11.8 C
Pontevedra
Martes, 23 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasComeza un mes de xogos nos centros culturais de Ponteareas

    Comeza un mes de xogos nos centros culturais de Ponteareas

    O Concello organiza distintas actividades e obradoiros para os nenos e nenas de todas as parroquias

    Ponteareas acolleu hoxe unha xornada de xogos e obradoiros no Centro Cultural de Os Muíños de Oliveira. Foi a primeira das 12 que recorrerán as distintas parroquias do municipio durante este mes de agosto.

    O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, sinalou que “estas actividades pretenden que todos os nenos e nenas de Ponteareas poidan gozar do ocio ao lado das súas casas” e indicou que, despois de facer unha consulta colectiva a todos os centros, “estas actividades serán realizadas só naquelas casas culturais en que as xuntas directivas nos comunicaron que estaban interesadas en levalas a cabo”.

    Ademais da xornada de hoxe, o C.C. Os Muíños de Oliveira ofrecerá máis actividades o próximo mércores 18 de 11 a 12.30 horas, o C.C. Prado recibirá aos pequenos e pequenas os venres 13 e 27 de 11 a 12.30 horas, o C.C. San Félix de Celeiros os venres 13 e 20 de 19 a 20.30 horas, o C.C. Bugarín os venres 6 e 20 de 11 a 12.30 horas, o C.C. Angoares o mércores 25 e o xoves 25 de 11 a 12.30 horas, e o C.C. Arnoso os venres 6 e 27 de 19 a 20.30 horas.

    Para reservar entradas nestas xornadas será preciso contactar coas directiva dos centros culturais.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.