Sábado, 31 Maio de 2025

Constance Demby, pionera de la ‘new age’

A muchos no les sonará éste nombre, a otros muchos seguidores de las nuevas músicas, es simplemente una referencia, hablar de Constance Mary Demby, más conocida como Constance Demby, es hablar de uno de los nombres más representativos de la llamada música New Age,

Compositora, escultora, productora multimedia, se puede decir que su trabajo se dividió en varias categorías, aunque donde más destacó fue en la música ambiental y espacial.

Su primer disco publicado fue en el año 1978 de ahí que se considere una pionera de la new age, ese trabajo llevó por titulo Skies Above Skies, un trabajo donde predomina el piano, el sintetizados y voces recitando.

Sunborne fue su segundo trabajo publicado dos años después en su propio sello musical, Sound Currents, un trabajo de sonidos ambientales y profundos.

Siguió publicando regularmente discos cada dos años hasta que en el año 1986 y de la mano de un sello ya clásico dentro de los sonidos espaciales como es Hearts Of Space, lle llega su gran estrellato, el disco llevó por título Novus Magnificat: Through The Stargate, un trabajo que se convirtió en todo un clásico de estos estilos musicales y que está considerado como uno de los mejores 25 discos instrumentales del siglo pasado, un disco que no debería de faltar en la colección de ningún amante a la buena música.

Continuó su carrera musical, incluso etuvo residiendo una temporada en España allá por el año 2000 y donde compuso el disco “Sanctum Sanctorum” inspirado en cantos gregorianos:

E incluso llegó a publicar un disco en directo en sello del musico belga–español Michel Huygen, Neuronium Records, un trabajo titulado Live In Tokyo.

Su último disco publicado, fue en al año 2013 y lleva por título Ambrosial Waves – Tidal Pools.

Sin lugar a dudas, toda una referencia musical dentro de la música instrumental contemporánea, música ambienta, música espacial o new age, da igual el nombre que se le quiera poner, una pionera que dejó su impronta y que su música permanecerá en el recuerdo de todos los que amamos estos sonidos.

A ‘Trail League’ volve ao Baixo Miño con tres probas que combinan deporte, natureza e turismo

As persoas amentes do trail están de parabéns, a Pontevedra Trail League chega este 2021 ao Baixo Miño cunha atractiva programación coa colaboración da Deputación de Pontevedra, os concellos do Rosal, A Guarda e Tui e a empresa NOKO 360. A competición volverá a contar co Trail Adventure Muíños do Folón (no Rosal) e o Trail do Trega (na Guarda) aos que se suma este ano o Trail do Aloia (en Tui), que chega como novidade desta segunda edición.

O Pazo Provincial acolleu hoxe a presentación destas probas, na que estiveron presentes a presidenta Carmela Silva, a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, a concelleira de deportes da Guarda, Monserrat Magallanes, o concelleiro de deportes de Tui, Rafael Estévez, e o director deportivo da Pontevedra Trail League, Serafín Martínez.

A presidenta provincial subliñou que a provincia de Pontevedra é “unha grande referencia na capacidade para unir a diferentes concellos cun obxectivo común”, tal e como evidencia a organización desta proba. Segundo indicou, a Trail League “non soamente potencia os valores do deporte senón que tamén fomenta o turismo deportivo” nun territorio cuns “valores paisaxísticos e unha beleza comparables cos lugares máis fermosos do mundo e cuns valores medioambientais que fan que o evento estea chamado a medrar cada ano máis”. O trail é un deporte que “cada vez ten a máis persoas que o practican, o seguen e o apoian e que son unha mostra de que esta é unha provincia é moi dinámica”, destacou Carmela Silva na súa intervención.

A primeira das probas será o Trail Adventure Muiños do Folón, que se levará a cabo o domingo 9 de maio e cuxas prazas esgotáronse en menos de 24 horas. O percorrido transcorrerá polos Muíños do Folón e do Picón, un lugar que forma “parte da identidade dos rosaleiros e das rosaleiras”, tal e como indicou Ánxela Fernández. Para a alcaldesa do Rosal “a Trail League supón un paso adiante no traballo conxunto que estamos a facer na comarca para transformar a nosa realidade”. Fernández destacou tamén que a pandemia fixo “que moitas cuestións que xa eran relevantes colleron un peso especial”. Neste senso referiuse ao “espazo natural e a valorización do patrimonio”, dúas das liñas nas que se desenvolve esta proba deportiva.

Será o 17 de outubro cando chegue á Guarda o Trail do Trega, no que as e os participantes percorrerán o Castro, do que este ano se celebra o centenario do seu recoñecemento como Ben de Interese Cultural. Neste senso, a concelleira de deportes da Guarda agradeceu “de maneira moi expresa” á Deputación o ter feito “nos últimos anos as inversións máis impotentes para por en valor un dos bens máis relevantes da provincia”. Montse Magallanes lembrou que unha das obrigas das administracións públicas é “facer felices ás persoas”, algo que se fai posible coa celebración desta proba porque “facer deporte nun territorio como é o Baixo Miño é todo un espectáculo ao combinar actividade física, natureza e patrimonio”.

A derradeira das probas será o Trail do Aloia, a novidade deste ano, que se celebrará o 7 de novembro “nun parque natural ao que lle imos a sacar un partido impresionante”,tal e como indicou Rafael Estévez. O concelleiro de deportes de Tui amosouse moi agradecido coa organización desta proba, a cal sinte moi de preto.

Todas as probas contan cunha distancia entre 15 e 18 quilómetros e un límite de 400 participantes en cada unha. Ademais, seguiranse nelas todos os protocolos de hixiene sanitaria. Serafín Martínez aproveitou a súa quenda de palabra para resaltar o éxito que teñen estes eventos a pesar de realizarse “en plena pandemia”. Para o director deportivo da Pontevedra Trail League é “fantástico que haxa un 42 % de mulleres participando na proba”, un dato que pon de manifesto que a competición cumpre cun obxectivo de “abrir a todo o mundo este tipo de actividades”. Ademais, con esta competición “non pensamos só no deporte, tamén o facemos na economía local e no conxunto da cidadanía” destes tres concellos.

As feiras e mercados de Redondela recuperan a súa data habitual de celebración

0

As feiras e mercados de Redondela volven a retomar os seus días habitual de celebración –6 e 21 de cada mes para Redondela e 2 e 16 para Chapela– logo das novas directrices da Xunta de Galicia con respecto ás medidas de prevención específicas adoptadas como consecuencia da evolución epidemiolóxica da COVID-19.

As novas normas sinalan que aquelas feiras e mercados con menos de 150 postos, caso de Redondela e Chapela, “poderán dispoñer do 100 % dos postos habituais ou autorizados”, polo que o municipio redondelán volverá á normalidade no que atinxe á data de celebración das súas feiras.

Cómpre lembrar que, no seu momento, o Concello tiña cambiado a data de celebración da feira de Redondela –pasándoa aos domingos–, a fin de poder manter o 100 % dos postos e ao mesmo tempo cumprir coa normativa vixente. Dito traslado permitía a ocupación, na súa totalidade, da Avenida Mendiño sen ocasionar excesivos problemas de circulación ao ser día non laborable e non lectivo e, como consecuencia, rexistrar unha baixa densidade de tráfico rodado.

O concelleiro de Feiras e Mercados, Vicente Lamas, cualificou de “positiva” esta medida que indica “que estamos camiñando na dirección correcta á hora de frear a pandemia da COVID-19” aínda que lembrou que por parte do Concello de Redondela, “seguirán a manterse as medidas de prevención e protección sanitaria habituais como o uso de máscara de protección e itinerarios de entrada e saída para evitar aglomeracións”.

Pola súa banda, Digna Rivas, recalcou a necesidade de “non baixar a garda” e seguir facendo gala “da responsabilidade que a cidadanía de Redondela amosou nos momentos máis duros e complicados desta crise”.

Ponteareas acomete a vindeira semana o asfaltado da rúa Redondela e dunha zona de Rosalía de Castro

A empresa adxudicataria dos traballos de humanización da rúa Redondela acometerá a vindeira semana os traballos de asfaltado desta rúa, así coma dunha zona da Avenida Rosalía de Castro, preto da rotonda situada trala Casa do Concello, onde se produciu hai meses un pequeno afundimento do firme.

Os traballos darán comezo este luns na Avenida Rosalía de Castro para corrixir os problemas existentes no subsolo que provocaron o afundimento. Asemade, regularizarase a rúa Redondela e rematados os traballos en Rosalía de Castro, que se estiman en 3 días, procederase ao asfaltado das dúas rúas.

Por ese motivo, durante a realización das obras, o tráfico provinte da Avenida de Galicia cara Rosalía de Castro e Bouza Brey poderá continuar circulando nese sentido como se fai habitualmente. Pola contra, os vehículos que circulen por Bouza Brey procedentes da Avenida de Castelao e estrada de Salvaterra deberán desviarse cara a rúa Redondela na rotonda do Axente Comercial, continuando por Pombas até Sarmiento Rivera, na rotonda situada preto do parque de Bombeiros. Na xornada que se asfaltará a rúa Redondela, a vía terá que permanecer necesariamente pechada á circulación de vehículos para poder executar os traballos.

As obras de humanización da rúa Redondela están practicamente finalizadas, pendentes do enlousado de pequenos tramos de beirarrúa e do asfaltado da calzada, pintado e sinalización e instalación do mobiliario urbano.

Redondela achega a historia dos ‘maios’ a través da exposición ‘Os Maios, a festa da primavera’

0

Ante a imposibilidade de poder celebrar a tradicional Festa dos Maios en Redondela debido ás limitacións e precaucións derivadas do Covid-19, a Concellaría de Cultura decidiu manter a conexión coa festa creando, este ano, unha Exposición ao aire libre na que as persoas podan experimentar unha viaxe fotográfica pola historia dos Maios en Redondela.

“Decidiuse ubicar a exposición no paseo da Xunqueira para integrala nun entorno natural, rodeada de plantas e flores, que é a esencia desta festa”, explica o concelleiro de Cultura, Daniel Boullosa.

Sacar a exposición á rúa era, “ademáis de máis seguro sanitariamente, unha maneira de achegar a historia, a cultura e as nosas tradicións ás persoas viandantes que, pasando pola zona ainda que sexa por casualidade, acabarán desfrutando dun bo momento cultural”, engade o concelleiro de Cultura que adianta que “é posible aproveitar a idea e continuar nun futuro con outras exposicións doutras temáticas”.

Nesta exposición achégase a información sobre os maios: os tipos que existen –traidicionais ou figurados con forma de cruceiro, de canastros…–, os materiais dos maios, o concurso,… e todo a través dunha sucesión de imaxes que recollen fotografías antigas que a veciñanza cedeu ao Arquivo municipal. 

Acompañando ao fiuncho está tamén a historia das Coplas, composicións de sátiras en versos que reflexan a crítica social e os acontecimentos do ano. Seguir a evolución das coplas, tal e coma apuntan Olimpio Giráldez e Lola Míguez nas súas publicacións, “é seguir a verdadeira historia do municipio”.

Hai fotografías que datan dos primeiros concursos dos Maios (1956) e van percorrendo a historia desta festa, a historia da vila de Redondela, celebrando a chegada da primavera, ata o día de hoxe. A exposición no Paseo da Xunqueira manterase durante todo o mes de Maio. 

Baiona pon en marcha un novo servizo de recollida de obxectos voluminosos

0

O Concello de Baiona, a través da Concellería de Medio Ambiente e a empresa adxudicataria de recollida selectiva de residuos e xestión do Punto Limpo, vén de poñer en marcha un novo servizo gratuíto de recollida de obxectos voluminosos e de restos vexetais de xardinería doméstica, unha iniciativacoa que se busca acadar unha localidade máis limpa e saudable.

A partir de agora, usuarias e usuarios poderán concertar unha cita por medio do teléfono gratuíto 900 101 925, para que o servizo recolla eses obxectos domésticos que se queiran reciclar. O teléfono será atendido de 10:00 a 13:00 e fóra desas horas poderase deixar unha mensaxe no contestador ao que, segundo a Concellería de Medio Ambiente “darase resposta o máis axiña posible”.

A través deste servizo os cidadáns poden solicitar a retirada, entre outros, de mobles, trastes, electrodomésticos de gran tamaño, así como distintos aveños voluminosos. Para iso, os veciños e veciñas deben chamar ao teléfono gratuíto do servizo, no que se toman os datos do punto de recollida e explícaselles en que franxa horaria deben depositar os residuos para a súa posterior retirada polo persoal do servizo.

Con este servizo preténdese facilitar aos cidadáns unha adecuada xestión de certos residuos que, polo seu tamaño e características, non poden depositarse co resto de residuos domésticos e tampouco poden entregarse no punto limpo municipal situado en Baíña.

A concelleira de Medio Ambiente, Rosa Domínguez Roda, destacou que “a colaboración cidadá é fundamental para o bo funcionamento deste servizo, xa que é imprescindible coñecer en que puntos van deixar os restos de voluminosos para incluílos no roteiro de recollida”.

Por iso o alcalde de Baiona, Carlos Gómez, solicita “a colaboración veciñal para evitar o abandono de residuos na contorna dos contedores”. O rexedor local pide “evitar estas situacións, xa que este tipo de depósitos na vía pública só conseguen aumentar a contaminación no municipio e empeorar o aspecto das nosas rúas”.

Carlos Gómez fai ese chamamento “ao civismo da cidadanía” logo de comprobar como, tanto no centro da vila coma nas zonas rurais, tense producido un incremento de puntos onde se depositan residuos voluminosos, como mobles ou electrodomésticos.

Para a atención ao cidadán do novo servizo gratuíto posto en marcha cóntase co teléfono gratuíto 900 101 925 e coa páxina web municipal www.baiona.gal, na que os usuarios poidan ampliar a información sobre os diferentes servizos.

O Concello de Baiona puxo xa en marcha unha campaña para dar a coñecer o novo servizo e distribuíronse folletos informativos polos buzóns das vivendas. Tamén colocáronse carteis informativos en distintos puntos do municipio para lembrar a prohibición de depositar calquera tipo de enser fóra dos contedores sen avisar previamente ao novo servio.

Novos danos nas obras de humanización do Complexo Deportivo e Centro de Saúde de Ponteareas

O Concello de Ponteareas lamentou e condenou os danos provocados por descoñecidos nas últimas semanas nas obras de humanización do Complexo Deportivo Álvaro Pino e entorno do Centro de Saúde. Nos últimos días, persoas descoñecidas danaron e queimaron un número considerábel de plantas rociándoas con produtos abrasivos na zona situada a carón das pistas de pádel. Tamén, nesa mesma zona, persoas sen identificar pintaron de negro un sinal de circulación prohibida coa intención de anular a súa función regulatoria.

Na mesma liña, na subida ao Centro de Saúde produciuse o roubo dun número considerábel de plantas acabadas de colocar en zonas axardinadas. Tamén no Centro de Saúde, outro sinal de circulación prohibida foi obxecto de pintadas co mesmo obxectivo de anular a súa función de regulación do tráfico. Trátase do mesmo sinal que substituíu a outros dous que foron roubados por descoñecidos hai varias semanas.

Plantas queimadas logo de ser rociadas con produtos abrasivos

O goberno municipal explica que “é evidente que non se trata de actos de vandalismo gratuíto, senón que teñen unha intencionalidade política”. O executivo local atribúe os danos “á actuación de persoas illadas que son contrarias ás medidas de regulación do tráfico implementadas nesta zona por afectar aos seus intereses particulares. Por iso non é casual que esas sinalizacións sexan precisamente obxecto de roubos e danos”.

O goberno rexeita estas “condutas delitivas” e advirte que “non consentiremos que persoas illadas non respecten as decisións dun goberno democrático e pretendan impoñer pola forza a súa vontade. A Policía Local reforzou a vixilancia na zona e o goberno municipal pide a colaboración cidadá para identificar aos responsábeis da comisión destes delitos, que supoñen ademais un dano económico para o Concello que paga toda a veciñanza cos seus impostos.

Areeiro insiste na necesidade de vixiar as viñas polo mildio e aconsella renovar os tratamentos se aparecen novos síntomas

A Estación Fitopatolóxica Areeiro, centro dependente da Deputación de Pontevedra, vén de lanzar un novo aviso fitosanitario no que insiste nas súas anteriores recomendacións de continuar vixiando as viñas debido á situación de risco para o desenvolvemento do mildio.

O persoal técnico do centro destaca que nas visitas realizadas a diversas viñas da rede de seguimento apenas se detectaron cambios con respecto á situación da pasada semana e que en xeral, todos os predios están protexidos por un tratamento. Pero incide no actual momento de risco de infección polo ciclo da viña e en que a situación climatolóxica cambiante que se produciu nesta última semana pode dar lugar a novos síntomas da enfermidade nos próximos días. Deste xeito, reitera a súa recomendación de revisar as viñas para ver si se detectan novas manchas ou síntomas no acio en formación, sobre todo se xa está próximo a finalizar o período de protección teórico da intervención anterior, en cuxo caso haberá que renovar o tratamento empregando un produto que conteña unha materia activa con efecto curativo.

Síntomas de black rot nunha viña abandonada na zona do Condado. (Click para ampliar)

Doutra banda, o persoal de Areeiro recibiu aviso da aparición de manchas de black rot en diversas viñas do Salnés, aínda que nas visitas realizadas a súa rede de seguimento e a aoytris predios detectouse só a enfermidade nunhas cepas abandonadas de Corzáns na comarca do Condado e tamén algún que outro síntoma illado na viña contigua. Neste caso, desde a Estación Fitopatolóxica sinalan que aínda que non hai funxicidas específicos fronte a este patóxeno, en caso de que se realice unha intervención anti-mildio pódese empregar un funxicida que tamén teña efecto fronte ao black rot, dado o difícil control do fungo responsable desta enfermidade se non se controla ben nas primeiras intervencións.

Respecto a outros parasitos da viña, Areeiro advirte de que a presenza de caracois, ao igual que noutros cultivos e especialmente na horta, segue incrementándose. Tamén empezan a manifestarse síntomas de alteracións de madeira nalgunha viña.

O aviso fitosanitario volveu referirse á bolboreta do buxo. Deste xeito, o persoal de Areeiro indicou que nas sebes revisadas en diferentes zonas apenas se observaron xa eirugas e de feito están a aparecer numerosos gromos novos. Pero aínda con estes datos, existe a posibilidade de que noutras sebes/plantas o ciclo vaia máis retrasado, polo que segue a ser conveniente continuar as revisións por se fora precisa unha nova aplicación

Doutra banda, no caso da maceira, nas plantas revisadas esta semana atopáronse algúns gromos con oídio, os primeiros síntomas de moteado e tamén algunha colonia de pulgón cincento e verde, aínda que en todos os casos tratábase de síntomas pouco importantes.

Por último, o aviso refírese aos cítricos. Areeiro sinala que as temperaturas destes días non son especialmente favorables á brotación, pero nos gromos que hai atopáronse algúns insectos chupadores, especialmente pulgóns e moscas brancas, e apenas psila africana.

O AECT Rio Miño presentará aos fondos europeos un “plan de choque” ambicioso para compensar o peche da fronteira

O AECT Río Miño está a traballar e presentará de maneira inminente un plan propio para reactivar económicamente da fronteira o Río Miño que compense o peche da fronteira con fondos europeos. Así o anunciou hoxe o vicedirector da agrupación, Uxío Benítez, quen valorou positivamente a apertura da raia con Portugal, mais destacou que “hoxe non é un día para conmemorar, senón para reivindicar”.

Benítez recoñeceu que “sempre é mellor abrir un día antes que un día despois”, mais lembrou que o dano económico está feito por estar tres meses coas fronteiras pechadas: “Nesta historia hai persoas que foron directamente perxudicadas e tamén houbo un dano indirecto ao territorio. Iso é o que hai que sinalar”.

Mirando cara o futuro, o nacionalista subliñou que “agora ábrese un novo tempo, o da xustiza e a reivindicación e a reparación dos danos creados”. Confirmou que o AECT vai demandar compensación económica directa para o territorio no que definiu como “un escenario extraordinario” para elo, o creado pola Unión Europea para reactivar economicamente aos estados membros con motivo da pandemia cos fondos europeos do Next Generation.

Toda vez que as fronteiras -nomeadamente a do río Miño- tiveron un perxuízo económico maior que se constatou e probou con estudos científicos realizados pola Universidade de Vigo, Benítez reclamou que no Next Generation ten que haber partidas específicas concretas para reactivar económicamente o territorio. “Se se crean os Next Generation para reactivar os estados membros hai que reactivar doblemente os territorios que foron doblemente danados. “ Esa vai ser a nosa reivindicación”, insistiu.

O deputado lembrou que en breve vaise abrir tamén a execución do Cadro comunitario 2021-2027, no que normalmente xa hai partidas de cooperación transfroneririza. Eses fondos, dixo, tamén deben ter en conta a situación do Miño e incluír partidas específicas para o Miño. “Hai que redoblar esforzos e os recursos económicos da cooperación transfronteiriza na fronteira”, fixo finapé.

Para optar a todos eses recursos europeos, Benítez manifestou que nos vindeiros meses o AECT vai presentar “os nosos propios proxectos, o noso propio plan” para a reactivación da fronteira económica do Río Miño “de maneira ambiciosa”.

Por outra parte, pediu axuda aos estados centrais para que poñan en marcha instrumentos de compensación directa, axudas económicas, ás persoas traballadoras que de media gastaron entre 200 e 300 euros en combustible e perderon o tempo en colas e rodeos durante o peche da fronteira.

A presidenta da Deputación Carmela Silva tamén quixo hoxe manifestarse en relación á apertura da raia. Sumouse ás reivindicacións do territorio miñoto e destacou que hai moita xente que vive da interrelación económicoa de proximidade na zona, unha das máis relevantes da fronteira en todo o Estado. “Cando se toman decisións, hai que ter en conta a realidade dos territorios”, puntualizou Silva.

Cruzar a fronteira, permitido para toda a cidadanía

O AECT Río Miño, en boca do seu vicedirector, manifestou que a súa interpretación dos últimos cambios sobre a fronteira, que segundo dixo, permiten que calquera persoa se pode mover pola fronteira do Miño: “Non só os traballadores, senón tamén as persoas que desenvolven a súa vida cotiá ou queren acceder a todo o comercio transfronteirizo, etc”, dixo.

Explicou que o AECT interpreta que as competencias para rexer a mobilidade na fronteira do Río Miño son de nivel estatal, xa que a Xunta ten competencias para perimetrar fronteiras entre comunidades autónomas, pero non fronteiras entre estados.

Benitez indicou que na mañá de hoxe tratou este tema co director xeral de Relacións Exteriores do goberno galego, Jesús Gamallo, quen corrobourou que a interpretación que fai a Xunta de Galicia é a mesma que a do AECT.

En todo caso Benítez pediu á Xunta que aclare as dúbidas xeradas polas interpretacións e emita un comunicado “porque quedaría todo mellor para que a cidadanía o entendese ben”.

Arbo distribuirá 50 trampas para avespa velutina

0

O Concello de Arbo, para frear a expansión da avespa asiática emprende novamente unha campaña de loita e erradicación da avespa velutina  pondo a disposición dos veciños e veciñas de Arbo, de maneira gratuíta, 50 trampas e 100 botes de cebo, financiadas con cargos aos fondos propios do Concello.

Os interesados que queiran instalar algún destes sitsemas de captura en zonas donde se asente esta especie invasora deberán presentar a correspondente solicitude  nas oficinas municipais do Concello de Arbo, de luns a venres en horario de 8:00 a 15:00 horas.

Esta xa non é a primeira campaña que realiza o Concello de Arbo, coa entrega de trampas, xa en anos anteriores – informa o alcalde do Concello Horacio Gil. Esta é a época para a colocación destas trampas, para evitar a formación de niños  e dende o goberno estamos a disposición dos veciños e veciñas de Arbo e erradicar  coa súa colaboración a proliferación desta especie.

Fernández-Tapias anuncia a renovación das carpinterías exteriores do CEIP da Cruz-Budiño do Porriño

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, anunciou hoxe un investimento de 187.000 euros para a renovación das carpinterías exteriores do CEIP da Cruz-Budiño, no municipio pontevedrés do Porriño.

Acompañado por técnicos da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, entre eles o xefe territorial do departamento autonómico, César Pérez Ares, informou á dirección deste centro pontevedrés das obras de mellora que se van a realizar.

A actuación, segundo detallou, consistirá na substitución das carpinterías e vidreiras exteriores nos edificios de primaria e secundaria, atendendo a unha necesidade real detectada polos servizos técnicos da Xunta. O obxectivo, dixo a delegada, é dotar o CEIP da Cruz-Budiño dunha maior funcionalidade e confortabilidade, ao tempo no que mellora a eficiencia enerxética de ambas as dúas edificacións.

Debido ás deficientes condicións das carpinterías existentes procederase á renovación de todos os elementos, incluídas as persianas cando existan. Deste modo, substituiranse por unhas de material de aluminio natural con rotura de ponte térmico e apertura oscilobatiente e/ou fixa dependendo de cada caso. Asemade, as portas metálicas existentes cambiaranse por outras de aluminio panelado.

No caso das fiestras que por cuestións de altura non podan ser manipuladas serán monitorizadas e nas dos aseos retiraranse as rexas metálicas existentes e colocaranse aireados que permitan garantir unha ventilación permanente. En canto ás persianas serán compactas, con lamas de aluminio en cor similar á carpintería e con sistema de apertura tipo cardan.

Fernández-Tapias cifrou en preto de 900.000 euros as inversións realizadas nos centros educativos do Porriño nos últimos anos, dos que 241.000 euros corresponden concretamente ao CEIP da Cruz-Budiño.

Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica

Por último, a delegada explicou que esta actuación vai aliñada coas directrices do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, unha iniciativa pioneira coa que a Xunta de Galicia busca reforzar un novo modelo de colexios e institutos na etapa poscovid, con espazos máis amplos e saudables, máis accesibles nos que as instalacións educativas estean ao servizo dos proxectos educativos.

O plan, que contempla un investimento de 191M€ para esta lexislatura, será a folla de ruta que rexerá para todas as obras educativas para os próximos anos, sexan de rehabilitación, de ampliación ou de nova construción.

O Concello de Tomiño contrata a 23 persoas desempregadas ao abeiro do Plan Concellos 2021

0

O Concello de Tomiño vén de realizar un proceso de contratación de persoal municipal. As novas incorporacións producíronse ao abeiro da subvención concedida pola Deputación de Pontevedra no marco do Plan Concellos 2021 na súa liña 3, destinada ao “emprego para a conservación de bens e servizos municipais”.

En total foron contratadas 23 persoas desempregadas con contratos que varían entre os 7 e os 9,5 meses de duración, que se foron incorporando gradualmente ao seu posto de traballo durante as últimas semanas unha vez foron concluídos os procesos de selección.

Concretamente foron contratados un soldador de estruturas metálicas lixeiras; unha educadora social; unha bióloga; dous albaneis (un oficial de primeira e outro de segunda); doce peóns de xardinería; un condutor-operador de retroescavadora oficial de segunda; dous electricistas oficiais de primeira; un mecánico de mantemento e reparación de automoción xeral oficial de segunda e dúas técnicas administrativas.

En total, neste importante proceso de contratación foron investidos un total de 287.743,69 euros, dos cales 276.736,29 están subvencionados pola Deputación de Pontevedra, achegando o propio Concello os 11.107,40 restantes.

O que se publica aos efectos de cumprir coas obrigas de publicidade establecidas nas bases reguladoras e convocatoria do Plan Concellos 2021, Liña 3 publicadas no nº 1 do Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) o 4 de xaneiro de 2021.

Nigrán incorporará por primeira vez o Servizo de Atención Temperá para crianzas de 0 a 6 anos con algún trastorno do desenvolvemento

0

O  Concello de Nigrán incorporará por vez primeira no municipio o ‘Servizo de Atención Temperá’ dirixido a crianzas de 0 a 6 anos con algún trastorno transitorio ou permanente no seu desenvolvemento ou en risco de padecelo. Este se ubicará a partir de xullo na antiga Escola de Nenas do Ceán (local municipal sede da entidade veciñal Dunas e que, xenerosamente, autoriza a empregar) e contará cun logopeda, un fisioterapeuta e un psicólogo.

A posta en marcha inicial conta cunha subvención da Xunta de 28.730 € para 1.750 horas de servizo desde o 1 de xullo do 2021 ao 31 de outubro de 2021, asumindo a continuación o Concello a súa financiación co obxectivo de que funcione indefinidamente. A súa presencia en Nigrán permitirá dar verdadeira resposta á demanda do municipio e que as familias deixen de ter que desprazarse ata Vigo, onde a Consellería de Sanidade o ofrece a través da Clínica San Rafael, con lista de agarda.

“Temos a subvención e o local municipal da A.V. Dunas de Nigrán, agora licitaremos o servizo para que poida optar a el unha empresa ou unha entidade social, o noso obxectivo é mantelo como un piar da nosa política ‘Un Nigrán para todos’ “, explica o alcalde, quen recibíu a resolución da Xunta este luns 26 de abril e a califica como unha “boísima nova para o municipio”. “Era unha demanda de moitas familias, educadores e sanitarios e unha prioridade para o Departamento de Servizos Sociais de Nigrán, así que a satisfacción é máxima”, recoñece.

Antiga Escola de Nenas do Ceán

Tal e como se solicitou desde o Concello, o servizo contará cun fisioterapeura a media xornada e un logopeda e un psicólogo a xornada completa. Os pacientes serán derivados a través dos centros de saúde de Nigrán (pediatría), aos que os centros educativos ou ben os propios servizos sociais do Concello tamén poderán recurrir para a petición de diagnóstico, sendo fundamental o seu traballo para a detección precoz dos trastornos ou do risco de padecelos.  Entre os diagnósticos con alta probabilidade de precisar deste servizo para potenciar as capacidades están a gran prematuridade, o dano cerebral, parálises, trastornos do espectro autista, TDAH, trastornos de conducta ou emocionais, sordeira, cegueira, anomalías conxénitas do cerebro… Isto xeralmente implica un retraso no desenvolvemento xeral, da motricidade fina ou grosa, do sistema cognitivo, da linguaxe… Noutros casos, a crianza que  o precisa está nunha situación de vulnerabilidade evolutiva debido a factores de risco biolóxicos, psicolóxicos ou sociais, e, por tanto, con alta probabilidade de desenvolver un trastorno ou retraso no desenvolvemento de non mediar unha intervención temperá. Polo tanto, ditas actuacións non van dirixidas únicamente aos nenos que padecen algún déficit físico, psíquico ou sensorial, senón tamén aos que poden presentar problemas  madurativos ou de adaptación (coñecidos como nenos de alto risco) e aos nenos sen unha patoloxía evidente.

O obxectivo é que o Servizo de Atención Temperá deseñe de xeito multidisciplinar sesións individualizadas que permitan potenciar a capacidade de desenvolvemento e de benestar destes pequenos e das súas familias. “Hoxe en día non cabe dúbida que a detención precoz na primeira infancia é fundamental para mellorar infinidade de aspectos na vida das persoas, por iso o consideramos básico para o Nigrán que estamos a construír”, resume o alcalde.

O delegado da Xunta e a alcaldesa visitan en Tomiño as obras de mellora e seguridade viaria realizadas no cruce do ‘empalme’

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González Álvarez, visitou este medio día, acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Luis López Diéguez, e do xefe territorial da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, José Luis Díez, ás obras de mellora e seguridade viaria levadas a cabo na estrada PO-552 (punto quilométrico 60+300 e 60+700) na intersección coa PO-344 no concello de Tomiño; zona coñecida popularmente coma cruce do empalme, que da acceso ao núcleo da vila.

Na visita, a alcaldesa de Tomiño agradeceu a intervención realizada nun dos puntos negros con maior concentración de accidentes do municipio, e que agora conta cunha rotonda con accesos especiais para buses e vehículos, reordenándose tamén os pasos de peóns, creándose novas beirarrúas e reubicándose as paradas de bus. A acción incluíu, así mesmo, unha zona axardinada deseñada pola paisaxista Sinda Dávila.[su_image_carousel source=”media: 35751,35750,35749″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Executáronse cuñas para o cambio de velocidade nas interseccións de maior tráfico, para facilitar as saídas da estrada ou as incorporacións a ela, e tamén vías de servizo en varios treitos para canalizar os accesos, permitindo os xiros en puntos máis seguros.

Esta actuación enmárcase no Plan de Seguridade Viaria de Galicia da Xunta para intentar reducir ata 2020 os “puntos negros” das estradas de titularidade autonómica.

A obra supuxo a execución de dúas glorietas (unha en Tomiño e outra en Tui) e a mellora dun cruce para reducir a accidentalidade, no punto quilométrico 69+150, en Forcadela.

A rexedora tomiñesa lembroulle ao delegado da Xunta a importancia de que o Goberno Autonómico participe na construción da Biblioteca Municipal de Tomiño, o proxecto de maior envergadura do Concello nos vindeiros anos, que conta xa cos terreos, permisos e proxecto.

Hoxe reabre o túnel do Folgoso na Cañiza da autovía A-52

0

O Secretario Xeral de Infraestruturas, Sergio Vázquez Torrón, presidiu hoxe o acto de reapertura ao tráfico do túnel do Folgoso na autovía A-52, tras a execución das obras de reparación dos graves danos ocasionados por un incendio de gran potencia dun camión portacoches que transportaba oito turismos, acaecido no interior do devandito túnel o pasado 25 de xaneiro.

Acompañáronlle o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o alcalde da Cañiza, Luis Piña, o delegado do Goberno en Galicia, José Manuel Miñones, a subdelegada do Goberno en Pontevedra, M. Carmen Larriba, así como representantes da Garda Civil de Tráfico.

Durante o mesmo, o Secretario Xeral ha querido agradecer o traballo de reparación realizado en tempo récord por todos os axentes implicados, poñendo en valor a conservación da Rede de Estradas, os protocolos de emerxencia existentes nos túneles e os simulacros levados a cabo anteriormente no túnel accidentado.

Vázquez Torrón sinalou o excelente comportamento da infraestrutura danada durante o incidente e a satisfactoria execución do protocolo de seguridade en coordinación co resto de administracións e axentes implicados, que permitiu que non se rexistrase ningunha vítima, nin feridos. Na súa intervención, comentou que durante os anos 2010 a 2014 as instalacións do túnel foron obxecto de traballos de remodelación que permitiron a obtención de altos estándares de calidade en seguridade, mediante un investimento de 26 M€.

Por último, anunciou que, dentro da partida de máis de 300 M€ que o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana ( Mitma) quere dedicar do fondo do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia Europeo á mellora do equipamento dos túneles da Rede de Estradas do Estado, un importe total duns 60 M€ empregarase para túneles situados en Galicia, incluíndo túneles da AP-9, actuando sobre un total de 21 túneles.

Traballos de emerxencia executados para a reapertura do túnel

Desde o día do incidente, a Dirección Xeral de Estradas traballou de forma continua nas tarefas de acondicionamento e reparación do túnel do Folgoso e de todo o equipamento afectado, co fin de abrilo en condicións de plena seguridade para os usuarios no tempo mínimo posible.

Tratouse dunha obra moi complexa, na que tiveron gran importancia todas as instalacións danadas de alto compoñente tecnolóxico que foi necesario repoñer. Entre estas actividades destacan:

  • Reparación e restablecemento do sistema de iluminación do túnel.
  • Reparación e restablecemento do sistema de ventilación, detectores de CO, NON e opacímetros.
  • Reposición do sistema de radiocomunicacións.
  • Reposición de cableado eléctrico e de fibra óptica afectados.
  • Reposición de elementos de sinalización
  • Recableado do sistema de protección contraincendios.
  • Repintado de tubaxe da rede contraincendios e reparación das conducións das bocas de incendio equipadas afectadas.
  • Reparación do sistema de megafonía afectado.
  • Reparación do sistema de cámaras CCTV co seu correspondente cableado.

Ademais, no relativo a obra civil, executouse a reparación do firme do tramo directamente afectado polo incendio e a limpeza de toda a superficie do pavimento do tubo danado e posterior repintado de todas as marcas viarias. Tamén se restituíron os paramentos e procedeuse tanto ao repintado da bóveda do tramo afectado como á limpeza de paramentos e bóveda do tubo completo.

O importe das obras de reparación dos danos ascende a 2,4 millóns de euros.

Falece unha persoa nunha colisión entre un coche sen carné e un camión formigoneira en Tomiño

0

Unha persoa perdeu a vida este mediodía ao colidir frontalmente o coche sen carné no que circulaba contra un camión formigoneira, cuxo ocupante resultou ileso. Segundo a información recollida no 112 Galicia, foi necesario que os Bombeiros do Baixo Miño empregasen o material de excarceración para liberar a esta persoa, que quedou atrapada no interior do vehículo.

O sinistro produciuse na PO-344, á altura do punto quilométrico 1, preto das doce e media.

Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para alertar do accidente e, nada máis ter constancia, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia pasouse o aviso ao persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que, a pesar dos esforzos, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Ademais, desde o CIAE 112 púxose a situación en coñecemento dos Bombeiros do Baixo Miño, do GES da Guarda, da Garda Civil de Tráfico, da Policía Local, de Protección Civil e do servizo de mantemento da estrada.

A Guarda adxudica as obras de mellora na Praza de Abastos

0

O Concello da Guarda ven de adxudicar as obras de mellora da Praza de Abastos da localidade, consistentes na substitución do pavimento interior actual por gres cerámico antibacteriano, a adecuación de dous postos que se sacarán a concurso xunto a outros que se atopan baleiros na planta inferior, e a creación dunha zona de lecer coa apertura da terraza frontal coa intención de que o seu uso se complemente no futuro cos servizos dunha cafetería ou establecemento similar.  

Desde fai case unha década as intervencións para acadar unha mellora das instalacións do mercado teñen sido prioridade para o Equipo de Goberno. Entre estas intervencións atopamos obras e actuacións de diversa índole dirixidas a mellorar:

  • As condicións do edificio (arranxo da cuberta, solución aos problemas de filtracións e humidade, substitución do pavimento da planta inferior, reforma dos baños das escaleiras ou substitución de luminarias por LED).
  • As condicións de traballo dos praceiros e praceiras, así como a satisfacción da clientela (instalación de portas automáticas de cristal para mellorar a sensación térmica, creación de varias zonas de descanso, instalación de fío musical ou construción dunha zona de lavado de utensilios de traballo).
  • A accesibilidade do edificio (instalación do ascensor, creación dunha rampla de acceso na rúa Julián López, construción dun aseo accesible ou a creación de prazas de aparcamento para persoas de mobilidade reducida nas inmediacións).
  • Aspectos estéticos (pintado das paredes, adquisición de mostradores-expositores para os postos de venda ambulante, decoración de Nadal, colocación de lonas decorativas ou renovación das antigas portas de madeira).

O total invertido desde o 2013 nestas instalacións ascende a 332.339,10€ dos cales máis de 80.000€ corresponden a aportacións municipais e o resto proveñen de subvencións a nivel provincial e autonómico.

Unha vez finalizadas estas obras só quedará por levar a cabo a última das fases para a modernización da Praza de Abastos e que consistirá nun proxecto de mellora estética máis acorde a estes tempos. Esta reforma a nivel estético, na que se prevé inverter outros 100.000€, pretende converter un mercado no que xa podemos atopar produtos dunha calidade moi alta, nun espazo no que ademais resulte máis que agradable mercar.

Tui acolle a exposición itinerante sobre Xela Arias ‘Aquela nena de Sarria’

0

A Biblioteca Pública Municipal de Tui acollerá este luns, 3 de maio, ás 13 horas a presentación da mostra itinerante ‘Aquela nena de Sarria’. Trátase dun proxecto desenvolvido polo Colectivo Egeria para dar a coñecer a figura de Xela Arias, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. A mostra conta co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia, e a colaboración do Concello de Sarria e a Real Academia Galega.

No acto do luns está prevista a participación do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, e do presidente do Colectivo Egeria, Xulio Xiz. A mostra poderá visitarse na Biblioteca Municipal até o luns 10 de maio.

Exposición “Aquela nena de Sarria”

Aínda que pola necesaria asistencia sanitaria naceu no lucense Sanatorio Pimentel, no rexistro consta como nacida en Sarria, pois os seus pais eran sarriáns, e vivían na Granxa Escola fundada en Barreiros polo financeiro Antonio Fernández Lopez, da que o pai da nena, Valentín Arias, era director. Xela, ata 1965, viviu en Barreiros, e en Lugo de 1965 a 1969, acudindo a estudar ao Colexio Fingoi, tamén iniciativa do “Fillo de Antón de Marcos”, Antonio Fernández, creador deste especial Colexio do que puxo á fronte a Ricardo Carballo Calero, que o gobernou desde a súa creación en 1950 ata 1965.

A exposición, composta por doce paneis, reflicte o tempo sarrián e lucense de Xela Arias, a súa querenza por Sarria e o rural, o seu vencello co noso idioma, e o empeño en que se recoñecese XELA como o seu nome real. Complétase a mostra con poemas dirixidos a Xela por alumnos/alumnas dos Institutos sarriáns Xograr Afonso e Gregorio Fernández, por poetas de Sarria, e de compañeiras poetas galegas que seguen os camiños que Xela trazou, e un conxunto de “Vilariñas”, especiais micropoemas con imaxes cos que un grupo de membros da Nova Poesía Guitírica honra a Xela no seu Ano.

Complétase a mostra cunha serie de fotografías facilitadas pola familia de Xela, e unha serie de debuxos da pintora lucense Sabela Arias, que conforman un especial complemento ás fotografías que foron o punto de partida da autora para este traballo. A mostra, que ten carácter itinerante, visitou en primeiro lugar os centros educativos do Concello de Sarria, e comeza agora o percorrido polo resto da provincia de Lugo e de Galicia, sendo o último destino ata agora en Santiago, no Instituto Rosalía de Castro.

Máis información: www.aquelanenadesarria.gal

O Concello de Redondela esixe unha resposta “as reiteradas peticións” de vacinar ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar

0

Tan só 17 traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Redondela (SAF), dun total de 50, recibiron a vacina contra a COVID-19, pese a exercer un labor no que, polas súas características, “poden ser contaxiadas ao mesmo tempo que poden ser fonte de contaxio”, sinalou a alcaldesa e concelleira de Servizos Sociais, Digna Rivas.

A rexedora local cualificou de “absoluto desinterese” o amosado por Sanidade “ante as insistentes peticións que, dende o Goberno local, levamos formuladas sobre este delicado asunto”.

Non se pode esquecer que o Servizo de Axuda no Fogar presta un servizo “de capital importancia” a persoas maiores ou dependentes, que precisan de asistencia nos seus domicilios. “Trátase dun contacto directo no que é preciso extremar as precaucións dado que as usuarias e usuarios son, na súa maior parte, persoas maiores e polo tanto de grupo de risco”.

Ao mesmo tempo, sinala o Goberno local, as traballadoras “que cumpren a súa función cunha profesionalidade fora de toda dúbida” de non estar vacinadas corren o risco de contaxiarse e transmitilo logo ao seu entorno próximo laboral ou familiar.

O Goberno local non acerta a entender como, dende a administración sanitaria galega, fánse constantes chamamentos á prudencia e a colaboración dos concellos á hora de previr o avance da COVID-19 “e logo desatenden as máis medidas máis elementais como vacinar a aquel persoal que está en contacto directo con grupos de risco”.

Digna Rivas subliña que o feito que o persoal do SAF “non teña a consideración de persoal esencial e polo tanto, non estea incluído entre o que ten que recibir a vacina para desenvolver a súa labor con total seguridade” deixa en entredito os criterios que se seguen “á hora de decidir que traballadores e traballadoras entran nesa cualificación”.

A rexedora local espera que Sanidade “emende o seu erro e proceda a inmediata vacinación dunhas traballadoras que desenvolven un servizo esencial para a cidadanía”

O PSOE lamenta a redución do número de galegofalantes e lembra a “obriga estatutaria” da Xunta de promocionar o galego

A voceira de Política Lingüística do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de criticar a “falla de vontade política” da Xunta á hora de protexer e promocionar o galego. Fíxoo, hoxe, trala comparecencia do director xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia na Comisión de Cultura do Parlamento.

A dirixente socialista sinalou a falla de estratexia “e mesmo preocupación á vista dos datos” pola situación do galego cando só levou a cabo “accións efémeras no tempo e ningunha de calado” para pór en valor a nosa lingua. Así, Díaz lamentou a redución do número de galegofalantes cando na última enquisa realizada polo Instituto Galego de Estatística, do ano 2018, indicaba que só un 55 % da poboación de Galicia falaba habitualmente galego.

Nesta liña, lamentou que “entre a mocidade xa non se pode dicir que o galego sexa a lingua máis falada porque a porcentaxe de uso entre as persoas de 15 a 29 anos era, no 2018, dun 37 %”, segundo se coñecía antonte trala publicación dun estudio por parte da Real Academia Galega.

Este estudo, sinalou, “apunta que se comparamos eses datos cos do ano 1995, o número de persoas que aprenderon a falar inicialmente en galego descendeu case vinte puntos porcentuais mentres a porcentaxe de bilingües iniciais aumentaba”.

Con todo, a responsable socialista destacou a advertencia do presidente da RAG quen alertou de que o modelo lingüístico vixente no sistema educativo “está consolidando os desequilibrios existentes, no canto de compensalos” e reclamou “medidas de diversa natureza para reverter o retroceso do galego entre a mocidade”.

“A promoción do galego en todos os ámbitos e espazos é unha obriga estatutaria do goberno galego, que debe velar por conseguir novos espazos para a nosa lingua coa intención de darlle máis presenza e garantir así a súa supervivencia nun mundo cada vez máis globalizado”, sentenciou a socialista.

Finalmente, a deputada socialista lembrou que o Consello de Europa “leva anos censurando nos seus informes sobre o uso das linguas minorizadas, a perda de presenza do galego no ensino causada pola política lingüística da Xunta, que non respecta os dereitos das persoas respecto da súa propia lingua”. Por iso, pediu ao goberno gaelgo que detalle “que accións prevé” para “dar cumprimeto ás obrigas que apunta o Consello de Europa no ámbito da educación e tamén da xustiza.

As estradas da Louriña e Condado acollerán a ‘V Challenge Rías Baixas’ de ciclismo os días 8 e 9 de maio

O ciclismo volverá ás estradas das comarcas da Louriña e O Condado os días 8 e 9 de maio cunha nova edición da ‘Challenge Rías Baixas’ que neste ano 2021 cumpre a súa quinta edición organizada polo club ‘Master da Louriña’. A proba, de rango nacional, foi presentada na mañá de hoxe na praza do Arquitecto Antonio Palacios do Porriño, coa presenza do deputado provincial de deportes, Gorka Gómez; o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz; o presidente Club Master Louriña, Juan José Álvarez Cerdeira; e os concelleiros de deportes do Porriño, David Alonso; Mos, José Areal e o concelleiro de Mocidade de Ponteareas, Miguel Bouzó.

A proba contará con tres etapas, unha primeira contrarreloxo de 8 quilómetros en Guláns, Ponteareas; unha segunda etapa en liña de 81 quilómetros con final en Mos e unha etapa final de 85 kilómetros no Porriño.

Juan José Álvarez Cerdeira, presidente do equipo ‘Master da Louriña’, club organizador, amosou o seu convencemento de “chegar a unha participación de 200 corredores como ven sendo habitual” e atribuiu esta resposta ao feito de “saber darlles aos ciclistas o que eles queren”. Álvarez Cerdeira lembrou que na edición de 2020 o gañador da proba fora Jaime Romero quen “pouco tempo despois pasou a profesional e fichou co equipo Caja Rural-Seguros RGA”.

Juan Carlos Muñiz, presidente da Federación Galega gabou o “excelente traballo de promoción de categorías inferiores que realizan clubs como Master da Louriña para sacar e dar a coñecer a futuros ciclistas”.

Pola súa banda Gorka Gómez, deputado provincial de Deportes destacou o “enorme esforzo conxunto dos clubs e das institucións eiquí representadas por sacar adiante a organización de eventos deportivos que ademais xeran unha sinerxia económica”.

Rematou o acto de presentación, David Alonso, concelleiro de Deportes do Porriño que lembrou que dende o ano 1996 o concello porriñés manten un apoio permanente ao ciclismo con achegas que suman un millón de euros. O responsable de Deporte do Porriño expresou o seu convencemento que este ano a ‘Challenge Rias Baixas’ volverá “a dar moito espectáculo tanto na contra reloxo de Guláns como na etapa que rematará no Pazo de Mos e agardemos que na última que acolleremos no Porriño”.

A Xunta remata a mellora da seguridade viaria na PO-552 Tui-Tomiño e elimina os tramos de concentración de accidentes

0

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, vén de rematar coas obras de reforzo da seguridade viaria na estrada autonómica PO-552, no treito entre Tui e Tomiño, consistentes na eliminación dos seus tramos de concentración de accidentes grazas a un investimento, incluíndo as expropiacións e os servizos afectados, de 660.000 €.

Por este motivo, o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, realizou esta mañá unha visita de supervisión nos tres puntos da actuación na compaña dos alcaldes de Tui e Tomiño, Enrique Cabaleiro e Sandra González, respectivamente.

O representante autonómico puxo en valor a importancia deste proxecto, “xa que nos permite seguir avanzando na estratexia da Xunta de eliminar no prazo máis curto os tramos de maior risco das estradas autonómicas e dotar de máis seguridade a unha vía cun tráfico denso e que discorre por moitos núcleos de poboación, beneficiando de xeito directo aos máis de 30.000 veciños de Tui e Tomiño”.

Luis López co alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro

As obras realizadas consistiron, principalmente, na construción de dúas glorietas: unha no punto quilométrico 71+000 coincidindo co cruzamento da PO-552 coa PO-350 e outra no punto quilométrico 60+600 na actual intersección coa PO-344 de acceso ao casco urbano de Tomiño. Así mesmo, neste segundo punto dotouse un treito de 400 metros de lonxitude de cuñas de incorporación.

A terceira gran actuación deste proxecto acometeuse no punto quilométrico 69+150 cunha mellora da súa intersección a través do ensanchamento dos carrís centrais cunha modificación das marcas viarias e a renovación do firme.

Os traballos complementarios centráronse na reordenación dos pasos de peóns e o seu reforzo lumínico con detección de viandantes, o alumeado das glorietas con ata 44 báculos instalados nos seus aneis centrais, a creación de beirarrúas no perímetro das novas rotondas conformando un itinerario peonil seguro nestas contornas, a recolocación das paradas de bus e a dotación de seis marquesiñas, o reforzo e redeseño da sinalización e o balizamento con 108 fitos verticais e 425 captafaros de dobre cara, así como a extensión dunha nova capa de rodaxe en todos os tramos beneficiarios.

O delegado territorial da Xunta, acompañado pola alcaldesa de Tomiño, percorre a zona na que se realizaron as obras de mellora da seguridade viaria

Durante a visita, o delegado territorial quixo destacar a “forte aposta” da Xunta de Galicia pola modernización das infraestruturas no Baixo Miño, xa que, ao remate desta obra, hai que engadir o impulso da Xunta ao novo treito da VAC, entre o polígono de Areas e a autovía A-55, que supón un investimento de máis de 21 millóns de euros. Así mesmo, referiuse á a renovación do firme e das sendas da PO-552 ao seu paso por Oia, O Rosal e A Guarda, que está en fase de contratación por 1,8 millóns de euros.

“Creo que un investimento de máis de 20 millóns de euros demostra claramente o compromiso do Goberno galego coas infraestruturas dunha bisbarra periférica á que queremos dotar das mellores condicións de mobilidade para seguir incrementando a calidade de vida dos seus máis de 50.000 habitantes”, significou Luis López.

O Rosal traslada ao delegado territorial da Xunta as necesidades do municipio

0

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, mantivo este xoves xunto a varios concelleiros unha reunión de traballo co delegado territorial da Xunta de Galicia, Luis López, un encontro institucional no que o Goberno municipal aproveitou para trasladar ao delegado as necesidades de mellora detectadas no concello en diferentes eidos como a educación, o transporte público, a sanidade, a dependencia ou as infraestruturas.

Neste sentido, a rexedora explicou a aposta do Concello pola recuperación patrimonial das escolas unitarias do Rosal, nas que se está levando a cabo un proxecto de piloto de rehabilitación enerxética co obxectivo de reducir custos de enerxía e contribuír á protección do medio ambiente. Afondando neste mesmo eido educativo, Ánxela Fernández expuxo ao delegado territorial as necesidades de transporte ás que se enfronta o CRA María Zambrano para poder ofertar o servizo de comedor. “É unha problemática que xurde dunha nova realidade, como é a da necesidade de implementar o servizo de comedor no CRA. O Concello subvenciona o 25% deste transporte e a ANPA está a facer un importante esforzo para levar adiante o servizo, por iso solicitamos á Xunta que colabore con esta cuestión na que ten plena competencia”, salienta a rexedora.

Durante a reunión, alcaldesa e concelleiros tamén abordaron os importantes desaxustes que está a sufrir o Rosal no transporte público. Dende o Concello xa deron traslado á Xunta das incidencias detectadas no municipio, como os problemas que está a padecer o alumnado que estuda no IES A Sangriña ou as eivas na comunicación dos distintos barrios co núcleo urbano do Calvario e A Guarda, entre outros.

Outros dos temas abordados durante o encontro con Luis López foi a situación da sanidade no municipio, que se enfronta a importantes necesidades en atención primaria agravadas nos últimos meses pola situación sanitaria actual. Como xa lle trasladara á Consellería de Sanidade, Ánxela Fernández lembrou os problemas cos rateos de persoal sanitario, a falta de infraestruturas e espazo e a necesidade dunha mellora urxente nos equipamentos.

A alcaldesa quixo trasladar tamén ao delegado territorial a realidade á que se enfrontan os municipios no campo da dependencia, un servizo de vital importancia cun importante incremento de prezo que están a asumir por enteiro os concellos. “Dende o Goberno local temos clara a necesidade de apostar por mellorar este servizo, que para nós é fundamenta. Este ano incrementamos o número de horas e asumimos a diferenza de custos cun aumento na partida destinada nos orzamentos municipais”, explicou.

Por outra banda, na reunión tamén se solicitou a continuidade da senda peonil da estrada PO-353 cun segundo treito que vaia dende Marzán ata Fornelos.

A alcaldesa agradeceu a visita do delegado territorial e amosou o seu compromiso de colaboración coa institución autonómica.

Conclúe a xornada da Escola María Vinyals sobre as mulleres e a Axenda 2030

Cun chamamento unánime á necesidade de que as mulleres opinen, valoren, traballen e decidan na implementación da Axenda 2030 rematou en Pontevedra a dobre xornada da Escola María Vinyals sobre o liderado das mulleres da administración pública no compromiso cos ODS, que contou coas intervencións on line da vicepresidenta do goberno de España e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, e da presidenta do Consello de Estado, María Teresa Fernández de la Vega.  Na xornada, organizada pola Deputación en colaboración coa USC, e que contou cun auditorio virtual total de máis de 600 persoas, unha vintena de relatoras debateron sobre as dificultades das mulleres para ter o “protagonismo imprescindible ante un dos retos máis relevantes que ten o planeta

“Non haberá cambio de paradigma económico, social, medioambiental se a metade da poboación non estamos plenamente integradas e participando activamente nese cambio”, asegurou Carmela Silva na apertura. “Nada se cumprirá da Axenda 2030 se a metade do mundo que somos nós, as mulleres, non estamos integradas nos 17 ODS”.  A presidenta fixo fincapé nos datos da presenza das mulleres no mundo local e na administración autonómica “absolutamente inxustos. A sociedade non se pode permitir perder o talento que aportamos e por iso temos que cambiar estes datos para mellorar as administracións porque, deste xeito, estaremos tamén mellorando a vida da xente”. Citou así, que en Galicia o 71,4% das persoas funcionarias son mulleres pero, sen embargo, hai 34 homes en altos cargos fronte a 23 mulleres, 44 homes na alta dirección de entes instrumentais fronte ás 21 que ocupan mulleres, 4 delegados provinciais fronte a 1  muller. Datos irrisorios tamén  no mundo local  no que só o 18% dos concellos galegos teñen unha  alcaldesa, 14 de 61 na provincia; ou que soamente hai 6 presidentas das Deputacións . A presidenta lembrou no obstante que si se toman decisións valentes as cousas son distintas citando o caso da propia Deputación de Pontevedra: “o persoal funcionario é unha maioría aplastante de mulleres, pero tamén son maioría as directivas, 14 fronte a 13 homes”. En canto ao persoal político da institución provincial, a corporación está formada por 14 homes e 13 mulleres e o goberno por 9 mulleres e 7 homes.

A vicepresidenta do Goberno e ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, recordou na súa intervención o papel fundamental das mulleres na pandemia, e subliñou que “a igualdade é fundamental dende o punto de vista da xustiza social, pero tamén do económico. Non hai esfera socioeconómica que sexa posible manter se non se basea na igualdade de oportunidades”. Deste xeito, dixo, “sen igualdade non é viable a Axenda 2030” porque “non é posible cubrir os ODS sen a presenza activa e o protagonismo das mulleres”. Pese a elo, Ribera destacou que hai “teitos de cristal, vocación de apartar, de converter ás mulleres en obxecto máis que en suxeitos, en participantes máis que en protagonistas das súas decisións”, e apelou á importancia de “que haxa espazos ao menos na mesma proporción que as mulleres representan no conxunto da sociedade”.

Ribera destacou que na administración seguen a existir “grandes diferencias” e mencionou ámbitos “que aínda contan cun nivel de masculinización moi elevado, que requiren un compromiso activo e medidas proactivas para romper esa fenda e facilitar a igualdade”. Por elo, rematou cun chamamento a “non renunciar ás cimas que se foron conquistando ao longo de décadas” e a “seguir traballando por aqueles espazos que quedaron no ángulo morto, cun retrovisor que debemos volver enfocar mirando cara ao futuro”.

A clausura contou coa presidenta do Consello de Estado, Mª Teresa Fernández de la Vega, para quen o ODS central “ten que ser o número 5, a igualdade entre xéneros para empoderar ás mulleres e ás nenas”. Incidiu en que a pesar do carácter transversal da Axenda 2030, o seu denominador común “é a participación real, efectiva e igualitaria das mulleres. “O día –apuntou- en que sexamos capaces de asegurar a participación plena e efectiva das mulleres e a igualdade de oportunidades de liderado a todos os niveis de decisión, xa teremos acadado o ODS 16, que é o de promover sociedades xustas, pacíficas e inclusivas”. De la Vega engadiu que sen a implicación de todos os sectores, desde as administracións estatal e locais, do seu persoal e, en definitiva, da sociedade, é absolutamente imposible a implementación da Axenda 2030. “Hoxe –subliñou- non necesitamos acumular, necesitamos construír movemento social. Necesitamos riqueza en tempo e vínculos sociais. E dar un novo sentido á vida boa, con dignidade humana, tratando ben á terra e reconciliando natureza e cultura. E isto crédeme, é o que mellor sabemos facer as mulleres. As mulleres somos as gardiás da biodiversidade, o levamos no noso ADN. Cando se nos dan opcións de exercer o liderado o facemos con todas as consecuencias”. A presidenta do Consello do Estado felicitou á Deputación polo seu compromiso neste eido, “cuxas políticas nos dan gran sopro de esperanza”, especialmente ás de igualdade, nun momento en que a pandemia “nos afectou de maneira desproporcionada ás mulleres”. “Sei e coñezo ben que a vosa última diagnose sobre a implementación da Axenda 2030o na Deputación chegaba ao 91%. Non dubido –sinalou dirixíndose a Carmela Silva- que conseguirás chegar ao 100%”.

A clausura tamén contou coa participación da avogada xeral do Estado, Consuelo Castro, quen incidiu na necesidade de aplicar a “corresponsabilidade”. “As persoas que ocupemos postos de mando, que poidamos influír na toma de decisións, deberiamos estar involucradas e interesadas en que a sociedade e a administración se encamiñe nesta dirección”. Trala súa intervención, a presidenta Carmela Silva pechou o acto agradecendo ás relatoras “que aportaron tanto nivel, coñecemento, ideas, reflexión, análise, datos, visibilización, empoderamento e moitas propostas para transformar o mundo”. A presidenta anunciou, en canto as circunstancias sanitarias o permitan, a celebración dun gran congreso presencial da Escola María Vinyals no Castelo de Soutomaior, que abordará a administración pública con mulleres do eido local, autonómico e estatal, e da universidade, “porque temos que ocupar o espazo público”.

As Mesas da Xornada

A xornada, presentada pola directora da Cátedra Iberoamericana da USC, María Cadaval, e dirixida por María Xosé Rodríguez Galdo, contou con dúas mesas de debate. Na primeira, sobre “O liderado feminino na Administración e o seu avance cara unha igualdade real”, moderada pola Valedora do Pobo, Dolores Fernández, participaron a directora de Orzamentos da OCDE, Ana José Varela, a presidenta da Asociación de Mulleres no Sector Público, Concepción Campos, e a titular da Asesoría Xurídica do Concello de Vigo, Margarita Pajaró. As relatoras apelaron a dificultades como o “síndrome da impostora” á hora de optar aos cargos, á invisibilidade, ao “traballo non pagado”, e á corresponsabilidade. Amais, afondaron na necesidade da transversalidade da igualdade nas políticas públicas e na importancia de establecer redes de networking e sponsorización de mulleres, de apostar pola formación, e por converter ao sector público en “exemplarizante” reforzando o papel das mulleres na dirección pública e incorporando a perspectiva de xénero á súa regulación: “Non haberá institucións inclusivas, xustas e transparentes sen a participación das mulleres, se as mulleres non formamos parte da toma de decisións e das altas estruturas da administración pública”.

A segunda mesa, sobre “Cidades sostibles: un reto para o liderado feminino no mundo local na procura de institucións sólidas” estivo moderada pola directora da xornada María Xosé Rodríguez Galdo e participaron Ana Oregui, concelleira de Vitoria-Gasteiz, Amalia López, xornalista especializada en comunicación na administración pública local, e Inmaculada Viña, interventora da administración local e directora do ORAL da Deputación. Todas amosaron a súa convicción na necesidade de incorporar a perspectiva de xénero e o concepto de sustentabilidade ás políticas locais apostando por unha “visión diferente das cidades e do mundo” como o “enfoque transformador” da Axenda 2030.

O campamento urbano Gondoverán 2021 abre o prazo de inscrición

0

O Centro de Información á Muller (CIM) da Concellería de Igualdade, dirixida por Nuria Lameiro, informa que se pon en marcha unha nova edición do campamento urbano Gondoverán coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

O seu obxectivo é o de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo en horario de 9 a 14h con posibilidade de 8 a 15h, ao tempo que se potencia o desenvolvemento integral da nena/o a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento do entorno próximo, dende unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

Como novidade este ano poderase solicitar por quincena ou todo o mes completo.

Contarase con 100 prazas para rapaces e rapazas que teñan o seu empadroamento no Concello de Gondomar nados entre os anos 2008 (non poderán facer 13 anos antes da finalización do campamento) e 2018 (deberán ter feitos 3 anos ao inicio do campamento) e cuxos proxenitores sexan persoas traballadoras en activo (por conta allea ou propia). En caso de quedar prazas libres serán admitidos/as doutros concellos, con preferencia de aqueles cuxos proxenitores ou titores/as legais sexan persoas traballadoras no municipio de Gondomar. Estas prazas serán adxudicadas por orde de entrega de documentación a través do Rexistro no Concello ou na sede electrónica.

A inscrición realizarase do 3 ao 13 de maio a través do Rexistro Xeral do Concello de luns a venres en horario de 9.00 a 14h ou ata as 23.59h do 13 de maio a través da Sede Electrónica.

Para calquera dúbida as persoas interesadas poderanse dirixir ao CIM, na Casa da Cultura, no teléfono 986 389 355 ou no seguinte correo electrónico: [email protected].

Mondariz proxecta “La hora bruja” para inaugurar o novo equipamento audiovisual do Auditorio

0

O Concello de Mondariz inaugura este venres, 30 de abril, o novo equipamento audiovisual que instalou no Auditorio do Centro Social cun filme que, malia non ser unha produción galega, está moi vencellado ao lugar porque se rodou alí: “La hora bruja” (Jaime de Armiñán, 1985).

“Queriamos que este filme fose o primeiro desta nova etapa do Auditorio como espazo multiúsos habilitado para proxeccións cinematográficas porque moitos veciños e veciñas participaron como extras durante a rodaxe e foi unha experiencia que quedou na memoria do pobo”, comenta o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros.

“La hora bruja” está protagoniza por actores e actrices de renome como Francisco Rabal, Concha Velasco, Victoria Abril e Sancho Gracia. Mondariz é unha das localizacións do filme, que conta a historia dunha parella (Francisco Rabal e Concha Velasco) que vai de feira en feira proxectando películas e ofrecendo espectáculos de maxia, atopa unha moza sen rumbo (Victoria Abril) e a acolle na súa caravana, dando pé a un drama costumbrista sobre as relacións persoais. Tanto Francisco Rabal como Concha Velasco recibiron premios pola súa interpretación no Festival de Valladolid, e o filme foi candidato a representar a España nos Premios Óscar de 1986.

O equipamento audiovisual instalado no Auditorio do Centro Social consiste nunha pantalla automatizada de grandes proporcións (6×5 metros) e nun proxector de alta calidade valorados conxuntamente en 9.680€. Trátase dun investimento financiado polo Plan Concellos 2020 da Diputación de Pontevedra que busca convertir o Auditorio nun espazo multiúsos que permita programar proxeccións cinematográficas con maior regularidade, especialmente nos meses de outono e inverno, cando as condicións meteorolóxicas dificultan programar actividades culturais ao aire libre. A instalación dunha pantalla automática que se pode recoller, ademais, non compromete a realización doutros eventos e espectáculos.

A partir do 1 de maio, ciclo de cinema galego

Unha vez inauguradas, as novas instalacións do Auditorio do Centro Social de Mondariz acollerán durante o mes de maio un ciclo de cinema galego contemporáneo titulado “O noso cine”. Entre as catro películas programadas figuran longametraxes de ficción para adultos como “Ons” (1 de maio, ás 20:00 horas) e “A praia dos afogados” (22 de maio, ás 20:00 horas) e longametraxes de animación para nenos e nenas, como “A galiña Turuleca (9 de maio, ás 18:00 horas) e “Maimiño e o espello máxico” (30 de maio, ás 18:00 horas).

Este ciclo de cinema galego está incluído na intensa programación cultural do Concello de Mondariz para o “mes da lingua”, onte tamén atopamos varios eventos literarios como a presentación do libro “A música e Mondariz” (8 de maio, 20:30 horas, no Auditorio do Centro Social); unha homenaxe á poeta Xela Arias con motivo das Letras Galegas 2021 (15 de maio, 20:00 horas, nos Xardíns do Concello); un espectáculo de teatro, música e humor titulado “Tirando pola lingua (17 de maio, 20:00 horas, no Auditorio do Centro Social); e a presentación do libro “Non te amola!”, de Xela Arias (29 de maio, 20:00 horas, na Biblioteca Pública Municipal). Todos os eventos serán gratuítos, con entrada libre até completar aforo.

O Concello do Porriño solicitará á Xunta o deseño e execución dun Plan de Vixilancia Ambiental da Actividade Mineira

O Concello do Porriño solicitará á Xunta de Galicia o deseño e execución dun Plan de Vixilancia Ambiental da Actividade Mineira. O acordo, adoptado por unanimidade pola corporación local no pleno municipal de abril celebrado onte, xurdiu a instancias do grupo EU SON que presentou unha moción con esta proposta referida á actividade mineira na parroquia de Budiño. Durante o debate da mesma, engadiuse que o devandito Plan de Vixilancia Ambiental tamén chegue ás explotacións mineiras de Atios, Chenlo e Cans.

Segundo a proposta aprobada, solicitase á Consellería de Medio Ambiente que o plan teña como obxectivo fundamental “non só verificar o cumprimento dos condicionamentos establecidos nas concesións de explotación e de restauración, senón tamén a súa suficiencia para garantir o normal desenvolvemento da vida das persoas en condicións de seguridade e salubridade; e con relación ao medio ambiente, o control dos verquidos, escorrentías e calquera tipo de contaminación das augas.

Por outra banda, neste pleno municipal aprobouse xerar un suplemento de crédito con remanente de tesourería para aboar, por un lado, 415.000 euros ao Organismo de Recadación da Administración Local (ORAL) e, doutro lado, 6.121 € en sentenzas xudiciais. O acordo acadouse cos votos a favor de PSOE, BNG, EU SON e UDDL e as abstencións dos concelleiros do PP. 

Maio chega ao Rosal cargado de actividades

0

Maio chega ao Rosal cargado de actividades culturais de balde para todos os públicos: monicreques, música, unha exposición e mesmo un espectáculo de tradición oral e palabras cruzadas con tres recoñecidos narradores. A primeira cita será este domingo 2 de maio ás 19.00 horas no Auditorio Municipal rosaleiro, onde o público poderá desfrutar do espectáculo de monicreques de Tarabelos ‘O traxe novo do rei’.

Retallos dos contos de sempre con esta historia sobre un traxe especial para un rei especial, un traxe novo e máxico que prometía ser un capricho inigualabre e unha ferramenta perfecta para saber o nivel de intelixencia de calquera habitante da corte. Pero… funcionará? Xa se pode reservar entrada na web municipal para descubrir como remata a historia.

O domingo 9 de maio será a seguinte cita na axenda cultural coa celebración do Concerto 35 aniversario organizado pola Agrupación Musical do Rosal. Será ás 18.00 horas na Praza do Calvario. Neste mesmo escenario desenvolveranse as actuacións musicais do luns 17 de maio (19.00 h), nas que participará o Coro infantil da Agrupación Musical do Rosal, Orballo e Lirolai.

A última actuación terá lugar o domingo 23 de maio e correrá a cargo de Quico Cadaval, Celso Sanmartín e José Luis Gutiérrez, Guti.  Os narradores protagonizarán ‘Tres vellas (polo menos)’, un espectáculo no que compartirán co público as historias que lles contaron a eles varias vellas, fermosas narracións de mulleres sobre mulleres coas que se busca rescatar o relato daquelas persoas de idade avanzada ás que moitas veces se lle nega a voz para que a súa memoria, sabedoría e esencia non se perda. Terá lugar no Auditorio Municipal ás 19.00 h.

As actividades completaranse cunha exposición das láminas da escritora, poeta e tradutora Xela Arias, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas. A mostra poderá vese na Praza do Calvario do 10 ao 23 de maio.

Todas as actuacións terán aforo limitado e desenvolveranse cumprindo con todas as medidas e protocolos de seguridade marcados polas autoridades sanitarias.  

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, renuncia por razóns de saúde

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, anunciou no día de hoxe a renuncia ao seu cargo por razóns de saúde. Dende o pasado mes de decembro, Cristina F. Davila (BNG) viña ocupando a alcaldía como consecuencia da baixa de Represas por enfermidade.

A renuncia de Represas conleva a celebración nos vindeiros días dunha sesión de investidura para a elección de novo alcalde ou alcaldesa.

O Goberno local do BNG e PSOE desexou ao alcalde a súa recuperación e transmitíronlle o seu ánimo e o seu afecto nestes intres complicados.

Se somete a información pública o proxecto de mellora da seguridade viaria do antigo trazado da estrada PO-400, no concello de Arbo

0

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto de acondicionamento e mellora da seguridade viaria do antigo trazado da estrada PO-400, no concello de Arbo.

O obxectivo desta actuación de reforzo da seguridade viaria é o acondicionamento e mellora do trazado antigo da citada PO-400 mediante a rehabilitación do firme e a execución de beirarrúas e sendas nos treitos urbanos, así como o acondicionamento das interseccións inicial e final da estrada e a creación dunha rotonda na contorna do punto quilométrico 24 da estrada actual.

Este proxecto conta cun investimento de preto de 1,2 millóns de euros e precisa da expropiación de 62 predios, cun orzamento estimado en 72.000 euros.

As persoas que o desexen poderán formular observacións e achegas ao proxecto desde mañá e ata o vindeiro día 14 de xuño. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información deste procedemento: https://xurl.es/k74o4.

Máis en detalle, o proxecto do departamento de Infraestruturas da Xunta inclúe  a execución dun novo tramo de conexión, desde a antiga estrada ata a citada glorieta proxectada no punto quilométrico 24+000 da actual PO-400, así como o acondicionamento do acceso á glorieta proxectada, desde a estrada que discorre en dirección ao núcleo do Picoto.

Tamén se prevé a execución dun carril de parada de autobús e colocación dun refuxio no punto quilométrico 24+240 da PO‐400, e a construción dunha zona de aparcadoiro entre os puntos quilométricos 1+250 e 1+300 da PO‐400A.

Destaca tamén na intervención, a mellora da seguridade peonil no antigo trazado da PO‐400, mediante a execución dun itinerario peonil cun ancho de 1,80 m, incluído bordo, e unha rígola de 0,30 m entre a estrada e dito bordo, na maioría do seu trazado.

A Guarda acolle o Ciclo de concienciación medioambiental “Sostendo o futuro”

0

O Concello da Guarda pon en marcha un ciclo de actividades coa finalidade de tomar conciencia en torno aos valores de sostebilidade e coidado da nosa contorna. Para este fin escolléronse actividades de diferente natureza que nos axuden a preguntarnos, dende diferentes posicións, sobre o noso día a día e a consecuencia de accións cotiás e insignificantes aparentemente.

A primeira das actividades terá lugar o sábado 8 de maio ás 19:30h no Centro Cultural da Guarda e será a proxección do filme “O que Arde”, do director franco-galego Oliver Laxe, que nos traslada á importante problemática da xestión forestal e dos incendios que cada verán asolan os nosos bosques. E como a finalidade é xerar conciencia e aprender con estas actividades, a proxección do filme irá seguida dun breve debate no que analizar co público as diferentes temáticas que se abordan no filme. Inscrición previa en [email protected]

Para o venres 21 de maio, a proposta será unha charla a cargo de Amigos da Terra que terá lugar ás 20:00h no Centro Cultural e que tratará sobre a necesidade de cambiar o noso actual modelo de consumo de “usar e tirar”, por un modelo que se achegue o máximo posible aos principios da economía circular, que procura o alongamento da vida útil de bens de consumo como os aparellos electrónicos ou a roupa. Esta charla será impartida tanto nos centros educativos de primaria do municipio, onde terá lugar en horario de mañá, como no Centro Cultural para o público xeral en horario de tarde. Amigos da Terra é unha organización que ten entre os seus obxectivos protexer o medio ambiente e promover alternativas baseadas no desenvolvemento sostible. Inscrición previa en [email protected]

O sábado 5 de xuño é o día do Medio Ambiente e para conmemoralo optouse por unha actividade que divulgue a nosa contorna mais inmediata: as nosas árbores. Cada día paseamos pola nosa vila e descoñecemos as características e singularidades dos nosos xardíns, polo que este roteiro busca por en valor o patrimonio natural da nosa vila da man de A Jalleira, asociación forestal e de educación ambiental que conta con gran experiencia neste ámbito.

Debido ás limitacións de aforo o roteiro realizaranse dúas actividades o sábado 5 de xuño en horario de 18:00h a 20:30h e o domingo 6 de xuño en horario de 10:00h a 12:30h. Inscrición previa en [email protected]

Xa para pechar este ciclo e ás portas do verán, chega unha proposta infantil coa compañía “Títeres Entucasa” sobre a contaminación das nosos océanos, concretamente de como o incremento dos plásticos afecta ao plancton e aos cambios no hábitat das especies mariñas. A representación de “Plancton” será o sábado 19 de xuño na Praia do Muíño, ás 18:00h. Inscrición previa en [email protected].

O AECT Río Miño pide que o fin do estado de emerxencia en Portugal conleve a apertura da fronteira

O AECT Río Miño, en boca do seu vicedirector Uxío Benítez, pediu hoxe aos gobernos español e portugués que a decisión de poñer fin ao estado de emerxencia portugués conleve a apertura da fronteira de maneira inmediata.

Segundo apuntou Benítez, para o territorio transfronteirizo do Río Miño a decisión e o anuncio que debe facer o Estado Portugués non é tanto relativa ao estado de emerxencia en vigor dende o 9 de novembro, senón sobre a apertura formal das fronteiras, xa que o peche  vai cumplir tres meses nos vindeiros días. “Non tería ningún sentido que se anuncie a non renovación do Estado de Emerxencia e non leve parella a apertura”, subliñou.

Ademais, o vicedirector destacou que o AECT, a estas alturas, non vai celebrar o feito de abrir a fronteira en si mesmo, toda vez que “entendemos que levamos tres meses nunha ruína por unha decisión política equivocada que está a xerar un prexuízo económico”. De feito, o nacionalista esixiu aos gobernos o anuncio de medidas concretas para compensar aos territorios como o do Miño que sufriron un grave deterioro económico por duplicado, tanto pola pandemia en si, como polo feito de estar nunha ubicación transfronteiriza.

Ademais de pedir públicamente a apertura da fronteira Benítez deu a coñecer que o AECT, co fin de chamar a atención de todas as institucións, instalou unha gran pancarta reivindicativa na Ponte da Amizade entre Tomiño e Cerveira na que se pode ler ‘EU Help. Open de borther’, en relación á necesaria chegada de fondos europeos para reactivar a economía da zona. O estudo do impacto socioeconómico encargado polo AECT Rio Miño á  Universidade de Vigo sobre o primeiro confinamento e o peche da fronteira entre Pontevedra e Portugal revelou que se producirá unha caída do Produto Interior Bruto de máis de oitenta millóns de euros nos 26 concellos do territorio transfronteirizo do Miño só nese periodo. A caída derivada do efecto fronteira no comercio foi dun 14,18% sobre o efecto do confinamento, e na hostalaría e restauración foi dun 16,53%. Os expertos, que xa están a traballar cos datos do peche de 2021, sinalan que o efecto e a baixada do PIB será moito maior neste exercicio.

O Goberno provincial rexeita a moción do PP sobre a reforma da piscina da Cañiza

0

O goberno da Deputación de Pontevedra rexeitará no pleno deste venres a moción do grupo popular, en palabras do portavoz Carlos Font, na que solicita á institución provincial a firmar un convenio para acometer a reforma da piscina da Cañiza. Font cualificou de “vergoñenta” a actitude do deputado do PP que a presenta, “que cando foi alcalde da Cañiza fixo unha xestión intolerable coa piscina, unha dotación que se realizara anos antes sen ni sequera estudios de viabilidade, e que con el na alcaldía supuxo unha bola de neve de facturas impagadas e débedas que durmiron durante anos no caixón, deixando un concello afogado que herdou a actual corporación municipal”.

De feito, o grupo socialista presenta unha emenda, “para tentar salvar o pouco que se pode salvar desta moción, dixo Carlos Font, aínda que o mellor que podería pasar é que o PP a retirara”. Na emenda, lembran ao Partido Popular que a Deputación ten un modelo regrado de distribución de recursos aos concellos, con criterios obxectivos e que, polo tanto, ”se o PP considera prioritaria a reforma da piscina”.

Font cualificou de “hipócrita” a actitude do entón alcalde, hoxe deputado, “que cando o PP gobernaba na Deputación non fixo unha soa petición para arranxar a piscina”. O portavoz lembrou os números, “moito máis que vermellos nos que Domínguez deixou ao concello da Cañiza con máis de 4 millóns de euros en facturas sen pagar”, e recordou que a piscina non parou de xerar perdas nos 8 anos no que o foi alcalde, perdas que alcanzaron case o millón e medio de euros nos nove anos anteriores á pandemia ata o peche da instalación en 2020.

Carlos Font criticou tamén que “esta mesma moción xa a presentou e foi rexeitada no concello da Cañiza, onde Domínguez é oposición, que é onde teñen que tratarse as prioridades dos concellos”.

O deputado rematou lembrando os investimentos do actual goberno da Deputación na Cañiza, un total de 6,8 millóns de euros, que supón a maior inversión provincial na vila de toda a historia, na liña da institución que é líder entre as Deputacións de todo o estado en transferencia de recursos aos municipios. Tamén destacou os números do Plan Concellos coa vila do Condado. “Case 2,8 millóns de euros aos que hai que engadir os proxectos do Plan de Reequilibrio e do Plan  DepoRemse. E todo regrado e obxectivo, con cero euros de libre disposición”, rematou.

O Concello de Nigrán ofrece o concerto da pianista Brenda Vida ao abeiro da programación do ‘Mes das Letras Galegas’

0

O Concello de Nigrán abrirá este sábado co concerto da pianista Brenda Vidal (Auditorio Municipal, 20:00 horas) a súa programación especial de maio, o mes das Letras Galegas. A actividade sociocultural destas catro semanas será intensa e variada adaptándose á realidade sanitaria de cada momento, continuando o sábado 8 cun concerto de voz e piano en homenaxe ás vítimas de Covid-19 a cargo da mezzosoprano Nuria Lorenzo e o pianista Alejo Amoedo.

Unha selección de curtas do Festival Internacional de Curtamextraxes de Bueu (13), a presentación do derradeiro libro de Carlos Méixome ‘Cartas na Memoria. A persecución franquista no Val de Miñor’ (14), cine na rúa en Chandebrito con ‘A Esmorga’ (22) ou o concerto de ‘Cromosóns’ (29) completan esta programación na que se rendirá homenaxe a Xela Arias o día 15 cunha charla-coloquio e o concerto especial de ‘Xardín desordenado’. A tradicional ‘Festa da Bicicleta’ do día 17 de Maio tamén se celebrará cunha marcha polo litoral do municipio (Panxón-Lourido, ida e volta).

“É unha programación moi diversa, adaptada a todos os gustos e na que, como é tradicional, adicamos unha xornada á persoa homenaxeada pola Real Academia Galega cada ano, neste caso Xela Arias. Ademais, mantemos a celebración da tradicional Festa da Bicicleta cunha pequena marcha  polo litoral entre os veciños que desexen participar, sendo ao aire libre e mantendo as normas consideramos que é unha actividade segura e saudable”, indicou o alcalde, Juan González.

Concerto de Brenda Vidal

A pianista Brenda Vidal, directora do Conservatorio de Música de Gondomar, ofrecerá un concerto con pezas de Bach, Mozard, Chopin, Prokofiev e Eduardo Soutullo.  Cun currículo extensísimo, Vidal participa a cotiá en numerosas agrupacións orquestais e camerísticas, como a Orquestra Sinfónica Vigo 430, Orquesta Sinfónica do Algarve, Orquesta Filarmónica Ciudad de Pontevedra, Orquesta Clásica de Vigo, Banda Municipal de Pontevedra, etc. É membro fundador da formación lusa Quarteto Contratempus, adicado á opera de cámara contemporánea, e ten actuado en grandes salas e auditorios de toda Europa. O programa do concerto en Nigrán e o seu C.V. está a disposición dos interesados na páxina web do Concello.

Tomiño concederá subvencións por valor de 90.000 euros a asociacións sen fins de lucro

0

O Concello de Tomiño concederá un ano máis subvencións a asociacións sen fins de lucro, que realizan actividades no ámbito cultural, deportivo e social no municipio. A convocatoria, publicada onte, martes 27 de abril, ten coma finalidade apoiar a estas entidades, chegando este ano o monto das subvencións a 90.000 euros.

Os organismos poderán recibir, coma vén sendo habitual, o 80% coma máximo, do orzamento presentado.

No caso das asociacións culturais, veciñais e xuvenís, as subvencións poderán ser solicitadas para financiar actividades ou proxectos que contribúan á promoción e recuperación da cultura e tradicións locais durante o ano 2021, coma por exemplo, a realización de actividades culturais por asociacións culturais, veciñais e xuvenís; a realización de actividades de recuperación e difusión do patrimonio cultural; a realización de actividades de promoción dos produtos agrícolas ou gastronómicos da zona; ou aquelas tendentes á recuperación de espazos naturais e/ou de lecer, entre outras.

No que se refire ás asociacións deportivas, poderán ser beneficiarias da subvención os clubs e entidades federadas que participen regularmente en competicións oficiais organizadas polas respectivas federacións deportivas. Tamén deportistas tomiñeses individuais recoñecidos a nivel galego, estatal e internacional, poderán ser beneficiarios destas axudas. Serán subvencionables os gastos federativos de 2021; gastos de arbitraxe, de transporte e aloxamento relacionados coa asistencia a competicións deportivas; de material deportivo de carácter funxible e vestimenta deportiva, etc.

As entidades de carácter social, pola súa banda, deberán solicitar as axudas para proxectos ou actividades “de especial interese cultural e social” nos que estea xustificado o financiamento municipal. Axudas destinadas a promover o benestar social da cidadanía do Concello de Tomiño

a través de accións ou actividades de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e

sensibilización da participación cidadán, dentro do ámbito de intervención de Servizos Sociais

e que se realicen durante o ano 2021.

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na Sede Electrónica do Concello, ou en calquera das formas previstas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O prazo para a presentación de solicitudes empezará o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOPPO e finalizará no prazo dun mes natural. Esta convocatoria publicarase tamén na páxina web do Concello. A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, salienta o esforzo económico do equipo de goberno para seguir axudando a todas aquelas entidades (e persoas no caso dos deportistas individuais) que traballan polo municipio de xeito desinteresado no eido da cultura, do deporte ou da sociedade.

Alexandro Bouzó presenta «Pensamiento contrafáctico» para clausurar o ‘Abril, mes dos libros’ en Ponteareas

Alexandro Bouzó, natural de Reboreda (Redondela) pero veciño de Santiago de Oliveira (Ponteareas) dende a infancia, presenta a súa primeira novela no marco das actividades que está a desenvolver a Concellaría de Cultura do Concello de Ponteareas.

Será o acto que peche o ciclo de presentacións de libros que leva todo o mes de abril a conmemorar o Día Mundial do Libro e o Dereito de Autor e que ten como denominador común a aposta polas escritoras e escritores do municipio. O acto terá lugar o sábado 30 de abril, ás 19 horas na sala multiúsos do Auditorio Municipal, e contará coa presenza e participación do autor e de Gabriel Cajide, director do grupo de teatro Pena do Equilibrio de Ponteareas.

Nestes intres, Alexandro Bouzó estuda un grao en Psicoloxía e xa acadou varios premios en concursos de relatos tanto no IES do Barral, onde estudou, como o 2º premio do concurso de Relatos Ilustrados de Nadal, que organizou a Concellaría de Cultura do dito Concello.

Pensamiento contrafáctico é a súa primeira novela, unha historia que transcorre entre un clima xuvenil e que está ambientada en Ponteareas.

“Clausuramos este ciclo de presentacións que alcumamos como Abril, mes dos libros con esta primeira novela de Alexandro Bouzó, unha historia que leva, triplamente, o nome de Ponteareas: está creada por un ponteareán, a protagonista é a mocidade de Ponteareas e está ambientada no noso termo municipal” comenta o edil de cultura, Fernando Groba. Ademais, salienta “o éxito deste ciclo que estivo arroupado por unha alta participación de público” e agradécelle, encarecidamente, “a disposición e a amabilidade de todas as persoas que formaron parte del”.

Para asistir á presentación, é necesario reservar entrada a través do teléfono 618 705 635 ou escribir un correo electrónico a [email protected].

O mercadillo dos sábados adiantase esta semana ao venres 30 de abril debido a que o sábado 1 é festivo

0

O Concello da Guarda informa que debido á celebración do Día do Traballador (1 de Maio), esta semana o Mercadillo dos sábados, que habitualmente celebrase os sábados, pasa a celebrarse na xornada do venres día 30 de abril pola mañá no entorno da Alameda da Guarda.

Baiona renovará o alumeado público de varias zonas do rural para dotalas de tecnoloxía LED

0

O Concello de Baiona seguirá sumando tecnoloxía LED á súa rede de alumeado público. Para iso vén de publicar o anuncio de licitación para a renovación de dito alumeado en diferentes puntos do rural baionés. O concelleiro responsable da iluminación pública, Óscar Martínez Álvarez, explica que o contrato “inclúe a substitución dun total de 158 luminarias por tecnoloxía LED de alta calidade”.

García subliña o feito que o uso de luminarias led “implicará un aforro de máis do 65 % do consumo de electricidade e estímase un aforro de máis de 6.000 euros anuais para as arcas municipais”.

Un dos obxectivos do Concello de Baiona é a redución do consumo de enerxía eléctrica nas instalacións públicas e na súa iluminación. Nese sentido cómpre salientar que o estado da rede de alumeado público está totalmente desactualizada, existindo unha gran cantidade de lámpadas de gran consumo.

O consumo enerxético anual da instalacións, obxecto deste proxecto, antes da reforma é de 68.040 kWh/ano, unha vez feitas as reformas aquí propostas estímase que o consumo enerxético será de 22.800 kWh/ano, o que representa un aforro de 45.240 kWh/ano, é dicir un 66,49 % da enerxía consumida actualmente. .

Doutra banda, o estado actual das cabezas dos farois existentes en distintas zonas rurais causa moitos problemas, especialmente no inverno. Esta actuación busca unha mellora para os usuarios diarios deste vial e para o concello, que obterá un menor consumo e unha redución de avarías.

“Baiona é unha localidade comprometida co medio ambiente, a eficiencia enerxética e a racionalización dos consumos”, afirma o alcalde Carlos Gómez, e nesa liña adianta que o Goberno local “seguirá traballando para reducir a dependencia enerxética e fomentar tecnoloxías con maior rendemento enerxético. Todas as zonas obxecto da actuación terán unha clasificación ‘A’ despois das reformas propostas”, destacou o rexedor baionés.

As actuacións levarán a cabo na zona de Eidos, na parroquia de Baíña; Viso de Calvos en Santa Cristina da Ramallosa; a Percibilleira, no Barrio da Torre en Baredo, e na Granxa na parroquia de Belesar.

Sae a licitación para a explotación do quiosco permanente na Explanada do Horizonte no Rosal

0

O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra publicou este mércores 28 de abril a licitación para a explotación do quiosco permanente situado na Explanada do Horizonte no Camiño de Santiago ao seu paso por Portecelo. Trátase dun módulo de 45 metros cadrados cunha zona de aseos e dúas pérgolas, unha delas con terraza. A concesión será por catro anos prorrogables outros catro máis e establécese de saída un canon anual de licitación de 3.073,69€ que pode ser incrementado á alza polos licitadores.

As persoas interesadas terán 15 días naturais a partir de hoxe mesmo para presentar as súas ofertas. Estas ofertas clasificaranse ordenadamente de maior a menos seguindo o criterio de prezo máis alto ofertado, dando a máxima puntuación de 100 puntos á oferta máis elevada e 0 puntos á que oferte o canon de saída.

O quiosco será o único punto de venda de bebidas ou comidas ao longo de todo o tramo do Camiño de Santiago pola Costa ao longo do municipio do Rosal, xa que os puntos máis próximos atópanse a 3,6 e 6,1 quilómietros, nos concellos de A Guarda e Oia, respectivamente.

Este quiosco-bar, situado nun módulo fixo que forma parte do proxecto de acondicionamento do Camiño de Santiago e da Explanada do Horizonte redactado pola arquitecta paisaxista María Fandiño, busca dotar de novos servizos á contorna para o desfrute dos veciños e veciñas de Portecelo e Sanxián, para as persoas que realicen este tramo do Camiño de Santiago ou para os e as excursionistas que se acheguen a este espazo.

Ademais, o Concello tratará de rachar coa estacionalidade convertendo a Explanada do Horizonte en punto de lecer e encontro durante todo o ano, organizando actividades culturais para todas as idades coas que dinamizar a zona. Toda a información está dispoñible no BOPPO e no perfil do contratante da web municipal.

O PSOE denuncia o veto do PP á liberalización da peaxe AG-57 Puxeiros-Val Miñor

O PSdeG-PSOE vén de denunciar o “veto” do PP de Galicia a unha iniciativa socialista para liberalizar as peaxes das autoestradas AG-55 A Coruña-Carballo e AG-57 Puxeiros-Val Miñor. Fíxoo, onte, no Pleno do Parlamento, logo de votar en contra dunha proposición non de lei presentada pola voceira de Infraestruturas Patricia Otero.

Así, Otero lamentou a negativa do PP de Galicia para instar á Xunta a acabar co “espolio” ao que está sometida a veciñanza de Costa da Morte, Bergantiños e Val Miñor, “principais agravados fronte ao resto da cidadanía galega” cando as demais vías de altas prestacións da comunidade autónoma son gratuítas.

Neste senso, a responsable socialista lamentou que, malia nacer sendo un vial público e gratuíto, a AG-55 privatizouse no ano 1997 aproveitando a inauguración do segundo tramo entre A Laracha e Carballo, o que supuxo “un proceso de espolio a quen lle foran expropiados os seus terreos para a construción dunha autovía pública”.

“Dende o primeiro momento, o vial contou cunha gran oposición social, algo que continúa presente debido ao lastre económico que supón para as comarcas de A Coruña, Bergantiños e Costa da Morte, así como para o asentamento da poboación nas zonas rurais destas comarcas”, sinalou a socialista, ao lembrar que teñen un estas peaxes teñen un custo “excesivo” e cuxa concesión foi prorrogada polo PP ata 2045.

Continuando con esta liña recadadora, no ano 1999 e “cunha Xunta gobernada polo PP que apostaba pola construción de autoestradas de peaxe”, sinalou Otero, inauguraron a AG-57, entre Puxeiros e Val Miñor.

“Dende aquela, os concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, moi afectados polas peaxes que ten a autoestrada, piden a súa eliminación para non lastrar a economía das súas empresas e conectar estes concellos coa cidade de Vigo e con infraestruturas e servizos como o Hospital Álvaro Cunqueiro, a Universidade de Vigo, o aeroporto de Peinador ou o Parque Tecnolóxico de Valadares”, destacou.

Nesta liña, a voceira socialista lembrou que a Consellería de Infraestruturas reduciu as tarifas das autovías galegas “para empresas de transporte e en horario noctuno”, o cal é “insuficiente” para a cidadanía afectada.

Por todo isto, a deputada instou á Xunta a presentar, no prazo de seis meses, os estudos precisos para proceder á “liberalización” destas dúas peaxes, así como establecer “de xeito inmediato” a rebaixa das peaxes para a totalidade das persoas usuarias”.