11.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiTui levará a pleno nas próximas semanas o PEPCHA para a súa...

    Tui levará a pleno nas próximas semanas o PEPCHA para a súa aprobación definitiva tras o informe favorable de Urbanismo

    Nas próxima semanas, ben á sesión ordinario deste mes ou a unha extraordinaria, será levado a pleno o Plan especial de protección do conxunto histórico, PEPCHA, tras recibir hoxe a notificación do informe favorable por parte da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo.

    O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, valoraba positivamente esta nova que cualificaba de “ilusionante” pola nova etapa que abrirá no conxunto histórico de Tui e que chega “nun momento complicado coma o que estamos a vivir”. Indicaba Enrique Cabaleiro que se trata “dun documento fundamental para o concello de Tui e para o conxunto histórico”.

    Enrique Cabaleiro lembrou os múltiples atrancos e vicisitudes aos que dende o Concello tiveron que facer fronte nos últimos anos  para sacar adiante este Plan Especial que poderá entrar en vigor unha vez conte coa aprobación definitiva polo pleno e complete a tramitación administrativa posterior, coma publicación nos boletíns oficiais entre outros requisitos.

    Pola súa parte o concelleiro de Patrimonio, Laureano Alonso, afirmaba que esta  “é a noticia do mandato, sen dúbida” porque isto vai permitir unha maior facilidade na rehabilitación de edificios, temos unha serie de proxectos que dependían da aprobación da PEPCHA, entre eles o aparcamento do seminario, pero tamén outras licenzas … e as obras de rehabilitación van ser máis áxiles e máis fáciles. Isto dicía o concelleiro “vai supor un antes e un despois para a historia de Tui” . Tiña palabras de recoñecemento para o traballo realizado polos anteriores concelleiros de Patrimonio Nico Montes, Carmen Núñez, e Eduardo Freiría.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.