Son xa 160 os fogares tudenses que participan no programa municipal de compostaxe. O pasado venres, no Centro Municipal de Formación, tivo lugar a entrega de 25 novos composteiros a outras tantas persoas que tiñan presentando a súa solicitude. Previamente a mestra composteira, Sara Luque, ofreceu varias charlas informativas en grupos reducidos explicando tanto o qué é a compostaxe coma o proceso a seguir. De agora en diante, ao igual que realiza xa en máis dun centenar de fogares, a mestra composteira levará a cabo un control e seguimento de forma periódica deste novos composteiros.
Aquelas persoas que desexen contar cun composteiro individual nos seus fogares poden solicitalo cubrindo o impreso que está accesible en tui.gal ou solicitándoo no correo [email protected].
Cómpre lembrar que amais destes 160 composteiros individuais na cidade hai amais 3 centros de compostaxe comunitaria situados na rúa Tenencia, na rúa Compostela e na traseira da Área Panorámica.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, e membros do goberno local mantiveron esta mañá a primeira visita institucional coa delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, na que se expuxeron as peticións e demandas da veciñanza con respecto ao executivo autonómico. Luisa Piñeiro garantiu a colaboración da Xunta co concello rosaleiro e comprometeuse a realizar de inmediato as primeiras xestións sobre os temas máis urxentes e a manter un contacto periódico co Concello do Rosal.
Durante a reunión, o goberno local trasladou á delegada territorial as solicitudes de investimentos e actuacións relacionadas co eido sanitario, con infraestruturas e seguridade vial, con dependencia e servizos sociais e co transporte de viaxeiros.
Así, analizouse a posibilidade de acometer unha senda peonil e a mellora da estrada PO-353, xa que no seu día fíxose o primeiro treito e quedan por acometer outros dous na contorna de Novás e Fornelos. Tamén se avaliou a posibilidade de incrementar os fondos para dependencia, aínda que esa cuestión depende da transferencia de recursos do Goberno Central, e o reforzo das frecuencias de bus en quenda de mañá para a conexión coa bisbarra polas localidades da Guarda e Tomiño e tamén con Vigo por cuestións hospitalarias.
A alcaldesa agradeceu a visita da delegada territorial e valorou “o seu coñecemento do mundo municipal” tras ser rexedora de Moraña durante unha década e a representante autonómica anunciou un “seguimento constante dos proxectos de interese para O Rosal”.
O delegado da Zona Franca de Vigo e secretario xeral dos socialistas da provincia de Pontevedra, David Regades, recibiu hoxe, na sede do antigo Reitorado, ás deputadas viguesas no Congreso, Olga Alonso e Ángeles Marra. Sobre a mesa a análise dun proxecto de Orzamentos Xerais do Estado 2021 que, en palabras dos tres responsables políticos, “son excelentes na medida en que están concibidos a escala de Vigo e contribuirán á reactivación da economía e á xeración de postos de traballo”.
David Regades agradeceu o traballo das dúas deputadas, “que poden presentarse na cidade cuns PGE 2021 como os que vimos de coñecer hai algúns días”. Como delegado da Zona Franca destacou o importante investimento que este órgano vai xestionar e que, ao seu xuízo, “servirán do primeiro ao último euro para xerar oportunidades”. “Na Zona Franca de Vigo non somos moi de quedar parados, pero para movernos tamén necesitamos “gasolina” e estes PGE non defraudan a ninguén que non estea cegado pola venda do partidismo”. Así lembrou que a área de Vigo vai recibir un total de 113 millóns de euros, que resolven cuestións históricas e sentan as bases de proxectos estratéxicos do Vigo que vén. O proxecto orzamentario asigna 51,8 millóns á Zona Franca para os proxectos dos polígonos de Balaídos e Bouzas, naves en Porto do Molle, edificio da rúa López Mora, construción do World Car Center, a Panificadora, o Parque Loxístico de Valadares, os edificios das rúas Areal e Oporto e obras de eficiencia enerxética.
Olga Alonso subliñou a importancia duns Orzamentos en clave do que a maior cidade de Galicia precisa. “Son uns números excelentes tanto para a cidade como para toda a súa área, pero o máis importante é que son unha aposta moi forte por apoiar a economía, que deseñan as infraestruturas que as empresas necesitan e que, por tanto, crean as condicións para dar un tirón ao emprego durante os últimos anos”. A deputada destacou que á hora de analizar uns Orzamentos hai que valorar dúas cousas: “que fixen obxectivos claros e que se doten de recursos económicos para cumprilos, e a resposta a estas dúas preguntas é un rotundo si”.
Ángeles Marra recalcou que non se cansa de insistir na importancia estratéxica para Vigo de que estes Orzamentos do Estado vaian adiante. “É algo crucial para Vigo, xogámonos moito nelo”. Ao seu xuízo, a Zona Franca, que xa está a vivir un momento de actividade frenética cobrará aínda máis protagonismo e iso é unha gran nova. A deputada ten moi claro que “quen cumpre con Vigo e a provincia de Pontevedra é o Goberno socialista de Pedro Sánchez e o demais é retórica”.
Ademais non aforrou críticas ao BNG por ter anunciado unha emenda á totalidade despois dun primeiro momento no que parecía acoller con satisfacción este proxecto de Contas. Será que o BNG non quere a redución das peaxes na AP9, a gratuidade do tramo de Redondela, ou que non queren apoiar os Presupostos máis sociais da historia e dos que se van beneficiar milleiros de viguesas e vigueses?
O Concello de Baiona reactiva o proxecto de ampliación da senda fluvial do río Fraga, na parroquia de Baredo, uns traballos que comezaban en maio do ano pasado pero que o Goberno municipal mirouse na obriga de deter porque invadían propiedades privadas sen que, por parte do anterior goberno, se solicitara aos propietarios os correspondentes permisos.
O alcalde de Baiona, Carlos Gómez Prado, e o concelleiro de Vías e Obras, Óscar Martínez, puxéronse en contacto coa veciñanda das leiras que lindan co trazado para solicitarlles o permiso e lamentaron que o anterior Goberno “iniciara o proxecto sen o consentimento dos mesmos”. As conversas mantidas conseguiron un acordo coa ducia de afectados para lograr a cesión dos terreos.
Unha vez realizadas as xestións precisas, o proxecto sufriu unha pequena modificación no trazado fai referencia, polo que foi preciso solicitar unha nova autorización ao departamento de Augas de Galicia.
Os traballos, que comezaron nestes días, ampliarán a pasarela de madeira, de 1,50 metros de ancho, noutros 500 metros río arriba. Ademais de ofrecer un camiño polo que exercitarse e gozar da paisaxe natural.
O pasado mércores día 4 de novembro iniciáronse as obras de mellora da Rúa Calvario entre os números 48 e 73, traballos que contan cun orzamento total 121.951,87 € (IVE incluído) con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra. As obras teñen un prazo de execución duns 45 días, alternando o seu uso cando sexa posible, polo que o Concello pide a máxima comprensión por parte da veciñanza desta rúa.
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o concelleiro de Vías e Servizos, Miguel Español, visitaron o arranque das obras xunto co arquitecto municipal e técnicos da empresa adxudicataria, que xa comezou os traballos de retirada do vello firme desta rúa urbana. Foi precisamente neses intres cando saíu á luz a vella capa de rodadura de pedra, pedras que se tentarán recuperar para empregalas en parte destas obras de mellora.
Esta actuación contará cunha parte central para a recollida de augas fluviais, substituíndo o pavimento existente por outro novo de pedra en continuidade cos tramos xa mellorados en fases anteriores nesta mesma rúa.
Executarase unha nova rede de abastecemento de auga, así coma a incorporación de bocas de incendios e a substitución da rede de augas pluviais e residuais, dispondo as novas acometidas a pozos e eliminado as acometidas que nestes intres non se poden controlar ou rexistrar.
O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, presidiu onte a reunión da Xunta Autonómica de Directores, onde informou de que o Goberno galego garantirá o subministro de máscaras de protección para o alumnado que máis o necesite durante todo o curso escolar, así como para o profesorado.
Neste sentido explicou que esta semana se enviará aos centros educativos os fondos da Reserva de Garantía Educativa, dotado con 7 millóns de euros, co que se amplía a partida total de gastos ordinarios dos centros que ascende a 23,5 millóns de euros (un 42 % máis ca o inicialmente previsto). Con esta dotación orzamentaria, os centros poderán adquirir material vencellado á prevención do risco sanitario e á loita contra a Covid-19, como máscaras hixiénicas reutilizables para o alumnado, pantallas faciais ou xel hidroalcohólico, entre outros.
Por outra banda, o conselleiro de Educación −que estivo acompañado do director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez Bértolo− anunciou que a Xunta está tramitando a segunda compra de máscaras hixiénicas para o profesorado, que será repartida nas próximas semanas, e que permitirá cubrir todas as necesidades dos docentes ata finais de curso. Neste momento, logo do primeiro envío realizado a principios de curso, a Consellería dispón de stock suficiente para atender as demandas puntuais que trasladen os centros.
Román Rodríguez subliñou o compromiso da Xunta cos centros educativos, cos alumnos e coas familias, dos que destacou o traballo e esforzo que están realizando nunha situación excepcional como a actual. “Estamos e estaremos ao lado da comunidade educativa realizando todo o que estea nas nosas mans para garantir que as nosas aulas sexan espazos seguros”, abondou.
Criterios de acceso
Román Rodríguez informou, así mesmo, de que está previsto publicar esta mesma semana unha orde para regular o acceso ás máscaras para o alumnado que máis o precise, seguindo os mesmos criterios establecidos para o acceso ás axudas de adquisición de material escolar. Tendo en conta estes criterios, a previsión é que se beneficien do reparto gratuíto de máscaras de protección arredor de 100.000 alumnos de centros sostidos con fondos públicos.
A este respecto avanzou que as alumnas e alumnos que sexan beneficiarios este curso das axudas para a compra de material escolar da Consellería de Educación accederán de forma inmediata ás máscaras. As familias que non solicitaran estas axudas pero que se atopen neses tramos de renda poderán presentar unha solicitude para que aos seus fillos se lles subministren máscaras de protección no centro educativo.
Máscaras transparentes
A maiores, a Xunta publicará as especificacións técnicas sobre o material que deben adquirir os centros con cargo á Reserva de Garantía Educativa, dotada con 7 millóns de euros, e cuxo ingreso se vai materializar nos vindeiros días entre os 1.106 centros públicos beneficiados. Esta contía será xestionada directamente polos propios centros que, en función das súas necesidades, poderán adquirir as máscaras para os alumnos que cumpran cos criterios de renda per cápita familiar, así como outros elementos de prevención da pandemia como máscaras transparentes para a atención nas aulas de audición e linguaxe, mamparas, produtos desinfectantes, hidroxel, ou equipos de illamento, entre outros.
O conselleiro incidiu en que estas medidas son un paso máis na tarefa que está a desenvolver a Xunta de Galicia en prol da seguridade sanitaria nas aulas galegas.
Cómpre lembrar que a partida do Fondo de Reserva de Garantía Educativa dotada con 7 millóns de euros, cuxo envío se vai concretar xa, amplía ata os 23,5 millóns de euros a partida que a Consellería de Educación está destinando aos centros escolares en concepto de gastos de funcionamento para facer fronte ás necesidades de seguridade e hixiene derivadas da covid-19.
En total, o Goberno autonómico está a investir uns 162 millóns de euros no sistema educativo galego para atender as necesidades xeradas pola pandemia. Deste montante, a meirande parte absórbea a dotación de recursos humanos con case 94 M€, seguido da dotación de equipamentos, ao que se destinan 43,5 M€, e outros 25 M€ para a atención e reforzo de servizos como o comedor escolar ou a limpeza.
O Concello de Nigrán súmase ao Día Mundial da Dislexia que se conmemora o día 10 de novembro iluminando esta noite de azul turquesa a Casa Consistorial, tal e como promove A Federación española de dislexia e outras dificultades específicas da aprendizaxe ( FEDIS) coa campaña #UnidosPorLaDislexia. O obxectivo é facer visible este trastorno da aprendizaxe que afecta aproximadamente a catro de cada seis fracasos e abandonos escolares. Ademais de numerosos Concellos de toda España, únese o Congreso dos Deputados e as principais cidades e deputacións do país, asi como a Axencia Española de Cooperación Internacional ( AECID).
A cor Azul- Turquesa
A Asemblea Xeral da Federación española de dislexia, elixiu por unanimidade xa hai tres anos, a cor azul turquesa como o que representa a causa da dislexia debido a que é unha cor con connotacións maiormente positivas para as persoas con dislexia, debido a que promove a creatividade, a calma, a serenidade, a tranquilidade e relaxación.
A deputada do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Leticia Gallego, visitou esta tarde Redondela para coñecer, in situ, a desastrosa situación en que se atopa a Avenida Mendiño e dar a coñecer que, por parte do grupo socialista e sobre este tema, se presentarán dúas preguntas na Mesa do Parlamento.
A deputada lembrou que no 2018, en vésperas dunhas eleccións municipais, o exalcalde Javier Bas e a conselleira Ethel Vázquez, anunciaban unhas obras “que ían comezar en xuño” cando o certo é que, despois de solicitar reiteradamente o convenio para a realización da obra, este foi remitido en marzo deste ano.
O borrador contiña, a entender da Secretaría municipal, unha serie de cuestións que “segundo a Lei de Réxime Xurídico do Sector Público, necesitaban modificarse ou incorporarse ao texto do convenio”. De feito, nas cláusulas do convenio, facíase referencia a que no importe que correspondía ao Concello estaban “os custes dos servizos municipais de abastecemento e saneamento así como o 50 % do importe do alumeado” incluíase ademáis a semaforización cando o certo, explicaba o Concello no escrito remitido á Xunta de Galicia, “non forma parte dos servizos municipais de prestación mínima polo que debía eliminarse dita referencia”.
Todas estas apreciacións foron remitidas en abril a Axencia Galega de Infraestrutura, quedando constancia da súa recepción pero “sen que ata o momento se teña recibido respota algunha”. O Concello sinala, amais, que “non procede a emisión da retención de crédito ata non ter o texto definitivo” xa que, debido as circunstancias expostas “podería incluso variar a achega municipal definitica ao eliminar, no seu caso, os custos correspondentes a rede semafórica”.
Así pois, nas súas preguntas, o grupo socialista pregunta á Xunta de Galicia, se ten pensado incluír nos Orzamentos do 2021, unha partida suficiente para executar as obras tanto na PO-363 (Avenida de Mendiño) como na PO-250 que permitirían mellorar a mobilidade e seguridade en Redondela. Por outra banda, preguntan á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade “se ten pensado remitir de forma urxente o convenio da estrada PO-363 ao Concello de Redondela.
A alcaldesa Digna Rivas, logo de agradecer a presenza de Leticia Gallego en Redondela “e que o Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia se faga eco da inxustiza da que están sendo obxecto o Concello e as veciñas e veciños de Redondela”, insistiu unha vez máis en que o Concello está á espera da resposta da Axencia Galega de Infraestruturas sobre as modificacións propostas polo Concello redondelán.
O máis triste do caso, asegurou, e que obviando esa resposta “a Xunta limítese a sacar unha nota na que, para xustificar o seu silencio, minta descaradamente”. Que unha institución como a Xunta falte á verdade dese xeito “é absolutamente inadmisible e é unha falta de respecto á veciñanza que eu, como alcaldesa de todos e todas sen distinción algunha, non estou disposta a tolerar”.
Pídesenos por parte da Axencia Galega de Infraestruturas “unha retención de crédito, a sabendas que non se pode facer ata que non saibamos con certeza como é o convenio e que parte temos que achegar porque –insistiu a rexedora local– cárganse conceptos como a semaforización, que non corresponde ao Concello e que, polo tanto, fan variar a nosa achega”.
A Vicepresidenta Segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, visitou hoxe Mos xunto cos deputados nacionais Javier Bas e Diego Gago, para expoñer a enmenda que presentarán aos orzamentos do Estado para liberalizar a peaxe do tramo de 8 quilómetros Puxeiros-Porriño da AP-9 e así desviar o tráfico da A-55.
Esta enmenda nace a raíz da petición da alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, que esta mañá participaba tamén na rolda de prensa de presentación da mesma xunto cos seus compañeiros concelleiros do equipo de goberno local, Alberto Méndez, Sara Cebreiro e Julia Loureiro, respaldados e contando co apoio dos representantes do empresariado da provincia: Jorge Cebreiros, presidente da Confederación de Empresarios (CEP) de Pontevedra, Ramón Alonso, presidente da Asociación Empresarios de Transporte Discrecional de Mercancías de Pontevedra e responsable da Federación Galega de Transporte de Mercancías e vicepresidente de AEMOS, Manuel Castro, presidente de AEMOS (Asociación de Empresarios de Mos) e Indalecio Cuevas, presidente da Entidade Urbanística de Conservación (EUC) de A Granxa.
No acto celebrado na Praza do Concello, xunto á A-55, expúxose a intención do grupo popular no Congreso dos Deputados de presentar unha enmenda aos orzamentos do Estado para liberalizar a peaxe do tramo de 8 quilómetros da AP-9 entre Puxeiros e Porriño para desviar o tráfico da tan perigosa A-55.
Nidia Arévalo destacou que “no caso de Redondela está o exemplo de que si se quere, pódese, coa diferenza de que nese caso as motivacións son económicas e no caso de Mos están vidas en xogo”.
Pola súa banda Ana Pastor declarou que “como saben levamos moito tempo traballando pola competitividade das empresas de Galicia en xeral e de Vigo e comarca en particular, e para elo son fundamentais unhas óptimas vías de comunicación, máis aínda nestes tempos de pandemia”. Incidiu no gran nivel de afección de Mos por parte de distintas e numerosas infraestruturas asegurando que “é un concello que dá moito e recibe pouco”. Recoñeceu “o acerto da alcaldesa ao pedir esta enmenda porque a gratuídade deste tramo é a solución máis inmediata, ao atoparse o proxecto do túnel na A-55 paralizado desde fai máis de dous anos” e asegurou que “imos tentar que esta enmenda sala para adiante e que se lle asigne unha partida cunha consignación orzamentaria específica á liberalización da peaxe nestes 8 quilómetros da AP-9, porque desde logo se hai algún tramo en España que verdadeiramente o necesita, é este”.
Jorge Cebreiros declarou que “as vías de comunicación son fundamentais para a competitividade empresarial e máis en tempos de COVID-19, e os empresarios de Pontevedra non podemos seguir soportando nin os custes da peaxe, nin os puntos negros da autovía máis perigosa de España e a única na que hai que circular a 60 quilómetros por hora” e lamentou “o agravio comparativo entre o noroeste de España e outros lugares do territorio español” e fixo un chamamento a que “todos os deputados do Parlamento galego, independentemente da súa cor política, apoien e respalden esta iniciativa para eliminar o agravio histórico que existe co noso territorio”.
Por último Ramón Alonso concluiu a rolda de prensa incidindo en que “o tramo Vigo-Porriño da A-55 é o de máis sinistralidade e inseguridade viaria de toda España e xa só por iso está xustificada a gratuídade da AP-9”.
Dado que está en vigor o período de enmendas a rexedora local mosense reuniuse o pasado luns cos voceiros da Corporación Municipal mosense para trasladarlles a iniciativa e pedirlles que lles esixan aos seus partidos que fagan o mesmo e que tamén eles inicien trámites de emenda aos orzamentos para a gratuídade deste tramo de peaxe. “O ideal para facer a maior forza posible”, explica Arévalo, “sería que existise unha proposta de emenda de cada partido político e que a cúpula e os deputados de cada un actúen de cara a que se concrete unha partida para liberalización da peaxe”.
Arévalo destacou “a importancia do noso obxectivo de desviar o tráfico da estrada máis perigosa de España, xa que é a liberación da peaxe da AP-9 a solución máis inmediata e máis eficaz a curto prazo para evitar accidentes, atascos, feridos e mortes”. Conseguir a liberalización do traxecto da AP-9 entre Puxeiros e Porriño resulta de máxima prioridade para os veciños de Mos e comarca así como os que acceden a Vigo procedentes da Meseta e Portugal.
O traxecto da A-55 ao seu paso por Mos é un dos tramos máis perigosos do Estado Español o que se reflexa na alta sinistralidade contrastada polos numerosos datos estatísticos que ocasionan numerosos danos materiais e persoais. Co fin de diminuír esta sinistralidade realizouse unha reforma recente e colocáronse radares cunha limitación de velocidade á 60Kms/h nun traxecto de curvas , medidas que se ben evitan en parte o crecemento da sinistralidade provoca numerosas retencións polo elevado tráfico. Estas consecuencias afectan a todos os/as cidadáns, pero especialmente aos habitantes do Sur da Provincia de Pontevedra por ser os maiores usuarios de esta vía.
Con trazado paralelo e próximo a esta estrada existe a Autopista AP-9 pola que circula escaso tráfico debido ao peaxe nela instaurado. Esta Autopista entre Coruña e Tui, ten accesos de conexión coa A-55 tanto no Alto de Puxeiros como en Porriño, cun percorrido de 8 Km que enlaza coas autovías cara Tui, Ourense e Vigo. Se este traxecto fose liberado da peaxe diminuiría de forma significativa a densidade do tráfico no traxecto referido da A-55; e polo tanto minguarían os problemas mencionados. Por outro lado é evidente que o coste de liberalización destes poucos quilómetros da peaxe ten un coste asumible pola Administración Pública responsable.
Aínda que o Ministerio de Fomento ten proxectado un túnel que permita reducir drasticamente o tráfico no traxecto referido da A-55, este proxecto está nunha fase inicial non resolve o problema a curto-medio prazo.
Numerosos acordos Plenarios do Concello de Mos, así como outras organizacións sociais tales como Sindicatos e AEMOS teñen reclamado a liberalización de este traxecto sen resultado ata o de agora.
“Resulta incomprensible e alarmante que non se teña resolto este problema nos orzamentos do Estado de 2021, cando existe unha partida específica para reducir custes na AP-9, e que non se contemple unha solución específica para desviar o tráfico da A-55, o que indica unha falta de compromiso cos cidadáns do sur da provincia de Pontevedra por parte da Administración”, concluíu a alcaldesa.
A vixilancia do cumprimento das novas medidas restritivas que o sábado entraron en vigor en Tui xunto á restrición á mobilidade de 23 a 6 h centraron as actuacións da Policía Local de Tui durante a fin de semana.
Tramitaron 6 denuncias polo incumprimento do toque de queda, polo peche perimetral, e por viaxar nun mesmo vehículo persoas non convivintes, algo que non está permitido en Tui dende o sábado.
Os axentes da Policía Local realizaron o control de máis de 500 vehículos tanto no entorno da vella Ponte Internacional coma noutros puntos da cidade para comprobar o cumprimento do peche perimetral que dende o sábado está en vigor no municipio. Os policías informaron a moitos condutores procedentes de Portugal das novas medidas establecidas en Tui polas que non se pode acceder ao municipio, salvo nos casos establecidos. Amais tanto a liña fixa coma a móbil da Policía Local chegou a colapsar na fin de semana ante as numerosas consultas recibidas tanto dende Galicia coma dende Portugal sobre as novas medidas restritivas que están vixentes. Compre lembrar o teléfono 900 400 116 para resolver dúbidas tanto sobre a COVID19 coma sobre as medidas establecidas.
Amais na noite do sábado os municipais deron o alto a dous vehículos cuxos condutores deron positivo no control de alcoholemia e incumpría o toque de queda.
Ás 23.20 h na rotonda de Guillarei os axentes deron o alto a un vehículo que circulaba en zigzag. O condutor triplicaba a taxa de alcohol permitida ao dar un resultado de 0,94 mg/l na primeira proba realizada, e 0,91 mg/l na segunda. Minutos despois na PO-552, en colaboración coa Garda Civil, deron o alto a outro condutor que duplicaba a taxa permitida ao dar un resultado de 0,58 mg/l na primeira proba e 0,54 mg/l na segunda.
O Programa Integrado de Emprego que o Concello de Salceda de Caselas está a desenvolver dende o mes de outubro do pasado ano está a obter uns resultados moi positivos a pesares da crise sanitaria, que agora se poderán prorrogar despois da ampliación do Programa que ven de comunicar a Consellería de Emprego e Igualdade.
O Programa atende a 100 persoas desempregadas, e está a conseguir importantes avances no que a inserción laboral se refire, cun 72% de participantes que traballan ou traballaron ao longo do programa, un 32% que xa cumpriron o obxectivo e continúan traballando hoxe en día, e cun 55% con un contrato laboral nestes momentos. Tamén catro das persoas participantes foron orientadas a retomar os seus estudos, cursando neste momento estudos de formación profesional.
O Programa abarca moi diferentes iniciativas segundo os perfiles das persoas participantes, como é o caso de 7 destas persoas que están a sacar o permiso de conducir B, conscientes dende o Concello de que este permiso resulta fundamental en moitos postos de traballo.
Dende o mes de xaneiro impartíronse un total de 5699 h de formación, das cales 4628 h impartíronse de xeito telemático e 1070 h de formación presencial. Na actualidade estase a impartir formación de almacén, limpeza, administración e permiso de conducir B, estando rematados os outros itinerarios formativos. 12 persoas realizan nestes momentos o curso de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais e no vindeiro mes de decembro realizarán prácticas en empresas, ao igual que xa o fixeron outros 23 participantes, que no 90% dos casos desembocou nun contrato laboral nesas mesmas empresas.
Verónica Tourón, Concelleira de Formación e Emprego: “a liña que establecemos dende o principio de lexislatura de apostar pola creación de emprego está dando resultados moi positivos e a inserción laboral destas persoas non só mellora a súa vidas senón tamén a da veciñanza, porque o emprego significa tamén dinamización do comercio, da hostelería e da economía local en xeral. Estou convencida que temos que seguir con esta laboura, e esperamos que cando pase esta crise se intensifique aínda máis con máis programas deste tipo e outras iniciativas que estamos elaborando para o ano 2021”.
Loli Castiñeira, Alcaldesa de Salceda: “O noso Concello ten a gran a sorte de contar cun Centro de Desenvolvemento Local con persoal técnico que atende a diario a veciñanza en materia de emprego, formación e orientación laboral, e que nos ten convertido en referencia en toda a comarca”.
O Concello das Neves vén de encargar á empresa Galivalia Consulstgo a realización da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) que comprenderá os seguintes traballos:
• Recollida de datos: Nesta fase inicial búscase recoller a maior cantidade de información posible relativa á situación actual do Concello no referido ós postos de traballo, a organización dos mesmos e ós seus ocupantes. Esta etapa permitirá recoller información significativa e suficiente sobre a estrutura administrativa actual do Concello, o organigrama administrativo e o desempeño laboral ordinario municipal.
• Elaboración do primeiro borrador da RPT: Realizarase unha primeira proposta de organigrama administrativo que recollerá tódolos postos de traballo do Concello. A continuación, desenvolverase unha descrición funcional, tanto dos departamentos como das unidades ou seccións que conformen o organigrama do Concello. Así mesmo, nesta fase elaborarase, para cada posto de traballo, unha ficha que o describa, susceptible de modificarse dixitalmente polo concello.
• Elaboración da valoración dos postos de traballo: O proceso ten como obxecto determinar, para cada posto de traballo, a súa importancia relativa (en relación cos demais postos de traballo), coa finalidade de establecer unha estrutura salarial baseada en principios obxectivos vinculados á natureza e características reais dos mesmos.
• Elaboración dos estudos do impacto económico: a elaboración dunha RPT constitúe un instrumento moi útil ao contar cunha proxección de cales van ser os futuros custes de persoal.
• Determinación do documento completo de Organigrama e RPT inicial: Como resultado final dos traballos procederase á elaboración do documento completo de Organigrama e RPT do Concello que recolla os resultados das distintas actividades. En todo caso, dito documento completo de RPT conterá, como mínimo, o establecido polo artigo 38.4 da LEPG.
A Empresa pon a disposición do Concello os coñecementos e experiencia dos seus asesores especializados que levan realizado relacións de postos de traballo para moitas administracións públicas nos últimos anos. A previsión de custos destes traballos é de 3.000 euros máis IVE.
Finalmente, o documento será obxecto de negociación colectiva cos representantes dos traballadores, previa á aprobación definitiva da RPT.
No pleno extraordinario urxente celebrado na xornada do pasado xoves día 5 de novembro de 2020 tomou posesión coma concelleiro da corporación municipal Rafa Álvarez, incorporándose ao Grupo Municipal Socialista e ao equipo de goberno municipal.
Dende entón forma parte da corporación municipal coma novo concelleiro nas competencias de Turismo, Conservatorio de Música, Festas e Festexos populares, en substitución de Elena Baz, despois da renuncia á súa acta de concelleira por motivos persoais a principios do mes de setembro do presente ano.
Este cargo é asumido deste xeito por Rafa Álvarez Martínez, que ocupaba o sexto lugar na lista que presentou o PsdeG-PSOE nas pasadas eleccións.
Rafa Álvarez é unha persoa moi vinculada e comprometida coa vila da Guarda, destacando a súa etapa coma Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos ou a xerencia da Asociación Avelaíña, dentro dunha longa traxectoria e predisposición ao servizo público.
O Concello de Nigrán subvencionará os envíos a domicilio dos veciños que fagan pedidos de comida en negocios de Nigrán, tal e como xa o fai a través da plataforma de comercio electrónico DBarrio, o que supón a gratuidade do mesmo. Nesta app de envío a domicilio o Concello xa asume desde xuño e coas mesmas condicións (veciños do municipio e negocios do municipio) o custe do transporte, limitándose agora só á hostalaría en pedidos de luns a sábado de 13:00 a 15:00 e de 20:00 a 22:00 horas. Asemesmo, a aqueles que non están en DBarrio e non teñen repartidor, o Concello tamén lles ofrecerá desde xa este mesmo servizo gratuíto.
“Desde o verán e a petición da asociación de comerciantes Ovalmi, subvencionamos as licencias de DBarrio entre 70 negocios de todo tipo en Nigrán, así como o transporte en determinadas franxas horarias. Ante o golpe que supón para a hostalaría este novo peche ao público consideramos que o solidario e razoable e concentrar esa subvención do envío a domicilio só neste sector e amplialo tamén aos que non están agora mesmo en DBarrio, así dispoñen do repartidor só para eles, o que permite ampliar os horarios”, explica o alcalde, Juan González, quen fai un chamento aos veciños para que apoien aos restauradores facendo pedidos.
“Agora é unha urxencia contar con reparto a domicilio, pero o que realmente buscamos desde o Concello é afianzar este comercio electrónico de carácter local e que permaneza como o xeito máis sostible e responsable de consumir empregando as novas tecnoloxías. Subvencionando o transporte, facemos que realmente sexa moi interesante para o cliente de Nigrán porque, a diferencia doutras plataformas, non lle suporá ningún custe extra o envío a domicilio. Ademais, tratándose de comercio local, manéxanse tempos de envío que ningunha outra plataforma de caráter internacional pode superar, en menos dunha hora incluso o podes ter na casa”, incide. “En definitiva, trátase de adaptar ao pequeno comercio de Nigrán á realidade do comercio electrónico ofrecendo vantaxes tanto aos establecementos como aos clientes co obxectivo de apoiar aos hostaleiros nestes momentos tan difíciles”, resume.
Nas próxima semanas, ben á sesión ordinario deste mes ou a unha extraordinaria, será levado a pleno o Plan especial de protección do conxunto histórico, PEPCHA, tras recibir hoxe a notificación do informe favorable por parte da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valoraba positivamente esta nova que cualificaba de “ilusionante” pola nova etapa que abrirá no conxunto histórico de Tui e que chega “nun momento complicado coma o que estamos a vivir”. Indicaba Enrique Cabaleiro que se trata “dun documento fundamental para o concello de Tui e para o conxunto histórico”.
Enrique Cabaleiro lembrou os múltiples atrancos e vicisitudes aos que dende o Concello tiveron que facer fronte nos últimos anos para sacar adiante este Plan Especial que poderá entrar en vigor unha vez conte coa aprobación definitiva polo pleno e complete a tramitación administrativa posterior, coma publicación nos boletíns oficiais entre outros requisitos.
Pola súa parte o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, afirmaba que esta “é a noticia do mandato, sen dúbida” porque isto vai permitir unha maior facilidade na rehabilitación de edificios, temos unha serie de proxectos que dependían da aprobación da PEPCHA, entre eles o aparcamento do seminario, pero tamén outras licenzas … e as obras de rehabilitación van ser máis áxiles e máis fáciles. Isto dicía o concelleiro “vai supor un antes e un despois para a historia de Tui” . Tiña palabras de recoñecemento para o traballo realizado polos anteriores concelleiros de Patrimonio Nico Montes, Carmen Núñez, e Eduardo Freiría.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar novos recursos por un importe total de 1.225.347 euros, ao abeiro do Plan Concellos, para Campo Lameiro, Dozón, Gondomar, Lalín, Nigrán, Tui e Pazos de Borbén.
En concreto, a Deputación aproba para Campo Lameiro dúas achegadas valoradas en preto de 250.000 euros. Trátase de 154.767 euros para a adecuación da rede de saneamento en Rozas, Carballeira, Castriño e Liñares; e outros 91.359 para actuacións de mellora do firme nos camiños Laxe, A Facha, Rans, Lombo, Fondo, e Quinteiro 1 e 2. No caso de Dozón, recibirá unha achega de 77.423 euros para a execución de firme de aglomerado no camiño dende a estrada PO-533 ao río de Pidre, nun tramo de preto de 1,5 quilómetros e que conforma unha vía principal da parroquia de San Xoán de Sisto. Pola súa banda, Gondomar contará cun investimento de 114.997 euros para a mellora e urbanización da rúa Manuel Alonso, o proxecto contempla a peatonalización do tramo inferior desta rúa, mellorando a súa accesibilidade e funcionalidade. Amais, tamén se proxecta o soterramento das instalacións urbanas existentes, a substitución das canalizacións de saneamento e a incorporación dunha instalación de rego. Así mesmo, dotarase este espazo co mobiliario urbano necesario como iluminación, xardineiras, bancos ou papeleiras.
En canto a Lalín, a Deputación destina 379.989 euros para a urbanización da parcela exterior do Centro Integral de Saúde (CIS). O proxecto comprende dende a rotonda onde se produce a intersección da Avenida de Ourense e a rúa Penela ata os límites da parcela na que se sitúa o CIS. Deste xeito, neste tramo reordenarase a circulación destinada a vehículos e peóns e peoas, substituiranse e executaranse novos pavimentos, introducirase vexetación e executaranse os servizos necesarios. A proposta promove un tráfico peonil proporcionando pasos e accesos seguros. Para Tui, o goberno provincial destina 191.436 euros para a mellora e acondicionamento do acceso á praia fluvial Areeiros. En concreto, mellorarase a pavimentación, a seguridade viaria, prepararase a superficie próxima á praia para xerar aparcamento e instalarase unha rede subterránea de baixa tensión e alumeado público.
No caso de Nigrán, a Deputación tamén aproba 142.153 euros, por reinvestimento de baixas, para a merca do equipamento dun camión 4×4. E, por último, Pazos de Borbén contará con 73.220 euros, tamén por reinvestimento de baixas, para a renovación da iluminación pública en Pazos, Pousiño, Torrente e Alén. Deste xeito, actuarase sobre 5 cadros de mando, 188 puntos de luz, redes eléctricas asociadas e postas a terra. O proxecto terá impacto no aforro enerxético e económico e tamén nas melloras medioambientais.
O pasado venres celebrouse a reunión da Mesa sectorial de Sanidade, a través de videoconferencia, coa asistencia do xerente do Servizo Galego de Saúde, José Flores Arias, os directores xerais de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal, de Saúde Pública, Carmen Durán, e de Recursos Humanos, Ana Comesaña e coa asistencia dos representantes das organizacións sindicais CIG, CCOO, CSIF, SATSE, UGT.
Na reunión presentouse un Plan de continxencia Covid-19 en materia de recursos humanos, un documento que incorpora unha vintena de medidas extraordinarias en materia de persoal que se consideran precisas para facer fronte á situación de emerxencia sanitaria.
Entre outras materias, o Plan contempla que se poidan realizar, a partir do 1 de decembro, 750 nomeamentos de emerxencia sanitaria na categoría de persoal de enfermería cunha duración mínima de catro meses, chegando 150 destes contratos a unha duración dun ano.
Así mesmo prevese realizar nomeamentos de emerxencia sanitaria noutras categorías, tanto de atención primaria como hospitalaria, cunha duración mínima de catro meses a determinar en función das necesidades asistenciais.
O mesmo plan inclúe unhas bases de regulación do teletraballo e flexibilización de xornada adaptadas as institucións sanitarias, medidas estas que se teñen revelado como un instrumento organizativo eficaz para manter a actividade e a prestación do servizo público na situación de pandemia.
En canto a listas de contratación, o Plan contempla diversas medidas como valorar como mérito a dispoñibilidade continuada das persoas aspirantes de emprego temporal, cunha puntuación adicional específica nos baremos por esta dispoñibilidade, premiando así a aqueles profesionais que se incorporan á prestación de servizos cada vez que son chamados polo Servizo Galego de Saúde, recoñecendo de esta forma a súa colaboración.
Oferta de emprego 2020
Na mesma reunión presentouse o proxecto de decreto de oferta de emprego público do Servizo Galego de Saúde 2020, que inclúe 973 prazas para persoal estatutario, que se suman ás aprobadas ininterrompidamente por este organismo desde o ano 2012 o que supón, no total do período, 6.909 prazas no sistema sanitario público galego.
Está prevista a convocatoria de 652 prazas de persoal licenciado sanitario, para médicos de familia, pediatras de atención primaria, médicos de urxencias, médicos do 061, e facultativos de atención hospitalaria das diferentes especialidades. Nas categorías sanitarias (enfermería, fisioterapeutas, enfermería especialistas,…) ofertaríanse 275 prazas, e nas categorías de xestión e servizos 46 prazas.
Esta oferta esgota a taxa máxima de reposición de efectivos do 100%. Neste senso, a Xunta de Galicia e a Consellería de Sanidade teñen solicitado de modo reiterado aos ministerios competentes en materia de Facenda, Función Pública e Sanidade a eliminación da taxa de reposición actualmente vixente.
Se a Administración do Estado elimina definitivamente a taxa de reposición, o Sergas podería ofertar a cifra histórica de 3.500 prazas na referida OPE 2020 para estabilización dos profesionais da sanidade pública galega.
O Concello da Guarda ven de rematar recentemente a instalación dos novos módulos para socorrismo e baños adaptados na Praia do Muíño, unhas instalacións que veñen a completar as obras feitas coa mellora da accesibilidade a este espazo natural de gran afluencia de visitantes na tempada estival.
Deste xeito instaláronse dous módulos, un para o servizo de salvamento con sala de curas independente da sala de persoal e aseo e outro módulo para aseos, de dúas cabinas, unha delas acondicionada para persoas con mobilidade reducida. Tamén conta cun almacén para os materiais de limpeza de praia.
Tamén se instalaron dous postos de vixiancia, un para a praia do Muíño e outro para a praia de Area Grande, con estrutura de madeira para mellorar o campo de visión dos socorristas, así coma a adquisición de dúas táboas de surf para o rescate de vítimas na auga.
O presuposto total para estas instalacións ascendeu a 51.158,34€ + IVE.
O Concello de Redondela, a través da Concellería de Comercio que xestiona María Castro, ultima nestes días o redeseño da plataforma web RedondelaMercaNaCasa co fin de que sexa “unha ferramenta útil que permita dinamizar e visibilizar o comercio local”. Para iso, sinala a concelleira, crearase un directorio na rede de todos os establecementos dos diversos sectores produtivos de Redondela “para englobar nun mesmo espazo ao noso comercio e posicionalo na web” como ferramenta para afrontar os tempos complexos que marca a pandemia da COVID-19
No enderezo http://redondela.gal/gl/mercanacasa os establecementos interesados atoparán un formulario para darse de alta na plataforma. O obxectivo do formulario é dobre: por unha banda trátase de que os comercios pasen a formar parte do directorio de establecementos e das campañas que se vaian realizando. Por outra banda, búscase coñecer cal é a súa situación actual, de xeito individualizado, ante a crise orixinada pola COVID.
A web será un “auténtico escaparate virtual” no que a veciñanza poderá ver cada establecemento a través de vídeos e fotos con toda a información dispoñible e se teñen ou non servizo a domicilio. Precisamente a iniciativa, sinala o Concello de Redondela, “parte do convencemento do propio comercio local de que poden ofrecer os seus produtos e servizos a domicilio”.
Esa primeira iniciativa, que buscaba poñer en contacto á veciñanza co comercio de proximidade, transfórmase agora nunha proposta máis ambiciosa e convertese nun verdadeiro escaparate no que a cidadanía poderá visitar os comercios de xeito virtual, coñecer as súas ofertas, e poder mercar a distancia.
A ninguén se lle escapa que o noso comercio “enfróntase a tempos complicados e a nosa obriga, como administración máis próxima á cidadanía, é poñer ao seu alcance as ferramentas necesarias para transformar e reverter esa situación” apunta a alcaldesa Digna Rivas que engade que “trátase de reinventarnos e co traballo conxunto de administración e tecido comercial e empresarial, atopar os medios para que o impacto desta crise sobre o noso comercio e as nosas empresas, sexa o menor posible”.
Para calquera consulta, interesados e interesadas poden remitir un correo á dirección [email protected] ou nos teléfonos 986 402 664 y 986 400 300, de luns a venres de 9 a 14 horas.
Reunións co sector da hostalaría
Nesa liña de traballar xuntos para atopar solucións, o Goberno local manterá estes vindeiros días, reunións específicas co sector da hostalaría “que nesta nova situación que se da con este ‘confinamento perimetral’, vai a ser o máis prexudicado, polo que urxe atoparlle medidas concretas”.
As medidas a tomar sairán precisamente desas xuntanzas de traballo. “Dixemos aló polo mes de marzo, cando comezou esta situación tan atípica coma preocupante, que non deixaríamos a ninguén atrás e o seguimos mantendo”, afirma a alcaldesa con rotundidade “polo que agora, o urxente, é atoparlle unha solución a un sector que contribúe de xeito importantísimo á dinamización económica do municipio”.
Hablar de Diego Vasallo, no es hablar de una parte de Duncan Dhu, es hablar de una parte muy importante del Pop en España. Del Pop, de la electrónica (Cabaret Pop) y ahora del rock de raíz. Dicho de otro modo, es hablar de una mente inquieta pero siempre llena de buenas ideas (y canciones). Charlamos con él.
Las Rutas desiertas es tu último álbum. Blues áspero y voz rota. ¿Hay mucho polvo en tus zapatos para componer este disco o solo son sueños que cumplir? Los discos creo que son el resultado de todo lo vivido hasta entonces. Cuando te enfrentas a nuevas canciones vas tirando de recuerdos, experiencias, imágenes, todo el material que vamos acumulando y que sale por algún sitio cuando te pones a escribir. También en las grabaciones se utiliza todo lo aprendido, todo lo experimentado, incluso los errores sirven para cambiar cosas, modelos, formas de trabajar. En la grabación de discos se va aprendiendo sobre la marcha, intentando corregir lo que no te convence de otros trabajos, y arriesgando, siempre.
Tu facilidad para componer es pasmosa. Aún recuerdo como en el Autobiografía de Duncan Dhu, entre tu y Mikel, compusisteis 30 canciones ¡y ninguna mala! ¿Cuál es el secreto para componer tanto y no desfallecer en el intento? Cada vez tardo más en escribir canciones. Ya no salen con esa facilidad, quizás porque hay una exigencia mayor, sobre todo en los textos. Cuando termino un disco siempre me parece que no habrá más canciones, que la fuente se ha agotado. El peor momento de un nuevo trabajo es cuando empiezas, y ves que te cuesta arrancar; en ese momento siempre creo que no seré capaz de escribir un nuevo puñado de canciones que conformen un disco. Sigo pensando que es una especie de milagro que surjan las canciones, realmente no sé de dónde salen. Cada nuevo disco es una confrontación con el vacío, con la nada, desde donde tienen que surgir las canciones. Me sigo asombrando cada vez que ocurre.
Con Cabaret Pop te adentraste en la electrónica. ¿Cuál fue el motivo? ¿Habrá alguna vez un nuevo capítulo de esta aventura? El motivo fue la experimentación. Y también que en esa época empecé a escuchar mucha música de baile y electrónica. También sonidos sampleados, loops y ese tipo de cosas. Quise probar si era capaz de hacer música con esos elementos, fue una especie de reto. Pero enseguida el sonido fue evolucionando hacia texturas más clásicas del rock y también del soul. Escuchaba mucha música negra en aquella época. Cabaret Pop fue como un traje que me puse, por eso no firmaba con mi nombre, era como una especie de personaje creado a medida.
En las Rutas desiertas te has rodeado de unos músicos excepcionales. ¿Hay química a la hora de la elección o solo profesionalidad? Tiene que haber química sin duda, pero no solo personal, sino sobre todo musical. Si los músicos no entienden el lenguaje con el que quiero expresar las nuevas canciones no hay nada que hacer. Tienen que ser músicos que capten la idea, que se muevan cómodos en esos espacios musicales y que tengan un bagaje en ese sentido. A veces me ha ocurrido que al tocar con músicos de alto nivel pero provenientes de otro tipo de cultura musical, la cosa no funciona, hace falta hablar de lo mismo cuando te pones a tocar, compartir influencias, habla el mismo idioma musical.
¿Cómo estáis viviendo los músicos esta pandemia? Con resignación, tristeza, impotencia. Es un completo desastre para esta profesión, también para muchas otras, por supuesto. Lo que más duele es ver que se gestiona tan mal, que los que están al mando siguen con sus juegos políticos que no nos interesan nada, y no solucionan los problemas, al contrario, los agravan. No hay la humildad suficiente para aprender de los países que lo hacen mejor, es patético. Y por esa razón me temo que España va a salir tarde y mal de todo esto. Nos va a repercutir a todos, y nos va a costar sacar la cabeza. Creo que se les debería pedir cuentas a los que han gestionado esto, deberíamos exigir responsabilidades. No han hecho los deberes que les pedían los expertos sanitarios. Es la hora de la ciencia, no de el politiqueo.
Un compositor usa sus canciones para quejarse, enamorar, reírse, llorar… ¿Qué te falta por gritar en tu próxima composición? Realmente no es que falte nada, las canciones ni siquiera son necesarias. Pero hay como una especie de motor que te lleva a escribir, una y otra vez, sin saber por qué. En realidad podrían ser pequeñas partes de una misma canción que abarque toda la obra de un músico. Yo vuelvo siempre a los mismos temas, por otra parte universales y eternos: el paso del tiempo, los recuerdos, los sueños, el amor, la culpa…Son inagotables, en realidad todo el arte se compone de muy pocos materiales, es la mirada, la forma, las maneras de expresarlo, lo que hacen que una obra sea grande.
A Xunta intensificará a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas de titularidade autonómica da provincia de Pontevedra nas comarcas do Condado e A Paradanta, Baixo Miño e na via de alta capacidade Tomiño-A Guarda. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da empresa pública Seaga, realiza estas tarefas de acondicionamento nas franxas de dominio público de vías autonómicas para previr lumes e reforzar a seguridade viaria.
Ás actuacións previstas no Condado-Paradanta, Vigo-Baixo Miño, e na vía de alta capacidade C.G.- 4.2, en Tomiño e na Guarda, engádense as que se realizarán na vía de alta capacidade PO-010, que une a autoestrada de circunvalación de Vigo VG-20, no lugar de Balsa, co polígono industrial de Balaídos.
As tarefas que se veñen realizando céntranse na retirada de especies pirófilas, aquelas que son máis propensas á propagación do lume, coa fin de previr incendios forestais. Tamén se acometen rozas para completar o traballo ordinario de conservación das estradas e reducir progresivamente o uso de herbicidas, dando cumprimento a un acordo parlamentario. Ademais, realízase o acondicionamento de zonas verdes e sendas peonís, para que estean en condicións axeitadas.
As intervencións teñen como obxectivos potenciar o efecto cortalumes das estradas; aumentar a seguridade viaria, cunha maior visibilidade; e fomentar unha mobilidade máis segura e sustentable mediante as sendas e zonas verdes para o tránsito peonil.
A Deputación de Pontevedra, a través de SmartPeme, oferta esta próxima semana catro novas accións formativas impartidas de xeito online, enmarcadas na carteira de obradoiros que se imparten de forma telemática. As accións versan sobre debuxo con Onshape, TripAdvisor, plan de márketing dixital e email markéting.
En concreto, o martes o experto universario en robótica Manuel Freire será o encargado de impartir Debuxo con Onshape, Assembly II. Ao día seguinte, 11 de novembro, será a quenda de TripAdvisor. A plataforma perfecta para a túa empresa turística, a cargo de Sonia Torres, técnica de Empresas e Actividades Turísticas e posgraduada en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas.
Por último, o xoves haberá dúas accións: o enxeñeiro informático José Luis Taboada impartirá Crea un plan de márketing dixital para a túa empresa, e Fátima Faílde, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas e posgraduada en Comunicación e Industrias Creativas, falará sobre Ferramentas de email márketing: Sendinblue”.
O Concello de Ponteareas deu a coñecer a resolución das axudas de apoio concedidas á actvidade realizada polas casas e centros culturais de Ponteareas. As axudas, outorgadas a 21 casas ou centros culturais, suman un total de 50.000 euros. As cantidades para cada colectivo van dende os 1.350 ata os 4.300 euros.
O concelleiro de Cultura e Lingua, Fernando Groba, destacou a importancia destas axudas nun dos momento máis complicados para os centros e casas culturais por mor da crise sanitaria da Covid-19. “Dende o Concello queremos recoñecer o enorme esforzo realizado polos distintos colectivos culturais, sempre pero máis agora nunha situación tan complexa para todas e todos” manifestou Groba.
Con estas axudas, o Concello colabora para manter a actividade e os gastos de funcionamento e mantemento das casas e centros culturais de cada unha das parroquias do municipio.
As cantidades asignadas pola comisión de avaliación foron realizadas consoante os criterios fixados nas bases da convocatoria en que se tivo en conta, entre outros, o número de actividades programadas ou o número de persoas asociadas.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.109 deles 1.868 son da área da Coruña, 1.127 da de Lugo, 1.082 da de Ourense, 1.232 da de Pontevedra, 2.503 da área de Vigo, 1.226 da de Santiago, e 1.071 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 89 están en UCI, 483 en unidades de hospitalización e 9.537 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 30.662 persoas curadas, rexistrándose 981 falecementos. O número de PCR realizadas é de 746.637.
O alcalde Xosé Represas saíu ao paso das declaracións realizadas polo grupo municipal ACIP nas que informa sobre unha sentenza que recoñece ao voceiro do grupo, Juan Carlos González, o dereito a acceder a diferente documentación, principalmente os partes diarios da Policía Local de varios meses.
Represas explica que “o acceso á documentación por parte da oposición non o decide o alcalde de forma caprichosa ou arbitraria nin ao seu antollo. As solicitudes da oposición son examinadas polos servizos xurídicos municipais, asesoría xurídica ou secretaría, e incluso en ocasións pola asesoría xurídica da Deputación Provincial. O alcalde limítase a autorizar ou denegar o acceso dacordo cos informes que emiten os servizos xurídicos”.
No caso obxecto de xuizo, indica o alcalde, dous informes xurídicos da Deputación Provincial consideraban que non se debía autorizar o acceso á documentación. O principal motivo era que ACIP pretendía acceder a todos os partes diarios da Policía Local de 60 días, sen especificar a materia ou un asunto concreto. Hai que lembrar que os partes diarios da Policía Local recollen numerosa información con datos persoais e sucesos que afectan a veciños e que están protexidos por lei.
Represas sinala que “as normas xurídicas son interpretabeis. Os servizos xurídicos da deputación e do concello consideraban que non se debía autorizar o acceso a esa documentación e o Alcalde actuou en consecuencia. Agora un tribunal interpreta que esa documentación debe ser entregada e o alcalde actuará dacordo con esa nova interpretación autorizando o acceso a documentación”.
O alcalde rexeita as acusacións de falta de transparencia. “Tendo en conta que eu me limito a autorizar ou denegar seguindo o que me indican os servizos xurídicos ou, no seu caso, os tribunais, non se pode acusar a este alcalde de ocultar información nin de cometer ilegalidades. Ao contrario, estou obrigado a actuar dacordo cos informes xurídicos, porque se non os tivera en conta entón si que actuaría ilegalmente”.
O acalde de Ponteareas, Xosé Represas, informou nunha recente reunión do Consello Sectorial Social do proxecto de mellora do centro municipal ubicado en Canedo que acolle o obradoiro ocupacional de persoas con discapacidade coñecido por ‘Asprodico’ así como os locais da Asociación de Veciños de Canedo e tamén da Asociación Adapta. O obxecto do proxecto, que ten un custo total de 305.186,30 euros, é mellorar o edificio coa reforma da envolvente térmica e dotar de instalacións de climatización para mellorar a confortabilidade das instalacións e a redución das emisións de CO2.
Represas tamén deu conta da chegada dunha boa noticia que asegura a realización destas obras; o proxecto vén de ser seleccionado polo IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético) coa concesión dunha subvención de 216.732,24 €. O Concello de Ponteareas presentara no pasado mes de marzo este proxecto á convocatoria de axudas de proxectos singulares das entidades locais do Programa Operativo FEDER da Unión Europea de crecemento sostible que xestiona o IDAE. O Concello asumirá o coste do importe restante, 88.454,06 €.
Coas actuacións contempladas no proxecto lograrase un aforro no consumo do edificio do 56% para o que se acometerá o illamento das fachadas polos exterior dos diferentes módulos, illamento da cuberta polo exterior e dos falsos teitos, substitución das
carpinterías exteriores dos módulos superiores, renovación integral dun local da planta baixa e acondicionamento da soleira de tódolos módulos da planta superior, entre outras actuacións.
Reunión do Consello Social
“As melloras nestas dependencias benefician principalmente aos usuarios das mesmas; veciños e veciñas que participan nos obradoiros ocupacionais –Asprodico–, nenos e nenas do servizo de Atención Temperá, socios e socias de Adapta, usuarios/as e familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias que veñen utilizando estas instalacións, e tamén as/os veciñas/os de Canedo que utilizan unha parte destas instalacións e que agora contarán cun maior espazo ao adecentar un local máis na planta baixa que na actualidade non reúne as condicións de uso” explicou a concelleira de Benestar, Verónica Carrera, na reunión do Consello Social.
Verónica Carrera, concelleira de Benestar Social do Concello de Ponteareas
Neste encontro, a concelleira nacionalista presentou o Programa de Vivendas de Alugueiro Social. “O obxectivo deste programa é crear unha bolsa de vivendas para aquelas persoas ou familias que teñan dificultades para acceder a unha vivenda de alugueiro”. Ademais, o programa garantirá ás persoas que conten cunha vivenda valeira unha nova posibilidade de poñela en alugueiro cunha serie de garantías a cargo do Concello; seguro multirrisco do fogar, seguro garantía de cobro, custos ordinarios da comunidade, etc…
Na reunión do Consello Social acordouse pór en marcha un grupo de traballo para concluír o Programa de Vivendas Baleiras para a súa aprobación posterior.
Incremento dun 66% do orzamento de Benestar Social dende 2015
No Consello Social tamén se deu conta da previsión dos orzamentos municipais da área de Servizos Sociais para 2021 que acadarán os 3.310.953,14 €, Verónica Carrera salientou o incremento nos orzamentos desde 2015 “Nestes cinco anos incrementamos en máis de 1.300.000 euros os orzamentos destinados a Benestar; pasamos de 1.990.000
euros en 2015, o primeiro ano do goberno nacionalista e progresista a 3.310.000 euros previstos para 2021, o que supón un 66% máis que en 2015. En canto as axudas e subvencións a partida destinada duplicase con respecto a 2019, último exercicio anterior ao COVID-19, pasando dos 117.000 euros destinados á axudas de emerxencia social ao 234.000 que figuran nas previsións do capítulo 4 de subvencións para o 2021.
A Deputación de Pontevedra, a través do seu Plan Estratéxico de Deporte, vén de rematar o acondicionamento anual de 88 campos de fútbol da provincia de Pontevedra, dos que 61 corresponden a instalacións de herba sintética e os 27 restantes a canchas de herba natural. Esta actividade está encadrada dentro do programa de mantemento posto en marcha no ano 2017 polo Goberno que preside Carmela Silva para axudar ao concellos na atención aos terreos de xogo.
Os traballos foron realizados por operarios especializados auxiliados por maquinaria adecuada e abordados atendendo tódalas solicitudes dos concellos interesados. O programa ten por obxectivo garantir a recuperación destes espazos que na súa totalidade acollen competicións deportivas de fútbol e/ou atletismo e, a consecuencia do seu uso intensivo, precisan de traballos de mantemento.
No caso dos terreos artificiais procedeuse ao cepillado e descompactación da superficie por medio dun utensilio suspendido dun tractor. Esta operación permite tamén unha limpeza e mellora das prestacións do tapete coa achega de caucho. Ao realizar traballos periódicos de mantemento alóngase a vida útil deste tipo de instalacións, ademais de mellorar as súas condicións de uso, unha necesidade que a Deputación detectou hai tres anos e que, dende entón, atende. Para o mantemento anual dos terreos naturais realízase primeiramente un escarificado (realización de pequenos cortes verticais para potenciar o “afillado” do céspede) e, a continuación, un pinchado oco ou macizo da terra, xunto co proceso de achega de area. A superficie queda ben preparada para a resembra.
Os campos sintéticos mellorados este ano son os de Tui (campos de Caldelas, Ribadelouro e Álvarez Durán), Soutomaior (Salgueirón e Candán), Campo Lameiro (A Chanciña), Tomiño (Carballa e Regatiño), Agolada, Mondariz (A Lagoa), Ponte Caldelas (Chan da Barcia), A Lama (Racelo), Nigrán (Condomínez e Vilariño), Pazos de Borbén (Areeiro-Nespereira), Covelo, Catoira (As Lombas), Vilaboa (Chan do Vilar, O Cabalo e Campo do Cura), Gondomar (A Gándara e As Cercas), Pontecesures (Ramón Diéguez), Moraña (O Buelo), Cambados (Pombal 1 e 2), Vilanova de Arousa (Monte Redondo, Monte da Lomba e As Chans), O Rosal (A Mata), Valga (Campaña 1 e 2), Ponteareas (Alfredo Bautista Alconero, Angoares e A Lomba), Cangas (Morrazo, Javier Guimeráns e San Amaro), Poio (A Seca e A Reiboa), Meaño (A Toxa), Mos (As Baloutas e Louro Tameiga-Cototorrón), Barro (Outeiro), Sanxenxo (A Lanzada-Noalla, Baltar, O Revel-Vilalonga) Salvaterra de Miño (Casal), Vilagarcía de Arousa (Berdón, Manuel Jiménez Abalo, A Pelada, Municipal de Vilaxoán e Municipal María Paz Vilas), Rodeiro (A Raña), A Cañiza (Augas Férreas), Salceda de Caselas (Penedo Redondo), Silleda (Outeiro e Gandareira-Bandeira), Meaño (As Cachizas-Dena), Vila de Cruces e Meis (Municipal de Zacande).
No que atinxe aos campos de céspede natural actuouse en Tui (campos Álvarez Durán e de Guillarei), Vilagarcía de Arousa (A Lomba, Municipal de Fontecarmoa e Estadio de Atletismo), Mondariz (A Lagoa), Gondomar (As Gaiandas), Moraña (Mirallos), Cambados (Burgáns), Ponteareas (Lomba, Pardellas, Eido Dalbo -Xinzo e San Mateo), Valga (Baño-Xanza), A Estrada (Berres), Cangas (Municipal Atletismo), Ribadumia (A Senra), Sanxenxo (Baltar-Portonovo e Vilalonga), Salvaterra de Miño (Dextros), A Cañiza (Vieiro), Salceda de Caselas (Municipal de A Gándara), Silleda (Agronovo-Laro e Mullaredos-Lamela), Illa de Arousa (Salvador Otero) e Pontevedra (Estadio Municipal de Pasarón).
O Goberno de Carmela Silva decidiu poñer en marcha esta liña de actuación, en especial no que atinxe ás superficies artificiais, ao comprobar que moitos municipios estaban a dedicar recursos do Plan Concellos para a substitución do tapete por esgotamento prematuro debido a un insuficiente mantemento. Ao realizar traballos periódicos de descompactación, cepillado e achega de caucho a duración prolóngase e os recursos municipais optimízanse.
A Policía Local de Ponteareas víuse obrigada a intervir na noite de onte venres en varios locais de hostalaría da localidade diante da aglomeración de clientes, pouco antes da entrada en vigor da orde da Xunta que suspende a actividade hostaleira durante un mes. Ducias de persoas concentráronse en varios locais de hostalaría superándose os límites de aforo establecidos tanto dentro dos locais coma nas terrazas.
Ao mesmo tempo, unha parte dos clientes consumían na vía pública fóra das terrazas, invandindo beirarrúas, o que supón tamén unha infracción. Moitos dos clientes de ditos locais carecían ademais de máscara e non respectaban ningunha distancia de seguridade.
A Policía Local obrigou a reducir o aforo e levantou actas de denuncia aos locais infractores por excederse no aforo permitido e servir bebidas a máis persoas das que podían consumir en mesas, favorecendo o consumo na vía pública.
Paseo Matutino
“O nivel de irresponsabilidade de certas persoas é incríbel e indignante, nun intre no que no Estado as vítimas por coronavirus xa se contan por centos e os contaxios por miles e con Ponteareas en alerta vermella”, declarou o concelleiro de Bo Goberno, Roberto Mera, responsábel en materia de convivencia cidadá.
“Houbo ducias de persoas que se tomaron a tarde noite de onte coma unha festa de fin de ano e despedida. Lamentabelmente algúns locais de hostelaría colaboraron con ese comportamento permitindo aglomeracións sen respectar o aforo e servindo bebidas que se consumían na vía pública. É unha vergonza que prexudica a imaxe do resto da hostelaría que cumpre coas restriccións e unha falta de respecto co conxunto da poboación”, afirmou Mera quen agradeceu a colaboración da veciñanza que denunciou os feitos e felicitou á
Policía Local pola súa actuación. Mera adiantou que “estes comportamentos non quedarán impunes e terán as súas consecuencias para os seus responsabeis”. Na actualidade o concello está tramitando ducias de expedientes sancionadores a persoas e locais que incumpriron as normas establecidas desde o inicio da pandemia.
A Xunta de Galicia puxo en marcha, recentemente, o sistema PassCOVID, unha canle de contacto telemático coa cidadanía para facilitar a xestión da pandemia. Esta ferramenta informática en forma de app para dispositivos móbiles, ofrece información actualizada sobre a situación da crise sanitaria en todo o territorio e a nivel local, con avisos, recomendacións e alertas das medidas que a Xunta de Galicia está a activar para conter a pandemia orixinada polo coronavirus.
As persoas que descarguen PassCOVID, poden optar por facelo como usuarios identificados, empregando o sistema de claves concertadas Chave 365, ou ben levalo a cabo de xeito anónimo.
Pantalla de inicio da PassCOVID
Calquera usuario da aplicación ten acceso a información sobre a situación da pandemia en toda Galicia, e pode seleccionar o concello do seu interese para estar ao tanto das medidas que a Xunta está a adoptar. Ademais, todos os usuarios reciben alertas, avisos e recomendacións que as autoridades sanitarias emiten sobre a evolución da pandemia.
PassCOVID ten, por tanto, a finalidade de dar información próxima e de interese á cidadanía galega sobre a situación actual da crise sanitaria na nosa comunidade, e na liña de garantir información próxima, de fontes oficiais, contrastada e de interese.
Esta ferramenta informática tamén recolle información sobre precaucións e bos hábitos, seleccionables por colectivos ou perfís.
Así mesmo, PassCOVID serve de apoio na aplicación dos diferentes protocolos de seguimento definidos tanto pola autoridade sanitaria galega como outros departamentos da Xunta con competencias na xestión da crise, tanto sanitaria como social.
Sanidade lembra a importancia de Instalar RadarCOVID e PassCOVID para axudar ao control da pandemia. https://appsCOVID.sergas.gal
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 10.276, deles 1.886 son da área da Coruña, 1.157 da de Lugo, 1.096 da de Ourense, 1.229 da de Pontevedra, 2.530 da área de Vigo, 1.289 da de Santiago, e 1.089 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 84 están en UCI, 495 en unidades de hospitalización e 9.697 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 29.955 persoas curadas, rexistrándose 976 falecementos. O número de PCR realizadas é de 738.753.
Os datos de centros residenciais de servizos sociais corresponden aos que achegan con carácter diario os propios centros.
Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través da Central de Seguimento de Casos, os propios centros e as xefaturas territoriais. O cadro cos datos dos centros escolares de toda Galicia pode descargarse nesta ligazón.
O Pleno de Redondela deu o xoves luz verde –cos votos a favor do PsdeG-PSOE, AER e BNG e o voto en contra do PP– ao convenio de colaboración entre Audasa e o Concello de Redondela polo que a concesionaria da AP9 revirte a favor do Concello a parcela sobrante da expropiación das obras de ampliación da capacidade da autoestrada, na que se atopaba o antigo colexio Igrexa e a cambio do valor ou prezo que lle correspondería ao consistorio redondelán pola expropiación levada a cabo por Audasa da parcela onde se sitúa o edificio do antigo centro de saúde de Chapela, actualmente edificio de Correos.
A sinatura deste convenio, polo tanto, non supón compromiso económico algún por parte do Concello xa que a súa finalidade non é outra que a substitución do que debería recibir o Concello pola expropiación do antedito edificio de Correos, polo que o Concello tería que pagar por poder dispoñer novamente dos terreos restantes do antigo colexio, dúas propiedades que segundo os informes técnicos, “teñen valor similar”.
O convenio permitirá que á parcela, agora en poder novamente do Concello de Redondela, poida cambiar o seu uso pasando de ser dotacional-escolar a dotacional de usos múltiples, cambio que deberá ser aprobado polo Pleno da Corporación.
Unha vez cambiado o uso do terreo, o Goberno local poderá encargar o correspondente proxecto para converter dita parcela nun espazo de uso público aínda por determinar. O importante, explica a alcaldesa Digna Rivas, “é que a sinatura deste acordo permite acelerar todos os trámites e que a veciñanza de Chapela poida contar, canto antes, cun espazo de uso público”.
A alcaldesa Digna Rivas, salientou o feito de que “as asociacións e colectivos que utilizan na actualidade o antigo edificio de correos, poderán seguilo facendo xa que Audasa confirmou ao Concello esa circunstancia cando menos ata que non se desenvolva o proxecto de recuperación de viais afectados pola AP9”.
Chegado o momento, sinala a alcaldesa “e grazas ao convenio asinado, o Concello estará en condicións de dispoñer de espazos adecuados para o desenvolvemento das actividades da veciñanza e colectivos da parroquia”
A rexedora local amosou a súa “indignación máis absoluta” ante un novo intento por parte do PP de confundir á cidadanía “a base de terxiversacións continuas dos feitos e falsidades que carecen de sentido”. Cando hay unha permuta, lembra a alcaldesa, “trócase un ben por outro de similar valor” polo tanto, engade, “é absolutamente falso, é o máis triste e que o PP o sabe, que se estea a ‘regalar’ un edificio, cando o certo é que se troca por un terreo de prezo similar”.
O voto en contra dos populares á sinatura do convenio, apunta a rexedora redondelá, “deixa ben clara a súa postura nesta lexislatura: opoñerse a todo canto proxecto saia deste Goberno independentemente que con iso prexudique a veciñas e veciños”.
Unha vez máis, asevera Digna Rivas, “ao PP válelle todo, dende a mentira á terxiversación dos feitos, para intentar confundir a veciñanza e desgastar ao Goberno incapaces de asumir o lugar nos que os puxo a cidadanía”.
A Policía Local de Porriño levantou denuncia, por un presunto delito contra a seguridade viaria, á condutora dun turismo BMW que esta pasada mañanciña colidiu contra tres vehículos aparcados na rúa Fernández Areal, á altura das pistas de tenis.
Os feitos, que aconteceron ao redor da 1:50 horas desta pasada mañanciña, supón o primeiro caso de incumprimento do toque de queda no Porriño dende que neste concello comezou o confinamento perimetral polas novas restricións que entraron en vigor a media noite.
De feito, a condutora do vehículo que provocou o accidente, unha moza de 22 anos, veciña de Budiño cuadriplicaba a taxa de alcoholemia. Na primeira proba deu 1,02 mg/l e na segunda 0,97 mg/l., segundo consta no atestado policial.
Ademais o seu acompañante, un mozo de Vigo, tamén de 22 anos, será denunciado xunto con ela por incumprimento do estado de alarma.
Os dous ocupantes do vehículo que provocou o accidente resultaron ilesos segundo valorou o equipo de asistencia médica da ambulancia que acudiu ao aviso da Policía Local.
Os vehículos que resultaron con danos foron unha Renault Space, un Audi A4 e un Peugeot 206, que estaban aparcados na referida rúa.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, está a desenvolver traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos dos ríos Muíños e Pinicho, no concello de Nigrán.
Estas tarefas estanse a desenvolver en distintos treitos deste ríos ao seu paso polas parroquias de Nigrán e Panxón.
As tarefas forman parte das intervencións de mantemento que leva a cabo Augas de Galicia nas áreas con risco potencial significativo de inundación (ARPSI).
As actuacións céntranse na retirada de árbores e pólas caídas e madeira morta, así como a roza selectiva, limitada ao ancho da canle, en tramos cubertos por maleza. Unha vez finalizadas estas actuacións, os ríos quedarán despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das súas augas.
Estas accións enmárcanse no programa de mantemento, conservación e mellora que realiza Augas de Galicia no dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona Galicia-sur. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade mantén activas as actuacións para a mellora dos leitos fluviais e para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos.
O Pleno do Concello de Arbo, na sesión extraordinaria de data 5 de novembro, aproba o convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”, recibido o día 30.09.2020 (R.E. núm. 982).
A actuación reflexada na memoria redactada en febreiro de 2020, cun orzamento de 663.204,03 € (IVE 21% incluído), se pretende humanizar a rúa nos treitos comprendidos entre a Estación de FFCC e a estrada PO-405, así como o que descorre fronte á capela de San Antonio, todo o cal mellorará notablemente a seguridade viaria na zona do proxecto e no seu entorno.
“As obras desenvólvense entre a rúa da Estación, entre a estación de ferrocarril de Arbo e a estrada PO-405, tamén inclúe o tramo que vai fronte á capela de San Antonio. Actualmente as beirarrúas están feitas con baldosas hidráulicas no primeiro tramo, ata o cruzamento existente que leva ao
á esquerda cara á estrada PO-405, onde as beirarrúas son de formigón e á dereita cara á Capela de San Antonio, onde non hai beirarrúas. Os pavimentos están en mal estado en xeral.” – informa o alcalde Horacio Gil
O proxecto resólvese coa dotación dun recorrido peonil en toda a lonxitude da actuación e cun ancho suficiente para o tránsito de persoas. Ademais renovaranse as redes de abastecemento, saneamento e alumeado e dotarase de canalizacións para o soterramento do cableado. Ademais está prevista a construción de dous pasos peonís sobreelevados, co obxecto de reducir a velocidade dos vehículos.
O convenio establece que as obras serán financias pola Deputación no importe de 464.242,82 € (70%), e polo Concello de Arbo no importe de 198.961,21 € (30%) . As obras serán licitadas, dirixidas, executadas e recibidas polo Ente Provincial.
“Estas actuacións están destinadas a mellorar a seguridade viaria na zona do proxecto e os seus arredor – anuncia o alcalde Horacio Gil- así como por en valor a atracción e a historia do Barrio da Estación”.
“Temos que desmontar os discursos da libre elección das mulleres” reivindicou a presidenta da Deputación Carmela Silva na presentación da xornada “Libres? Cosificación do corpo das mulleres”, enmarcada na programación da Escola de Igualdade María Vinyals. A actividade, para a que xa está aberta a inscrición a través de www.depo.gal, terá lugar o 12 de novembro a través de Zoom, e reunirá a mulleres “tan potentes” como Anais Delgado, Rosa Cobo, Carmen Delgado e Yolanda Domínguez, coordinadas por Silvia Freire.
Trátase dunha “xornada imprescindible” -indicou a presidenta- “Ningunha muller é prostituta por libre elección, fano as máis vulnerables vencelladas á trata; ningunha muller vende o seu corpo para os ventres de alugueiro, tamén o fan as máis vulnerables; ningunha muller toma decisións sobre o seu corpo de forma libre, é mentira, non hai ningunha elección libre, é unha imposición dun sistema político, económico, inxusto e intolerable. Estase a mercantilizar o noso corpo”. Neste mesmo contexto, Silva tamén aproveitou a ocasión para reivindicar que “ao igual que pechan bares e restaurantes –con motivo das novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á pandemia- se faga o mesmo cos prostíbulos. Indígname ver que seguen abertos. Hai que pechalos e que o fagan para sempre”.
A xornada “Libres? Cosificación do corpo das mulleres” terá lugar o día 12 entre as 9.30 e as 14 horas vía zoom e por streaming a través de www.depo.gal. O principal obxectivo, como explicou Carmela Silva, “é afondar na orixe da desigualdade estrutural entre mulleres e homes, nos factores que favorecen a naturalización e validación das diferentes violencias machistas, así como na falta de liberdade das mulleres, reflectindo datos que desmontan a falacia da libre elección das mulleres”.
Despois da apertura, a xornada comezará coa conferencia “Violencia contra as mulleres: entre a negación e a banalización” de Carmen Delgado, psicóloga e profesora da Universidade Pública de Salamanca, que se centrará no carácter estrutural da violencia contra as mulleres e no negacionismo como factor de naturalización da desigualdade e motor dos discursos que banalizan esta violencia. Ás 10.45 a profesora de Socioloxía de Xénero da Universidade da Coruña Rosa Cobo falará de “Pornografía. O pracer do poder”, facendo fincapé en que o porno crea realidade, para espertar conciencias e alertar sobre o seu consumo e a súa efectividade para construír un imaxinario de violencia misóxino. A continuación, ás 12.00 horas Yolanda Domínguez, recoñecida polos seus rechamantes traballos “Poses” ou “Rexistro”, centrarase en “Cambiar as imaxes para cambiar o mundo”, destacando a importancia das imaxes para a construción da identidade e do xénero e ofrecendo alternativas para subverter os discursos dominantes.
A última ponencia será a cargo da “recoñecida” xornalista Anais Bernal quen falará sobre a “Normalización da cosificación do corpo das mulleres nos medios de comunicación”. A xornalista reflexionará sobre o papel dos medios na formación da opinión pública e na normalización de estereotipos, así como fará fincapé na repetición constante da cosificación e sexualización das mulleres, que está a xerar deshumanizacións e problemas de autoestima.
A maleta dos océanos
Carmela Silva tamén presentou unha segunda iniciativa de igualdade, “propostas que están a permitir que a Deputación sexa a referencia a nivel galego, nacional e internacional”. Así, e no que respecta á “Maleta dos océanos”, impulsada coa Universidade de Vigo e dirixida aos centros de ensino da provincia, a presidenta subliñou a súa importancia porque “para cambiar o mundo hai que traballar en todos os eidos, sendo un dos imprescindibles a educación”. Silva explicou que o obxectivo principal deste proxecto, que inclúe seis propostas didácticas con temáticas adaptadas a todas as etapas educativas, é “poñer en valor o papel destacado das mulleres do mar, rachando coa invisibilidade á que están sometidas e dando a coñecer o importante papel que desenvolveron e están a desenvolver”. Neste eido, a presidenta reivindicou o papel maioritario das mulleres no mundo do mar e lamentou a súa escasa presenza na alta dirección do sector, onde ocupan o 20% dos postos.
Silva, que agradeceu o traballo de Mari Lires e o seu equipo da Universidade Alba Rego, María Lorenzo e Xabier Álvarez, presentes no encontro telemático, explicou que esta iniciativa é un paso máis dos proxectos “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” e “O mar das mulleres”, nos que traballaron conxuntamente a Deputación e a Universidade de Vigo. “De feito –destacou a presidenta- os materiais da “Maleta dos océanos” proveñen dese proxecto e dos recursos educativos abertos que presentamos o pasado ano e que estaban protagonizados por unha rapazada chamada Emma, que segue a ser o fío condutor desta nova iniciativa”.
Pola súa banda, Mari Lires, a coordinadora do proxecto, fixo fincapé na estreita relación da “Maleta dos Océanos” cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, ao ter relación coa educación de calidade, igualdade de xénero e a vida submarina. Tamén explicou as propostas didácticas, todas elas protagonizadas por Emma, e que levan por título “Planeta azul”, “Océanos en perigo”, “Mulleres redeiras, da salga e da conserva”, “O marisqueo a pe”, “Investigadoras mariñas” e “Educación para a sustentabilidade”. Amais, Lires aproveitou a ocasión para lembrar que o día 10 de novembro terá lugar online a sexta xornada sobre o “Bo uso e mal uso do mar” que, este ano, leva por título “Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero: o mar das mulleres nas túas mans”.
O investimento de preto de 184.000 euros por parte da Deputación permitiu á veciñanza de Covelo dispoñer dunha nova praza ao redor da igrexa de San Bartolomeu de A Lamosa e unha rede de saneamento que acaba cos problemas no núcleo de A Graña, dous núcleos do territorio municipal que veñen de recibir o impulso do Plan Concellos. O deputado de Cooperación, Santos Héctor, e o alcalde, Juan Pablo Castillo, visitaron as obras e destacaron a mellora que supoñen para a prestación de servizos públicos de calidade dende o rural.
Santos Héctor cualificou as obras como “espectaculares”, pois contribúen “á mellora da calidade de vida e tamén do medio ambiente no medio rural”. En A Lamosa, subliñou, gáñase “unha contorna preciosa, que invita a gozar do patrimonio”. Engadiu que este espazo dispón agora dun pavimento digno “que invita” e concluíu que “Covelo gañou unha praza”. En canto ao saneamento de A Graña lembrou que é case un quilómetro de tubaxes e, ademais, fai posible unha senda peonil para a veciñanza. Pola súa banda, o alcalde de Covelo destacou que trátase de dúas actuacións que eran moi necesarias “e foron ben pensadas e ben executadas”. Por este motivo expresou o agradecemento á Deputación “e tamén pola calidade dos remates das obras, feitos con gusto e unha moi boa estética”.
As obras de acondicionamento patrimonial da praza da igrexa de San Bartolomeu de A Lamosa tiveron un orzamento de 121.020 euros e supuxeron a creación dun espazo de convivencia veciñal na contorna do templo, o palco da música, o peto de ánimas e o cemiterio. Un conxunto patrimonial que agora queda embelecido e en perfectas condicións de uso. O anterior pavimento de cemento e terra, moi deteriorado, foi substituído por lousa de granito nunha superficie duns 750 metros cadrados e zonas complementarias de “adoquín” rústico, con outros 300 metros de superficie. Colocouse tamén unha varanda de seguridade, bancos, unha árbore e, finalmente, pintouse o palco. A maiores dotouse á zona dunha praza sinalizada para aparcamento de persoas con diversidade funcional.
Na outra punta do municipio, en A Graña, a subvención de 62.255 euros da Deputación a través do Plan Concellos fixo posible a construción da rede de saneamento que dá servizo xa a 15 vivendas. Un colector que, ademais, quedou preparado para catro novas redes secundarias que se estenderán por todo o núcleo, permitindo o seu saneamento integral nun ámbito moi próximo ao río Tea. O proxecto consistiu no tendido de tubaxes de 315 a 160 milímetros de sección en función das características dos tramos e a reposición de tódolos pavimentos de asfalto, formigón e pedra afectados.
A Deputación leva investidos máis de 4,5 millóns de euros en Covelo dende que no ano 2015, Carmela Silva chegou á Presidencia e cambiou o modelo de relación cos concellos, establecendo un financiamento regrado e sostido con achegas anuais a través do Plan Concellos. No caso de Covelo, realizáronse 31 obras, subvencionáronse 34 actividades socioculturais municipais e fíxose posible a contratación de 95 persoas para prestar funcións temporais en diversos servizos municipais. Covelo é, ademais, un dos concellos da provincia que obtivo financiamento no marco dos dous Plans extraordinarios convocados pola Deputación neste período. Así logrou, en concorrencia competitiva, 287.407€ para a Mellora e Humanización da praza de Barciademera (Plan de Reequilibrio) e outros 91.323 para a mellora da seguridade viaria de Covelo, Maceira, Casteláns, Barciademera, Santa Mariña, Prado e Paraños (Plan DepoRemse).
Tomiño inicia unha nova fase no seu modelo de xestión dos biorresiduos. Logo dun primeiro período no que se introduciu o modelo de compostaxe entre a veciñanza bonificando a aqueles que se ofreceran a adoptalo de xeito voluntario, o concello atópase preparado para adherirse á segunda fase do Plan Revitaliza, que consistirá en expandir o sistema a todo o municipio.
Este xoves inauguráronse os dous primeiros composteiros comunitarios, encadrados nesta segunda fase do plan, situados na rúa A Guarda e no CEP Pedro Caselles. Vanse habilitar nos vindeiros días un total de 14, que darán servizo a todos os veciños das áreas urbanas, 11 no núcleo urbano do Seixo e 3 no de Goián.
Na inauguración realizada no CEP Pedro Caselles, alén dos mestres composteiros e da concelleira de Medio Ambiente, Ana Belén Casaleiro, estivo presente a alcaldesa de Tomiño, Sandra González, a cal destacou a importancia da adopción deste novo sistema por parte do centro educativo, cuxo comedor alimenta cada día a máis de 120 alumnos. “É de agradecer profundamente a boa acollida e colaboración que desde o CEP Pedro Caselles nos brindaron en relación a este proxecto, tanto o persoal de cociña como a dirección do centro, onde vemos un compromiso firme na aposta por un novo modelo máis respectuoso co medio ambiente”, declarou.
Campaña porta a porta
Durante as próximas semanas, ademais de realizar o sistema de reparto porta a porta dos composteiros individuais e o material accesorio polas parroquias, os mestres composteiros estarán visitando tamén as vivendas das áreas urbanas para entregar o caldeiro de compostaxe e instruír aos veciños e veciñas no procedemento a seguir. Este caldeiro servirá para que separen na súa vivenda os residuos orgánicos que logo terán que depositar no composteiro comunitario.
Aquelas persoas que non estean na vivenda no momento da visita dos mestres composteiros recibirán un aviso de que a visita foi realizada cos seus teléfonos de contacto, co fin de poder acordar unha nova data de entrega.
O acalde de Ponteareas, Xosé Represas, informou nunha recente reunión do Consello Sectorial Social do proxecto de mellora do centro municipal ubicado en Canedo que acolle o obradoiro ocupacional de persoas con discapacidade coñecido por “Asprodico” así como os locais da Asociación de Veciños de Canedo e tamén da Asociación Adapta. O obxecto do proxecto, que ten un custo total de 305.186,30 euros, é mellorar o edificio coa reforma da envolvente térmica e dotar de instalacións de climatización para mellorar a confortabilidade das instalacións e a redución das emisións de CO2.
Represas tamén deu conta da chegada dunha boa noticia que asegura a realización destas obras; o proxecto vén de ser seleccionado polo IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro Enerxético) coa concesión dunha subvención de 216.732,24 €. O Concello de Ponteareas presentara no pasado mes de marzo este proxecto á convocatoria de axudas de proxectos singulares das entidades locais do Programa Operativo FEDER da Unión Europea de crecemento sostible que xestiona o IDAE. O Concello asumirá o coste do importe restante, 88.454,06 €.
Coas actuacións contempladas no proxecto lograrase un aforro no consumo do edificio do 56% para o que se acometerá o illamento das fachadas polos exterior dos diferentes módulos, illamento da cuberta polo exterior e dos falsos teitos, substitución das
carpinterías exteriores dos módulos superiores, renovación integral dun local da planta baixa e acondicionamento da soleira de tódolos módulos da planta superior, entre outras actuacións.
Reunión do Consello Social
“As melloras nestas dependencias benefician principalmente aos usuarios das mesmas; veciños e veciñas que participan nos obradoiros ocupacionais -Asprodico-, nenos e nenas do servizo de Atención Temperá, socios e socias de Adapta, usuarios/as e familiares de enfermos de alzhéimer e outras demencias que veñen utilizando estas instalacións, e tamén as/os veciñas/os de Canedo que utilizan unha parte destas instalacións e que agora contarán cun maior espazo ao adecentar un local máis na planta baixa que na actualidade non reúne as condicións de uso” explicou a concelleira de Benestar, Verónica Carrera, na reunión do Consello Social.
Neste encontro, a concelleira nacionalista presentou o Programa de Vivendas de Alugueiro Social. “O obxectivo deste programa é crear unha bolsa de vivendas para aquelas persoas ou familias que teñan dificultades para acceder a unha vivenda de alugueiro”. Ademais, o programa garantirá ás persoas que conten cunha vivenda valeira unha nova posibilidade de poñela en alugueiro cunha serie de garantías a cargo do Concello; seguro multirrisco do fogar, seguro garantía de cobro, custos ordinarios da comunidade, etc…
Na reunión do Consello Social acordouse pór en marcha un grupo de traballo para concluír o Programa de Vivendas Valeiras para a súa aprobación posterior.
Incremento dun 66% do orzamento de Benestar Social dende 2015. Para 2021 duplicanse as partidas de axudas de emerxencia social
No Consello Social tamén se deu conta da previsión dos orzamentos municipais da área de Servizos Sociais para 2021 que acadarán os 3.310.953,14 €, Verónica Carrera salientou o incremento nos orzamentos desde 2015 “Nestes cinco anos incrementamos en máis de 1.300.000 euros os orzamentos destinados a Benestar; pasamos de 1.990.000 euros en 2015, o primeiro ano do goberno nacionalista e progresista a 3.310.000 euros previstos para 2021, o que supón un 66% máis que en 2015. En canto as axudas e subvencións a partida destinada duplicase con respecto a 2019, último exercicio anterior ao COVID-19, pasando dos 117.000 euros destinados á axudas de emerxencia social ao 234.000 que figuran nas previsións do capítulo 4 de subvencións para o 2021.
Unha historia para pasalo de medo. É o que propón Teatro Ghazafellos, que chegará este domingo 8 de novembro ao Auditorio Municipal do Rosal con ‘Monstros no Camiño’, unha divertida comedia para nenos e nenas a partir de 4 anos e para as súas familias. A obra será a partir das 18:00 horas e de balde, aínda que con aforo reducido.
Descubre e desfruta da emocionante historia de tres investigadores de Europa do leste que viaxaron polo Camiño de Santiago para desmontar os mitos dos seres e fenómenos locais e reunirse nun simposio no que amosar os resultados da súa aventura.
Coa axuda dunha máquina da súa invención convocarán aos distintos monstros do imaxinario tradicional galego que pululan polo Camiño. Lobishomes, meigas, o Sacaúntos… desfilarán polo congreso para ser sometidos como moito humor a un escrutinio que lles permita a estes tres científicos e ao público comprobar se existen de verdade ou non. Un espectáculo familiar que fará a todas as persoas participantes cómplices da historia.
O Concello do Rosal continúa a apostar por unha cultura segura, polo que esta actividade contará con todas as medidas de prevención estipuladas polas autoridades sanitarias, como o aforo reducido ou o mantemento das distancias de seguridade entre o público. Ademais, é obrigatorio o uso de máscara durante todo o espectáculo.
O Teatro Municipal de Tui mantén a programación “Volvemos ao teatro en novembro” reducindo a partir de mañá sábado a capacidade a 30 espectadores tendo en conta as novas medidas restritivas establecidas pola Xunta, publicadas no DOG Nº 223-Bis, que entrarán en vigor ás 00 h de mañá sábado 7 de novembro.
Hoxe venres, 6 de novembro, ás 19.30 h Teatro do Atlántico presenta no Teatro Municipal de Tui “Dúas donas que bailan”. Hoxe a capacidade será aínda de 60 espectadores, con protocolo de prevención da covid19 e todas as medidas de seguridade. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 6€ e 5€.
Baixo a dirección de Xúlio Lago as actrices María Barcala e María Ángeles Iglesias interpretan a derradeira peza dramática de Josep Mª Benet i Jornet.
Unha muller maior, viúva, soña con viaxar a París, pero négase a abandoar o piso pese a presión dos seus fillos e do propietario. A filla contrata a unha muller para as tarefas domésticas, presenza que non é ben recibida e cada xornada convértese nun “toma e daca” que evoluciona a cada instante.
Mañá sábado o aforo está xa limitado a 30 persoas ao entrar en vigor as novas medidas establecidas pola Xunta para Tui. A cita será ás 18.30 h con Pérez&Fernández e a obra para público familiar “Aguratrat”. Trátase dunha adaptación ao teatro do libro “Esio Trot” de Roald Dahl. A obra está dirixida por Victoria Pérez e Xosé Leis e intepretada por Victoria Pérez, Manu Fernández, Xosé Leis. Aguratrat achéganos á historia do señor Hoppy, que está namorado da súa veciña, a señora Silver. Axudala a solucionar a súa preocupación pola súa tartagura Alfie, que nin crece nin aumenta de peso, poderá ser un xeito de conquistar o seu corazón.
As entradas 4€ e 3€ están á venda en tui.gal até mañá sábado ás 17.30 h e dende ás 17.30 h no despacho de billetes.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.