10.4 C
Pontevedra
Xoves, 28 de Marzo de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán súmase ao Día Internacional do Jazz convocando o concurso de carteis...

    Nigrán súmase ao Día Internacional do Jazz convocando o concurso de carteis ‘Quin Albores’

    O prazo para participar no certame, dotado con 500 euros e que representará a imaxe da edición 2021, permanece aberto do luns 3 de maio ao luns 7 de xuño

    O Concello de Nigrán súmase á celebración do Día Internacional do Jazz convocando un ano máis o xa tradicional concurso de carteis ‘Quin Alborés’, dotado con 500 euros á proposta gañadora, e que ten como obxectivo difundir a imaxe do Nigranjazz neste XV aniversario.

    O prazo de presentación de propostas comeza este luns 3 de Maio e remata o 7 de Xuño de 2021. As bases para participar poden consultarse na web do Concello ou na propia Casa Consistorial. O certame rende homenaxe desde o ano 2010 ao falecido artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero e quen impulsou o festival desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis.

    Como en cada edición, o concurso está aberto a persoas físicas maiores de 18 anos, podendo presentar cada unha delas (individualmente) un máximo de dúas obras, coa condición indispensable de ser inéditas e cunha estética relativa ao mundo do jazz. Os orixinais realizaranse en formato vertical, en tamaño A2 (594 x 420 mm.) e deben ser anónimos de acordo co previsto nas bases, puidendo enviarse por correo electrónico, por Rexistro ou Correos seguindo as indicacións facilitadas nas devanditas bases.

    “Non podemos obviar que esta crise afecta en sobremaneira a este sector cultural ao cancelarse case todos os eventos desde hai xa máis dun ano, por iso somos os primeiros en apoialo mantendo o festival e ofrecendo o noso espazo fundamentalmente para os músicos galegos”, explica o alcalde, Juan González, quen incide no Día Internacional do Jazz sobre as virtudes desta música internacional “como ferramenta educativa e como motor para a paz, a unidade, o diálogo e o reforzo da cooperación entre pobos”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.