7.9 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiCento sesenta fogares tudenses participan xa no programa municipal de compostaxe

    Cento sesenta fogares tudenses participan xa no programa municipal de compostaxe

    O pasado venres entregáronse 25 novos composteiros individuais

    Son xa 160 os fogares tudenses que participan no programa municipal de compostaxe. O pasado venres, no Centro Municipal de Formación, tivo lugar a entrega de 25 novos composteiros a outras tantas persoas que tiñan presentando a súa solicitude. Previamente a mestra composteira, Sara Luque, ofreceu varias charlas informativas en grupos reducidos explicando tanto o qué é a compostaxe coma o proceso a seguir. De agora en diante, ao igual que realiza xa en máis dun centenar de fogares, a mestra composteira levará a cabo un control e seguimento de forma periódica deste novos composteiros.

    Aquelas persoas que desexen contar cun composteiro individual nos seus fogares poden solicitalo cubrindo o impreso que está accesible en tui.gal ou solicitándoo no correo compostaxe@tui.gal.

    Cómpre lembrar que amais destes 160 composteiros individuais na cidade hai amais 3 centros de compostaxe comunitaria situados na rúa Tenencia, na rúa Compostela e na traseira da Área Panorámica.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.