15.1 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoAs NevesO Goberno local encarga elaboración da Relación de Postos de Traballo do...

    O Goberno local encarga elaboración da Relación de Postos de Traballo do Concello das Neves

    O Concello das Neves vén de encargar á empresa Galivalia Consulstgo a realización da nova Relación de Postos de Traballo (RPT) que comprenderá os seguintes traballos:

    • Recollida de datos: Nesta fase inicial búscase recoller a maior cantidade de información posible relativa á situación actual do Concello no referido ós postos de traballo, a organización dos mesmos e ós seus ocupantes. Esta etapa permitirá recoller
    información significativa e suficiente sobre a estrutura administrativa actual do Concello, o organigrama administrativo e o desempeño laboral ordinario municipal.

    • Elaboración do primeiro borrador da RPT: Realizarase unha primeira proposta de organigrama administrativo que recollerá tódolos postos de traballo do Concello. A continuación, desenvolverase unha descrición funcional, tanto dos departamentos
    como das unidades ou seccións que conformen o organigrama do Concello. Así mesmo, nesta fase elaborarase, para cada posto de traballo, unha ficha que o describa, susceptible de modificarse dixitalmente polo concello.

    • Elaboración da valoración dos postos de traballo: O proceso ten como obxecto determinar, para cada posto de traballo, a súa importancia relativa (en relación cos demais postos de traballo), coa finalidade de establecer unha estrutura salarial baseada
    en principios obxectivos vinculados á natureza e características reais dos mesmos.

    • Elaboración dos estudos do impacto económico: a elaboración dunha RPT constitúe un instrumento moi útil ao contar cunha proxección de cales van ser os futuros custes de persoal.

    • Determinación do documento completo de Organigrama e RPT inicial: Como resultado final dos traballos procederase á elaboración do documento completo de Organigrama e RPT do Concello que recolla os resultados das distintas actividades. En todo caso, dito documento completo de RPT conterá, como mínimo, o establecido polo artigo 38.4 da
    LEPG.

    A Empresa pon a disposición do Concello os coñecementos e experiencia dos seus asesores especializados que levan realizado relacións de postos de traballo para moitas administracións públicas nos últimos anos. A previsión de custos destes traballos é de 3.000 euros máis IVE.

    Finalmente, o documento será obxecto de negociación colectiva cos representantes dos traballadores, previa á aprobación definitiva da RPT.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.