13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTeatro do Atlántico presenta hoxe ás 19.30 h “Dúas donas que bailan”

    Teatro do Atlántico presenta hoxe ás 19.30 h “Dúas donas que bailan”

    Hoxe a capacidade do Teatro Municipal será de 60 espectadores e mañá para a función de “Aguratrat” reducirase a 30 tendo en conta a entrada en vigor de novas medidas restritivas en Tui

    O Teatro Municipal de Tui mantén a programación “Volvemos ao teatro en novembro” reducindo a partir de mañá sábado a capacidade a 30 espectadores tendo en conta as novas medidas restritivas establecidas pola Xunta, publicadas no DOG Nº 223-Bis, que entrarán en vigor ás 00 h de mañá sábado 7 de novembro.

    Hoxe venres, 6 de novembro, ás 19.30 h Teatro do Atlántico presenta no Teatro Municipal de Tui “Dúas donas que bailan”.  Hoxe a capacidade será aínda de 60 espectadores, con protocolo de prevención da covid19 e todas as medidas de seguridade. As entradas están á venda en tui.gal aos prezos de 6€ e 5€.

    Baixo a dirección de Xúlio Lago as actrices María Barcala e María Ángeles Iglesias interpretan a derradeira peza dramática de Josep Mª Benet i Jornet.  

    Unha muller maior, viúva, soña con viaxar a París, pero négase a abandoar o piso pese a presión dos seus fillos e do propietario.  A filla contrata a unha muller para as tarefas domésticas, presenza que non é ben recibida e cada xornada convértese nun “toma e daca” que evoluciona a cada instante.

    Mañá sábado o aforo está xa limitado a 30 persoas ao entrar en vigor as novas medidas establecidas pola Xunta para Tui. A cita será ás 18.30 h con Pérez&Fernández e a obra para público familiar “Aguratrat”. Trátase dunha adaptación ao teatro do libro “Esio Trot” de Roald Dahl.  A obra está dirixida por Victoria Pérez e Xosé Leis e intepretada por Victoria Pérez, Manu Fernández, Xosé Leis. Aguratrat achéganos á historia do señor Hoppy, que está namorado da súa veciña, a señora Silver. Axudala a solucionar a súa preocupación pola súa tartagura Alfie, que nin crece nin aumenta de peso, poderá ser un xeito de conquistar o seu corazón.

    As entradas 4€ e 3€ están á venda en tui.gal até mañá sábado ás 17.30 h e dende ás 17.30 h no despacho de billetes.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.