15.2 C
Pontevedra
Mércores, 29 de Novembro de 2023
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPonteareas pon en valor o seu territorio con visitas turísticas

    Ponteareas pon en valor o seu territorio con visitas turísticas

    O Concello organiza neste mes unha saída aos monumentos funerarios do cemiterio municipal e outra ao Castro de Troña

    Ponteareas ten moito que ensinar. O Concello quere poñer en valor os espazos de grande riqueza patrimonial do municipio organizando durante este mes dúas visitas turísticas, unha aos monumentos funerarios do cemiterio municipal, e outra ao Castro de Troña. Estas saídas son de balde e forman parte do programa “Coñece Ponteareas”, promovido pola concellaría de Promoción Económica, e a de Cultura.

    A visita aos monumentos funerarios do cemiterio municipal será o próximo mércores 11 de agosto ás 19.00 horas. No Concello explican que o obxectivo desta saída cultural é dobre, por un lado dar a coñecer as figuras senlleiras  de Ponteareas que tiveron a súa última morada no camposanto local e, por outro, divulgar entre o público a riqueza histórica e patrimonial que encerra este conxunto funerario. Os cemiterios son museos ao aire libre e, neste caso, o camposanto de Ponteareas é un lugar de historia viva que permite coñecer as súas personaxes máis importantes, así como, aos artistas do municipio que materializaron a súa arte en mausoleos, panteón, e lápidas.

    As persoas interesadas en asistir á visita ao cemiterio municipal deben inscribirse na oficina de turismo, en turismo@ponteareas.es ou no 986 660 765. O prazo abriu onte.

    A visita ao Castro de Troña será a o próximo 21 de agosto ás 11.00 horas. Este espazo é unha das xoias patrimoniais de Ponteareas. De grandes dimensións, e un dos castros máis importantes do país, estivo ocupado durante aproximadamente nove séculos e os seus habitantes especializáronse na explotación de recursos primarios (campo, gañado e pesca), pero tamén na minería do ferro, material no que os ferreiros funden por vez primeira a maior parte das ferramentas e das armas dos galaicos. A explotación do ouro e do estaño que, neste territorio, tiña lugar nas ribeiras dos ríos, completaba a economía deste pobo prerromano.

    As inscricións para esta visita abren o 14 de agosto, e poderán realizarse da mesma maneira que as do cemiterio municipal.

    LIBROS

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.

    Domingo Villar, «Síbaris»

    A morte prematura de Domingo Villar foi un duro mazazo para os amantes da literatura galega, iso é algo sobre o que coido que existe consenso a estas alturas.