7.6 C
Pontevedra
Venres, 21 de Xaneiro de 2022
Máis
    HomeComarcasBaixo MiñoAs subvencións Ágora 2021 permitirán recuperar espazo público no Baixo Miño

    As subvencións Ágora 2021 permitirán recuperar espazo público no Baixo Miño

    O deputado Uxío Benítez anuncia a aprobación de máis de 2,2 millóns de euros en axudas para 39 concellos da provincia en Xunta de Goberno da Deputación este venres

    As ‘Subvencións Ágora 2021’ permitirán recuperar preto de 100.000 metros cadrados de espazo público para as persoas gañándollo aos coches. Así o anunciou o deputado de Mobilidade e Espazo Público Uxío Benítez, quen deu a coñecer que a Xunta de Goberno deste venres aprobará axudas a 39 concellos da provincia por valor de máis de 2,2 millóns de euros para executar proxectos e obras que permitirán incrementar de forma notoria o espazo peonil existente nas vilas e transformar a provincia seguindo un modelo de calidade urbana.

    Acompañado da presidenta Carmela Silva, Benítez deu conta hoxe das subvencións. Subliñou que a Deputación creou Ágora, unha rede de acción institucional cos concellos para valorizar o espazo público como un dereito fundamental das persoas e co obxectivo de poñer en marcha políticas de recuperación do espazo público e de obter resultados cuantitativos de cara a 2023. Para iso, explicou, puxéronse en marcha diversas iniciativas como a Facultade Ágora de formación técnica, o asesoramento aos concellos, e tamén as subvencións deste 2021 para incentivar a redacción de proxectos e execucións de obras seguindo as filosofías de poñer ás “persoas primeiro”.

    As subvencións Ágora chegarán a 39 concellos da provincia. Segundo explicou o deputado Benítez, repartiranse 1.550.000 euros entre 31 concellos que solicitaron subvencións no Eixo 1 -para redactar proxectos-, recibindo cada un 50.000 euros; e 666.682,9 euros no Eixo 2 -de execución de obras-, con montantes de ata 100.000 euros.

    Todos eles cumpriron os criterios de incrementar máis dun 50% o espazo peonil existente e crear zonas exclusivas para os peóns de máis de 300 metros, de feito, os números multiplicáronse e unha vez que se executen os proxectos do Eixo 1 obteranse máis de 82.300 metros cadrados para as e os peóns, o que supón un incremento do 231,65% no ámbito de actuación. No caso do Eixo 2, gañaranse 13.702,43 metros cadrados para as persoas, un aumento do 176,90%.

    Fotografía de Rafa Estévez ©

    Como conclusión e dato máis simbólico o deputado de Mobilidade destacou que  unha vez executados os proxectos subvencionados por Ágora a provincia vai ter case 100.000 metros cadrados gañados de espazo público para as persoas “grazas a este pequeno impulso encarnado na Rede Ágora de subvencións de 2,2 millóns de euros”. “Esa é unha consecuencia que buscaba a “Rede Ágora, incentivar aos concellos para crear espazos para as persoas”, destacou.

    No Baixo Miño, recibiron subvención do Eixo 1 -50.000 euros-  os concellos de A Guarda, para os proxectos de humanización da rúa Joaquín Alonso; O Rosal, para a remodelación da Praza do Calvario; Salceda de Caselas, para a reurbanización da rúa Ador; o Concello de Tui, para a mellora e rexeneración na Corredera e contorna; e o Concello de Tomiño, na Liña 2 (obras) para a mellora de mobilidade entre equipamentos da rúa República Arxentina (83.017,43 euros).  En total recuperaranse nesta comarca grazas ás subvencións Ágora arredor de 11.200 metros cadrados de espazo público.

    Ágora, base dos proxectos financiados na liña 3 do ReacPon

    Carmela Silva puxo moi en valor a complicidade dos concellos “que se suman ao cambio con valentía para transformar” o que fai que Pontevedra sexa “unha provincia referencia na recuperación do espazo público posto que ningunha outra ten un proxecto tan potente como o noso”. A presidenta provincial destacou que “nos últimos seis anos fomos capaces de cambiar o modelo de vilas, pobos e cidades, de facer entender que transformar significa mellorar a vida da xente, o que se fai dun xeito particular coa recuperación do espazo público”. Para Silva “recuperar o que é noso” favorecerá a todas as persoas e beneficiará especialmente ás crianzas, persoas maiores e mulleres.

    Ademais, subliñou, “somos unha gran referencia en cumprimento da Axenda 2030, en todo o que ten que ver cos Next Generation e coas dez políticas panca do Goberno do Estado. Creo que estamos incluso un paso por diante porque nós centrámonos en recuperar o espazo público entendéndoo como un dereito fundamental”. De feito, o fincapé por devolverlle ás persoas os lugares que lles foron arrebatados fai que “a provincia está irrecoñecible pero a finais de 2023 o cambio vai a ser tan transcendental que seremos o exemplo a seguir”. Carmela Silva destacou tamén que “moitos dos proxectos do ReacPon e do Plan Concellos van na liña de cumprimento dos principios Ágora, o que permitirá que se cumpran os datos de recuperación do espazo público” que se esperan acadar.

    Seguindo estas palabras, o deputado Benítez insistiu en que ás subvencións Ágora para a redacción de proxectos servirán de base para execución as reformas urbanas que se executarán grazas á liña 3 do ReacPon. Explicou que ao seren avisados con tempo, os concellos sabían que  na convocatoria de axudas de Ágora debían apostar pola redacción de proxectos, para así telos listos para as novas axudas do plan de reactivación da provincial. Insistiu en que moitos dos proxectos subvencionados por Ágora poderán optar a axudas de fondos europeos como o IDAE ou tamén doutras institucións.

    COLABORACIÓNS

    Xosé Monteagudo, «Eternity»

    Xosé Monteaguro volve a sorprendernos coa súa nova novela, «Eternity», que chega a nós avalada polo premio de narrativa breve Repsol do ano pasado. Nesta ocasión o autor indaga sobre a eterna arela de transcendencia alén da morte, pois a trama desenvólvese arredor da creación dunha empresa tecnolóxica (que presta o título ao relato), ideada para preservar a memoria dos falecidos. Un auténtico cemiterio virtual ateigado de narracións do que foron as vidas dos seus inquilinos, relatadas por familiares e amigos. Deste xeito achégase á idea da morte dende unha perspectiva diferente, pois o protagonismo está na reconstrución das vidas dos mortos, no recurso da memoria como bálsamo para aliviar a perda do ser querido.

    ¡Llega el 2022! el año de los patitos… ¡esperemos que no feos!

    Ha finalizado el año 2021, ese que todo el mundo decía que iba a ser el de la recuperación, el del adiós del dichoso Covid. Ilusos. Algunos pensaban que al comenzar el 2021, con las vacunas ya comenzando a administrarse a la población, el dichoso virus iba a desaparecer cómo un mal sueño. La realidad ha resultado ser muy diferente.

    «A nena lectora» de Manuel Rivas e «De cando o Suso foi Carteiro» de Xosé Neira Vilas, dúas ideas para a ‘carta aos Reis Magos’

    É tradición neste Andel colocar algúns libros para nenos cando chegan as datas do Nadal e este ano, por aquilo de manter as nosas vellas teimas, traemos dúas obras que de seguro farán as delicias dos máis pequenos (e dos non tan pequenos, que nunca somos demasiado vellos para deixarnos enredar por unha obra ben escrita). Pertencen a dous autores que non dubidamos en considerar clásicos: Manolo Rivas e Xosé Neira Vilas, que é tanto como dicir dúas apostas sobre seguro. Teñámolos moi presentes á hora de redactar a nosa misiva aos Reis Magos.

    Rumbo al 2022

    Todos necesitamos pulsar el botón “reset” de vez en cuando, poner un punto y final y volver a empezar de cero. Sin duda, el 1 de enero es el mejor momento, o eso dice el mundo que nos rodea.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    15 POSTS0 COMMENTS
    Ángel Covelo
    6 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    8 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    55 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    38 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    4 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS