14.6 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaPassCOVID, ferramenta de información á cidadanía das novas medidas adoptadas pola Xunta...

    PassCOVID, ferramenta de información á cidadanía das novas medidas adoptadas pola Xunta para contener a pandemia

    Calquera usuario desta ferramenta informática ten acceso a información sobre a situación actual da covid, podendo elixir o concello do seu interese

    A Xunta de Galicia puxo en marcha, recentemente, o sistema PassCOVID, unha canle de contacto telemático coa cidadanía para facilitar a xestión da pandemia. Esta ferramenta informática en forma de app para dispositivos móbiles, ofrece información actualizada sobre a situación da crise sanitaria en todo o territorio e a nivel local, con avisos, recomendacións e alertas das medidas que a Xunta de Galicia está a activar para conter a pandemia orixinada polo coronavirus.

    As persoas que descarguen PassCOVID, poden optar por facelo como usuarios identificados, empregando o sistema de claves concertadas Chave 365, ou ben levalo a cabo de xeito anónimo.

    Pantalla de inicio da PassCOVID

    Calquera usuario da aplicación ten acceso a información sobre a situación da pandemia en toda Galicia, e pode seleccionar o concello do seu interese para estar ao tanto das medidas que a Xunta está a adoptar. Ademais, todos os usuarios reciben alertas, avisos e recomendacións que as autoridades sanitarias emiten sobre a evolución da pandemia.

    PassCOVID ten, por tanto, a finalidade de dar información próxima e de interese á cidadanía galega sobre a situación actual da crise sanitaria na nosa comunidade, e na liña de garantir información próxima, de fontes oficiais, contrastada e de interese.

    Esta ferramenta informática tamén recolle información sobre precaucións e bos hábitos, seleccionables por colectivos ou perfís.

    Así mesmo, PassCOVID serve de apoio na aplicación dos diferentes protocolos de seguimento definidos tanto pola autoridade sanitaria galega como outros departamentos da Xunta con competencias na xestión da crise, tanto sanitaria como social.

    Sanidade lembra a importancia de Instalar RadarCOVID e PassCOVID para axudar ao control da pandemia. https://appsCOVID.sergas.gal

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.