14.1 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA Guarda“Estamos no Verán” chega á Guarda a vindeira semana

    “Estamos no Verán” chega á Guarda a vindeira semana

    É preciso inscribirse nas actividades previamente en www.aguarda.es

    A programación do verán continúa na Guarda na vindeira semana con “Estamos no Verán”, actividades deseñadas para o público infantil e que terán lugar no Auditorio de San Benito.

    Por unha banda o martes 10 de agosto ás 20:30h o Auditorio de San Benito acolle un concerto infantil coa “Banda do Verán”, un espectáculo familiar totalmente participativo de música e danza, onde os máis pequenos poderán vivir o seu particular verán.

    O público atopará neste espectáculo cancións creadas por Xoán Curiel co verán como protagonista e diferentes estilos: pop, reggae, bossa nova… estará presente a danza través do vínculo co público da bailarina Pia Nicoletti durante todo o espectáculo.  

    A Banda do Verán, é premiada cos Premios Martin Codax na Categoría Infantil e nos Frei Martin Sarmiento; ademais, o disco foi nomeado como “Mejor Álbum en Lengua Gallega” nos VI Premios da Música Independente.   

    Continúa a programación o xoves 12 de agosto ás 20:30h no Auditorio de San Benito co espectáculo circense “Gran Gala de Circo”, unha das especialidades de PistaCatro. Os Cabarés de PistaCatro inscríbense na mellor tradición dos espectáculos de variedades, tanto dos circos coma do music-hall, onde se poden mesturar os números de malabares, a canción, os sketchs de humor, os monólogos, as acrobacias e os pasos de claqué, entre outros. O público gozará dun espectáculo multidisciplinar e variado a cargo dun determinado número de artistas que dan o mellor de si mesmos en pequenas pezas de cinco ou dez minutos. Todo isto conducido por un mestre de cerimonias, que se encargará de fomentar a participación do público, de aportar o ton cómico e de administrar as pequenas doses de arte concentrado.

    As actividades contan cun protocolo covid-19 de seguridade e un aforo reducido polo que é preciso realizar unha inscrición previa no seguinte link: https://www.woutick.es/evento/1594/entradas-axenda-cultural-a-guarda

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.