20.4 C
Pontevedra
Luns, 29 de Maio de 2023
Máis
    HomeA ParadantaArboArbo aproba o convenio de Colaboración para a mellora da estrada da...

    Arbo aproba o convenio de Colaboración para a mellora da estrada da Estación

    O importe da obra ascende a 663.204,03 € (IVE 21% incluído) do que a Deputación achega 464.242,82 € (70%), e o Concello de Arbo 198.961,21 € (30%)

    O Pleno do Concello de Arbo, na sesión extraordinaria de data 5 de novembro, aproba o  convenio de Colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Arbo para a execución do proxecto “Mellora da mobilidade peonil na E.P. 5202 do pq 1+100 ao 1+165 e na E.P. 5203 do pq 1+150 ao 1+529”, recibido o día 30.09.2020 (R.E. núm. 982).

    A actuación reflexada na memoria redactada en febreiro de 2020, cun orzamento  de 663.204,03 € (IVE 21% incluído),  se pretende humanizar a rúa nos treitos comprendidos entre a Estación de FFCC e a estrada PO-405, así como o que descorre fronte á capela de San Antonio, todo o cal mellorará notablemente a seguridade viaria na zona do proxecto e no seu entorno.

    “As obras desenvólvense entre a rúa da Estación, entre a estación de ferrocarril de Arbo e a estrada PO-405,  tamén inclúe o tramo que vai fronte á capela de San Antonio. Actualmente as beirarrúas están feitas con baldosas hidráulicas no primeiro tramo, ata o cruzamento existente que leva ao

    á esquerda cara á estrada PO-405, onde as beirarrúas son de formigón e á dereita cara á Capela de San Antonio, onde non hai beirarrúas. Os pavimentos están en mal estado en xeral.” – informa o alcalde Horacio Gil

    O proxecto resólvese coa dotación dun recorrido peonil en toda a lonxitude da actuación e cun ancho suficiente para o tránsito de persoas. Ademais renovaranse as redes de abastecemento, saneamento e alumeado e dotarase de canalizacións para o soterramento do cableado. Ademais está prevista a construción de dous pasos peonís sobreelevados, co obxecto de reducir a velocidade dos vehículos.

    O convenio establece que as obras serán financias pola Deputación no importe de 464.242,82 €  (70%), e polo Concello de Arbo no importe de 198.961,21 € (30%) . As obras serán licitadas, dirixidas, executadas e recibidas polo Ente Provincial.

    “Estas actuacións están destinadas a mellorar a seguridade viaria na zona do proxecto e os seus arredor – anuncia o alcalde Horacio Gil- así como por en valor a atracción e a historia do Barrio da Estación”.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS