14.4 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaSalceda de CaselasSAPIX denuncia o estado do aseos do CEP Altamira en Salceda de...

    SAPIX denuncia o estado do aseos do CEP Altamira en Salceda de Caselas

    A asociación de Salceda pola Infancia e a Xuventude (SAPIX) quere amosar a súa preocupación polo estado do CEP Altamira en Salceda de Caselas. Este centro construíuse no ano 1974, tendo case 50 anos, co deterioro que isto supón e que se amosa perfectamente nas fotografías que, dende o concello, lle remitiron á administración en xullo de 2020 e que fixo públicas Movemento Salceda.

    O CEP Altamira ten máis de 500 alumnos. O xefe territorial, César Pérez Ares, comprometeuse a reformar os baños do centro despois da ampliación realizada no ano 2018. Antes do inicio do curso escolar 20/21, o mesmo César Ares, trasladou ao equipo directivo do CEP Altamira, que a unidade técnica estaba a traballar na renovación dos aseos, dicindo nese mesmo agosto, que se estaba a traballar para executar ese compromiso coa máxima brevedade posible.

    Durante o mes de setembro do 2020, tan só se acometeron obras nos aseos da pranta baixa. Deixaron sen reformar os da primeira pranta e os do ximnasio, quedando nunhas condicións pésimas.

    Se a todo isto súmaselle a situación da pandemia que se está a vivir, na que a salubridade cobra máis importancia da que xa ten en circunstancias normais, pon de manifesto a precariedade das instalacións deste centro educativo.

    Son moitos os alumnos de este colexio que evitan ir aos aseos do colexio polo mal estado dos mesmos, poidendo ocasionar problemas de saúde ao ter que aguantar as gañas de ir durante toda unha mañá, o que SAPIX califica como “moi grave”.

    Por iso, desde a asociación, pídenlle á Xunta de Galicia que invirta o necesario para reformar os baños do CEP Altamira.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.