazo deportivo Dunas de Gaifar. Neste mesmo lugar os comerciantes de Nigrán celebrarán sendos ‘Beachmarkets’ o 19 e 26 de xullo. Paralelamente, o Concello mantén o mercadillo multicultural en Praia América do 3 de xullo ao 13 de setembro e o xa clásico de antigüidades o día 25 no Paseo de Panxón.

Actividades deportivas

O Concello mantén as actividades deportivas pero cambia de escenarios co fin de non reducir o espazo para bañistas e de evitar concentracións de xente no paseo marítimo. Así, por vez primeira a Alameda de A Ramallosa se estrea para realizar zumba todos os días da semana e o espazo deportivo de Dunas de Gaifar para zumba, pilates e ioga de luns a venres. Finalmente, o ‘Xoga na Praia’ abandona Patos e se traslada á cancha de volei-ball de Praia América, onde se desenvolverán actividades martes e xoves de 17:00 a 19:00 horas.

A Xunta ignora absolutamente á Entidade Local Menor de Vilasobroso

0

O alcalde pedáneo da Entidade Local Menor (ELM) de Vilasobroso, Alexandre Estévez, lamentou hoxe que varias subvencións da xunta destinada a estas entidades locais e solicitadas pola ELM “foron denegadas por vontade política”. Na última ocasión, para máis desprezo, a denegación de subvención foi remitida ao concello de Mondariz  “ignorándose as canles administrativas que a Entidade dispón por ter capacidade xurídica suficiente”, asegura Estévez.

A Xunta alega nas súas negativas “que non se cumpren as bases cando as subvencións están destinadas a entidades locais, nomeadamente consorcios, mancomunidade e concellos, pero non se especifica entidades locais menores”.

O certo é “que non chegan a valorar os informes remitidos na solicitude da subvención e denéganse sen máis consideracións”.

A contradición da Xunta, explica o alcalde pedáneo da ELM de Vilasobroso, “faise máis patente pois os responsables técnicos da Consellería non atopan ningún reparo xurídico para rexeitar as subvencións que finalmente veñen denegadas pola dirección da consellería, por cargos políticos a dedo”.

“As Entidades locais menores que non temos o favoritismo das subvencións a dedo por convenios de colaboración estamos contra a espada e a parede” afirma Alexandre Estevez que engade “denégannos subvencións destinadas a comunidades de montes ou asociacións cando somos a figura xurídica que as representa na parroquia e do mesmo modo nos denegan as axudas para concellos provocando unha situación de asfixia económica” asevera o alcalde pedáneo.

Este desprezo xurídico por parte da Xunta contradice coas “normalizadas relacións” que a Entidade ten con outras entidades pois Vilasobroso foi quen de tramitar unha subvención do IDAE en colaboración coa Deputación de Pontevedra. para a restauración do grupo escolar de Vilasobroso.

O PSOE comprométese en Salceda á construción do novo colexio e a reforzar o ensino secundario

A candidatura do PSdeG-PSOE ás próximas Eleccións Autonómicas estivo en Salceda de Caselas para visitar as instalacións do Colexio de Infantil e Primaria Altamira, “un dos moitos exemplos do abandono do Partido Popular ás infraestruturas educativas básicas de Galicia”, sinalaron as e os socialistas. O centro, ademais de resultar insuficiente para acoller a toda a poboación escolar desta localidade, conta cun comedor escolar situado nuns barracóns de obra reutilizados e que estaban, ata hai dous anos, fóra de uso noutro colexio da comarca do Condado.

Durante a visita, as candidatas Leticia Gallego e Noelia Otero, así como os candidatos ás próximas Eleccións Autonómicas Rubén Pérez e Felipe González, expresaron ao grupo municipal socialista, encabezado pola portavoz e tenente de alcalde de Salceda, Verónica Tourón, o compromiso do novo Goberno da Xunta de Galicia, que presidirá Gonzalo Caballero, de asumir a demanda histórica da construción dun novo colexio en Salceda de Caselas. A tenente de alcalde, Verónica Tourón, explicou que unhas 200 familias están obrigadas a buscar praza escolar nos concellos da contorna por falta de prazas en Salceda e destacou que, por contra, son moitos os concellos galegos que, con menor poboación, dispoñen de moitas máis planta escolar.

A candidatura socialista coñeceu tamén as obras de ampliación realizadas o ano pasado, coa habilitación de catro novas aulas, “un auténtico parche que non resolveu nada e que só se executou para dar unha escusa á Xunta de Galicia, que levaba 11 anos sen investir nas dotacións educativas de Salceda e marxinando a este municipio, para volver desaparecer do mapa”, subliñou Leticia Gallego. A candidata expresou tamén o seu rexeitamento pola utilización deste tipo de barracóns-comedor en colexios onde adoita haber gobernos municipais con cor política distinta ao Partido Popular, o que amosa unha modalidade de caciquismo especialmente cruel, pois realízase a costa do benestar do alumnado.

A concelleira de Educación, Gela Ledo, destacou que os barracóns chegaron hai dous cursos a Salceda sen pintar e con desperfectos. Houbo que dotalos de auga e luz e, a día de hoxe, carecen de aire acondicionado polo que as condicións de temperatura no interior son deplorables. Ademais, subliñou que as obras realizadas no colexio non solucionaron a masificación dun centro que ten unha media de 25 alumnas/os por aula e catro aulas por cada curso. “É necesario un colexio novo que sexa unha solución definitiva”, remarcou.

Por outra banda, subliñou que o IES de Salceda carece de especialidades e non hai opción de realizar o Bacharelato na localidade, carencia que se agrava polas dificultades para dispoñer de transporte escolar.

Salceda mantén a súa aposta pola infancia coa creación dunha nova área recreativa para nenos e nenas de 8 a 14 anos

O Concello de Salceda levará a cabo as obras de construción da primeira fase dunha área recreativa na rúa Mártires de Sobredo, fronte ao novo centro de saúde que a semana próxima entrará en funcionamento. O proxecto, que conta con un orzamento de 39.612,48 €, estará financiado con cargo ao Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, sinala a importancia de “crear zonas verdes e novos espazos abertos que, nestes momentos, fanse máis importantes que nunca”

A rexedora local foi clara ao sinalar que, nesta nova normalidade, “resulta fundamental que as administración ofrezamos novos espazos abertos onde a veciñanza poida pasear e descansar con tranquilidade”.

A intervención proposta recuperará a parcela existente, ademais da creación dunha área recreativa sostible, dotada de elementos para ocio encamiñada a persoas de entre 8 e 14 anos de idade. Crearase un circuito de ocio e lecer e acondicionarase a área delimitada, eliminando vexetación, regularizando a superficie da parcela, e instalando mobiliario urbán.

Sen dúbida o maior atractivo para a rapazada será a tirolina de máis de 20 metros que se instalará na zona, e que xunto coa pirámide de escalada de máis de 3 metros de altura, a instalación de mesas e bancos de pedra, unha fonte e os aparcadoiros de bicis e patinetes formarán unha zona de ocio da que disfrutarán moitos dos rapaces e rapazas de Salceda.

Esta actuación dá resposta ás solicitudes realizadas en moitas ocasións polos nenos e nenas, que ansiaban contar con un espazo acorde ás súas idades e que agora se verá feito realidade. Nunha segunda fase engadirase nesta zona a construcción dun skate de obra, e o equipo de goberno traballa xa nunha pista multideporte que se poderá crear unha vez se desenvolva o Peri UE -2. Non podemos esquecer que Salceda é un dos Concellos galegos cunha maior taxa de natalidade e cunha menor idade media, polo que resultan fundamentais as actuacións encamiñadas aos nenos e nenas, intentando abarcar as diferentes idades en cada un dos espazos creados.

Pola súa banda, o concelleiro de Parques e Xardíns, Miguel González, destacada a importancia “de ampliar os espazos de ocio e lecer” sobre todo nunha zona do casco urbano, lembra González, “que a partires da vindeira semana contarán con gran afluencia de visitas pola apertura do novo centro de saúde”.

Nigrán reinicia o curso oficial de Socorrismo para 11 empadroados ante o aprazamento inicial provocado pola COVID-19

0

O Concello de Nigrán iniciou finalmente o día 26 de xuño con 11 empadroados o primeiro curso gratuíto da comarca para obter o título de socorrismo que outorga o certificado de profesionalidade requirido para traballar nas praias. O obxectivo era comezalo en marzo de cara a que contasen coa titulación esta tempada, pero as circunstancias derivadas do Covid-19 e os sucesivos estados de alarma impediron que se celebrase ata agora (a selección dos aspirantes mediante proba física eliminatoria xa quedara realizada en marzo, recibíndose 16 aspirantes dos que 11 pasaron as probas).

“O curso estaba programado para obter titulados de cara a este verán e finalmente será para o seguinte; anualmente se repite de falta de socorristas coa titulación requirida, polo que é importante celebralo”, explica o alcalde, Juan González. Así, o compromiso do goberno de Nigrán coa seguridade e calidade asistencial nos areais e máximo, e ante o insuficiente número de socorristas que se precisan en toda Galicia na tempada estival o Concello desexa atallar este problema na súa comarca. O Concello ofrece esta acción de xeito público e gratuíto investindo case 15.000 € en 11 prazas para empadroados (a duración total é de 420 horas e a formación práctica desenvólvese na Piscina Mancomunada do Val Miñor).

“Trátase dun certificado de profesionalidade moi demandado e cun custe económico alto tendo en conta que o traballo é moi estacional, motivo polo que hai escasos socorristas coa titulación válida para exercer o seu traballo nas praias, unha circunstancia que desde o Concello queremos solventar ofrecendo esta formación de xeito gratuíto entre os nosos veciños”, explica o alcalde, Juan González. Así, este verán a Mancomunidade ofertaba ata 30 postos, presentándose á selección realizada precisamente hoxe 17 aspirantes, polo que novamente se constata a carencia destes profesionais e a necesidade de formar máis. “Agardamos que estas 11 persoas que están agora a realizar o noso curso permitan cubrir o 100% das prazas o vindeiro ano, igualmente as nosas principais praias contarán con 2 postos en Praia América, 1 en Panxón e 1 en Patos, tendo socorristas e 3 voluntarios de Protección Civil cada un.

Neste curso, o alumnado adquirirá os coñecementos necesarios para velar pola seguridade dos usuarios de zonas de baño público en espazos acuáticos naturais, de forma autónoma ou integrado nun equipo de rescate e socorrismo, velando pola seguridade, previndo que se produzan situacións potencialmente perigosas realizando unha vixilancia permanente e eficiente e intervindo de forma eficaz ante un accidente ou situación de emerxencia.

O concerto de ‘Gin Toni’s’ abre este mércores o Baiverán de Baiona

0

Este mércores arranca en Baiona a programación do Baiverán 2020. Un programa variado de propostas culturais que, baixo o lema ‘Refúxiate na cultura’, ten o propósito de cubrir o espazo de lecer de habitantes e visitantes logo de tantos meses de incertidume e confinamento.

O primeiro evento do Baiverán 2020 celebrarase este mércores, ás 23:00 h, no Parque da Palma. Trátase do concerto dos ‘Gin Toni’s’, un grupo cun directo fresco, un repertorio repleto de conocidísimas cancións e unha elegante posta en escena. Os Gin Toni’s transportarán ao público ás decadas douradas da música española facéndolle un tributo ao pop rock do noso país.

Xoves e venres

O xoves continúa a programación co concerto de ‘Two in the mirror’, o dúo formado por Paco Dicenta e Noelia Álvarez que fan versións de soul, pop, jazz e funk. Será ás 23:00 h no Parque da Palma.

O venres será a quenda do cine na rúa coa proxección do filme Superlópez, na Praza Victoria Cadaval, ás 23:00 h.

Todos os espectáculos estarán supervisados por un técnico de prevención que certificará que o espectáculo sexa seguro tanto para as e os profesionais que actuarán no Baiverán como para o público en xeral.

Ponteareas adxudica en máis de 420.000 € as obras que transformarán a rúa Redondela

O goberno de Ponteareas do BNG-PSOE informa que vén de adxudicar por 424.654,18 euros as obras que transformarán por completo a rúa Redondela. Adxudicación realizada despois dun concurso público ao que se presentaron máis dunha ducia de empresas.

Esta actuación é financiada con cargo aos fondos FEDER da Unión Europea no marco da estratexia ‘Ponteareas, Hábitat Saudable’, que aporta o 80 % do custe da obra, asumindo o Concello o 20 % restante con fondos propios.

Con este investimento na rúa Redondela, Ponteareas da un paso máis na mellora do núcleo urbano, “unha transformación por completo da vila para convertela nun lugar pensado para a xente, no que vivir, pasear e desfrutar”.

Acorde ao estudo de mobilidade sostible e á estratexia de desenvolvemento urbano (EDUSI), o proxecto de humanización da rúa Redondela fomentará a mobilidade urbana sostible favorecendo a súa vez o paso a unha economía de baixo nivel de emisión de carbono en tódolos sectores. Neste senso, a mellora do espazo público co emprego de materiais e definición xeométricas encamiñadas ao benestar da cidadanía contribuirá á concienciación neste senso.

O proxecto das obras de humanización da rúa Redondela adiantábase a estes tempos de nova normalidade e xa contemplaba o aumento do espazo destinado ás persoas asegurando un ancho mínimo de beirarrúas de 1,80 na marxe impar e na par 2,50 metros, medida que favorece os desprazamentos seguros.

Rúa Redondela

Estas obras favorecen tamén o desprazamento das persoas con mobilidade reducida, carriños de bebés e cadeiras de rodas garantindo o dereito destas persoas a moverse con liberdade.

As obras contemplan a reestruturación da entrada actual de camións á panificadora para darlle prioridade ao peón polo lateral da beirarrúa que terá continuidade e conectará o centro urbano coa zona de esparcemento do parque das Pombas cun agradable paseo. A nova rúa Redondela consegue ademais a posta en valor destes espazos verdes de recreo e uso colectivo

Os pasós de peóns proxectados no lateral do parque mellorarán e darán seguridade ao tránsito peoníl así como a construcción dunha beirarrúa na rúa das Pombas que conecte coa rúa Redondela.

Por último, mellórase a percepción da cidade pola veciñanza e visitantess e favorécese unha evolución sostible da economía ofrecendo ao comercio espazos atractivos donde desenvolver a súa actividade.

A Deputación abre este mércores a inscrición para as visitas aos ‘Bosques terapéuticos’

Os esperados baños de bosque xa están máis cerca. A Deputación de Pontevedra abrirá este mércores, 1 de xullo, o prazo de inscrición para que as persoas que o desexen poidan anotarse no novo programa da institución ‘Bosques terapéuticos’, unha iniciativa turística e sostible, que conxuga 30 visitas guiadas a cinco parques forestais da provincia coa interpretación dos elementos patrimoniais que albergan.

As 30 rutas se realizarán do 18 de xullo ata o 27 de setembro e se repartirán entre os parques forestais de Freaza (Fornelos), A Picaraña (Ponteareas), Cabo Udra (Bueu), Camposancos (A Guarda) e Costa de Oia e Serra da Groba (Oia). Comezarán na fin de semana do 18 e 19 de xullo en Cabo Udra (Cangas) e Freaza en Fornelos. O prazo de inscrición para todas as rutas estará aberto desde este mércores ata catro días antes do comezo de cada unha delas, a través dun formulario en liña no sitio web da Deputación.

En total son 450 as prazas para as 30 visitas. Cada ruta, que durará ao redor de hora e media, contará cun máximo de 15 participantes co fin de garantir a calidade da mesma e respectar as medidas de seguridade sanitaria. As visitas están destinadas ao público en xeral para poder desfrutar destes parques que forman parte do programa de recuperación e posta en valor que financiou a Deputación nestes últimos anos. Cada unha das rutas terá un tema central, segundo as características e valores de cada espazo, e sobre el xirará toda a actividade, dirixida por persoal experto en proxectos relacionados coa difusión e interpretación do patrimonio e o turismo sostible.

Orpagu, Concello da Guarda e Zona Franca estudan a instalación dunha planta frigorífica

0

Os armadores do palangre da Guarda reunidos en Orpagu teñen a ilusión de poñer en marcha unha planta frigorífica, que non só sirva para tratar directamente o produto de todos os seus asociados e experimentar con novos formatos, senón tamén para crear varios postos de traballo na zona.

Este soño está cada vez máis preto de ser unha realidade, aínda que desde a organización móstranse cautelosos “ata que non teñan ultimado o estudo de viabilidade e as posibles localizacións da nave”. Esta información, na que levan meses traballando, presentarase aos socios, que son os que finalmente tomarán a decisión.

Nesta liña de traballo, esta mañá o presidente e a xerente de Orpagu mantiveron unha reunión no Concello da Guarda co alcalde da localidade e o delegado do Estado na Zona Franca de Vigo para tratar diferentes temas de interese para os palangreiros guardeses.

Entre eles, falouse de posibles localizacións desa futura planta para que os responsables dispoñan de toda a información necesaria para trasladar posteriormente aos asociados na próxima xunta xeral. Tanto o rexedor local, Antonio Lomba, como o delegado de Zona Franca, David Regades, mostraron gran interese polo proxecto, que supoñería un paso máis da organización no seu afán por controlar a cadea de produción sempre desde A Guarda.

A Organización de Palangreiros Guardeses involucrouse hai anos na comercialización dos seus produtos, así como nos procesos de transformación dos mesmos e a súa venda directa ao consumidor. Neste sentido, o éxito da súa tenda online e a boa acollida das novas presentacións de peixe espada e atún contribuíron a fortalecer a presenza da marca destes armadores tanto en España como no exterior.

A planta frigorífica que agora estudan desde a organización dispoñería tamén dunha nave de procesado e unha aula de experimentación para seguir traballando en distintos formatos e presentacións para chegar ao maior público posible.

A Guarda acollerá no 2021 o encontro da Federación Internacional de camping, caravaning e autocaravaning

0

Hai uns meses a Federación Española de Clubes campistas (FECC) presentou a candidatura da Guarda para acoller o Encontro Internacional da Federación Internacional de Camping, caravaning e autocaravaning (FICC) en 2021 sendo seleccionada entre os finalistas Corea do Sur e Polonia.

Onte 24 de xuño na Casa dos Alonso tivo lugar a primeira reunión de traballo para coordinar e xestionar todos os esforzos para que a organización do encontro anual internacional sexa un éxito.

Nesta primeira reunión de traballo estiveron a Concelleira de Turismo, Elena Baz, a técnica de Turismo, Rosalía Verde, e os representantes do Comité organizador en España que está integrado pola Federación Española de Clubs campistas asistiron o seu presidente, José Vicente; o seu vicepresidente, Miguel Merino e o vocal Andrés Sánchez, mentes que por parte do Camping Caravaning Club de Galicia-Vigo, participaron o seu presidente, Juan Antonio Cidanes, e o vocal, José Iglesias, que é o responsable das relacións coa FICC.

AporM denuncia que o Concello de Mondariz exclúe do ‘Campaverán’ a familias que coidan a persoas dependentes

0

O goberno municipal de Mondariz vén de facer públicas as Bases que rexen a convocatoria para participar no Campaverán 2020 incluída no programa de conciliación persoal, familiar e laboral «Mondariz concilia»”. Alternativa por Mondariz denunciou que “quedaron fóra moitos nenos e nenas de Mondariz cuxos pais e nais coidan a persoas dependentes, que é un traballo en toda regra, aínda que non estea retribuído”, apuntou o portavoz de AporM, Xoán Carlos Montes Bugarín que engadiu que, “nesta situación hai moitas familias”. “Se un dos proxenitores traballa tampouco pode matricular aos seus fillos nesta actividade, o que constitúe unha inxustiza notable”.

Montes Bugarín chama tamén a atención sobre o feito de que no artigo 3 das bases, “por primeira vez desde que existe este programa hai máis dun lustro, exclúe aos nenos e nenas do Concello de Mondariz Balneario, que sempre tiveron as portas abertas desta actividade xa que a súa participación contribuía a financiala e facela viable tecnicamente, sen que isto supuxese a exclusión de ningún neno ou nena censado en Mondariz”.

O portavoz de Alternativa por Mondariz preguntará ao alcalde no próximo pleno ordinario se cre que con este tipo de políticas Mondariz ten futuro. “Mondariz e Mondariz Balneario son, a moitos efectos, un único concello; –afirma Xoán Carlos Montes Bugarín– compartimos servizos, actividades culturais e formativas, todo; por iso as políticas de exclusión e discriminación condenan a Mondariz a estar fóra da realidade”.

AporM asegura que o municipio “non merece un goberno que exclúe e pecha o paso ás familias que necesitan conciliar, senón un goberno que integre, que sume e dea facilidades a quen o necesita, máxime cando esta medida non supón ningún prexuízo para os censados en Mondariz”.

19 inscritos para 50 prazas

O pasado día 22, data na que remataba o prazo para inscribirse, o Concello tiña rexistrados unicamente a 19 solicitantes, cando o número tope de participantes é de 50, segundo as mesmas bases. Esta pobre inscrición acredita, en opinión de Montes Bugarín, “que a decisión do alcalde e o goberno municipal de Mondariz foi equivocada, polo que deben rectificar xa”.

O Rosal comparte a guía elaborada por Sogama para gozar dos espazos naturais de xeito sostible

0

Aproveitando que comeza o bo tempo, dende o Concello do Rosal queremos compartir a guía elaborada porSogama ‘Reinventa as túas vacacións de verán’, que recolle unha serie de consellos moi útiles para desfrutar dos nosos espazos naturais dun xeito máis sostible.

Seguindo esta liña, o Concello procedeu á retirada das papeleiras que había nas praias, xa que son varios os motivos que fan inadecuada a súa existencia:

  • Recomendación sanitaria. A propia Xunta no documento ‘Recomendacións e criterios sanitarios para a apertura e uso das praias unha vez superada a fase III do Plan para a Transición cara unha Nova Normalidade‘ suxire que os sistemas de depósito do lixo se sitúen fóra da zona de lecer. En toda as praias nas que se procedeu a retirada de papeleiras existen illas de contedores nas inmediacións.
  • Maior espazo para as persoas. As papeleiras ocupaban un espazo moi prezado cando o número de persoas era elevado, máis agora coas medidas de distanciamento social. Ademais, ninguén quere estar xunto a elas, polo que se creaba unha zona desaproveitada arredor.
  • Evitar espazos de sucidade e non reciclaxe. Dadas as características das papeleiras, é moi frecuente que os residuos depositados nelas saian voando e acaben dispersados pola contorna. Este feito é moito máis preocupante na zona de praias, xa que unha gran porcentaxe dos residuos rematan na auga. Ademais tamén atraen a animais que con moita facilidade ciscan o lixo fóra das bolsas. Por outro lado, os residuos que con máis frecuencia se desbotan nestas zonas son restos de embalaxes plásticos e metálicos, que son fraccións reciclables que ao ser mesturadas nas papeleiras van directas a vertedoiro.

O desfrute da nosa riqueza natural é perfectamente compatible co coidado desta. Que as únicas pegadas que deixemos na natureza sexan as dos nosos pés.

Bará comprométese a integrar o Baixo Miño no transporte metropolitano de Vigo para conseguir “máis frecuencias e mellores prezos”

O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Luís Bará, comprometeuse hoxe a integrar a comarca do Baixo Miño no transporte metropolitano de Vigo para que a súa veciñanza se beneficie de maiores frecuencias e prezos máis baixos. O nacionalista realizou esta proposta nun acto hoxe en Tomiño xunto ao tamén candidato da comarca Xose Manuel Méndez, ás alcaldesas de Tomiño e O Rosal, Sandra González e Ánxela Fernández, o portavoz municipal de A Guarda Anxo Baz, o concelleiro en Tui Xosé Martínez Tato, e a membro do consello local de Oia Marisa Guerra. Destacou que é preciso rematar co agravio que supón o actual plan da Xunta de Galiza para a veciñanza da zona, que a diferencia da doutros concellos do Condado ou o Val Miñor, ten que pagar elevados prezos polo seu desprazamento á area de referencia sanitaria e universitaria.

Bará anunciou, así mesmo, que o BNG desenvolverá un Plan de Mobilidade Sustentable consensuado cos concellos e mancomunidades comarcais en toda Galiza que integre todas as formas de transporte tanto por estrada, ferrocarril –fundamental na comarca do Baixo Miño–, de ría, e tamén o fomento da mobilidade natural peonil e ciclista en áreas urbanas e periurbanas. Sinalou que no caso do transporte por estrada é necesario desenvolvelo en tres niveis: local-comarcal con transporte a demanda, metropolitano e interurbano para comunicar as principais vilas do país.

Na xuntanza coas alcaldías e grupos do BNG na comarca do Baixo Miño o cabeza de lista analizou a situación do Plan de Transporte da Xunta de Galiza e comprobou que hai unha discriminación evidente destes concellos no actual plan deseñado polo Partido Popular, a pesares de que nestes momentos para os concellos con dispersión de poboación e rurais como os municipios do Baixo Miño é imprescindible ter unha boa comunicación a través da rede viaria e tamén a través das redes de telecomunicacións.

Bará destacou que, no transporte metropolitano, é fundamental a conexión dos concellos miñotos con Vigo como cabeceira e tamén núcleo onde están o hospital de referencia ou a universidade. Avogou por facer un plan integral de transporte, sustentable, eficiente, e seguro integrando tamén o transporte ferroviario, porque a comarca ten moi preto as estacións da liña de Vigo-Porto, que debería ser un eixo fundamental de conexión e comunicación co exterior. “Por iso nós apostamos pola promoción e potenciación da liña Vigo-Porto coa saída sur e coa ampliación e mellora das frecuencias”, afirmou.

“Non se pode explicar de ningunha maneira que o PP exclúa a esta comarca do Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo de maneira que unha persoa de 20 anos estudante teña que pagar 12 euros para trasladarase desde A Guarda a Vigo, mentres un mozo de A Cañiza ou de Baiona vaia gratis porque teñen un transporte gratuíto. O mesmo podemos dicir de persoas maiores que teñen que recorrer ao transporte público como única solución para chegar a Vigo, ao hospital por exemplo, co que non teñen frecuencias e e non teñen un trasnporte extremadamente caro”, insistiu.

Bará destacou que é o momento de facer un cambio de raíz na Xunta de Galiza e nas súas políticas. Afirmou que o BNG de Ana Pontón ten un proxecto claro, serio e solvente para poñer en marcha e activar o país fronte “á parálise dos últimos once anos”, subliñando que o 12X poderase dar un resultado histórico que permita o cambio galego se todas as persoas galeguistas e que lle queren a Galiza concentran o voto no BNG: “Quedar na casa é darlle o voto ao PP. Ninguén que estea farto deste goberno pode quedar sen votar”, finalizou.

O Concello de Salvaterra pide á Abanca “a urxente retirada” do cobro das comisións aos seus clientes

A alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, vén de remitir un escrito á sucursal de ABANCA no municipio no que pide “a urxente retirada” das comisións que a entidade estalle a cobrar a súa clientela e “a reposición das mesmas”.

Valcárcel lembfa que ante a situación social e económica que se está producindo a consecuencia da COVID-19, “incrementouse o número de familias que son atendidas a través do departamento de Servizos Sociais”.

A rexedora local subliña que ante a situación de crise económica “que se prevé nos próximos meses” entende que esa entidade “debería solidarizarse coa situación que estamos a vivir e que ante as razóns sociais e económicas do momento se teña en conta a retirada e a reposición  desta comisión cobrada aos nosos veciños e veciñas”.

Gondomar énchese de arte floral para celebrar hoxe a súa festividade do Corpus Chisti

0

As e os alfombristas de Gondomar celebraron hoxe a festividade do Corpus Christi logo de decidir o párroco o atraso da mesma dúas semanas da data inicialmente prevista no calendario litúrxico.

[su_image_carousel source=”media: 16649,16648,16647,16646,16643″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Os e as alfombristas elaboraron dúas fermosas alfombras. Unha no atrio da igrexa con motivos sobre a pandemia que estamos a padecer e outra na Praza do Concello, onde se pon o altar dende que o cura párroco realiza a bendición a todo o concello de Gondomar.

A alfombra tiña como motivo central o escudo da comisión xestora de Entidades Alfombristas do Camiño de Santiago que os alfombristas de Gondomar, membros fundadores da mesma, quixeron reproducir no tapiz floral.

[su_image_carousel source=”media: 16645,16644,16642,16641″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Os e as alfombristas de Gondomar son membros fundadores da Comisión Xestora de Entidades Alfombristas e que o ano que ven preparan o maior evento alfombrista a escala mundial.

A día de hoxe, esta organización de alcance muncial, conta xa con case 200 cidades repartidas por 23 países a pouco menos de de un ano da súa fundación o 16 de xullo de 2019. Constitúe todo un éxito xa que é a maior organización mundial de alfombristas que engloba a tal cantidade de artistas en todo o mundo.

Ponteareas tínguese de diversidade, respecto e dignidade

A Casa do Concello de Ponteareas tínguese, nestas noites, coas cores do Arco da Vella. Bérrase, a través de luces, a favor da igualdade das persoas independentemente da súa orientación sexual. As cores LGTBIQ+, tan diversas como iguais, falan de diversidade e de respecto pero, sobre todo de dignidade.

Nun mundo que basea a súa fermosura na diversidade é complicado entender porque as persoas son discriminadas, esquecidas e mesmo agredidas por amosar, precisamente, esa diversidade que tando decimos admirar. Atopámonos, en pleno século XXI, nunha perigosa encrucillada, unha especie de involución na que todos os avances en igualdade e diversidade conseguidos nas últimas décadas, asemellan desvanecerse.

É agora cando a sociedade ten que estar máis alerta. É agora cando todos e todas debemos estar preparados para, nun xesto unánime, facer fronte á intolerancia, ao machismo, á xenofobia e á homofobia que son inimigos declarados da liberdade, da igualdade, da convivencia e, como diciamos ao comezo, da dignidade das persoas.

As cores LGTBIQ+ son máis que cores. Son un grito luminoso e unha chamada de atención. Un berro de liberdade, da liberdade de amar a outra persoa sen ter en conta a súa raza, credo, ideoloxía ou sexo. Un berro a liberdade individual que cada quen ten para decidir o seu camiño.

Gonzalo Caballero pide o voto para o PSdeG como “muro de contención para frear á dereita e á ultradereita”

O candidato socialista á presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, pediu onte o voto para o PSdeG para “facer de muro de contención, tamén en Galicia, fronte á dereita e á ultradereita”. Así o dixo nun mitin xunto co presidente do Goberno, Pedro Sánchez, que escolleu Galicia para ter o seu primeiro acto político logo do estado de alarma.

O candidato socialista alertou da “presenza masiva” de referentes da ultradereita nestes días en Galicia, onde “veñen para xogar, porque queren entrar no Parlamento”. Ao fío diso, recordou que as enquisas tampouco recolleron a entrada da extrema dereita en Andalucía, e advertiu da facilidade do PP a manter “acordos con Vox” en todos os gobernos autonómicos nos que o necesitou.

“Cando vexo a Abascal, a Ortega Smith ou a Espinosa de los Monteros, teño un motivo máis para votar ao PSdeG e frear á dereita e á ultradereita”, enfatizou Gonzalo Caballero.

“O cambio o lidera o PSdeG”

En paralelo, Gonzalo Caballero chamou tamén á mobilización dos socialistas galegos que nas convocatorias electorais de 2019 romperon coas sondaxes e puxeron ao PSdeG á fronte dunha maioría progresista que superou á dereita en todas as convocatorias electorais. De aí, explicou, a estratexia conservadora de “impoñer relatos que nos queren facer pequenos” para “inmobilizar ao electorado moderado progresista e socialista”.

O líder dos socialistas galegos remachou que “a historia amosa que en Galicia só hai cambio cando o lidera o PSdeG”, e por iso “o PP a quen ataca é ao PSdeG e ao líder do PSdeG, porque saben que somos alternativa real”, e “a quen lle teñen medo é ao PSdeG”. Dixo que “a dereita prefire xogar á confusión e tratar entre algodóns a outras forzas progresistas”.

Sinalou que “Galicia non ten unha maioría nin un sentimento nacionalista, e eu non son nacionalista, son galeguista; e tampouco son rupturista, son reformista e defendo a socialdemocracia”. “Cando nos queren facer sentir pequenos, eu dígolles que este partido sempre loitou en circunstancias difíciles, e engado que o cambio é posible e que o único cambio posible é liderado polo PSdeG”, remachou.

“Eu son un galego que non se resigna ao relato que quere impoñer a dereita de Feijóo e Baltar, caciquil e rancia”, porque, lembrou dende Ourense, a realidade é que fronte á maioría de galegos que pensan que Feijóo pode gañar as eleccións, “só un 34 por cento dos galegos e das galegas realmente queren que Feijóo sexa presidente da Xunta”.

“Escudo protector”

Gonzalo Caballero comezou a intervención agradecéndolle en persoa a Pedro Sánchez que constituíra un “escudo protector” para a cidadanía fronte á crise sanitaria da covid, evitando que a crise económica se convertera nunha crise social. Sinalou que o goberno socialista foi quen de tomar decisións difíciles na peor crise do século porque “mentres o PP salvaba aos bancos e non ás persoas, nós gobernamos España para defender ás persoas”.

Dirixiuse a Sánchez para sinalar que “hoxe dende Galicia todo o PSdeG quere agradecerlle que fora o presidente da dignidade, do benestar e da defensa dos dereitos de todos e de todas”.

Agora, dixo o candidato socialista, cómpre “saír da crise pola esquerda” logo de 11 anos de Feijóo nos que xestionou a anterior crise provocando a perda de 70.000 empregos, recortando 2.000 millóns de investimento en sanidade, pechando 500 camas públicas, privatizando as residencias, abandonando o medio rural e recortando na educación pública.

Gonzalo Caballero referiuse á mobilización en defensa da sanidade pública que tivo lugar hoxe en Compostela para subliñar que “a sanidade pública non se vende, se defende” con investimento e prazas de profesionais. Lembrou o compromiso de convocar na próxima lexislatura 5.000 prazas estables para profesionais sanitarios e “darlle a Galicia a sanidade que necesita para o século XXI”.

O líder do PSdeG recalcou que Feijóo “tivo que recuar” no peche do paridoiro de Verín pola resposta social, como tamén “onte tivo que retirar o cheque da indignidade” de 250 euros para que os sanitarios gastaran en cenas que acadou o rexeitamento “unánime” de todos os sindicatos sanitarios e dos colexios médicos, que reclamaron mellores condicións laborais.

Continuou na defensa do estado do benestar e dos servizos públicos criticando que o PP teña pechado escolas, suprimido os libros de texto gratuítos e amortizado prazas de mestres. Ao respecto, comprometeu que o goberno socialista recuperará os libros de texto gratuítos e concederá as primeiras matrículas universitarias para os galegos e galegas, ademais de empregar os fondos do Estado para que “ningún escolar quede sen ordenador con datos” para seguir as clases.

Compromiso coa industria

Ademais, o candidato socialista anunciou en Ourense que na primeira semana á fronte da Xunta “pedireille ao presidente do goberno unha xuntanza para tratar a política industrial galega e buscar unha solución co compromiso de manter o emprego da planta de Alcoa” en San Cibrao. Reivindicou unha “política industrial clara, nidia, a carón do goberno de España para defender con firmeza os intereses de Galicia”.

Gonzalo Caballero incidiu en que cando a empresa, “logo de recibir millóns de euros de cartos públicos quere retirarse, temos a un goberno que lle está a dicir que ten que manter os compromisos co emprego, e que se se vai retirar debe indemnizar e devolver os fondos públicos que recibiu a cambio de manter o emprego”.

Así mesmo, chamou a “convocar un gran acordo de país” para revitalizar a economía en tempos de crise e “tamén para unha nova política económica e industrial”, logo da xestión “inexistente” logo de 11 anos de goberno de Feijóo, que “dos 20 buques que prometera con Pemex só quedaron dous e un alto directivo preso por corrupción”.

“UN GOBERNO COMPROMETIDO EN SANTIAGO”

Pola súa banda, o presidente do goberno e secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, pediu o voto para Gonzalo Caballero e para “ter a seguridade de que á fronte da Xunta hai un aliado do goberno de España nos retos e desafíos que veñen”. Dixo que nestas eleccións xógase unha saída da crise “que non deixe a ninguén atrás” que representan os socialistas ou o “sálvese quen poida” que representa o PP.

Apuntou que “necesitamos gobernos comprometidos en Madrid e Santiago”, mentres o PP “só sabe impoñer, recortar e bloquear”, como demostra ao poñerse fronte aos intereses de España na negociación das axudas da UE para recuperar a actividade económica e o emprego. No relativo á negociación europea, advertiu que “se perdemos non perde o Goberno, perde Galicia e perde España”.

Pedro Sánchez preguntouse “se o PP non arrima o ombreiro na crise sanitaria e económica máis grave en 100 anos, cando vai arrimar o ombreiro o PP?”, antes de afearlles que en lugar de apoiar ao estado de alarma “o que fixeron en lugar de sumar, crispar, e en lugar de seguir a senda que demanda a política española, foron polo camiño marcado pola ultradereita de crispar e dividir”.

Lamentou que “fronte ao obxectivo do goberno de derrotar ao virus pola vía da unidade, a dereita quixo derrotar ao goberno polo medio do virus, equivocaron o obxectivo e fracasaron”; e instou a “mobilizarnos o 12X porque non é o mesmo quen goberne nunha crise”.

OURENSE “QUERE CAMBIO”

O encargado de abrir o acto foi Rafael Rodríguez Villarino, secretario provincial de Ourense, quen avanzou que Gonzalo Caballero será o presidente da Xunta de xeito “inminente” e que o goberno socialista traerá “progreso” a esta provincia.

Pola súa banda, Marina Ortega, número un da candidatura socialista por Ourense, quen fixo fincapé en que a súa provincia “quere cambio” porque está “no podium” en cuestións como o envellecemento, as pensións máis baixas do Estado ou a ratio de prazas privadas en residencias de maiores, mentres a mocidade marcha e o rural esmorece. Por iso, proclamou que Gonzalo Caballero é “o presidente da Xunta que necesitamos”.

A Deputación destina preto de 2,4 millóns de euros á segunda convocatoria do programa ‘Labora 2020’

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente de contratación para adxudicación do servizo de formación para a segunda convocatoria da iniciativa formativa ‘Labora 2020’, proxecto cofinanciado polo Fondo Social Europeo. Así o presentou a presidenta do ente provincial, Carmela Silva, que explicou que “o emprego segue a ser unha das grandes preocupacións das administracións públicas”. O orzamento deste segundo contrato ascende a case 2.400.000 euros, mentres que a inversión total do proxecto ascende a 5.000.000 euros.

Con este segundo contrato do proxecto Labora 2020 preténdese desenvolver 29 accións formativas que están incluídas en catro itinerarios de formación: atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, atención sociosanitaria a persoas no domicilio, docencia da formación profesional para emprego e xestión de chamadas de teleasistencia. Deste xeito, “trátase de formación para que a xente desempregada máis vulnerable poida ter a formación necesaria para “situacións e empregos que hoxe van ter unha enorme demanda”, segundo amosou Carmela Silva.

As accións formativas desenvolveranse ó longo do ano 2021 nos concellos de Cambados, Lalín, Moaña, Mos, Pontevedra, Vigo, O Porriño, Valga, A Guarda, Cangas e Vilagarcía. En total, 435 persoas sen emprego van poder participar nestes cursos, que serán presenciais e contarán con axudas en concepto de transporte e asistencia para contribuír á súa realización. “Esta é a aposta da Deputación para favorecer a empregabilidade das persoas máis vulnerables: persoas mozas que teñen risco e dificultades para acceder ó emprego, persoas de máis de 55 anos, persoas con diversidade funcional e tamén inmigrantes, minorías étnicas e comunidades marxinadas”, dixo a presidenta da institución.

A Deputación aproba máis de 1,7 millóns de euros para oito concellos da provincia

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar en Xunta de Goberno recursos por un valor de 1.732.472,88 euros en asistencia a 8 municipios da provincia ao abeiro do Plan Concellos. Os beneficiarios das achegas son Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Cambados, Agolada, Cangas, Meis, As Neves e Salvaterra de Miño.

No que respecta á liña 1 de investimentos, a Deputación financiará obras de mellora de servizos, urbanizacións ou pavimentación de camiños en Vilagarcía, Soutomaior, Cambados e Agolada. En concreto, a Vilagarcía destínanse case 750.000 euros, 600.000 euros para a reforma dunha edificación para convertela nun albergue de peregrinos/as en Carril, e case 150.000 para a mellora de servizos e urbanización na rúa Freixo en Vilaxoán. Soutomaior e Agolada recibirán achegas de 110.277,23 euros e 143.994,32 euros, respectivamente, para a mellora e pavimentación de camiños municipais. E, por último, a institución provincial destina 143.994,32 euros para que Cambados poida renovar a praza de San Gregorio.

En canto á liña 2, a Deputación aproba 209.074,9 euros para Cangas, Meis e As Neves. En Cangas os recursos destinaranse ao tratamentos de residuos sólidos urbanos, en Meis serán para as xornadas de autopromoción vitivinícola e no caso das Neves para a dinamización do comercio local e iniciativas culturais. Na liña 3 de emprego apróbanse modificacións de achegas para Salvaterra de Miño e As Neves que permitirán contratar a 27 persoas (15 en Salvaterra e 12 nas Neves).

O Concello da Guarda suspende as Festas do Monte 2020

0

O equipo de goberno do Concello da Guarda mantivo unha xuntanza coa comisión de festas e cos responsables das bandas mariñeiras, o pasado venres 26 de xuño, para valorar e tomar unha decisión respecto da celebración das festas do Monte 2020. Despois de facer unha reflexión conxunta e vista a incerta situación sanitaria que temos na actualidade o concello da Guarda, de acordo coa comisión de festas e os responsables das bandas mariñeiras, anuncia a suspensión das festas do Monte 2020, o que inclúe as verbenas, o desfile e a romaría do domingo. Poñendo como principal prioridade nestes momentos a saúde das persoas.

A decisón, complicada, adoptouse ante unha crise sanitaria provocada polo virus COVID-19, que obriga a manter medidas de seguridade e prevención para a protección da saúde da cidadanía, “tendo en conta os milleiros de persoas que durante as festas do Monte se achegan á Guarda para participar nunhas festas multitudinarias referentes en toda Galicia, tanto nas verbenas como no desfile e a romaría da fin de semana” e “considerando a normativa vixente na actualidade, tanto da Xunta de Galicia como do Goberno Central, referida ás medidas de seguridade que hai que manter cara a nova normalidade, pero sobre todo, tendo en conta a saúde das persoas”.

A totalidade dos asistentes á xuntanza valoraron a imposibilidade de manter as condicións que a Xunta de Galicia establece dadas as características da festa, pola gran afluencia de persoas que asiste e pola falta de medios para realizar os controis necesarios para ter garantías sanitarias. Así mesmo, os asistentes,  entenderon que a prioridade nestes momentos, sobre  calquera outra consideración, é a saúde.

Carlos Gomez fai balance dun ano de mandato marcado pola crise da COVID-19 e unha nefasta herdanza do goberno do PP

0

O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, fixo esta fin de semana un repaso, amplo e detallado, do primeiro ano de mandato do seu Goberno, un tempo marcado fundamentalmente pola crise da COVID-19 e por unha “nefasta herdanza” de dous décadas de gobernos do PP.

Gómez repasou, na primeira do encontro coa prensa, a situación atopada polo novo Goberno tras a toma de posesión, un primeiro análise no que constatouse “principalmente un deterioro moi grande no funcionamento interno”. O rexedor amosouse rotundo ao afirmar que “para garantir os dereitos dos nosos veciños e veciñas había que garantir os dereitos dos traballadores e traballadoras”.

Segundo sinalou Carlos Gómez, o Concello ten xa un borrador de convenio colectivo “pendente dun recurso presentado sobre as eleccións de setembro” que, unha vez que se solución “poderemos facer a Mesa de Negociación para levar a cabo da sinatura deste documento, fundamental para garantir os dereitos dos traballadores e traballadoras” e que abrirá a porta da elaboración dunha Relación de Postos de Traballo da que tamén carece o Concello.

A partir de aí, o alcalde de Baiona pasou a centrarse na situación do servizo de limpeza que é, para o rexedor local, unha boa mostra da situación herdada e que deixa ben as claras que o Concello “non está a altura das necesidades que piden dos nosos veciños e veciñas e incluso as necesidades que debe ter un concello que é referente internacional de turismo”. Recoñeceu Gómez que a solución a este problema “está moi condicionada pola ausencia dunha RPT” que segundo o alcalde de Baiona “os gobernos conservadores que estiveron neste concello durante 20 anos consecutivos, non foron quen de solucionar”.

Pese á crise da COVID-19 “que o condicionou absolutamente todo”, dixo o alcalde, “este grupo de goberno sacou adiante 11 proxectos neste primeiro ano dos que 9 son das nosas parroquias e dous do casco urbano de Baiona coa colaboración da Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos”. Aproveitou o rexedor baionés para pedir á Xunta de Galicia “que comece a axudar aos concellos” que, durante a crise do coronavirus “foron os grandes esquecidos por parte dos responsables da sanidade pública, neste caso, da Consellería de Sanidade”. Ese esquecemento, engadiu Gómez, “fixo que durante a crise, este concello gastou preto de 200.000 euros”. “Non lle estamos pedindo á Xunta que bote unha man ao concello, senón aos veciños e veciñas”, matizou o alcalde de Baiona.

Nesa liña, Gómez lembrou que os gobernos conservadores de Baiona dedicaban todos os anos a servizos sociais 18.000 euros e lamentou que “sendo eu portavoz da oposición, tivera que escoitar ao portavoz e alcalde do PP, Ángel Rodal, jactarse de que non se gastaba esa partida”. Nos orzamentos que estaban preparados antes da crise da COVID-19, incluíase xa unha partida orzamentaria para servizos sociais de 40.000 euros e “a estas alturas non descartamos que se suba ata os 60.000 euros porque a situación actual vai mudar logo da época estival e temos que estar preparados para atender ás necesidades dos veciños e veciñas”.

Dentro dos proxectos máis inminentes, o alcalde de Baiona salientou dos “proxectos necesarios e urxentes que se teñen que facer nas parroquias, con camiños, estradas e rúas en estado lamentable”.

Hai tamén lugar, nos proxectos do Goberno local, proxectos de calado e ambiciosos, como é a modificación do proxecto de rehabilitación da Casa de Teresinas para ampliación da Casa do Concello “un proxecto do Goberno do PP que foi rexeitado por Patrimonio, organismo co que estamos traballando para facer as modificacións pertinentes e poder acceder a unha subvención”. Cómpre salientar que se trata dun proxecto de preto dos 2.700.000 euros que precisará, como sinalaba Carlos Gómez, “a colaboración de varias administracións”.

Remodelación da Palma e do paseo Pinzón “que leva anos en situación lamentable”; remate da Praza de Santa Liberata para poder poñer en valor un espazo de enorme importancia patrimonial no que tamén se adopa a excolegiata de Santa María.

Repasou detalladamente Carlos Gómez as actuacións realizadas polo Concello na crise da COVID-19 como desinfección de lugares públicos, accesos a supermercados, farmacias, centro de saúde; apoio ás persoas maiores onde incluso de tramitou a solicitude de levar medicamentos a casa; medidas de atención a colectivos en risco de exclusión, realizada en colaboración con Protección Civil, unha iniciativa pola que o alcalde aproveitou para “agradecer públicamente a todos os veciños e veciñas que se prestaron voluntariamente a levar este tipo de accións”. A todas estas medidas, engadíronse iniciativas como as actividades deportivas e culturais postas en marcha nas redes sociais e “medidas de exención fiscal e pagamento de taxas para empresas e autónomos aos que a crise afecta duramente”.

Por último, Carlos Gómez falou do estudo do Plan de Reactivación Económica “no que sentaremos aos sectores sociais, veciñais, políticos, empresariais e comerciais do municipio”. O alcalde de Baiona quixo aclarar que os plans de reactivación “non implican que a administración local se teña que facer cargo, como dí o sr. Rodal, de subvencións para contratación de persoal de veciños e veciñas, algo que compete a outra administración” e engadiu que “a ver se se entera o sr. Rodal e compañía de que as competencias en comercio, turismo, transporte son da Xunta de Galicia, non se lle pode pedir a unha administración local que se faga cargo diso”.

Empanada de maíz sin gluten y con tres rellenos

Dice Álvaro Cunqueiro en su libro ‘A cociña galega’: “A rolda de empanadas galegas é inacabable. Non hai festa sen elas…”

¡Y qué razón tiene!

Empieza el verano y con él las múltiples fiestas que se celebran en Galicia a lo largo de estos meses. En pleno inicio del verano, Mos, mi concello, celebra su Festa da Rosa*; y este año, como tantas cosas en nuestras vidas desde el mes de marzo, las fiestas también han tenido que ser virtuales y hemos visto en vídeo las rosas que nos regalaron los niños de Mos, y también actuaciones musicales, y a las palilleiras haciendo sus maravillosos encajes… pero hay cosas que no pueden sustituirse por una imagen, y es el caso de su tradicional Exaltación da empanada de pan de millo y ese aroma y sabor de las exquisitas empanadas que no pudieron compartirse. 

Así que yo he decidido hacer un homenaje a ese momento que no pudo ser con una adaptación sin gluten de la empanada de maíz.

Siguiendo la receta del vídeo que este año nos regaló la Panadería San Miguel de Mos y con las aportaciones de mis compañeras teatreiras mosenses  Mucha, Fita y Loli, salieron unas empanadas riquísimas.

Vamos allá!

Ingredientes

(ojo, aseguraos de que son sin gluten, aptos para celíacos)

Para la masa:

  • 750 g harina de maíz (harina, no almidón tipo Maizena)
  • 200 g harina de arroz integral (podéis hacerla en casa triturando arroz integral)
  • 50 g harina de trigo sarraceno **

Otra fórmula:

  • 750 g harina de maíz
  • 180 almidón de trigo sin gluten
  • 70 g harina de trigo sarraceno
  • 1 litro largo de agua (o, como dicen las buenas cocineras,  “la que pida la masa…”)
  • 16 g sal
  • 20 g Levadura seca de panadería
  • Jugo del relleno

La masa

Para hacer la masa lo primero que haremos es escaldar la harina de maíz. Para ello hervimos el agua con la sal y echamos sobre la harina una cantidad suficiente para que se humedezca bien y se haga una pasta que amasamos unos 7-8 minutos. Dejamos que enfríe.

Una vez fría añadimos el resto de las harinas y la levadura y el resto del agua fría. Vamos echando el agua poco a poco (“la que pida la masa…”) y amasando hasta obtener una masa que podamos manejar, que no se nos pegue demasiado a las manos; añadimos también una o dos cucharadas de jugo que habrá soltado el  relleno; esto le dará sabor, color y jugosidad. Dejamos que repose tapada con un paño hasta que crezca y se agriete un poco. Si la hacemos el día anterior la dejamos en la nevera tapada con un paño.

Cubrimos el molde donde la hornearemos con papel de horno; engrasamos con aceite y vamos cubriendo con la masa, que no se estira con rodillo, sino  que se van cogiendo pequeñas porciones con las manos ligeramente engrasadas con aceite, y se van aplastando en la mano y colocando sobre el papel hasta cubrir el fondo. Añadimos el relleno y cubrimos de la misma forma, a poquitos, con paciencia. Sellamos muy bien los bordes, hacemos un agujero en el medio y pintamos con jugo del relleno.

Horneamos a 180º durante unos 40 minutos.

Yo con esta cantidad de masa hice tres empanadas pequeñas con tres rellenos diferentes: berberechos, bacalao con pasas y pollo.

Los rellenos

Si hacemos el relleno el día anterior, reposará y estará mucho más rico. Hay que añadirlo a la masa cuando esté frío.

Como dice Cunqueiro: “… sempre ben encebolada, moi azafranada, pimentada, aceitada”

Así que lo que necesitamos es: cebolla, pimiento rojo (o si lo prefieres, verde, o ambos), azafrán, aceite de oliva, sal.

Y en este caso: berberechos, bacalao, pollo. Las cantidades son aproximadas; depende de si te gusta más o menos la cebolla, o el pimiento, o si la prefieres más o menos llena del ingrediente principal…

Empanada de berberechos (mi preferida)

Lémbrome coma dun dos bocados máis esquisitos que tiña probado, dunha empanada de croques quentiña, presentada en Vilagarcía…”

  • 400 g berberechos 
  • 2 cebollas medianas
  • 1 pimiento rojo pequeño
  • 1 sobre de azafrán
  • Sal, aceite de oliva

Abrimos los berberechos al vapor, sacamos de la cáscara y reservamos.

Pochamos la cebolla y el pimiento cortados en trozos pequeños; dejamos que se haga a fuego lento; cuando esté hecho añadimos el azafrán y damos unas vueltas.

Reservamos hasta el día siguiente. Yo dejé los berberechos con parte del jugo que soltó el sofrito. 

Al día siguiente ponemos la base de masa, sobre ella extendemos el sofrito y cubrimos con los berberechos. Procedemos como expliqué arriba. 

Empanada de bacalao con pasas (mi preferida también)

Na Coresma faise empanada de bacallau, que ha de ser moi aceitada, que o peixe chupa todo o prebe”

  • 250-300 g bacalao desalado
  • 1-2 dientes de ajo
  • 2 cebollas medianas
  • 1 pimiento rojo pequeño
  • Un buen puñado de pasas Moscatel (80 g más o menos)
  • 1 cucharadita de pimentón dulce

Ponemos las pasas a remojo bien cubiertas de agua para hidratarlas.

Empezamos cortando la cebolla, el ajo y el pimiento en trozos pequeños; pochamos en aceite de oliva lentamente. 

Cuando el sofrito esté en su punto añadimos las pasas y el bacalao en tiras o taquitos y damos solo un par de vueltas.

Reservamos hasta que se enfríe o hasta el día siguiente.

Procedemos como en la anterior, colocando la masa en el fondo, añadiendo el relleno y cubriendo y horneando como explicamos.

Receta de la empanada de pollo de Mucha (la preferida de los niños)

  • 1 pechuga de pollo
  • 2 cebollas medianas
  • Pimiento morrón en conserva
  • 1 cucharadita de Pimentón dulce

Como en las anteriores, sofreímos la cebolla y en este caso, una vez pochada, añadimos el pollo en taquitos, lo sellamos (acabará de hacerse en el horno), y añadimos la cucharadita de pimentón; a continuación incorporamos el pimiento morrón en tiras y damos unas vueltas. 

Dejamos enfriar y rellenamos (yo añadí sobre el relleno unos trocitos de queso de tetilla) y tapamos y horneamos como en los casos anteriores.

Sinceramente ¡están riquísimas! 

Esta masa admite otros muchos rellenos (pulpo, zamburiñas, chocos, mejillones…) Y si queréis hacerla con gluten, sólo tenéis que sustituir las harinas sin gluten por harina de centeno o de trigo.

Mientras esperamos pacientemente y con “cabeciña” que vuelvan esas ansiadas fiestas, disfrutemos en casa de estas riquísimas empanadas. Y si os sobra masa, haced una hogacita de pan, que está buenísimo.

¡Salud y buen provecho!


*A Festa da Rosa de Mos está considerada Festa de interés turístico de Galicia.

**El trigo sarraceno no es un cereal, es un pseudocereal que carece de gluten y tiene un gran valor nutritivo.

Todas las citas son del libro de Álvaro Cunqueiro “A cociña galega”, de la Editorial Galaxia.

Redondela habilita un servizo de información e orientación sobre o Ingreso Mínimo Vital

0

O Concello de Redondela conta xa cun servizo de orientación e información para axudar á veciñanza a realizar os trámites de solicitude do Ingreso Mínimo Vital, unha prestación dirixida especificamente a previr o risco de pobreza e exclusión social.

As interesadas e interesados en tramitar estas axudas contarán co asesoramento dunha persoa que lles facilitará toda a información que precisen sobre estas axudas e lles explicará, se é o caso, como realizar a tramitación online. Para poder utilizar este servizo e dentro das medidas de seguridade postas en marcha pola crise da COVID, é preciso que os interesados e interesadas soliciten cita previa no Concello de Redondela.

O Ingreso Mínimo Vital “garante un nivel mínimo de renda a quen se atope en situación de vulnerabilidade económica e busca garantir unha mellora real de oportunidades de inclusión social e laboral das persoas beneficiarias”, explica a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas.

Coa posta en marcha deste servizo, o Goberno local de Redondela mantén a súa liña de ofrecer aos veciños e veciñas “todas aquelas ferramentas que contribúan a facerlle máis doados os trámites ante as distintas administracións e, ao mesmo tempo, contribuír a mellorar a súa calidade de vida”, apunta a rexedora local.

Dado que o Ingreso Mínimo Vital funciona como unha rede de protección dirixida a permitir o tránsito desde unha situación de exclusión a unha participación na sociedade, contén ademais das axudas directas, “incentivos ao emprego e á inclusión, articulados a través de distintas fórmulas de cooperación entre administracións”.

Todos os requisitos, formularios e información sobre o Ingreso Mínimo Vital, está a disposición da veciñanza na páxina web do Concello de Redondela, www.redondela.gal, na sección ‘Portal Informativo da COVID-19”.

Máis de 250 alumos e alumnas realizarán as probas de selectividade en Ponteareas

A concellería de Educación, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa que 252 alumnos e alumnas de secundaria realizarán as probas de selectividade en Ponteareas. O alumnado dos centros de ensino secundario dos concellos da Cañiza, As Neves, Mondariz Balneario e Salvaterra achegaránse os vindeiros días 7, 8 e 9 de xullo para realizar xunto ao alumnado ponteareán as probas que lle permitirán acceder ao sistema universitario.

A directiva dos tres institutos de Ponteareas, IES do Barral, IES Pedra de Auga e IES Val do Tea, traballaron xunto á comisión delegada nº 21 no deseño e na organización do desenvolvemento dos tres días de probas. Finalmente, a CIUG acordou que os exames se realizarán no ximnasio e no salón de actos do Pedra de Auga e na aula de tecnoloxía, salón de actos e dúas aulas do IES Val do Tea. Nos accesos aos centros instalarase cartelería informativa na que se indique a que aula deben dirixirse.

Para eses días, a Concellería de Educación contribuirá en todo o que os centros precisen para o correcto desenvolvemento das xornadas e contarán co apoio de voluntarios e voluntarias de Protección Civil sobre todo nos horarios de entrada.

Nestes días o alumnado será informado do centro no que deberá examinarse. Os centros educativos recordan a todas e a todos eles que deberán levar mascariña e respectar sempre as distancias de seguridade así como o resto das normas e recomendacións, tendo que acceder polos puntos de entrada e de saída que establecerán os centros para eses días.

“É moi importante que as familias respecten todas as normas garantindo as distancias, levando sempre mascariña e observando escrupulosamente as directrices que dan os centros”, explica Cristina Fernández.

A Guarda contrata a 10 desempregados ao abeiro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra

0

Dende fai uns días prestan servizo no Concello da Guarda 10 persoas desempregadas grazas ao Plan de Conservación e funcionamento de bens e servizos municipais da Deputación de Pontevedra, que permitiu a súa contratación a través da liña 3.

Neste senso A Guarda conta con dous traballadores para axudantes do camión do lixo e 8 peóns limpadores, que traballarán ao longo de 7 meses. Ademais, tamén está prevista a incorporación de novo persoal os vindeiros meses, que contarán cunha xornada completa e a duración do contrato oscilará entre os 4 e os 6 meses.

En total contrataranse 14 persoas desempregadas, cunha achega por parte da Deputación de Pontevedra por valor de 134.943,27 €