12.5 C
Pontevedra
Xoves, 18 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasUnha fin de semana chea de eventos en Ponteareas

    Unha fin de semana chea de eventos en Ponteareas

    Esta fin de semana de Ponteareas está chea de eventos. Durante o sábado e o domingo coinciden no municipio o Festival Internacional de Teatro de Rúa (só sábado), a Feira de Oportunidades, dúas actuacións musicais nas parroquias, e un espectáculo de maxia.

    O IV Festival Internacional de Teatro de Rúa de Ponteareas rematará o sábado con catro actuacións. O día abrirá o pano ás 19.00 horas co espectáculo itinerante “Ponteareas é un conto” de EducaTeatro. Os actores comezarán nos xardíns da Xiralda, un percorrido que rematará no parque da Feira Vella. Alí, media hora máis tarde, os monicreques da Compañía Micromina Títeres contarán as súas historias ata ás 20.30 horas, momento no que os actores e actrices de Educa Teatro levarán ao público ata a Praza Maior. Lugar que acollerá o peche do festival coa actuación ás 21.00 h da Compañía Pakolas.

    O sábado tamén comeza a IX edición da Feira de Oportunidades que se prolongará ata o domingo. Case unha vintena de negocios ocuparán a rúa Oriente, a rúa Esperanza, e a Praza Maior, para mostrar os seus mellores produtos. A Asociación de Comerciantes Tea repartirá premios inmediatos e organiza unha concentración de coches clásicos para acompañar a Feira o domingo. As parroquias e os centros culturais de Ponteareas tamén poderán desfrutar da cultura en directo. O sábado ás 21.00 horas o grupo Voces de Arrieiro tocará no Torreiro de Areas, o domingo ás 13.00 h será a quenda de Unión Guláns no C.C. Antorcha Cristiñade, e o mesmo día ás 19.00 horas a Casa Cultural Cumiar acollerá o espectáculo de maxia e humor de Leo Leíño.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.