14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaMúsica nos Xardíns volve ao Centro Cultural da Guarda

    Música nos Xardíns volve ao Centro Cultural da Guarda

    Este venres, 6 de agosto, dará comezo a edición 2021 de Música nos Xardíns, a programación coa que o Concello da Guarda quere achegarse aos novos talentos musicais da nosa vila e contorna e que este ano incorpora unha ampla variedade de ritmos e estilos. En total serán tres os concertos que se desenvolverán entre agosto e setembro e polos que pasarán bandas ben coñecidas polo público guardés como Bruce Grinn ou The Charráns, acompañadas por bandas da contorna como The Mirror ou Zalomon Grass.

    Esta programación parte dunha colaboración con aquelas asociacións e colectivos que ata o 2019 viñan organizando festivais de música na nosa vila, como o Rock Guardés ou o Galifornia Beat, que por mor da pandemia e as restricións e limitacións impostas para facer fronte ás actividades culturais non poden realizar os seus festivais este ano.

    A primeira cita de Música nos Xardíns será este venres día 6 de agosto cun dobre concerto de Bruce Grinn e The Mirror, ás 21:00 h nos Xardins do Centro Cultural. Como ven sendo habitual o evento conta con protocolo COVID-19, sendo precisa a inscrición previa a través do enlace:https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda, e debendo seguir o concerto sentado, con mascarilla e coa distancia de seguridade preceptiva.

    Bruce Grinn, é un músico independente, formado en Inglaterra onde se formou como músico tocando en bandas locais, e se estableceu en 2011 na nosa vila onde formou o grupo The Loopholes, moi ben acollido pola prensa musical galega. No 2017 decidiu embarcarse en solitario nun novo proxecto musical mais ambicioso, chegando o seu debut discográfico en 2018: Fustian Fumes. Con 8 temas de rock-alternativo eun sonido endurecido en relación aos seus traballos anteriores, o disco conta coa colaboración de varios músicos entre os que destaca Tania González Braga (The Mirror) nas voces, quen aporta solidez e calidez vocal.

    En directo, Bruce, acompañado tan solo dunha guitarra acústica e algo de percusión, nos ofrecerá o seu lado mais íntimo entre a canción de autor propia do indie-folk y o rock noventero.

    The Mirror

    O grupo The Mirror, será o encargado de pechar a velada, co seu repertorio de temas propios con influencias do rock, funk e o soul. Este grupo, formado no 2018 unificando as diferentes traxectorias dos seus compoñentes, xa estiveron no Mercado da Música celebrado nos Xardíns do Centro Cultural, así como en diferentes festivais da provincia (Solpor no Mosteiro, Oia ou Sons do Casco, Baiona).

    Proximamente anunciaranse as bandas que participarán no vindeiro concerto programado de Música nos Xardíns do 18 de setembro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.