Xoves, 12 Decembro de 2024

O vindeiro 3 de maio comeza en Redondela a segunda fase do proxecto radiofónico ‘Xela a diario’

O proxecto radiofónico ‘Xela a diario’, organizado polas Bibliotecas Municipais de Redondela baixo a coordinación e condución da narradora e dinamizadora cultural Ana Facchini, comeza este vindeiro 3 de maio a súa segunda fase. A iniciativa é unha homenaxe a Xela Arias, á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

Xela a diario. Voces amigas contará con catorce destacados/as convidados/as , entre eles persoas que coñeceron persoalmente a autora, así como  membros da súa familia.

O programa, que conta coa colaboración da Radio Municipal de Redondela, emitirase a do 3 ao 17 de maio, de luns a domingo, en horario de 12:00 h e 17:00 h. Nas fines de semana tamén  será difundido pola Rede de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA).

Este ano en que as Letras Galegas se lle adican á poeta e tradutora Xela Arias, as Bibliotecas Municipais de Redondela están comprometidas como nunca coa celebración desta festa no municipio. Non se pode esquecer que unha das bibliotecas da súa Rede, a que está situada en Chapela, leva como nome Xela Arias dende o ano 2018 por votación popular.