12 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasCinco municipios, entre eles Ponteareas, recibirán achegas por case que un millón...

    Cinco municipios, entre eles Ponteareas, recibirán achegas por case que un millón de euros ao abeiro do Plan Concellos

    A Xunta de Goberno dá luz verde a investimentos da liña 1 para Marín, Vilanova de Arousa, Meis, Bueu e Ponteareas

    Ponteareas, xunto con Vilanova, Meis, Marín e Bueu, repartiránse preto de 904.100 € do Plan Concellos que mañá venres aprobará a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra e cos que poderán financiar obras de rehabilitación, mantemento, axardinamento, eficiencia enerxética ou a reforma dun centro municipal, amais de obras relacionadas con abastecemento e saneamento.

    Neste sentido a responsable provincial lembrou unha vez máis os cartos que a Deputación está destinando a este capítulo nos concellos, “polo que seguen a sorprender algunhas declaracións que, cos datos obxectivos, se demostra que non van a ningún sitio”.

    No caso concreto de Ponteareas, o Concello poderá financiar a reforma do centro municipal ASPRODICO con actuacións que comprenden entre outras cuestións a mellora da envolvente térmica e a ampliación dos servizos do local a través dunha achega de 128.200 euros.

    Vilanova de Arousa contará con 63.700 euros cos que levará a cabo o soterramento e mellora da eficiencia enerxética no seu casco urbano. Con esta achega o concello instalará novas luminarias de dimensións e tipoloxía similares ás actuais pero con tecnoloxía LED, o que aportará mellores rendementos e niveis lumínicos así como un importante aforro enerxético. Ademais, as novas luminarias terán capacidade de redución nocturna do fluxo lumínico. Finalmente a Meis chegarán 202.300 € para conectar á rede de saneamento varias vivendas situadas nos lugares de Penente, As Portelas e a Moroza e que aínda carecen deste servizo.

    Coas achegas aprobadas hoxe, o concello de Marín poderá rehabilitar o depósito de auga da Costa, que conta cunha estrutura deteriorada e unha cámara de chaves con múltiples fisuras, cunha subvención do Plan provincial de 159.900 euros. Pola súa banda, para Bueu a Xunta de Goberno deu luz verde a dúas achegas por valor de 350.000 euros. Con elas o concello financiará o proxecto de mantemento e mellora da envolvente exterior e ampliación de local no Pavillón Pablo Herbello (214.500 €); e o proxecto de axardinamento do entorno do antigo cemiterio na Igrexa de San Martiño (135.500 €) que se converterá nun espazo destinado ao uso público.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.