18.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Escola de Igualdade María Vinyals leva á reflexión o falso mito...

    A Escola de Igualdade María Vinyals leva á reflexión o falso mito da elección das mulleres

    A xornada “Libres? Cosificación do corpo das mulleres” terá lugar o xoves 12 e contará con ponentes “tan potentes” como Anais Delgado, Rosa Cobo, Carmen Delgado, Yolanda Domínguez e Silvia Freire

    “Temos que desmontar os discursos da libre elección das mulleres” reivindicou a presidenta da Deputación Carmela Silva na presentación da xornada “Libres? Cosificación do corpo das mulleres”, enmarcada na programación da Escola de Igualdade María Vinyals. A actividade, para a que xa está aberta a inscrición a través de www.depo.gal, terá lugar o 12 de novembro a través de Zoom, e reunirá a mulleres “tan potentes” como Anais Delgado, Rosa Cobo, Carmen Delgado e Yolanda Domínguez, coordinadas por  Silvia Freire.

    Trátase dunha “xornada imprescindible” -indicou a presidenta- “Ningunha muller é prostituta por libre elección, fano as máis vulnerables vencelladas á trata; ningunha muller vende o seu corpo para os ventres de alugueiro, tamén o fan as máis vulnerables; ningunha muller toma decisións sobre o seu corpo de forma libre, é mentira, non hai ningunha elección libre, é unha imposición dun sistema político, económico, inxusto e intolerable. Estase a mercantilizar o noso corpo”. Neste mesmo contexto, Silva tamén aproveitou a ocasión para reivindicar que “ao igual que pechan bares e restaurantes –con motivo das novas restricións aprobadas pola Xunta de Galicia para facer fronte á pandemia- se faga o mesmo cos prostíbulos. Indígname ver que seguen abertos. Hai que pechalos e que o fagan para sempre”.

    A xornada “Libres? Cosificación do corpo das mulleres” terá lugar o día 12 entre as 9.30 e as 14 horas vía zoom e por streaming a través de www.depo.gal.  O principal obxectivo, como explicou Carmela Silva, “é afondar na orixe da desigualdade estrutural entre mulleres e homes, nos factores que favorecen a naturalización e validación das diferentes violencias machistas, así como na falta de liberdade das mulleres, reflectindo datos que desmontan a falacia da libre elección das mulleres”.

    Despois da apertura, a xornada comezará coa conferencia “Violencia contra as mulleres: entre a negación e a banalización” de Carmen Delgado, psicóloga e profesora da Universidade Pública de Salamanca, que se centrará no carácter estrutural da violencia contra as mulleres e no negacionismo como factor de naturalización da desigualdade e motor dos discursos que banalizan esta violencia. Ás 10.45 a profesora de Socioloxía de Xénero da Universidade da Coruña Rosa Cobo falará de “Pornografía. O pracer do poder”, facendo fincapé en que o porno crea realidade, para espertar conciencias e alertar sobre o seu consumo e a súa efectividade para construír un imaxinario de violencia misóxino. A continuación, ás 12.00 horas Yolanda Domínguez, recoñecida polos seus rechamantes traballos “Poses” ou “Rexistro”, centrarase en “Cambiar as imaxes para cambiar o mundo”, destacando a importancia das imaxes para a construción da identidade e do xénero e ofrecendo alternativas para subverter os discursos dominantes.

    A última ponencia será a cargo da “recoñecida” xornalista Anais Bernal quen falará sobre a “Normalización da cosificación do corpo das mulleres nos medios de comunicación”. A xornalista reflexionará sobre o papel dos medios na formación da opinión pública e na normalización de estereotipos, así como fará fincapé na repetición constante da cosificación e sexualización das mulleres, que está a xerar deshumanizacións e problemas de autoestima.

    A maleta dos océanos

    Carmela Silva tamén presentou unha segunda iniciativa de igualdade, “propostas que están a permitir que a Deputación sexa a referencia a nivel galego, nacional e internacional”. Así, e no que respecta á “Maleta dos océanos”, impulsada coa Universidade de Vigo e dirixida aos centros de ensino da provincia, a presidenta subliñou a súa importancia porque “para cambiar o mundo hai que traballar en todos os eidos, sendo un dos imprescindibles a educación”. Silva explicou que o obxectivo principal deste proxecto, que inclúe seis propostas didácticas con temáticas adaptadas a todas as etapas educativas,  é “poñer en valor o papel destacado das mulleres do mar, rachando coa invisibilidade á que están sometidas e dando a coñecer o importante papel que desenvolveron e están a desenvolver”. Neste eido, a presidenta reivindicou o papel maioritario das mulleres no mundo do mar e lamentou a súa escasa presenza na alta dirección do sector, onde ocupan o 20% dos postos.

    Silva, que agradeceu o traballo de Mari Lires e o seu equipo da Universidade Alba Rego, María Lorenzo e Xabier Álvarez, presentes no encontro telemático, explicou que esta iniciativa é un paso máis dos proxectos “Achegas das mulleres á sustentabilidade do mar” e “O mar das mulleres”, nos que traballaron conxuntamente a Deputación e a Universidade de Vigo. “De feito –destacou a presidenta- os materiais da “Maleta dos océanos” proveñen dese proxecto e dos recursos educativos abertos que presentamos o pasado ano e que estaban protagonizados por unha rapazada chamada Emma, que segue a ser o fío condutor desta nova iniciativa”.

    Pola súa banda, Mari Lires, a coordinadora do proxecto, fixo fincapé na estreita relación da “Maleta dos Océanos” cos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable, ao ter relación coa educación de calidade, igualdade de xénero e a vida submarina. Tamén explicou as propostas didácticas, todas elas protagonizadas por Emma, e que levan por título “Planeta azul”, “Océanos en perigo”, “Mulleres redeiras, da salga e da conserva”, “O marisqueo a pe”, “Investigadoras mariñas” e “Educación para a sustentabilidade”. Amais, Lires aproveitou a ocasión para lembrar que o día 10 de novembro terá lugar online a sexta xornada sobre o “Bo uso e mal uso do mar” que, este ano, leva por título “Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero: o mar das mulleres nas túas mans”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.