16 C
Pontevedra
Xoves, 25 de Abril de 2024
Máis
    HomeLouriñaMosMos acolle a presentación do I Encontro de Labores no Camiño

    Mos acolle a presentación do I Encontro de Labores no Camiño

    A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o Pazo de Mos para presentar o I Encontro de Labores no Camiño, a proposta da Asociación de Palilleiras de Mos no marco do programa de “O Teu Xacobeo”. 

    A iniciativa arrancou este mesmo xoves coa inauguración da exposición “Camiño do Encaixe”, da artesá galega Ana Rosa Lista Sebe. Unha mostra que, en palabras da representante  autonómica, “vencella a arte de palillar co patrimonio cultural e artístico dos Camiños de Santiago a través da simboloxía e dos edificios emblemáticos que transcorren polas rutas xacobeas”. Ao acto, tamén asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Asociación de Palilleiras do municipio, Montserrat Pereira.

    Segundo desvelaron na presentación, o programa inclúe tamén a celebración de dous obradoiros “Os Camiños do Encaixe I e II”, que serán impartidos por Lista Sebe os días 18 e 19 de setembro, dirixidos a todos aqueles que queiran ben iniciarse nesta arte ou especializarse e que terán lugar no Pazo dos Marqueses.

    Asemade, o 28 de agosto polos xardíns do Pazo de Mos se celebrará un desfile con prendas do Concurso de Noveis Deseñadores no que estarán presentes varias firmas galegas de moda.

    Neste sentido, a delegada territorial sitúo as iniciativas que se están a desenvolver baixo o paraugas de “O Teu Xacobeo” o mellor exemplo dun Ano Santo que quere chegar a todos e todas as galegas e todos e cada un dos recunchos de Galicia. Un Xacobeo que supón un aliciente nesta saída da crise sanitaria, no que ten cabida calquera disciplina artística, cultural, musical ou deportiva, e o mellor revulsivo para a recuperación turística.

    “Iniciativas como a que hoxe presentamos combinan tradición, vangarda e talento cos valores inherentes do Camiño de Santiago, ofrecendo propostas de valor diferenciado como é o caso deste I Encontro de Labores no Camiño e da exposición Camiño do Encaixe”, concluíu Fernández-Tapias.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.