4.5 C
Pontevedra
Martes, 5 de Decembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalContacontos e música tradicional este sábado no Rosal

    Contacontos e música tradicional este sábado no Rosal

    A entrada para ambos espectáculos é de balde e, no caso de choiva, o evento trasladarase ao pavillón municipal

    O Rosal continúa co seu verán cultural cheo de actividades. O próximo sábado ás 20.00 horas a praza do Calvario acollerá ao contacontos “Xan das Ondas”, e ás 21.00 h a Asociación Folklórica Corisco ofrecerá unha actuación de danza tradicional. A entrada para ambos espectáculo é de balde e, no caso de choiva, o evento trasladarase ao pavillón municipal.

    O contacontos “Xan das Ondas” ten como protagonista a Xan,  un rapaz ao que lle gusta moito o mar. Unha mañá descubre que non ten ondas e parece que está moi enfermo, así que emprende unha gran aventura mergullándose no máis profundo dos océanos para descubrir por que o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá ós habitantes dos mares.  Os nenos e nenas do Rosal que o acompañen nesta viaxe tamén deben preguntarse como salvar ao mar da súa doenza.

    A Asociación Folklórica Corisco, fundada 1987, ten o obxectivo de enxalzar o folclore galego en toda a súa magnitude. Conta con dúas seccións fundamentais, a de baile e a de percusión. O grupo de danza que actuará o sábado no Rosal está formado por 35 persoas, divididos en parellas mixtas, e tenta  reflectir en todas elas o seu amor pola cultura tradicional.

    Estas actuación forma parte do proxecto Coñece O Teu  Camiño, e conta coa colaboración económica da Xunta de Galicia.

    LIBROS

    Amador Castro Moure, «Pronto hei de volver»

    A emigración, como non podía ser doutra maneira, é un deses temas aos que a literatura galega volve unha e outra vez. Dende distintas perspectivas e con diferentes enfoques e intencións, forma parte troncal do noso sistema literario dende o momento en que comezou a tomar forma.

    Xosé M. Eyré, «Ou as dúas estaredes mortas»

    Moito temos falado neste mesmo espazo dos cada vez máis difusos lindes entre xéneros literarios; de como novela e relato –tamén a poesía ou o teatro– semellan lidar pola posesión de espazos que tradicionalmente lles eran alleos e que pretenden converter en propios, alimentando así unha fusión que, no fondo, non deixa de ser a procura de novas vías de expresión aínda non transitadas.

    Raquel Castro, «Sobremesas sobre versos»

    Dende fai xa varios anos, Raquel Castro é unha das habituais na literatura infantil galega, pero a maioría dos seus traballos publicados enfocábanse cara ao mundo do teatro para nenos, onde deixou pezas de excelente facturación.