15.8 C
Pontevedra
Luns, 29 de Maio de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO Goberno ponteareán prevé aprobar o PXOM neste mes de maio "cos...

    O Goberno ponteareán prevé aprobar o PXOM neste mes de maio “cos cambios esixidos pola Xunta”

    O executivo e equipo redactor mantiveron unha reunión cos grupos municipais e entregaron o novo documento cos cambios esixidos pola Xunta

    O Goberno Municipal do BNG e PSOE prevé aprobar no pleno do mes de maio o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) cos cambios esixidos pola Xunta. Será a terceira vez que o goberno de coalición aprobe provisionalmente o PXOM coa intención de que a Xunta lle dea a súa aprobación definitiva. A última aprobación provisional realizouse a finais de 2019 cando no documento se introduciron os cambios esixidos pola Xunta a comezos de 2017. Porén, a administración autonómica, ao revisar o documento volveu formular numerosas obxeccións e reparos que obrigaron a revisar de novo o documento.

    Diante dese novo bloqueo, Concello e Xunta acordaron a comezos de 2020 realizar un traballo coordinado entre os técnicos municipais, a empresa redactora do PXOM e os técnicos da Xunta para que o documento definitivo atendese todas as esixencias da administración autonómica. “Queríamos seguridade xurídica para evitar o acontecido nas dúas ocasións anteriores nas que os cambios introducidos por esixencia da Xunta non foron despois validados”, explica a alcaldesa en funcións, Cristina Fernández Davila. “Agora, co método empregado –engade–, consideramos que non hai marxe para novas sorpresas e que o PXOM será aprobado definitivamente pola Xunta, pois o documento modificouse tal e como se nos indicou”.

    En todo caso, Cristina Fernández Davila non contempla outra posibilidade “que a aprobación definitiva pola Xunta nun prazo moi curto e antes de que conclúa o verán”.

    O executivo ponteareán e o equipo redactor do Plan mantiveron unha reunión este venres cos grupos municipais e entregáronlle o novo documento cos cambios esixidos pola Xunta.

    O Goberno Municipal é optimista, pois nas reunións mantidas coa Dirección Xeral “observamos unha clara vontade de sacar adiante un Plan que non pode agardar máis tempo”, sinala a segunda tenente de alcalde, a socialista Chus Garrote.

    Ponteareas ten suspendido o seu planeamento dende o ano 2002. Entre ese ano e o 2015, cando se produciu o cambio de goberno, unicamente se realizou unha aprobación inicial. Dende o 2015, o goberno de coalición aprobou por dúas veces o PXOM, pero a Xunta de Galicia, que ten a última palabra, rexeitouno nas dúas ocasións. A aprobación prevista para o mes de maio será a terceira nos últimos cinco anos e goberno local confía en que se trate da última e definitiva.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS