12.8 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasPreto dunha vintena de negocios estarán na Feira de Oportunidades de Ponteareas...

    Preto dunha vintena de negocios estarán na Feira de Oportunidades de Ponteareas esta fin de semana

    Case unha vintena de negocios ocuparán as rúas de Ponteareas esta fin de semana para mostrar os seus mellores produtos na IX edición da Feira de Oportunidades de Ponteareas. A Asociación de Comerciantes Tea e o Concello unen forzas para por en marcha un evento que o ano pasado non se realizou por mor da pandemia, e que nace coa intención de “promover e por en valor o comercio local”.

    A feira arrancará o sábado, coincidindo co Festival Internacional de Teatro de Rúa, e estará distribuída pola Praza Maior, a rúa Oriente, e a rúa Esperanza. Todas as persoas que fagan algunha compra poderán ter acceso a un premio inmediato. Recibirán un ticket cun número que, se coincide co número asignado con algún dos agasallos, poderán trocar no momento.

    O domingo as rúas de Ponteareas tamén recibirán unha concentración de coches clásicos organizada pola Asociación de Comerciantes Tea de Ponteareas. Ademais, durante todo o evento, os máis pequenos e pequenas tamén poderán desfrutar dunha serie de atraccións para facer máis levadeira a xornada de compras.

    Para a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, esta Feira é unha gran oportunidade para visibilizar o “gran traballo” dos comercios de Ponteareas durante todo o ano, e a “importante labor” da Asociación de Comerciantes Tea para por en marcha un evento “moi positivo” para a economía do municipio. 

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.