Despois da instalación do primeiro paso de peóns intelixente no barrio da As Santas en Oleiros, o Concello de Salvaterra de Miño instala o segundo paso na Vila, neste caso na entrada do pobo, en Rúa Miño, co fin de mellorar a visibilidade e a seguridade do peón.
Este paso é moi utilizado polos nenos e nenas en época lectiva, e ao encontrarse nunha recta moitas veces pasa desapercibido, a pesares da sinalización. Con medidas como esta, coa instalación dun paso de peóns luminoso e coa redución de velocidade en todo o centro urbano búscase garantir a seguridade dos nosos peatóns.
Ao longo do mes de agosto o Espazo Xove de Tui, na rúa Sanz, acolle a exposición “Xuventude Crea. Máis dunha década” que recolle unha escolma das obras participantes neste certame convocado pola Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia en numerosas disciplinas. Unha parte desta mostra colectiva, en concreto os graffiti poden contemplarse na Biblioteca Municipal de Tui.
Nesta mostra figuran as obras de Iria, Fafián, Miguel Aurelio Cajaraville, Fercho R.M. e Margot Rodríguez.
Esta exposición “Xuventude Crea. Máis dunha década” repasa os máis de dez anos de vida dun programa que busca recoñecer e dar visibilidade á innovación da xente nova de Galicia en 14 disciplinas diferentes. A mostra, que ten carácter itinerante, confórmana diferentes traballos de mozas e mozos galegos en seis disciplinas diferentes que participaron nesta iniciativa da Xunta de Galicia que promove o talento e a creatividade da mocidade galega, facilitando a promoción e a difusión da súa obra.
O xulgado do Contencioso–Administrativo Nº1 de Pontevedra vén de cualificar a contratación do Concello do Porriño como “irregular, masiva, descontrolada y generalizada en los últimos años”. Así o reflexa nunha sentenza na que condena á administración local a aboar máis de 6.000 euros a unha empresaria que acordou, co entón concelleiro de festexos, David Alonso, unha actuación da Orquestra América de Vigo na festa pre fin de ano do 2019.
A actuación celebrouse, tal e como se reflicte na sentenza, pero a empresaria tivo que demandar á administración local para que se lle aboaran os servizos prestados.
Segundo a sentenza na que se condena ó Concello de O Porriño por falta de pagamento, a contratación realizouse no verán de 2019 cando a empresaria “suscribió un documento contractual con el Concello de O Porriño, representado por D. David Alonso Barciela, quien estampó el sello del Ayuntamiento junto a su firma, en cuya virtud la referida orquesta se comprometió a realizar el concierto de fin de año por el precio de 5.500 euros más IVA”.
Neste sentido o xulgado de Pontevedra reflicte no documento que “dicho contrato es nulo de pleno derecho por haber sido suscrito en representación del Concello de O Porriño incumpliendo el requisito esencial de habilitación y reserva del crédito necesario para el abono del precio”.
Con todo, unha vez que o xulgado acreditou a realización da prestación de servizos e “sin perjuicio de las responsabilidades en las que pudiera haber incurrido la persona que firmó el contrato en representación del Concello incumpliendo las formalidades” a sentenza establece que “procede compensar a la contratista con el abono de una indemnización equivalente al precio pactado”. Así mesmo, o documento destaca a boa fe da empresaria “que suscribió el contrato, pactando el precio correspondiente, en la creencia de que se estaban cumpliendo las formalidades exigibles” fronte ao “enriquecimiento injusto en el que habría incurrido el concello a costa de la recurrente”.
É por elo, que se remitirá ó Xulgado de Instrución Nº 2 do Porriño a testemuña de particulares desta senteza “para la causa que se tramita en él sobre la contratación irregular, masiva, descontrolada y generalizada del Concello de Porriño en los últimos años”.
Tal e como sinala o PP do Porriño, agora, a administración local deberá aboar un total de 6.665 euros, sen costas nin xuros “al reconocer el Concello los hechos, facilitando la resolución del litigio”.
Os populares porriñeses lembran que non foi só neste ano 2019, a falta de contrato e pago ás orquestras que actúan no Porriño xa que, lembran, “nas Festas do Cristo do 2017, outra sentenza do Contencioso – Administrativo Nº2 de Pontevedra estima a demanda da empresa declarándose la obligación del Concello de Porriño de abonar el principal debido de 18.755 euros, e incrementada tal cantidad con los intereses legales correspondientes“.
As facturas desta empresa de espectáculos constátase na sentenza que: “se concluye la existencia de acuerdo entre partes, y la propuesta aceptada por la Alcaldesa para la contratación menor, sin embargo no existe una aprobación del gasto, constatándose además que no existía consignación presupuestaria o disponibilidad de crédito, pues así se indica al pie del documento unido al folio 3. Por tanto, no puede considerarse existente el contrato”.
O sistema de autocita que abrirá de novo dende as 9 horas do sábado 7 de agosto e ata as 23,30 horas do domingo 8 terá dúas posibilidades de acceso: a través da introdución do número da tarxeta sanitaria ou, en caso de persoas que non sexan usuarias da asistencia sanitaria do Sergas, a través do seu número de DNI.
No caso das mozas e mozos pertencentes a unha mutualidade, e que por tanto non dispoñan de tarxeta sanitaria do Sergas, recoméndase que se aseguren de que a mutua ten rexistrado o seu DNI, pois só estarán habilitados para entrar na autocita aqueles números de DNI que fosen trasladados á Xunta polas distintas mutualidades.
No referido aos medios tecnolóxicos dispoñibles, lémbrase a solicitude de autocita pódese facer dende un ordenador no enderezo: cita.sergas.gal, ou no portal de saúde do Sergas (É-Saúde). Tamén pódese solicitar dende un teléfono a través da APP Sergas móbil.
Esta fin de semana o sistema de autocita permitirá asignar un total de 25.000 doses para os nacidos entre os anos 2000 e 2005, que se vacinarán a vindeira semana. A Xunta de Galicia quere así seguir progresando no proceso de vacinación dos grupos nos que o virus ten máis incidencia. Así, dende o dia 22 iniciou a vacinación do grupo de 29 a 20 anos, no que xa se avanzou considerablemente. Ademais, púxose en marcha a autocita entre os adolescentes, na que, inicialmente, dispúxose de 5.000 doses e 11.000 na segunda apertura.
Ademais, estase a citar por SMS a todos os cidadáns nacidos no ano 1999 e anteriores, e continúa aberta a autocita para os maiores de 40 anos.
Un clásico da oferta de lecer do verán cañicense, o Campus do BM Cañiza, xa está en marcha. Desde o luns 2 de agosto vén celebrando a sexta edición deste campamento de verán, multideportivo e cultural, nesta localidade da Paradanta.
Máis de medio centenar de nenos e nenas entre os 4 e 16 anos de idade, propios da Cañiza e vindos de concellos veciños, gozan de actividades como o balonmán, a natación, manualidades, juagos de verán, cinema e teatro entre moitas outras.
As e os participantes no campus acompañados dos monitores, foron recibidos polo alcalde da Cañiza, Luis Piña, ás portas da Casa do Concello.
O Concello do Rosal acaba de aprobar as subvencións por concorrencia competitiva ás entidades sen ánimo de lucro que desenvolven algún proxecto social no municipio. Este ano a administración local dobrou o orzamento ata os 10.000 euros para fortalecer a súa colaboración con proxectos de inclusión social de persoas en risco de exclusión, campañas de intervención con persoas maiores, dependentes ou con diversidade funcional, plans de atención no ámbito das drogodependencias, e proxectos para a realización de actividades socioculturais destinadas á poboación en xeral.
A alcaldesa, Ánxela Fernández, expón que, con estas axudas, no Concello “queremos colaborar con proxectos que fan do Rosal e da comarca, moitas destas entidades traballan nun ámbito supramunicipal, un lugar mellor para todas e para todos”. Destaca que o traballo das organizacións sen ánimo de lucro para promover o benestar social da veciñanza a través de accións de prevención, asistencia, incorporación social, fomento e sensibilización da participación cidadán, “é de agradecer, e merecen toda a axuda que lle podamos brindar”. O prazo para a presentación de solicitudes será de 30 días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no BOP de Pontevedra. Esta convocatoria tamén estará publicada na páxina web do Concello. As solicitudes presentaranse no Rexistro electrónico do Concello.
O Concello de Salceda de Caselas está a desenvolver nestes días as labores de hidrolimpeza das fachadas, canelóns e sumidoiros de pluviais do CRA Raíña Aragonta, unha limpeza extraordinaria que se realiza por primeira vez neste centro, forma parte do Plan de Mellora, mantemento, reparación e limpeza para a posta a punto das instalacións educativas.
A concelleira de Ensino, Gela Lego, adiantou que as previsións son “que todas as tarefas de mantemento e limpeza estean rematadas na primeira semana de setembro”.
Aproveitando a maquinaria tamén se está a repasar e afianzar as lousas da fachada, tanto as de madeira como as de formigón dado que o paso do tempo facía que algunhas das lousas cedan e poderían dar lugar a situacións perigosas.
Realizarase tamén unha imprimación da cuberta plana, na parte superior da entrada principal do edificio, actuando de xeito integral en toda a zona, para evitar filtracións.
Gela Ledo explicou que estes arranxos forman parte do Plan de Mellora e Mantemento que ten o concello en marcha, un plan, lembrou, “que se estende a todos os centros educativos”. Así, nas aulas unitarias das parroquias tamén se están a facer os arranxos de pintura, cambio de redes exteriores, pequenas reparacións, limpezas xerais e rozados.
Doutra banda, no CEP Altamira, este ano e tamén de xeito extraordinario, acométese con hidrolimpadora a limpeza de patios, muros exteriores e sumidoiros.
A alcaldesa de Verónica Tourón, alcaldesa, lembrou que este Plan de Mellora “foi consensuado a finais do curso cos equipos directivos dos centros, cubrindo así as necesidades básicas, para que os centros escolares do municipio estean en condicións para darlle a benvida ás nosas nenas e nenos en setembro”
Ponteareas, xunto con Vilanova, Meis, Marín e Bueu, repartiránse preto de 904.100 € do Plan Concellos que mañá venres aprobará a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra e cos que poderán financiar obras de rehabilitación, mantemento, axardinamento, eficiencia enerxética ou a reforma dun centro municipal, amais de obras relacionadas con abastecemento e saneamento.
Neste sentido a responsable provincial lembrou unha vez máis os cartos que a Deputación está destinando a este capítulo nos concellos, “polo que seguen a sorprender algunhas declaracións que, cos datos obxectivos, se demostra que non van a ningún sitio”.
No caso concreto de Ponteareas, o Concello poderá financiar a reforma do centro municipal ASPRODICO con actuacións que comprenden entre outras cuestións a mellora da envolvente térmica e a ampliación dos servizos do local a través dunha achega de 128.200 euros.
Vilanova de Arousa contará con 63.700 euros cos que levará a cabo o soterramento e mellora da eficiencia enerxética no seu casco urbano. Con esta achega o concello instalará novas luminarias de dimensións e tipoloxía similares ás actuais pero con tecnoloxía LED, o que aportará mellores rendementos e niveis lumínicos así como un importante aforro enerxético. Ademais, as novas luminarias terán capacidade de redución nocturna do fluxo lumínico. Finalmente a Meis chegarán 202.300 € para conectar á rede de saneamento varias vivendas situadas nos lugares de Penente, As Portelas e a Moroza e que aínda carecen deste servizo.
Coas achegas aprobadas hoxe, o concello de Marín poderá rehabilitar o depósito de auga da Costa, que conta cunha estrutura deteriorada e unha cámara de chaves con múltiples fisuras, cunha subvención do Plan provincial de 159.900 euros. Pola súa banda, para Bueu a Xunta de Goberno deu luz verde a dúas achegas por valor de 350.000 euros. Con elas o concello financiará o proxecto de mantemento e mellora da envolvente exterior e ampliación de local no Pavillón Pablo Herbello (214.500 €); e o proxecto de axardinamento do entorno do antigo cemiterio na Igrexa de San Martiño (135.500 €) que se converterá nun espazo destinado ao uso público.
Durante as últimas semanas o Concello do Rosal realizou unha serie de obras ao redor do municipio para continuar co seu traballo de mellora e recuperación de espazos públicos. No parque de Tamuxe colocáronse unha serie de bancos e mesas para facilitar un área de descanso e de lecer á veciñanza e favorecer así, un mellor aproveitamento mellor da contorna.
O campo de fútbol municipal da Mata tamén recibiu unha man de pintura que renovou en gran parte a imaxe do seu muro interior e exterior O Concello tamén mercou un escenario de actuacións que se estreou en Portecelo. A alcaldesa, Ánxela Fernández, destacou que esta compra dota ao Rosal dunha infraestrutura portátil que permitirá aumentar “a nosa aposta por levar a cultura a todas as parroquias”.
Por último tamén se colocaron soportes para bicicleta no parque das Pías. Con eles preténdese mellorar a accesibilidade da contorna para poder facer do lugar unha área de descanso e lecer.
Imaxe de arquivo da presentación das axudas Cátedra de Feminismos 4.0
Xa se coñecen os proxectos universitarios de investigación que veñen de ser beneficiados cos 30.000 € da convocatoria de axudas da Cátedra de Feminismos 4.0 da Deputación de Pontevedra e da Universidade de Vigo deste ano 2021. Trátanse de nove proxectos, tres máis que o pasado ano, centrados na promoción dos estudos feministas ou de xénero no ámbito da cultura e da sociedade dixital que van recibir entre 5.500 € de contía máxima e 1.750 € de mínima para afondar nas súas investigacións.
O proxecto que acadou a maior puntuación e contía das axudas é “Alumnas e alumnos de segundo curso de bacharelato científico-tecnolóxico de Galicia diante das enxeñerías e das tecnoloxías: unha imaxe estereotipada?”. Seguidamente atópanse “Mulleres pontevedresas na rede II. Análise do discurso de odio e outras violencias contra xornalistas e políticas”; “Identificación de comentarios sexistas nas redes sociais mediante técnicas de Intelixencia Artificial”; “Estudo dos espazos virtuais dos museos e centros de arte galego desde a perspectiva de xénero”; “Frida-Axente conversacional feminista orientada á diagnose do deterioro cognitivo leve”; “Cóntancho as matemáticas: un estudo de xénero”; “MULIER. Mulleres silenciadas en tempos dos primeiros Trastámara de Castela”; “Sesgos na Intelixencia Artificial: posibles solucións para a elaboración de algoritmos éticos nas políticas públicas desde a óptica do Dereito Administrativo” e “Mulleres nas STEM: Análise forense da calidade da inserción laboral das graduadas en STEM e PECS”.
A terceira edición das axudas de investigación da Cátedra de Feminismos 4.0, en réxime de concorrencia competitiva, estaba aberta a axudas ao financiamento de proxectos de investigación dos campus de Pontevedra e Vigo da Universidade de Vigo centrados no deseño de apps con perspectiva de xénero, cibersororidade, analítica dixital, androcentrismo dos algoritmos, imaxinarios de xénero, pensar para internet, o xénero nas redes sociais, network feministas, violencias de xénero nas redes, arqueoloxía e agronomía dixital, arte e deseño dixital, xénero nas redes sociais, sexismo nas redes, hacker ético e feminista, historia das científicas e programadoras, as geekgirls, mulleres nas STEM ou análise de datos sociais.
O pasado ano beneficiáronse destas axudas seis proxectos entre os que se atopaban “Percepcións doalumnado de bacharelato sobre as enxeñarías: por que aínda non é unha opción para elas?”, “Mulleres pontevedresas na rede. Análise do discurso, micromachismos e discurso de odio en Twitter”, “Microaprendizaxe feminista corporativa”, “Vocacións matemáticas na última etapa de educación primaria; perspectiva de xénero”, “Instagram: imaxinarios de xénero da mocidade. Estudo comparativo entre espazos virtuais dos campus galegos” e “Intelixencia artificial e xénero: bases éticas e problemas de sesgo de xénero na elaboración de algoritmos para políticas públicas e procedementos administrativos”.
Xunto a estas axudas a proxectos de investigación, que a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo impulsan por terceiro ano consecutivo, este ano tamén se van poñer en marcha outras moitas iniciativas no marco da Cátedra de Feminismos 4.0 como a segunda edición dos premios GirlGeek Covid, o terceiro workshop “Sociedade dixital e xénero: Hackeando o patriarcado”, o Comité de Sabias, o “Laboratorio de ideas”, o Observatorio Virtual de machismo dixital “Stop machistroles”, así como produtos dixitais didácticos e divulgativos.
O ciclo O país das bandas, promovido pola Xunta e a Federación Galega de Bandas de Música Populares no marco da programación cultural do Xacobeo 21-22, chega este sábado a Oia, Mos e Salvaterra de Miño, onde haberá concertos o sábado a cargo de diferentes agrupacións musicais.
Asi, Oia acollerá a partir das 13,30 horas a actuación da Banda de Música da Vertula, de Paradela (Meis), creada en 1990 no seo do Centro Cultural A Roda Pequena e dirixida na actualidade por Manuel Muñoz Hermida.
O repertorio previsto inclúe os temas Pasodobre Dani Portas, Abba Gold, Muiñeira dos pendellos, Pasodobre de Mallou, Xota para Sotelino e Muiñeira de Rubiás. Soarán tamén O paraugas de Xosé, O carro, Rumbas de Cuba e Montealegre, Muiñeiras de Loliña e Camposa e Se chove.
Pola súa banda, o concerto de Mos comezará ás 20,00 horas no Centro Recreativo Cultural de Torroso. Nel, a Agrupación Músico-Cultural de Ribadumia interpretará Bagaxes, Heatherwood, Tres imaxes de Mudga, Flashing winds e Choral music. Outras pezas do programa son Fantasía sobre tres temas galegos, Brasiliana, African Symphony e Muiñeira dos pendellos.
Fundada en 1998 con alumnado da academia de música de Ribadumia, a agrupación conta con compoñentes de idades comprendidas entre os 6 e os 35 anos, e ten unha banda infantil desde 2008. O seu director é Adrián Pais.
Concerto en Salvaterra de Miño
O concello de Salvaterra de Miño acolle tamén este sábado un concerto, ás 22,30 horas, a cargo da Banda de Música Popular de Tui. Dirixida por Eloy Carrera Bernárdez, a fundación desta formación sitúase no 1881. Tras desaparecer entre 1936 e 1942 por mor da Guerra Civil e en 1964 por falta de medios, en 1980 comeza a consolidarse a que sería a banda actual.
O repertorio desta actuación ofrece os temas A freixa, Fantasía sobre tres temas galegos, At world´s end, The ghost ship, Scherzando, Mozos do penedo, Martiñika e Uprising.
O País das Bandas arrincou o pasado 1 de xullo e percorrerá Galicia ata o 19 de setembro con case un cento de concertos a cargo de 77 agrupacións que suman máis de 3600 músicos. O obxectivo é impulsar a recuperación da actividade das bandas na Comunidade, como grandes depositarias da tradición musical galega.
A iniciativa desenvólvese ao abeiro do acordo asinado o pasado maio entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Federación de Bandas, mediante o que a Xunta cuadriplicou a súa colaboración con este colectivo, cunha achega de 400.000 euros.
A Xunta de Galicia contará cun Comité clínico de cirurxía robótica para a normalización, coordinación e seguimento da utilización dos robots cirúrxicos Da Vinci. O proxecto da orde que o creará comezou hoxe a súa tramitación administrativa para regular a súa natureza xurídica e adscrición, composición, funcións e réxime de funcionamento e coordinación.
Segundo este proxecto, o Comité estará integrado por 18 persoas, entre as que haberá representantes de cada unha das áreas cirúrxicas susceptibles de realizar a maior parte da actividade con este equipamento: cirurxía xeral, xinecoloxía, uroloxía e otorrinolaringoloxía; así como as persoas que desempeñen funcións relativas á organización da actividade cirúrxica nas sete áreas sanitarias.
O principal cometido deste Comité será deseñar os criterios e protocolos de utilización destes sistemas robóticos, para garantir un desenvolvemento progresivo e homoxéneo no emprego desta tecnoloxía en todo o Servizo Galego de Saúde. O obxectivo é definir uns indicadores de calidade en canto a resultados e acordar a porcentaxe de tempo de uso destes equipos que corresponderá a cada especialidade para que sexa igual nas sete áreas sanitarias.
Outras funcións do Comité serán a de asesorar nas materias que incidan directamente na actividade dos Da Vinci, propoñer criterios comúns para a elaboración dos correspondentes protocolos de actuación de forma que se garanta aos pacientes a equidade nesta prestación, así como presentar as medidas de mellora da organización, funcionamento e calidade no uso dos robots. Ademais tamén promoverá estratexias formativas para o uso destes equipamentos por parte dos profesionais e servirá de canle permanente de colaboración, comunicación e información entre os distintos hospitais e outros axentes implicados na xestión desta prestación.
A tecnoloxía dos sistemas robóticos Da Vinci
Durante a última quincena de xullo xa se realizaron as primeiras operacións con robots Da Vinci, concretamente máis de 30 prostatectomías radicais (extirpacións totais de próstata) nas sete áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde.
Así, os equipos de uroloxía dos sete hospitais do Sergas recibiron formación entre o 6 e o 15 de xullo e traballaron con especialistas de hospitais do resto do Estado familiarizados con esta tecnoloxía, facendo observación de casos e recibindo titorías para afrontar estas primeiras cirurxías.
O Sergas xa está a planificar a concreción dos equipos e profesionais que comecen o programa de xinecoloxía e cirurxía xeral en cada un dos sete hospitais da rede sanitaria pública galega, para iniciar a súa formación, e que, nos meses de setembro e outubro, poidan comezar a súa actividade cirúrxica.
Os robots Da Vinci axudan a mellorar a destreza e a capacidade cirúrxica na cirurxía laparoscópica, fundamentalmente a falta de precisión derivada da redución da capacidade do cirurxián para a manipulación cirúrxica e da perda da sensación de profundidade que provoca a visión en dous dimensións. O aumento e a mellora da destreza permiten ao cirurxián realizar manipulacións que, sen este sistema, nalgúns casos serían imposibles.
Os beneficios derivados da utilización dos sistemas cirúrxicos robotizados para os pacientes inclúen unha maior seguridade e calidade, diminución da morbimortalidade, menor perda sanguínea, diminución de estancia media no centro hospitalario, incisións máis pequenas, menor dolor postoperatorio, e unha reincorporación máis rápida á vida ordinaria.
Para os profesionais, as vantaxes máis subliñables son a diminución da dificultade cirúrxica, unha maior precisión, a posiblidadade de acceso a zonas complexas, unha excelente visualización e unha maior precisión nos movementos. En canto aos hospitais, as melloras proporcionadas polos sistemas Da Vinci tradúcense na realización dun menor número de transfusións, menor tempo operatorio, menor estancia media dos doentes, e menor número de complicacións intraoperatorias e post operatorias.
O día 23 de xuño o patrón do ferri Santa Rita de Cassia detectou un escoramento anormal na plataforma de atraque do transbordador entre A Guarda e Camiñnh, feito que se puxo, de forma inmediata, en coñecemento dos responsables de portos de Galicia, na actualidade propietarios e xestores da estrutura.
A partir do día 27 de xuño, portos de Galicia pechou a instalación para facer reparacións de urxencia co obxectivo de recobrar a estabilidade da plataforma. As reparacións remataron, segundo as informacións que ten o concello, o 29 de xuño.
A pesar de que remataron as obras, portos mantén pechado o acceso ao peirao e o ferri segue sen poder funcionar. Dende portos comunicaron ao concello que non se permitiría o uso da plataforma para o transito de ningún tipo de vehículo debido ao estado avanzado de corrosión que, segundo a portos, coloca a estrutura nun nivel de servizo inferior a aquel para o que foi deseñado.
Hai que recordar que o concello da Guarda paga unhas taxas á Xunta, que dependen do número de pasaxeiros e de vehículos que utilicen o transporte, para poder usar a plataforma de atraque. O concello leva pagando estas taxas dende o comezo do funcionamento do ferri en 1995
En vista da urxencia da situación o concello da Guarda dirixiuse a portos de Galicia solicitando que abra de novo o peirao do ferri e que poida comezar a funcionar o transporte. Hai que ter en conta que é neste mes de agosto cando máis demanda hai deste transporte transfronteirizo entre A Guarda e Camiña. Así mesmo o concello solicitou a portos de Galicia a que faga as reparacións necesarias na plataforma para que, a maior brevidade posible, poidan embarcar de novo vehículos dado que o transporte de vehículos é a principal demanda a hora de cruzar o esteiro do Miño en ferri.
Esta fin de semana de Ponteareas está chea de eventos. Durante o sábado e o domingo coinciden no municipio o Festival Internacional de Teatro de Rúa (só sábado), a Feira de Oportunidades, dúas actuacións musicais nas parroquias, e un espectáculo de maxia.
O IV Festival Internacional de Teatro de Rúa de Ponteareas rematará o sábado con catro actuacións. O día abrirá o pano ás 19.00 horas co espectáculo itinerante “Ponteareas é un conto” de EducaTeatro. Os actores comezarán nos xardíns da Xiralda, un percorrido que rematará no parque da Feira Vella. Alí, media hora máis tarde, os monicreques da Compañía Micromina Títeres contarán as súas historias ata ás 20.30 horas, momento no que os actores e actrices de Educa Teatro levarán ao público ata a Praza Maior. Lugar que acollerá o peche do festival coa actuación ás 21.00 h da Compañía Pakolas.
O sábado tamén comeza a IX edición da Feira de Oportunidades que se prolongará ata o domingo. Case unha vintena de negocios ocuparán a rúa Oriente, a rúa Esperanza, e a Praza Maior, para mostrar os seus mellores produtos. A Asociación de Comerciantes Tea repartirá premios inmediatos e organiza unha concentración de coches clásicos para acompañar a Feira o domingo. As parroquias e os centros culturais de Ponteareas tamén poderán desfrutar da cultura en directo. O sábado ás 21.00 horas o grupo Voces de Arrieiro tocará no Torreiro de Areas, o domingo ás 13.00 h será a quenda de Unión Guláns no C.C. Antorcha Cristiñade, e o mesmo día ás 19.00 horas a Casa Cultural Cumiar acollerá o espectáculo de maxia e humor de Leo Leíño.
O alcalde da Cañiza, Luís Piña, acompañado polas concelleiras de goberno e a educadora familiar municipal, visitou a exposición fotográfica “A muller ao longo do tempo no concello da Cañiza”. Exposición organizada polo Concello, a través da área de Igualdade. Ao interés que ten coñecer a vida no concello na historia únese o especial punto de vista desta exposición, unha mirada á vida da muller, dos seus diferentes roles que desempeñaba e segue desempeñando na sociedade do rural, familia, a vida no rural, actividade comercial, a vida na escola, lecer, e vida relixiosa. Unha vida difícil, á que esta exposición achégase de maneira fiel e tamén agarimosa. Tamén recoñécese a labor das mulleres rompedoras na sua época, por non axustarse os canons que a sociedade impuña nese momento; menciónase de maneira especial a historia de Dona María Purificación Gómez González e Dona Rita Fernández Queimadelos, loitadoras e percusoras dunha sociedade máis igualitaria e máis xusta para as mulleres.
Contribución á economía e a mellora dos dereitos e liberdades da muller
O Concello inicia, con esta exposición, o recoñecemento da labor e do papel das mulleres dentro da historia da Cañiza, moitas veces invisibilizado. Aínda que na exposición non aperecen todas as mulleres que deberían estar, as que están representan todas aquelas historias de mulleres que, dalgunha maneira, contribuíron na economía e na vida social e familiar da historia do concello, e as mulleres pioneiras que se enfrontaron a desigualdade no seu momento e que loitaron cara unha sociedade mais xusta e máis libre en canto a cuestións de xénero.
Esta exposición poderase desfrutar ata o 14 de agosto, no Salón de plenos do Concello, en horario de 8:00 a 20:00.
Agradecementos
O alcalde, en nome do Concello, quere agradecer a todos os veciños do concello que de maneira desinteresada fixeron cesión das fotografías e o material para esta exposición :
Familia Lamas-Estévez, Familia Álvarez Facorro, José Luis Bacelar, Familia Oliveira Ferreiro, familiares de Manuel López Fidalgo, Generosa Ribeiro Miguélez, Amalia Fidalgo Pedrosa e Clemencia Puga Fidalgo, Guadalupe Troncoso Nuñez, familia Fernández Puime e Carpintero Puime, Felisa Varela, Josefa Antón Ferreira, Encarna Neira, Teresa Martín, Maria da Cruz, Adelina Pérez, Marcos Álvarez, e de maneira especial a Alberto José Lamas
Éstévez e familia, pola cesión do material totográfico e o material que se atopa exposto, ademáis da sua adicación e implicación desinteresada na organización desta actividade.
O Museo de Pontevedra abriu onte as portas da exposición que completa a súa programación deste verán e que aspira a ser un dos grandes reclamos culturais de Galiza nesta tempada estival: ‘Mulleres. Entre Renoir e Sorolla’. A mostra reúne medio cento de pezas da Fundación Fran Daurel con autores como Renoir, Casas, Rusiñol, ou Sorolla que poñen á muller como protagonista nos turbulentos anos da transición entre o século XIX e XX, cando o ámbito do feminino se convirte nun dos asuntos máis tratados pola modernidade.
O director do Museo de Pontevedra Xosé Manuel Rey destacou a transcendencia e o interese temático das obras expostas, polo que augurou unha moi boa acollida entre o público que, ao seu entender, non só chegará da veciñanza e persoas visitantes da capital pontevedresa senón que de todo o país. A mostra estará aberta ata o 17 de outubro no Edificio Castelao.
‘Mulleres. Entre Renoir e Sorolla’ reúne medio cento de obras, entre elas óleos, debuxos e esculturas. Todas elas trasladan ao público á época de efervescencia intelectual e de fondas transformacións sociais do cambio de século XIX ao XX e amosan a apertura que o universo feminino comezou a experimentar conquistando novos territorios que pintores e escultores quixeron plasmar de maneira natural.
“Falamos de Renoir, Sorolla, pero tamén de Casas, Nonel, Rusiñol, Baixeras, Hugué, Palencia ou Gargallo, e outros autores, cuxas obras amosan ademais da visión máis tradicional e convencional a chegada da identidade feminina a outros ámbitos máis novidosos”, explicou Rey.
A comisaria da mostra, Helena Alonso, explicou que as obras incluídas na exposición seleccionáronse de entre a colección de Francisco Daurel, cos mellores representantes da pintura e a escultura no cambio de século. Lembrou que no momento en que destacaron estes artistas París era un centro cultural por excelencia no que a arte “permeaba” nos diferentes creadores de diferentes disciplinas.
Do interior á conquista do exterior
As obras de ‘Mulleres. Entre Renoir e Sorolla’ están estruturadas en diferentes ámbitos. O primeiro é o da representación da muller no ámbito intelectual, que toma forza no cambio de século e fai que o tema da muller lectora sexa un dos máis tratados na pintura. De feito, a finais do século XIX, segundo explicou a comisaria Helena Alonso, o índice de alfabetización feminino triplícase o que fai que se publiquen obras literarias e revistas que permiten incluso a autoformación.
Outro dos apartados é o dos espidos, que se manteñen como un dos ámbitos de representación femininos, con tres exemplos na mostra dos autores Masriera, Sorolla e un mozo Benjamín Palencia. Todos teñen intencionalidades diferentes marcadas polas tendencias pictóricas de cada momento, destacando entre eles o ‘Espido no diván amarelo’, un dos escasos espidos de Sorolla, do que se pensa que a retratada é a súa muller Clotilde, quen non deixaba que modelos posasen para os seus cadros.
Seguindo o percorrido da mostra chégase ao apartado ‘Dentro’, en referencia ao interior doméstico nas súas diferentes facetas para as mulleres, “que é o lugar onde moitos artistas seguían situando a representación do ámbito feminino”, apuntou Alonso. Pásase despois a ‘A conquista do espazo exterior’, onde se pode ver como a muller conquista a natureza, as praias, os teatros ou a propia cidade, idea claramente representada na obra de Antonio Utrillo ‘Dos Amigas’, na que se ven dúas mozas, de noite, paseando polas rúas.
O retrato é outra das seccións, debido á importancia dada pola burguesía daquel tempo, na que coexisten retratos tradicionais nos que se exaltaban valores de pureza aínda vixentes, outros nos que a moda era algo a destacar por parte dos pintores e outros con matices expresionistas.
Finalmente, confróntanse as mulleres traballadoras, moitas veces acompañadas dos seus fillos e representadas con grande dignidade, e a Arcadia Soñada, unha visión das mulleres como as responsables de transmitir valores ás crianzas que xurdiu tralo fin da I Guerra Mundial.
Para pechar a mostra, está dispoñible unha playlist de Spotify cun código QR na que se inclúen autores da época que musicalmente influíron ou se viron inspirados por outras disciplinas creativas do momento: Manuel de Falla, Berthe Sylva, Félix Mayol, Erik Satie, e incluso Manuel Quiroga. “Queremos que a persoa visitante coñeza ese período creativo no que os artistas tiñan estreito contacto”, subliñou a comisaria.
Marco Rodrigues, Katia Guerreiro, Sara Correia e Aldina Duarte são os convidados da edição 2021 das ‘Noites de Fado’ de Vila Nova de Cerveira. Reserve na agenda as noites de 6, 7, 13 e 14 de agosto. Bilhetes disponíveis na Loja Interativa de Turismo, no website da Eurocidade Cerveira-Tomiño ou no próprio dia no local.
A homenagem ao fado num registo intimista com o público volta a subir ao palco da ‘Vila das Artes’, num cenário obrigatoriamente diferente devido aos condicionalismos provocados pela Covid-19, mas um sucesso já comprovado após a realização dos concertos do Cerveira Acústica’ 21. Após reflexão e alcançados os pareceres favoráveis dos técnicos e de saúde pública, o Centro Municipal de Atletismo afigurou-se como a escolha mais correta, tendo em conta a dimensão do espaço e o facto de acolher quase 1000 pessoas, além de garantir todas as condições de segurança necessárias.
Os concertos iniciam às 22h00, com as portas do recinto a abrirem às 20h30. Os bilhetes encontram-se à venda na Loja Interativa de Turismo, na Plataforma Eurocidade Online (https://eurocidadeonline.cm-vncerveira.pt/#/home) e no próprio dia no local dos concertos com um preço de 7€, havendo ainda a possibilidade de packs para os quatro concertos, a 20€.
06 Agosto Sexta-feira – CONCERTO COM MARCO RODRIGUES
Marco Rodrigues apresenta ao vivo “Copo Meio Cheio”, o seu novo disco, sucessor de “Fados do Fado”, nomeado para um Grammy Latino. Com produção de Tiago Machado, “Copo Meio Cheio” não é um disco de fado, é um disco de Marco Rodrigues, onde a sua identidade e a sua incrível capacidade interpretativa se encontram mais definidas do que nunca. Em palco, acompanhado por um irrepreensível trio de fado e um set de bateria e percussão, Marco Rodrigues apresentará para além de alguns temas de “Copo Meio Cheio”, muitos dos sucessos que marcaram a sua carreira, como “Homem do Saldanha” e “Rosinha dos Limões” e alguns fados tradicionais incontornáveis.
07 Agosto Sábado – CONCERTO COM KATIA GUERREIRO
Produzido por José Mário Branco e gravado, entre abril e maio de 2018, o novo disco de Katia Guerreiro chama-se “Sempre” e conta com a participação dos seus músicos, companheiros de tantas viagens e aventuras pelo mundo fora naquela que é a sua principal missão e, com o seu fado, representar a música, a poesia e a alma portuguesa. A par de dois ou três temas que se podem considerar Fado Canção, na sua grande maioria o reportório deste disco parte das composições mais tradicionais do Fado. Este disco, por tudo o que tem ao seu redor, marca uma mudança na carreira de Katia, mas quando se é fadista uma vez é-se fadista sempre e cada vez mais.
13 Agosto Sexta-feira – CONCERTO COM SARA CORREIA
Em Portugal, a crítica celebrou a estreia de Sara Correia, e aplaudiram unanimemente aquela a quem chamaram a “grande voz da nova geração”. O álbum “Sara Correia” valeu-lhe, em 2019, duas nomeações na primeira edição dos prémios Play, os Prémios da Música Portuguesa, o Prémio Revelação da Rádio Festival. Neste momento, Sara Correia apresenta ao vivo o muito aclamado novo álbum “Do Coração”.Com o fado tradicional onde imprime o seu poder como ninguém, conviverão temas escritos e compostos para a sua voz, tornando-os Fados.
14 Agosto Sábado – CONCERTO COM ALDINA DUARTE
Aldina Duarte apresenta o seu mais recente trabalho “Roubados” ao vivo. Tal como acontece no disco, Aldina Duarte cria as suas novas versões a partir de originais por si “roubados” que diz serem insuperáveis; arrisca e ousa todas as alterações de modo a trazê-los para a singular autenticidade fadista, numa busca de verdade que é uma constante nas suas interpretações, recorrendo ao jogo rítmico na divisão dos versos, que sempre a fascinou, usando e abusando até do contratempo (o chamado “roubado” na gíria musical dos fadistas), relevando a música das palavras no seu sentido e na sua poesia, afirmando a sua visão destas histórias cantadas. O espetáculo integra ainda os fados que marcam o percurso de mais de 25 anos de Aldina Duarte no Fado.
O Rosal continúa co seu verán cultural cheo de actividades. O próximo sábado ás 20.00 horas a praza do Calvario acollerá ao contacontos “Xan das Ondas”, e ás 21.00 h a Asociación Folklórica Corisco ofrecerá unha actuación de danza tradicional. A entrada para ambos espectáculo é de balde e, no caso de choiva, o evento trasladarase ao pavillón municipal.
O contacontos “Xan das Ondas” ten como protagonista a Xan, un rapaz ao que lle gusta moito o mar. Unha mañá descubre que non ten ondas e parece que está moi enfermo, así que emprende unha gran aventura mergullándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá ós habitantes dos mares. Os nenos e nenas do Rosal que o acompañen nesta viaxe tamén deben preguntarse como salvar ao mar da súa doenza.
A Asociación Folklórica Corisco, fundada 1987, ten o obxectivo de enxalzar o folclore galego en toda a súa magnitude. Conta con dúas seccións fundamentais, a de baile e a de percusión. O grupo de danza que actuará o sábado no Rosal está formado por 35 persoas, divididos en parellas mixtas, e tenta reflectir en todas elas o seu amor pola cultura tradicional.
Estas actuación forma parte do proxecto Coñece O Teu Camiño, e conta coa colaboración económica da Xunta de Galicia.
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, xunto a deputados provinciais e integrantes da corporación municipal, percorreron onte as estradas EP-2502 entre Cerquido e Ribadelouro e a EP-3001 en Rebordáns para coñecer de primeira man as actuacións de mellora de seguridade viaria que se van acometer en ambas as dúas infraestruturas. Os dous proxectos, que foron presentados polo equipo de enxeñaría no Salón de Plenos do Concello, suporán un forte investimento de máis de 600.000 € que reformularán por completo as estradas para adaptalas “ao século XXI”, asegurou a presidenta, seguindo o “modelo sostible, amable, seguro, innovador e transformador, centrado na recuperación do protagonismo para as persoas” que ven impulsando a institución provincial nos últimos seis anos.
Na EP-3001 en Rebordáns o investimento ascende a 138.500 € para actuar na mellora da seguridade viaria dun tramo de 155 metros de estrada, achegando a Deputación o 80%, do orzamento, 110.800 €, e o concello o 20%, 27.700 €. No caso da EP-2502 Cerquido-Ribadelouro vanse investir 468.244 €, tamén para mellorar a seguridade, dos que a Deputación achegará o 70%, 327.771 €, e o concello de Tui o 30%, 140.473 €.
“Somos unha provincia referente en canto á mobilidade universal e recuperación do espazo público para a cidadanía, ningunha outra ten un proxecto tan potente coma o noso e ningunha outra conta coa complicidade dos concellos como a de Pontevedra”, manifestou a presidenta provincialCarmela Silva. As actuacións que se van desenvolver en Tui, segundo afirmou, seguen o modelo provincial centrado en construír “lugares para mellorar a vida da xente”. Neste mesmo eido se pronunciou o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quen fixo fincapé na importancia de “espallar máis aló do casco urbano o modelo de humanizacións ao rural”. Para o alcalde, as actuacións de mellora da seguridade viaria na EP-2502 e na EP-3001 son unha resposta “a unha reivindicación histórica da veciñanza” e tamén “o cumprimento do noso compromiso coas zonas rurais, especialmente, en zonas sensibles e con alto valor patrimonial como a de Ribadelouro pola que pasa o Camiño de Santiago”.
Os proxectos
Na EP-3001 en Rebordáns actuarase nun tramo de 155 metros para mellorar a seguridade viaria e a mobilidade peonil dotando á zona dunha zona de tránsito segura coa visibilidade adecuada. Para elo executaranse dous pasos sobreelevados, limitarase a velocidade, aumentarase o radio da curva para executar unha senda pola marxe dereita e construirase outra na esquerda. Tamén se pavimentará o treito con novo firme, realizarse pintado das marcas lonxitudinais e superficiais, instalaranse novas sinais verticais e melloraranse servizos como a rede de pluviais, de alumeado e telecomunicacións.
Pola súa banda no treito da EP-2502 entre Cerquido e Ribadelouro actuarase nun espazo moi concorrido a nivel peonil ao atoparse a Igrexa parroquial, o cemiterio e o centro cultural de Ribadelouro. A través da reforma preténdese mellorar as condicións de seguridade e mobilidade peonil, dándolle prioridade ás persoas a través dunha plataforma única adaptada ao entorno, sen diferenciación de tráficos, que manterá espazos verdes e enmarcará a contorna patrimonial con lousas de pedra. Amais o proxecto contempla o desvío do tráfico por unha vía que bordea os equipamentos públicos, a renovación da sinalización horizontal e vertical, novo pavimento, mobiliario urbano, árbores, nova iluminación e drenaxe de pluviais. Dende o 2015 a Deputación de Pontevedra investiu en Tui preto de 10 millóns de euros dos que 6,1 correspóndense co Plan Concellos e preto de dous millóns con actuacións en infraestruturas como as acometidas para a mobilidade sostible na EP-3004 (onde tamén se realizou unha obra de emerxencia no acceso á Igrexa) e na EP-2505 na parroquia de Caldelas. Ademais Tui foi un dos concellos beneficiados co Plan DepoRemse, a través do cal se realizou a mellora da seguridade viaria no núcleo da Torre en Paramos. No que respecta ao Plan Concellos, a vila puido financiar nos últimos seis anos ata 60 obras e contratar a 116 persoas desempregadas, 15 delas este mesmo ano.
O Concello de Nigrán anuncia o aprazamento dos tres concertos de Carlos Núñez no miradoiro de Monteferro este venres e sábado ao 27 e 28 de agosto ante a previsión actual de choiva. As entradas son válidas para as sesións equivalentes nas novas datas sen necesidade de facer nada, puidéndose igualmente solicitar ata o 18 de agosto a devolución dos cartos a través de Ataquilla indicando o correo electrónico desde o que se fixo a compra e o número de referencia dos tickets. Deste xeito, as sesións trasládanse para o venres 27 de agosto ás 19:00 horas (equiparable ao concerto das 20:00 do venres 6) e ao sábado 28 ás 11:00 e ás 19:00, correspondéndose estes dous coa sesión matinal ou verspertina que estaba prevista este 7 de agosto. En caso de que vaian quedando entradas libres (estaban todas esgotadas) irán saíndo á venda a través de Ataquilla.
O gaiteiro internacional, que debutou o ano pasado neste marabilloso escenario natural de Monteferro tamén con ‘sold out’ en sendas citas de ‘Lugares Máxicos’ e pese tamén a un aprazamento debido á choiva, ofrece agora estas tres actuacións en dous días que se encadran na xira conmemorativa do 25 aniversario de ‘A irmandade das estrelas.
“Carlos Núñez e o miradoiro de Monteferro forman unha simbiose insuperable e por iso preferimos aprazalo, é unha sorte contar co mellor gaiteiro do mundo no que consideramos o mellor escenario do mundo para conmemorar un disco que mudou a Historia da nosa música”, incide o alcalde, Juan González.
“O concerto de Monteferro foi a sorpresa do verán pasado para todos nós. Os artistas e o público sentimos dende a primeira nota que estabamos a vivir unha experiencia única. Como unha peregrinación musical a un paraíso frente ao mar, na que fixemos amizades que viñan de todas partes. E como unha gran familia, prometimos facer tradición e reencontrarnos un ano despois”, explica o propio gaiteiro, quen recoñece que “Monteferro é un deses paraísos onde as veces veño a tocar, na intimidade, só para min e para a natureza. Porque ten un dos solpores mais impresionantes do mundo. A diferencia cos de lugares como Bahía, Rio de Janeiro, ou California é que, mentres que alí a xente aplaude como se o sol e a terra ofrecesen un show, nós cecais sentimos ese intre como unha cerimonia. Según os nosos arqueólogos, os antigos habitantes de Monteferro e dos castros da costa de Galicia xa sabían moito de todas estas cousas”, sinala o gaiteiro, quen levará a súa xira a lugares entre outros como o Dolmen de Menga (Málaga), os Xardins da Atalaya en Jerez, a Ciudadela de Jaca, a Quincena Musical Donostiarra ou a Clausura do 50 aniversario do Festival Interceltico de Lorient.
Co obxectivo de respectar ao máximo á singularidade deste espazo natural e de facelo coa mínima intervención, só se reservarán cadeiras para persoas con problemas de mobilidade, xa que o obxectivo é gozar da música sentados no propio chan, nun ambiente íntimo e en comunión coa contorna.
Ponteareas ten moito que ensinar. O Concello quere poñer en valor os espazos de grande riqueza patrimonial do municipio organizando durante este mes dúas visitas turísticas, unha aos monumentos funerarios do cemiterio municipal, e outra ao Castro de Troña. Estas saídas son de balde e forman parte do programa “Coñece Ponteareas”, promovido pola concellaría de Promoción Económica, e a de Cultura.
A visita aos monumentos funerarios do cemiterio municipal será o próximo mércores 11 de agosto ás 19.00 horas. No Concello explican que o obxectivo desta saída cultural é dobre, por un lado dar a coñecer as figuras senlleiras de Ponteareas que tiveron a súa última morada no camposanto local e, por outro, divulgar entre o público a riqueza histórica e patrimonial que encerra este conxunto funerario. Os cemiterios son museos ao aire libre e, neste caso, o camposanto de Ponteareas é un lugar de historia viva que permite coñecer as súas personaxes máis importantes, así como, aos artistas do municipio que materializaron a súa arte en mausoleos, panteón, e lápidas.
As persoas interesadas en asistir á visita ao cemiterio municipal deben inscribirse na oficina de turismo, en [email protected] ou no 986 660 765. O prazo abriu onte.
A visita ao Castro de Troña será a o próximo 21 de agosto ás 11.00 horas. Este espazo é unha das xoias patrimoniais de Ponteareas. De grandes dimensións, e un dos castros máis importantes do país, estivo ocupado durante aproximadamente nove séculos e os seus habitantes especializáronse na explotación de recursos primarios (campo, gañado e pesca), pero tamén na minería do ferro, material no que os ferreiros funden por vez primeira a maior parte das ferramentas e das armas dos galaicos. A explotación do ouro e do estaño que, neste territorio, tiña lugar nas ribeiras dos ríos, completaba a economía deste pobo prerromano.
As inscricións para esta visita abren o 14 de agosto, e poderán realizarse da mesma maneira que as do cemiterio municipal.
A programación do verán continúa na Guarda na vindeira semana con “Estamos no Verán”, actividades deseñadas para o público infantil e que terán lugar no Auditorio de San Benito.
Por unha banda o martes 10 de agosto ás 20:30h o Auditorio de San Benito acolle un concerto infantil coa “Banda do Verán”, un espectáculo familiar totalmente participativo de música e danza, onde os máis pequenos poderán vivir o seu particular verán.
O público atopará neste espectáculo cancións creadas por Xoán Curiel co verán como protagonista e diferentes estilos: pop, reggae, bossa nova… estará presente a danza través do vínculo co público da bailarina Pia Nicoletti durante todo o espectáculo.
A Banda do Verán, é premiada cos Premios Martin Codax na Categoría Infantil e nos Frei Martin Sarmiento; ademais, o disco foi nomeado como “Mejor Álbum en Lengua Gallega” nos VI Premios da Música Independente.
Continúa a programación o xoves 12 de agosto ás 20:30h no Auditorio de San Benito co espectáculo circense “Gran Gala de Circo”, unha das especialidades de PistaCatro. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué, entre outros. O público gozará dun espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de aportar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.
A asociación de Salceda pola Infancia e a Xuventude (SAPIX) quere amosar a súa preocupación polo estado do CEP Altamira en Salceda de Caselas. Este centro construíuse no ano 1974, tendo case 50 anos, co deterioro que isto supón e que se amosa perfectamente nas fotografías que, dende o concello, lle remitiron á administración en xullo de 2020 e que fixo públicas Movemento Salceda.
O CEP Altamira ten máis de 500 alumnos. O xefe territorial, César Pérez Ares, comprometeuse a reformar os baños do centro despois da ampliación realizada no ano 2018. Antes do inicio do curso escolar 20/21, o mesmo César Ares, trasladou ao equipo directivo do CEP Altamira, que a unidade técnica estaba a traballar na renovación dos aseos, dicindo nese mesmo agosto, que se estaba a traballar para executar ese compromiso coa máxima brevedade posible.
Durante o mes de setembro do 2020, tan só se acometeron obras nos aseos da pranta baixa. Deixaron sen reformar os da primeira pranta e os do ximnasio, quedando nunhas condicións pésimas.
Se a todo isto súmaselle a situación da pandemia que se está a vivir, na que a salubridade cobra máis importancia da que xa ten en circunstancias normais, pon de manifesto a precariedade das instalacións deste centro educativo.
Son moitos os alumnos de este colexio que evitan ir aos aseos do colexio polo mal estado dos mesmos, poidendo ocasionar problemas de saúde ao ter que aguantar as gañas de ir durante toda unha mañá, o que SAPIX califica como “moi grave”.
Por iso, desde a asociación, pídenlle á Xunta de Galicia que invirta o necesario para reformar os baños do CEP Altamira.
Operarios da empresa “Naturgalia” comezaron hoxe a hidro limpeza das fachadas do Concello, iniciando os traballos polo lateral do edificio consistorial que cara á rúa Antonio Palacios. A previsión é que en sete días laborais a hidro limpeza estea rematada.
Cando seque a pedra, realizarase unha imprimación das fachadas para preservar o edificio, deseñado polo arquitecto Antonio Palacios.
A concelleira responsable de Vías e Obras, Lourdes Moure explicou que elixira estas datas porque “o mes de agosto tradicionalmente hai menos veciñanza en Porriño polas vacacións e deste xeito teremos o edificio do Concello limpo e arranxado para as festas do Cristo, na quincena final de setembro.
A ocupación de vía pública na contorna do Concello deberá terse rematada para o venres que ven, segundo as previsións da adxudicataria dos traballos.
Os traballos de conservación da casa consistorial continuarán ao longo do mes de agosto co arranxo da cuberta para resolver as filtracións que cando chove afectan ao departamento de Servizos Sociais. Na última fase, acometerase a impermeabilización da cuberta e o selado das fiestras, que remataran na primeira quincena de setembro.
Iniciado o processo de recrutamento de participantes para o projeto europeu ‘IN COMMON SPORTS + Fit, Food and Fun for Elderly’ (2021-2023), os municípios portugueses de Vila Nova de Cerveira (coordenador) e de Viana do Castelo (parceiro) têm inscritas e avaliadas, até ao momento, 69 pessoas. Atividade física monitorizada, com caráter semanal, é a fase seguinte.
Esta terceira versão das Olimpíadas Intergeracionais, candidatada ao programa europeu Erasmus + Sport, com a designação ‘In Common Sports +: Fit, Food and Fun for Elderly’, conta com seis parceiros europeus, e visa ampliar o interesse e a participação desportiva ativa entre os seniores, promovendo estilos de vida saudáveis. Estão previstas duas sessões de treino semanais para um total de 500 seniores envolvidos, num investimento de 350 mil euros a ser implementado entre 2021 e 2023.
Neste momento, os 33 participantes de Vila Nova de Cerveira já iniciaram os treinos no dia 1 de junho, duas vezes por semana com a duração de uma hora. Viana do Castelo prevê iniciar esta atividade no decorrer do mês de setembro.
O exercício físico planeado e monitorizado começa com a fase do aquecimento para, posteriormente, serem realizados exercícios específicos e treino de jogos, concluindo com alongamentos. Desde o primeiro contato, os participantes revelaram entusiasmo com o início do projeto, pois a pandemia Covid-19 condicionou a atividade física, assim como o contacto com amigos.
Liderado pelo Município de Vila Nova de Cerveira, o ‘In Common Sports +: Fit, Food and Fun for Elderly’ pretende alavancar a necessidade de aprofundar conhecimentos e consolidar a essência do projeto através de novas abordagens, mantendo a colaboração preponderante dos municípios do Alto Minho. Além de Vila Nova de Cerveira (Portugal), o consórcio é constituído por pela Comune di Cesena (Itália), Obshtina Aksakovo (Bulgária), Zoldpont Egyesulet Es Szerkesztoseg (Hungria), Universidad de Vigo (Espanha), Instituto Politécnico de Viana do Castelo (Portugal) e Public Institute for Sport Nova Gorica (Eslovénia).
O Concello de Nigrán, dentro da súa política de promoción do comercio local, colabora un ano máis coa asociación de empresarios ‘Ovalmi’ na organización da feira de oportunidades ‘Portobelo’ este domingo 8 de agosto na Alameda de A Ramallosa. Un total de 32 comerciantes da comarca ofrecerán durante todo o día (de 11:00 a 21:00 horas) os seus mellores descontos en produtos como roupa infantil, moda de home e muller, complementos, artigos de fogar, comida vegana, xeados, chuches, xoguetes…
Igualmente o Concello de Nigrán continúa mediante Portobelo coa súa campaña de promoción do comercio local ‘Eu son de mercar en Nigrán. E ti de quen ves sendo?’, de xeito que fornecerá aos comercios participantes con bolsas e material ao respecto para destacar a importancia de consumir no comercio de proximidade.
A feira estará acompañada de diferentes eventos, comezando cunha actuación da Escola de Danza Paradela ás 13:00 horas, ás 17:00 da escola DanzArte e ás 19:00 de L´Danza. Xa para rematar, ás 19:00, terá lugar o concerto de The Mirror. O grupo, con fonda raigame na comarca, nace no 2018 froito da unión de varios músicos de proxectos diferentes e con longas traxectorias que decidiron xuntase cun claro obxectivo: crear unha banda de temas propios con influencias do rock, funk e soul. Así, Tania Rodríguez (vocalista), Alejandro Vasconcellos (vocalista e guitarrista), Óscar Román (baterista), Gorio Álvarez (baixista–actualmente é Mikel Román) e Pablo Doallo (guitarrista–actualmente Rubén Carrera), formaron unha banda que lles permitiría levar aos escenarios as súas propias creacións musicais. Neste breve pero intenso período de tempo comezaron a asomar a cabeza pola escena musical miñorana e viguesa, sendo uns dos protagonistas en pasadas edicións do festival Solpor Monteferro.
As ‘Subvencións Ágora 2021’ permitirán recuperar preto de 100.000 metros cadrados de espazo público para as persoas gañándollo aos coches. Así o anunciou hoxe o deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez, quen deu a coñecer que a Xunta de Goberno deste venres aprobará axudas a 39 concellos da provincia por valor de máis de 2,2 millóns de euros para executar proxectos e obras que permitirán incrementar de forma notoria o espazo peonil existente nas vilas e transformar a provincia seguindo un modelo de calidade urbana.
Acompañado da presidenta Carmela Silva, Benítez deu conta hoxe das subvencións. Subliñou que a Deputación creou Ágora, unha rede de acción institucional cos concellos para valorizar o espazo público como un dereito fundamental das persoas e co obxectivo de poñer en marcha políticas de recuperación do espazo público e de obter resultados cuantitativos de cara a 2023. Para iso, explicou, puxéronse en marcha diversas iniciativas como a Facultade Ágora de formación técnica, o asesoramento aos concellos, e tamén as subvencións deste 2021 para incentivar a redacción de proxectos e execucións de obras seguindo as filosofías de poñer ás “persoas primeiro”.
As subvencións Ágora chegarán a 39 concellos da provincia. Segundo explicou o deputado Benítez, repartiranse 1.550.000 euros entre 31 concellos que solicitaron subvencións no Eixo 1 -para redactar proxectos-, recibindo cada un 50.000 euros; e 666.682,9 euros no Eixo 2 -de execución de obras-, con montantes de ata 100.000 euros.
Todos eles cumpriron os criterios de incrementar máis dun 50% o espazo peonil existente e crear zonas exclusivas para os peóns de máis de 300 metros, de feito, os números multiplicáronse e unha vez que se executen os proxectos do Eixo 1 obteranse máis de 82.300 metros cadrados para as e os peóns, o que supón un incremento do 231,65% no ámbito de actuación. No caso do Eixo 2, gañaranse 13.702,43 metros cadrados para as persoas, un aumento do 176,90%.
Como conclusión e dato máis simbólico o deputado de Mobilidade destacou que unha vez executados os proxectos subvencionados por Ágora a provincia vai ter case 100.000 metros cadrados gañados de espazo público para as persoas “grazas a este pequeno impulso encarnado na Rede Ágora de subvencións de 2,2 millóns de euros”. “Esa é unha consecuencia que buscaba a “Rede Ágora, incentivar aos concellos para crear espazos para as persoas”, destacou.
No Condado-Paradanta, recibiron subvención do Eixo 1 -50.000 euros- os concellos de Ponteareas, para a recuperación da contorna da Praza de Bugallal e da Casa do Concello; AS Neves, para o acondicionamento da Praza de Santa María de Liñares; Mondariz, para a humanización das prazas de España e Domingo Blanco e a rúa Ramón y Cajal; Mondariz Balneario, para a recuperación do espazo da contorna dos hoteis; A Cañiza para a humanización da rúa Antonio Facorro; e Salvaterra para a humanización da rúa Marqués de Viana; e no Eixo 2, o Concello de Covelo (86.131,79 euros) para a implantación de corredores verdes. En total recuperaranse nesta comarca grazas ás subvencións Ágora preto de 13.000 metros cadrados de espazo público.
Ágora, base dos proxectos financiados na liña 3 do ReacPon
Carmela Silva puxo moi en valor a complicidade dos concellos “que se suman ao cambio con valentía para transformar” o que fai que Pontevedra sexa “unha provincia referencia na recuperación do espazo público posto que ningunha outra ten un proxecto tan potente como o noso”. A presidenta provincial destacou que “nos últimos seis anos fomos capaces de cambiar o modelo de vilas, pobos e cidades, de facer entender que transformar significa mellorar a vida da xente, o que se fai dun xeito particular coa recuperación do espazo público”. Para Silva “recuperar o que é noso” favorecerá a todas as persoas e beneficiará especialmente ás crianzas, persoas maiores e mulleres.
Ademais, subliñou, “somos unha gran referencia en cumprimento da Axenda 2030, en todo o que ten que ver cos Next Generation e coas dez políticas panca do Goberno do Estado. Creo que estamos incluso un paso por diante porque nós centrámonos en recuperar o espazo público entendéndoo como un dereito fundamental”. De feito, o fincapé por devolverlle ás persoas os lugares que lles foron arrebatados fai que “a provincia está irrecoñecible pero a finais de 2023 o cambio vai a ser tan transcendental que seremos o exemplo a seguir”. Carmela Silva destacou tamén que “moitos dos proxectos do ReacPon e do Plan Concellos van na liña de cumprimento dos principios Ágora, o que permitirá que se cumpran os datos de recuperación do espazo público” que se esperan acadar.
Seguindo estas palabras, o deputado Benítez insistiu en que ás subvencións Ágora para a redacción de proxectos servirán de base para execución as reformas urbanas que se executarán grazas á liña 3 do ReacPon. Explicou que ao seren avisados con tempo, os concellos sabían que na convocatoria de axudas de Ágora debían apostar pola redacción de proxectos, para así telos listos para as novas axudas do plan de reactivación da provincial. Insistiu en que moitos dos proxectos subvencionados por Ágora poderán optar a axudas de fondos europeos como o IDAE ou tamén doutras institucións.
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o Pazo de Mos para presentar o I Encontro de Labores no Camiño, a proposta da Asociación de Palilleiras de Mos no marco do programa de “O Teu Xacobeo”.
A iniciativa arrancou este mesmo xoves coa inauguración da exposición “Camiño do Encaixe”, da artesá galega Ana Rosa Lista Sebe. Unha mostra que, en palabras da representante autonómica, “vencella a arte de palillar co patrimonio cultural e artístico dos Camiños de Santiago a través da simboloxía e dos edificios emblemáticos que transcorren polas rutas xacobeas”. Ao acto, tamén asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Asociación de Palilleiras do municipio, Montserrat Pereira.
Segundo desvelaron na presentación, o programa inclúe tamén a celebración de dous obradoiros “Os Camiños do Encaixe I e II”, que serán impartidos por Lista Sebe os días 18 e 19 de setembro, dirixidos a todos aqueles que queiran ben iniciarse nesta arte ou especializarse e que terán lugar no Pazo dos Marqueses.
Asemade, o 28 de agosto polos xardíns do Pazo de Mos se celebrará un desfile con prendas do Concurso de Noveis Deseñadores no que estarán presentes varias firmas galegas de moda.
Neste sentido, a delegada territorial sitúo as iniciativas que se están a desenvolver baixo o paraugas de “O Teu Xacobeo” o mellor exemplo dun Ano Santo que quere chegar a todos e todas as galegas e todos e cada un dos recunchos de Galicia. Un Xacobeo que supón un aliciente nesta saída da crise sanitaria, no que ten cabida calquera disciplina artística, cultural, musical ou deportiva, e o mellor revulsivo para a recuperación turística.
“Iniciativas como a que hoxe presentamos combinan tradición, vangarda e talento cos valores inherentes do Camiño de Santiago, ofrecendo propostas de valor diferenciado como é o caso deste I Encontro de Labores no Camiño e da exposición Camiño do Encaixe”, concluíu Fernández-Tapias.
A Concellería de Vías e Obras do Concello de Redondela, que xestiona Vicente Lamas, vén de dar inicio aos traballos de mellora e acondicionamento do firme e xestión das augas pluviais nos camiños do Galleiro e A Pelourenza, ámbolos dous na parroquia do Viso, actuación que contará cun investimento de 23.441,72 euros (IVE incluído).
Trátase de dúas vías moi utilizadas pola veciñanza e que contan cunha superficie de rodadura en aglomerado e formigón moi deteriorada polo que se procederá a un recrecido con mistura bituminosa en quente.
No camiño do Galleiro traballarase nunha longitude de algo máis de 165 metros cunha anchura media de 5,69 metros, mentres que no camiño da Pelourenza o tramo a acondicionar será de 75,20 metros cunha anchura media de 3,71 metros.
En ámbalas dúas vías os traballos inclúen as labores previas de varrido da superficie a pavimentar e demolición de recrecidos en formigón de cara a permitir a regularización da superficie para, posteriormente e unha vez preparada a zona, proceder ao estendido e compactado dunha capa de rodadura de 6 centímetros de espesor, segundo trabmos, con mestura bituminosa en quente, incluíndo a aplicación do rego de adherencia.
Dado que as labores inclúen tamén a xestión das augas pluviais, formaranse cunetas e entubado das augas pluviais coa dotación das correspondentes arquetas de rexistros e, finalmente, a posta á nova cota de tapas de pozos e as propias arquetas.
As actuacións forman parte das labores de mellora e adecuación da rede viaria municipal de cara a facilitar a mobilidade da veciñanza e garantindo as condicións de seguridade tanto para vehículos e peóns.
Case unha vintena de negocios ocuparán as rúas de Ponteareas esta fin de semana para mostrar os seus mellores produtos na IX edición da Feira de Oportunidades de Ponteareas. A Asociación de Comerciantes Tea e o Concello unen forzas para por en marcha un evento que o ano pasado non se realizou por mor da pandemia, e que nace coa intención de “promover e por en valor o comercio local”.
A feira arrancará o sábado, coincidindo co Festival Internacional de Teatro de Rúa, e estará distribuída pola Praza Maior, a rúa Oriente, e a rúa Esperanza. Todas as persoas que fagan algunha compra poderán ter acceso a un premio inmediato. Recibirán un ticket cun número que, se coincide co número asignado con algún dos agasallos, poderán trocar no momento.
O domingo as rúas de Ponteareas tamén recibirán unha concentración de coches clásicos organizada pola Asociación de Comerciantes Tea de Ponteareas. Ademais, durante todo o evento, os máis pequenos e pequenas tamén poderán desfrutar dunha serie de atraccións para facer máis levadeira a xornada de compras.
Para a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, esta Feira é unha gran oportunidade para visibilizar o “gran traballo” dos comercios de Ponteareas durante todo o ano, e a “importante labor” da Asociación de Comerciantes Tea para por en marcha un evento “moi positivo” para a economía do municipio.
O Concello de Nigrán iniciou hai tres semanas a través da empresa adxudicataria Construcciones Castro as obras para dotar ao CEIP Humberto Juanes dunha cociña industrial con capacidade para fornecer de menús a todos os centros públicos do municipio que actualmente empregan o sistema de catering da Xunta de Galicia. O investimento final será de 288.194 € con cargo ao remanente de Tesourería do Concello (o orzamento base era de 378.605 €). A nova instalación permitirá realizar máis de 570 menús diarios, tengo os colexios de Nigrán asignados 561 comensais, polo que poderá está dimensionada para favorecer a todos os centros públicos que o desexen. Tanto desde a comunidade educativa como desde o Concello consideran que prescindir do sistema de catering actual permite ter unha alimentación máis saudable porque a cociña in-situ contrarresta o uso de alimentos ultraprocesados e privilexia o uso de produtos frescos.
“A demanda partiu do CEIP Humberto Juanes pero é unha cuestión de xustiza, equidade e igualdade de oportunidades que beneficiará a tódolos colexios públicos do municipio, con este fin se dimensionou o proxecto”, incide González. Ademais, segundo consideran tamén desde a dirección do CEIP Humberto Juanes, “permitirá elaborar menús máis saudables, variados, equilibrados e axustados ao perfil do alumnado, resultando pratos máis atractivos para os cativos”.
“O Concello cumpríu co prometido e agora pedimos á Xunta de Galicia que canto antes cambie o modelo de xestión para que a empresa adxudicataria cociñe directamente aquí en beneficio da saúde dos nosos nenos e nenas”, urxe o alcalde, Juan González, quen incide en que “o modelo non é novo na comarca nin no municipio: no CEE de Panxón cocíñase tamén para o CPI Arquitecto Palacios e E.I ‘As Dunas’ con óptimo resultado” (en Vigo o caso é o Dr.Fleming, que submnistra a outros centros). “Xunto a comunidade educativa, desde o Concello temos máis que contrastado que o menú que se elabora directamente no CEE de Panxón é dunha calidade moi superior aos dos demais colexios que se nutren do sistema de catering, e non é xusto discriminar ao alumnado da ensinanza pública, estamos a falar da saúde dos nosos nenos; a Xunta non pode situar os intereses das empresas por riba da saúde pública dos nenos”, advirte González.
Así, esta nova instalación deseñada polo arquitecto nigranés Severo Fernández ocupará 490 metros cadrados dunha zona de almacén e de aulas que estaban en desuso e que contaba cunha distribución moi pouco funcional (a cociña do centro, inutilizada, carecía das instalacións e equipamento mínimo necesario para poder facer a comida, sen cámaras nin almacén de alimentos). Actualmente está xa completada toda a demolición interior e habilitouse unha nova entrada mediante rampla, polo que a obra civil rematará ao longo desta semana. O investimento inclúe a dotación mediante un equipamento acorde ás demandas actuais e a renovación e modernización das instalacións de fontanería, saneamento, electricidade, renovación do aire e seguridade contra-incendios. A nova distribución, ademais, contará con zona específica onde irán as novas cociñas, cámaras frigoríficas e almacéns ou zona de lavado e lixo.
Oia encherase de música o próximo sábado, coincidindo coa celebración de San Mamede, patrón das parroquias de Loureza e Pedornes. No marco desta festividade, o Concello programa senllas actividades: Loureza acollerá a actuación da Banda de Música da Vertula, mentres que en Pedornes terá lugar un concerto solidario de Antonio Seijo.
A primeira das citas será a da Banda de Música da Vertula (Meis) en Loureza. Celebrarase na Praza ás 13.30 horas, xusto despois da misa en honra do patrón. Seguindo os protocolos de prevención fronte á COVID-19, as prazas serán limitadas ata completar aforo, o público permanecerá sentado durante o recital e o uso de máscara será obrigatorio.
Esta actuación enmárcase dentro do programa “O País das Bandas”, promovido pola Xunta de Galicia e a Federación Galega de Bandas de Música Populares. A Escola e Banda de Música da Vertula de Paradela (Meis) ten gañado diversos certames musicais nos seus máis de 30 anos de historia. Ademais do repertorio tradicional, actualmente a agrupación está a introducir outros tipos de música: desde bandas sonoras de películas ata música pop e rock.
Concerto solidario de Antonio Seijo
Concerto solidario de Antonio Seijo en Pedornes
Tamén no día de San Mamede, pero en horario de tarde, terá lugar un recital do músico Antonio Seijo, quen actuará na parroquia de Pedornes acompañado polo seu grupo.
Violinista con máis de 30 anos de experiencia en escenarios de todo o mundo, Antonio Seijo ofrecerá este sábado un concerto moi especial, pois será solidario con Médicos sen Fronteiras.
A cita será ás 20.30 horas no Eirado de Pedornes e, ao igual que na actuación programada en Loureza, o aforo será limitado. Así mesmo, o público deberá permanecer sentado e será obrigatorio o uso de máscara, seguindo todos os protocolos de prevención fronte á COVID-19.
As ‘Subvencións Ágora 2021’ permitirán recuperar preto de 100.000 metros cadrados de espazo público para as persoas gañándollo aos coches. Así o anunciou o deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez, quen deu a coñecer que a Xunta de Goberno deste venres aprobará axudas a 39 concellos da provincia por valor de máis de 2,2 millóns de euros para executar proxectos e obras que permitirán incrementar de forma notoria o espazo peonil existente nas vilas e transformar a provincia seguindo un modelo de calidade urbana.
Acompañado da presidenta Carmela Silva, Benítez deu conta hoxe das subvencións. Subliñou que a Deputación creou Ágora, unha rede de acción institucional cos concellos para valorizar o espazo público como un dereito fundamental das persoas e co obxectivo de poñer en marcha políticas de recuperación do espazo público e de obter resultados cuantitativos de cara a 2023. Para iso, explicou, puxéronse en marcha diversas iniciativas como a Facultade Ágora de formación técnica, o asesoramento aos concellos, e tamén as subvencións deste 2021 para incentivar a redacción de proxectos e execucións de obras seguindo as filosofías de poñer ás “persoas primeiro”.
As subvencións Ágora chegarán a 39 concellos da provincia. Segundo explicou o deputado Benítez, repartiranse 1.550.000 euros entre 31 concellos que solicitaron subvencións no Eixo 1 -para redactar proxectos-, recibindo cada un 50.000 euros; e 666.682,9 euros no Eixo 2 -de execución de obras-, con montantes de ata 100.000 euros.
Todos eles cumpriron os criterios de incrementar máis dun 50% o espazo peonil existente e crear zonas exclusivas para os peóns de máis de 300 metros, de feito, os números multiplicáronse e unha vez que se executen os proxectos do Eixo 1 obteranse máis de 82.300 metros cadrados para as e os peóns, o que supón un incremento do 231,65% no ámbito de actuación. No caso do Eixo 2, gañaranse 13.702,43 metros cadrados para as persoas, un aumento do 176,90%.
Como conclusión e dato máis simbólico o deputado de Mobilidade destacou que unha vez executados os proxectos subvencionados por Ágora a provincia vai ter case 100.000 metros cadrados gañados de espazo público para as persoas “grazas a este pequeno impulso encarnado na Rede Ágora de subvencións de 2,2 millóns de euros”. “Esa é unha consecuencia que buscaba a “Rede Ágora, incentivar aos concellos para crear espazos para as persoas”, destacou.
No Baixo Miño, recibiron subvención do Eixo 1 -50.000 euros- os concellos de A Guarda, para os proxectos de humanización da rúa Joaquín Alonso; O Rosal, para a remodelación da Praza do Calvario; Salceda de Caselas, para a reurbanización da rúa Ador; o Concello de Tui, para a mellora e rexeneración na Corredera e contorna; e o Concello de Tomiño, na Liña 2 (obras) para a mellora de mobilidade entre equipamentos da rúa República Arxentina (83.017,43 euros). En total recuperaranse nesta comarca grazas ás subvencións Ágora arredor de 11.200 metros cadrados de espazo público.
Ágora, base dos proxectos financiados na liña 3 do ReacPon
Carmela Silva puxo moi en valor a complicidade dos concellos “que se suman ao cambio con valentía para transformar” o que fai que Pontevedra sexa “unha provincia referencia na recuperación do espazo público posto que ningunha outra ten un proxecto tan potente como o noso”. A presidenta provincial destacou que “nos últimos seis anos fomos capaces de cambiar o modelo de vilas, pobos e cidades, de facer entender que transformar significa mellorar a vida da xente, o que se fai dun xeito particular coa recuperación do espazo público”. Para Silva “recuperar o que é noso” favorecerá a todas as persoas e beneficiará especialmente ás crianzas, persoas maiores e mulleres.
Ademais, subliñou, “somos unha gran referencia en cumprimento da Axenda 2030, en todo o que ten que ver cos Next Generation e coas dez políticas panca do Goberno do Estado. Creo que estamos incluso un paso por diante porque nós centrámonos en recuperar o espazo público entendéndoo como un dereito fundamental”. De feito, o fincapé por devolverlle ás persoas os lugares que lles foron arrebatados fai que “a provincia está irrecoñecible pero a finais de 2023 o cambio vai a ser tan transcendental que seremos o exemplo a seguir”. Carmela Silva destacou tamén que “moitos dos proxectos do ReacPon e do Plan Concellos van na liña de cumprimento dos principios Ágora, o que permitirá que se cumpran os datos de recuperación do espazo público” que se esperan acadar.
Seguindo estas palabras, o deputado Benítez insistiu en que ás subvencións Ágora para a redacción de proxectos servirán de base para execución as reformas urbanas que se executarán grazas á liña 3 do ReacPon. Explicou que ao seren avisados con tempo, os concellos sabían que na convocatoria de axudas de Ágora debían apostar pola redacción de proxectos, para así telos listos para as novas axudas do plan de reactivación da provincial. Insistiu en que moitos dos proxectos subvencionados por Ágora poderán optar a axudas de fondos europeos como o IDAE ou tamén doutras institucións.
A veciñanza do Rosal está mostrando unha grande acollida polos composteiros individuais (COINs) que reparte o Concello. Antes da posta en marcha desta estratexia, Tabagón soamente tiña unha implantación dun 16 % , pero durante o mes de xullo máis da metade dos veciños (51,22 %) adquiriron un COIN. Por barrios, os que contan cunha maior porcentaxe de implantación son os de A Rúa da Cal e A Rúa de Abaixo, que pasaron de ter un 21,2 % e un 17 % a case un 58 % e 55 %, respectivamente.
A estratexia municipal para potenciar a compostaxe individual nas vivendas da localidade forma parte dun programa de prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos creado ao abeiro dunha liña de axudas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa Feder Galicia 2014-2020. A concelleira de Medio Ambiente, Sara Vicente, destaca que no Concello están “moi contentos coa acollida da xente, que xa se traduce nun aumento moi significativo do número de casas que xa dispoñen do seu propio composteiro. O noso obxectivo é percorrer pouco a pouco todas as parroquias e conseguir a maior porcentaxe de implantación posible”.
Dende o Concello lembran á veciñanza que aínda poden solicitar o seu composteiro a través da web municipal. Soamente quedan 200 por repartir. Teñen un volume de 400 litros e van acompañados de aireador, caldeiro e base antirroedores. Son perfectos para colocar en vivendas que conten cun pequeno espazo. Ademais, o mestre composteiro ofrecerá a información e o asesoramento técnicos necesarios para poñelo en marcha, aínda que na páxina web tamén se poden resolver as dúbidas e consultar as titoriais de montaxe das unidades.
Este venres, 6 de agosto, dará comezo a edición 2021 de Música nos Xardíns, a programación coa que o Concello da Guarda quere achegarse aos novos talentos musicais da nosa vila e contorna e que este ano incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos. En total serán tres os concertos que se desenvolverán entre agosto e setembro e polos que pasarán bandas ben coñecidas polo público guardés como Bruce Grinn ou The Charráns, acompañadas por bandas da contorna como The Mirror ou Zalomon Grass.
Esta programación parte dunha colaboración con aquelas asociacións e colectivos que ata o 2019 viñan organizando festivais de música na nosa vila, como o Rock Guardés ou o Galifornia Beat, que por mor da pandemia e as restricións e limitacións impostas para facer fronte ás actividades culturais non poden realizar os seus festivais este ano.
A primeira cita de Música nos Xardíns será este venres día 6 de agosto cun dobre concerto de Bruce Grinn e The Mirror, ás 21:00 h nos Xardins do Centro Cultural. Como ven sendo habitual o evento conta con protocolo COVID-19, sendo precisa a inscrición previa a través do enlace:https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda, e debendo seguir o concerto sentado, con mascarilla e coa distancia de seguridade preceptiva.
Bruce Grinn, é un músico independente, formado en Inglaterra onde se formou como músico tocando en bandas locais, e se estableceu en 2011 na nosa vila onde formou o grupo The Loopholes, moi ben acollido pola prensa musical galega. No 2017 decidiu embarcarse en solitario nun novo proxecto musical mais ambicioso, chegando o seu debut discográfico en 2018: Fustian Fumes. Con 8 temas de rock-alternativo eun sonido endurecido en relación aos seus traballos anteriores, o disco conta coa colaboración de varios músicos entre os que destaca Tania González Braga (The Mirror) nas voces, quen aporta solidez e calidez vocal.
En directo, Bruce, acompañado tan solo dunha guitarra acústica e algo de percusión, nos ofrecerá o seu lado mais íntimo entre a canción de autor propia do indie-folk y o rock noventero.
The Mirror
O grupo The Mirror, será o encargado de pechar a velada, co seu repertorio de temas propios con influencias do rock, funk e o soul. Este grupo, formado no 2018 unificando as diferentes traxectorias dos seus compoñentes, xa estiveron no Mercado da Música celebrado nos Xardíns do Centro Cultural, así como en diferentes festivais da provincia (Solpor no Mosteiro, Oia ou Sons do Casco, Baiona).
Proximamente anunciaranse as bandas que participarán no vindeiro concerto programado de Música nos Xardíns do 18 de setembro.
O Concello de Nigrán, en colaboración co ‘C.C.D. Bolos da Carrasca’, ofrece este venres 6 de agosto ás 22:00 horas na Praza da Carrasca o concerto de Argonat Band. O consistorio programa esta actuación para suplir a non celebración este ano da ‘Semana Cultural’, evento que a entidade suspendeu por precaución sanitaria.
Argonat Band é un grupo de R&R e Pop configurado por sete acordeóns, violín, frauta traveseira, gaita, baixo eléctrico e batería e que fai versións dos clásicos do R&R. Inclúen no seu repertorio clásicos das grandes bandas do R&R (Led Zepellig, ACDC, Mago de Hoz) ; do Pop (Bonnie M) e da música galega (Resentidos, Siniestro Total, Andrés do Barro) buscando a complicidade dun público de todas as idades. Na posta en escea afástanse da presentación clásica dos grupos de acordeonista e achéganse máis a estética do R&R con vestimentas, xogos de luces e efectos especiais propios deste estilo.
Cunha nova tempada ás portas, o Arealonga FS Chapela abre as súas inscricións para que tódolos nenos e nenas que queiran practicar este deporte poidan facelo nas distintas categorías. Para formalizar a inscrición, os interesados e interesadas poderán facelo presentándose no Pavillón Municipal ‘Manuel González Soto’ de Chapela os martes e os venres en horario de 17:00 a 19:00 horas.
O Arealonga FS contará, nesta tempada, con case que todas as categorías posibles, así as inscricións poderán facerse en biberón (2016/2017), prebenxamín (2014/2015), benxamín (2012/2013), alevín (2010/2011), infantil (2008/2009), cadete (2006/2007), xuvenil (2003/2004/2005) e sénior.
Se houbera que buscar cualificativos ao Arealonga FS estes serían “traballo, humildade e compañeirismo”, son estes adxectivos, asegura o club de Chapela “os que fan posible que funcione como unha gran familia, sendo esta a base do seu éxito”. Compre salientar que, unha vez máis o Arealonga FS fai unha clara aposta polo fútbol sala feminino, “pois grazas a elas se fixo posible algo tan fermoso fai 17 anos”.
Este ano, debido á situación sanitaria que marcou as dúas últimas tempadas, o club oferta dúas promocións para agosto: por un lado, os nenos e nenas correspondentes á categoría biberón que se inscriban durante o mes de agosto desfrutarán de todo o ano gratis; por outra banda, o resto das categorías que se inscriban no mesmo mes, contarán co pack de adestramento gratuíto.
Para máis información interesdadas e interesados poden facelo a través do teléfono e whatsapp: 662 111 339.
Ponteareas acolleu hoxe unha xornada de xogos e obradoiros no Centro Cultural de Os Muíños de Oliveira. Foi a primeira das 12 que recorrerán as distintas parroquias do municipio durante este mes de agosto.
O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, sinalou que “estas actividades pretenden que todos os nenos e nenas de Ponteareas poidan gozar do ocio ao lado das súas casas” e indicou que, despois de facer unha consulta colectiva a todos os centros, “estas actividades serán realizadas só naquelas casas culturais en que as xuntas directivas nos comunicaron que estaban interesadas en levalas a cabo”.
Ademais da xornada de hoxe, o C.C. Os Muíños de Oliveira ofrecerá máis actividades o próximo mércores 18 de 11 a 12.30 horas, o C.C. Prado recibirá aos pequenos e pequenas os venres 13 e 27 de 11 a 12.30 horas, o C.C. San Félix de Celeiros os venres 13 e 20 de 19 a 20.30 horas, o C.C. Bugarín os venres 6 e 20 de 11 a 12.30 horas, o C.C. Angoares o mércores 25 e o xoves 25 de 11 a 12.30 horas, e o C.C. Arnoso os venres 6 e 27 de 19 a 20.30 horas.
Para reservar entradas nestas xornadas será preciso contactar coas directiva dos centros culturais.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade comezou hoxe as obras de renovación integral do firme na estrada PO-552, que suporá un investimento de 1,8 millóns de euros.
Os traballos comezaron co fresado dos símbolos pintados no firme do carril bici Baiona-A Guarda, que se eliminan para unha correcta adherencia do novo firme, que se estenderá a próxima semana.
A actuación recolle a mellora integral de máis de 30 quilómetros da estrada autonómica PO-552 e dun treito da PO-325, ao seu paso polos concellos de Oia, A Guarda, O Rosal, Vigo, Nigrán e Baiona.
No marco da intervención, cun prazo de 4 meses, acondicionarase a capa de rodadura en toda a lonxitude da PO-552, en 30,4 quilómetros, reforzando a seguridade viaria.
Deste modo, deseñouse unha actuación diferenciada, segundo o estado do firme nas diversas zonas, que beneficiará principalmente ao termo municipal de Oia, xa que se renovará a senda peonil.
Nos treitos entre os puntos quilométricos 0+100 e 1+730, 2+380 e 2+950, e 17+040 e 44+400 procederase ao fresado do firme e á reposición da calzada coa correspondente rega de adherencia.
Carril-bici Baiona-A Guarda
A intervención inclúe a reposición do revestimento rugoso do carril-bici con capas de resina sintéticas, pintándose de novo no treito entre Baiona e A Guarda para que recupere a súa cor orixinal. Ao mesmo tempo, demoleranse os treitos de beirarrúas en mal estado para a súa reconstrución.
Na estrada PO-325 actuarase entre os puntos 9+670 e 9+760 e desde o 15+000 ata 15+800 con fresados e reposición do pavimento e, ao igual que na PO-552, procederase ao pintado de todas as marcas viarias horizontais e das zonas cebreadas.
A Xunta continúa traballando na conservación e no mantemento da rede viaria autonómica coa fin de proporcionarlles unhas estradas máis seguras e cómodas aos usuarios.
Tomiño continúa desenvolvendo a súa ampla axenda cultural de verán. Estes son os eventos programados para os vindeiros días. Aínda que todas as actividades son de balde, é necesario reservar praza.
Concerto de Stormy Trucks
Data: 7 de agosto
Horario: 22.30h
Idade: todos os públicos
Lugar: Praza do Seixo
Prezo: GRATIS
Stormy Trucks nace en outubro de 2018 e na súa relativamente curta traxectoria, xa tocaron intensamente por grande parte da xeografía galega, participando na edición 2019 da Rede Galega de Música AGADIC, con conciertos en salas como A Ventana, Sala Son, La Pecera o Moon Music Club ou en festivales como Feito A Man de Santiago de Compostela. Os Stormy tocan rock’n’roll; puro son e diversión. Sen trampa nin cartón, á vella usanza dos tríos clásicos de este estilo, combinando temas propios con revisións dos clásicos. Neste 2021 están a presentar o seu disco, “Damn The Storm” (Struck By Lightning, 2020), unha verdadeira descarga de boa música e enerxía.
Cine para persoas adultas ‘Cuñados’
Data: 13 de agosto
Horario: 22.30h
Idade: a partir de 7 anos
Lugar: Praza do Seixo
Prezo: GRATIS
Eduardo (Miguel de Lira) e o seu cuñado Sabonis (Xosé A. Touriñán) acaban de meter a zoca nun dos seus negocios e precisan cartos. Será Sabonis quen atope a solución ao problema secuestrando a Modesto (Federico Pérez Rey), cuñado de Alicia Zamora, a empresaria que os engañou e deixou tirados. Só hai un pequeno problema: Alicia non pensa pagar nin un euro por él. Porén, é Modesto quen urde un plan có que Eduardo e Sabonis poderán salvar a bodega familiar. Estes tres cuñados teñen todo para fracasar, pero como diría Sabonis, malo será.
Cine para persoas adultas ‘María Solinha’
Data: 20 de agosto
Horario: 22.30h
Idade: A partir de 16 anos
Lugar: Praza do Seixo
Prezo: GRATIS
María Solinha foi acusada de bruxería no século XVII e condeada á fogueira. En época actual varios veciños e veciñas da vila ensaian unha representación teatral da súa historia. O paso do tempo non serviu para que cambien moito as cousas e a protagonista sofre ecos desagradables dos vividos daquela.
As inscricións poderan realizarse chamando ao 986622001 ou enviando un correo electrónico a [email protected].
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.