8.7 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaToma de posesión coma concelleiro de Rafa Álvarez na Guarda

    Toma de posesión coma concelleiro de Rafa Álvarez na Guarda

    No pleno extraordinario urxente celebrado na xornada do pasado xoves día 5 de novembro de 2020 tomou posesión coma concelleiro da corporación municipal Rafa Álvarez, incorporándose ao Grupo Municipal Socialista e ao equipo de goberno municipal.

    Dende entón forma parte da corporación municipal coma novo concelleiro nas competencias de Turismo, Conservatorio de Música, Festas e Festexos populares, en substitución de Elena Baz, despois da renuncia á súa acta de concelleira por motivos persoais a principios do mes de setembro do presente ano.

    Este cargo é asumido deste xeito por Rafa Álvarez Martínez, que ocupaba o sexto lugar na lista que presentou o PsdeG-PSOE nas pasadas eleccións.

    Rafa Álvarez é unha persoa moi vinculada e comprometida coa vila da Guarda, destacando  a súa etapa coma Presidente da Entidade Local Menor de Camposancos ou a xerencia da Asociación Avelaíña, dentro dunha longa traxectoria e predisposición ao servizo público.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.