13.7 C
Pontevedra
Sábado, 20 de Abril de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránNigrán colabora con Ovalmi na celebración da feira de oportunidades Portobelo, en...

    Nigrán colabora con Ovalmi na celebración da feira de oportunidades Portobelo, en A Ramallosa

    Durante todo o día a Alameda acollerá diferentes propostas culturais, entre elas o concerto de The Mirror ás 20:30 horas ou actuacións das escolas de danza L'Danzia, Paradela y DanzArte

    O Concello de Nigrán, dentro da súa política de promoción do comercio local, colabora un ano máis coa asociación de empresarios ‘Ovalmi’ na organización da feira de oportunidades ‘Portobelo’ este domingo 8 de agosto na Alameda de A Ramallosa. Un total de 32 comerciantes da comarca ofrecerán durante todo o día (de 11:00 a 21:00 horas) os seus mellores descontos en produtos como roupa infantil, moda de home e muller, complementos, artigos de fogar, comida vegana, xeados, chuches, xoguetes…

    Igualmente o Concello de Nigrán continúa mediante Portobelo coa súa campaña de promoción do comercio local ‘Eu son de mercar en Nigrán. E ti de quen ves sendo?’, de xeito que fornecerá aos comercios participantes con bolsas e material ao respecto para destacar a importancia de consumir no comercio de proximidade.

    A feira estará acompañada de diferentes eventos, comezando cunha actuación da Escola de Danza Paradela ás 13:00 horas, ás 17:00 da escola DanzArte e ás 19:00 de L´Danza. Xa para rematar, ás 19:00, terá lugar o concerto de The Mirror. O grupo, con fonda raigame na comarca, nace no 2018 froito da unión de varios músicos de proxectos diferentes e con longas traxectorias que decidiron xuntase cun claro obxectivo: crear unha banda de temas propios con influencias do rock, funk e soul. Así, Tania Rodríguez (vocalista), Alejandro Vasconcellos (vocalista e guitarrista), Óscar Román (baterista), Gorio Álvarez (baixista–actualmente é Mikel Román) e Pablo Doallo (guitarrista–actualmente Rubén Carrera), formaron unha banda que lles permitiría levar aos escenarios as súas propias creacións musicais. Neste breve pero intenso período de tempo comezaron a asomar a cabeza pola escena musical miñorana e viguesa, sendo uns dos protagonistas en pasadas edicións do festival Solpor Monteferro.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.