Máis de medio cento de persoas uníronse este venres no I Foro da Muller Galega celebrado na UNED de Tui, un lugar de encontro posto en marcha pola Asociación de Desenvolvemento Galicia Suroeste Eu Rural en colaboración co Concello de Tui co gallo do Día Internacional da Muller Rural no que recoñecer o valor das mulleres como peza fundamental para o desenvolvemento do territorio.
O primeiro paso dun foro que percorrerá os 13 concellos do territorio e que servirá “para intercambiar impresións, sumar sinerxías, tecer redes… e para que a poboación coñeza o valor que hai detrás das mans que suxeitan o rural”. Así o salientaba Sandra González, presidenta do grupo de desenvolvemento Eu Rural e alcaldesa de Tomiño, durante a xornada, na que se puideron “ver claros exemplos de mulleres valentes, talentosas, emprendedoras, impulsoras de avance que asumiron o legado de construír un rural máis igualitario”, como apuntou Ana Núñez, concelleira de Igualdade de Tui.
En total 19 mulleres emprendedoras deron a coñecer os seus 12 proxectos, iniciativas que demostran “que o rural ofrece moito máis que sector primario”. “Aos problemas de invisibilización e masculinización súmase a incertidume que ten calquera actividade económica no rural. Pero aínda con este panorama hoxe temos aquí un pequeno pero representativo exemplo do que significa emprender no rural. Porque o rural está cheo de oportunidades de emprego, só hai que detectalas e conectalas coas nosas paixóns”, asegurou Ana Laura Iglesias, deputada de Turismo e Xuventude da Deputación de Pontevedra.
Nesta mostra de emprendemento rural participación Paula Villa, de Panadería Morales (A Guarda); Olalla Fernández, Cris Grande e Silvia Álvarez, de Ño Espazo Creativo (Baiona); Nuria e Uxía Benlloch e Antía Varhas, de Las flores de Greta (Gondomar); Marta Bargiela, do Centro de Día Adiante Mos; Águeda Ubeira, de Chupipostres (Nigrán); Fé González, de Areladefe Xoiería (Oia); Ana González, María del Carmen Escobar e María del Carmen Iglesias, de A Casa da Arenca das Maruxainas (O Porriño); Selene Domínguez, de Casa do Maior A Lavandeira (Pazos de Borbén); Ana Isabel Iglesias, de Pensión Rúa do Medio (Redondela); Noelia Goce e Eva María Baz, de Eira arquitectura SCP (O Rosal); Inés Solleiro, da Residencia Siempre Cuidándote (Tomiño) e Lissete Anziani, de Kóoch Green Cosmetics (Tui).
Homenaxe
Cada ano, o Foro reservará un espazo para o recoñecemento de mulleres que son e foron pezas fundamentais para o desenvolvemento do territorio. Nesta primeira edición rendeuse homenaxe á tudense María Teresa Ubeira, por toda unha vida loitando por demostrar que existe outra forma de educar e que os nenos e nenas con problemas “son capaces de chegar a unha illa de normalidade a través da integración”. Fundadora xunto a Juan Llauder de O Pelouro, leva dende 1973 “sementando dende unha parroquia tudense un proxecto innovador o que cada neno e cada nena teñen o seu protagonismo”. Moi emocionada, Ubeira recibiu de mans de Sandra Álvarez unha escultura da artista búlgara afindaca en Tui Liliya Pobornikova.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, asegurou sentirse especialmente satisfeito con este galardón que recoñece o labor desta institución, “porque se emprender hoxe en día no rural e sendo muller é difícil, nos anos 70 era case imposible. Hoxe comezamos a pagar unha débeda histórica con Teresa e Juan, que nos fixeron partícipes dun proxecto innovador e pioneiro”.
As xornadas contaron tamén con moitos representantes dos 13 municipios do territorio que conforma Eu Rural, como a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández; o alcalde de Nigrán, Juan González; o rexedor da Guarda, Antonio Lomba; a concelleira de Mos Sara Cebreiro; a edil de Soutomaior Cristina González; ou as concelleiras de Pazos de Borbén María Dolores Santoro e Blanca Míguez.
Ante o abandono do monte, a inacción do home e o deterioro do chan xorde o proxecto “Son de Monte” impulsado por seis Grupos de Desenvolvemento Local (GDR) de Galicia, que se unen nesta iniciativa ao entenderen que o aproveitamento dos recursos naturais é o mellor xeito de coidar os montes e o rural galego. “Somos unha afirmación de optimismo que quere ser bandeira dunha vida digna no rural”.
Este proxecto de cooperación financiado polo Programa Leader Galicia 2014-2020 bota andar cunha serie de xornadas, unha delas a celebrada hoxe nas Neves, que se prolongarán durante este ano e o vindeiro para poñer en marcha diferentes experiencias nas que cada GDR traballará nunha temática concreta de xestión do monte. Así, mentres o Condado Paradanta se centra nas estratexias de recuperación dos montes queimados, tanto dende a vertente de danos materiais como na repercusión social e emocional, o Eurural traballará coas comunidades educativas en crear unha guía didáctica de concienciación cos montes, Limia Arnoia na posta en valor de determinadas especies para o seu aproveitamento forestal, Mariña Betanzos na posta en valor do monte dende o punto de vista paisaxístico, Seitura 22 no aproveitamento agroforestal para sistemas ecosostibles e Vales Orientais de Lugo no aproveitamento do colmo das súas tradicionais pallozas.
Todo isto expúxose na mañá do venres no Centro de Interpretación do Patrimonio e Cultural de Taboexa, nas Neves, nunha xornada na que participaron unhas 40 persoas procedentes destas seis zonas da Comunidade e na que deron a benvida o presidente da Comunidade de Montes de Taboexa, Óscar González; o presidente do GDR Condado Paradanta, Pablo Castillo e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez. O xerente do GDR Condado Paradanta, Paco González, foi o encargado de presentar o proxecto e os seus obxectivos remarcando “a unión dos diferentes grupos por un ben común, a posta en valor dos nosos montes”, concienciando nos diferentes usos “recreativos, deportivos, micolóxicos, paisaxísticos… máis alá do forestal”. Incidiu en que “traballaremos conxuntamente nesta problemática, cada un dende unha perspectiva diferente, para acadar a creación dunha rede de centros de valorización do monte e dunha guía de boas prácticas en cada unha desas seis temáticas”.
Plantación na lembranza dos lumes de 2017
Coincidindo a data de hoxe co dos lumes devastadores de outubro de 2017 procedeuse a, dun xeito simbólico, plantar seis árbores, especies autóctonas: loureiro, carballo, abeleira, castiñeiro, acevo e cerdeira. A continuación os participantes na xornada fixeron unha andaina e visita guiada aos petróglifos da Coutada, na mesma parroquia de Taboexa, os cales precisamente se descubriron logo dos lumes e foron recuperados e postos en valor cun proxecto do Concello das Neves financiado polo Programa Leader Galicia 2014 – 2020.
Previa á saída houbo dúas palestras, nunha o psicólogo Xavier Macías e a mestra Sabela Lahuerta falaron do proxecto de voluntariado Zona Cero, que logo de catro anos continúa a día de hoxe sobre todo moi vinculado a iniciativas coa comunidade educativa, e noutra a enxeñeira técnica agrícola Alejandra González presentou outro proxecto, nado precisamente a raíz do grupo de voluntariado, relacionado coa rexeneración ambiental e a concienciación social, a través do cal se fan sendas botánicas e plantacións nos centros educativos, entre outras accións de posta en valor dos montes.
A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou onte os participantes nos programas de voluntariado xuvenil e sénior no Concello de Mos. O Goberno galego axuda ás entidades locais na posta en marcha destas actividades enmarcadas no programa de Servizo de voluntariado xuvenil.
Os participantes do programa de voluntariado xuvenil realizan, entre outras actividades, recollida de alimentos en supermercados e o seu posterior reparto entre as persoas que máis o precisan da zona. Pola súa banda, o programa de voluntariado sénior está destinado a actividades relacionadas co fomento das TIC ou co Camiño de Santiago e o Xacobeo 2021.
A directora xeral lembrou que o voluntariado permite, non só coidar e preservar o patrimonio cultural e paisaxístico de Galicia, senón tamén compartir experiencias e que as persoas crezan e se desenvolvan en igualdade.
O Concello de Nigrán traballa xa sobre terreo para crear o primeiro parque forestal da comarca na zona que máis sufríu os incendios de 2017. Así, a través da empresa Laxes Ambiental, iniciou esta semana os traballos de roza dos sendeiros e muíños que discorren por ‘Os Matos-Río Táboas’, en Camos en Chandebrito, como parte do plan de prevención e defensa contra incendios imprescindible para comezar a desenvover este espazo natural. A limpeza, contratada por importe de 7.900 € e cunha duración máxima dun mes, intervirá en todos os seus camiños abranguendo 2 metros desde as súas arestas e comprendendo tamén as faixas ao redor dos muíños (neste caso farase de xeito manual) e respectando sempre as ábores autóctonas. Paralelamente, o Concello sacará nos vindeiros días a licitación a creación do parque por un importe de 404.189 € en dúas fases de execución (cantidade que determinou no seu momento o proxecto da consultora forestal Landra).
“O proxecto requiríu de moitísimos informes sectoriais que se retrasaron bastante máis do previsto, pero a boa noticia e que antes de que remate o ano estarase xa traballando no que será o primeiro parque forestal da comarca”, explica o alcalde, Juan González, en referencia a contratempos como a espera de 20 meses para a contestación favorable da Axencia Galega de Infraestruturas. “Será posiblemente o máis ambicioso proxecto medioambiental da comarca e a mellor lección práctica despois dos incendios de 2017. Grazas as comunidades de montes de ambas parroquias que nos cederon os terreos por 5 anos poremos en valor este bosque para darlle unha función social; ademais, o propio parque servirá de protección aos núcleos de poboación máis próximos”, resume o rexedor.
Este espazo natural, vertebrado pola fraga do río Táboas, ubicarase en 42 hectáreas de terreo totalmente calcinadas nos incendios de 2017, 30 delas foron cedidas pola Comunidade de Montes de Camos (parcelas de Castelo e As Chans) e 12 pola de Chandebrito (As Rozadas). O obxectivo común é crear un espazo de recreo libre e público, con valores naturais, culturais e paisaxísticos únicos que serán recuperados, conservados e promocionados.
Os primeiros traballos que levará adiante a empresa adxudicataria dos traballos serán a erradicación completa das especies invasoras (constituída fundamentalmente por eucaliptos e acacias) e a realización de plantacións e, nunha segunda fase, á creación de espazos públicos, restauración dun dos muíños de auga ou posta en valor dos petroglifos.
O grave incendio de 2017 asolou todo este terreo, tanto a masa arborada de eucaliptos con aproveitamento madereiro coma o bosque autóctono de ribeira e as pantacións realizadas de coníferas e frondosas. Actualmente o terreo presenta un rexenerado natural de piñeiros, eucaliptos, carballos e castiñeiros. O obxectivo é que grazas á pronta intervención humana se recupere o bosque autóctono galego propio desta fraga, cun inmenso atractivo pola gran variedade e biodiversidade de especies vexetais e animais que o forman. Así, todos os traballos irían destinados a manter un microclima húmido coa restauración da cuberta arbórea.
Igualmente, o parque forestal contempla medidas naturais de prevención e defensa contra os incendios (faixas de xestión da biomasa); de posta en valor dos elementos patrimoniais e culturais (protección dos xacementos, fundamentalmente petroglifos; ou restauración do coñecido como ‘Muíño do medio de Táboas); medidas de posta en valor dos elementos sociais e de uso público contemplando a accesibilidade para todos (creación dunha área recreativa en O Serradouro e As Rozadas, a pimeira delas inclúe zona de aparcamento; acondicionamento do miradoiro de O Castelo ou creación dunha ruta de subida ao mesmo); medidas de sinalización, promoción e interpretación dos valores do parque forestal (paneis, pictogramas, sinalizacións, códigos QR…).
Adicionalmente, os traballos para recuperar a fraga arrancarán coa eliminación das especies invasoras, corta das árbores mortas, roza manual da matogueira, tratamentos silvícolas nas frondosas existentes e replantación das mesmas. Na que será a parte central do parque, en 6,5 ha, contémplase un arboreto representativo dos bosques galegos con carballos, cerquiños, acivros, castiñeiros, loureiros e sobreiras. Ademais, en dúas zonas con abundante pedregosidade e afloramentos rochosos (5,7 ha) plantaranse carballos autóctonos para reter o terreo e, finalmente, nas dúas valgadas naturais existentes (1,92 ha do extremo sur e leste) reforestarase con frondosas autóctonas. Os usos productivos estarán tamén presentes para eliminar a producción madereira de piñeiro e eucalipto por zonas de producción de castañas, noces, cogomelos e madeiras nobles.
“É un proxecto moi ilusionante que beneficiará a toda a comarca ao gañar un bosque para o uso púbico e desfrute da veciñanza co valor engadido de que xurde das cinzas de 2017”, resume González.
O Rosal continúa a tinguirse de cor e mensaxe cunha nova intervención mural en instalacións municipais. O vindeiro martes 19 de outubro, ás 19.00 horas, a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, inaugurarán ‘Mulleres do Rosal’, unha nova intervención artística realizada polas artistas do proxecto ‘Exposta’ baseada no espírito da iniciativa ‘Revolucionando mentes’ cun deseño innovador e orixinal que fala a favor da igualdade de xénero.
O mural está dedicado a Xulia Suárez (1952-2010), Adela Álvarez (1910-2002) e Rufina Domínguez (1893-1978), tres mulleres senlleiras do Rosal e referentes nas súas épocas en diferentes ámbitos, como a cultura ou o benestar. A intervención, que contou co financiamento da Deputación de Pontevedra, poderá visitarse nun dos laterais do pavillón municipal, un espazo escollido pola súa localización idónea ao ser unha zona moi transitada co concello, céntrica, de libre acceso e cun alto impacto visual no conxunto do núcleo urbano.
Este mural é “unha nova oportunidade para devolverlle o protagonismo a aquelas persoas que o merecen ao tempo que sensibilizamos e facernos reflexionar, revolucionando mentes cara a unha sociedade máis respectuosa e empática”. “A información é a arma máis poderosa que temos para cambiar a mentalidade da sociedade xeral e para concienciar á veciñanza sobre a importancia da igualdade real e efectiva. Convidamos a todos os rosaleiros e rosaleiras a acompañarnos na inauguración, a desfrutar deste mural e a reflexionar sobre o reto colectivo que temos coa igualdade”, sinalou a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
‘Expostas’ é un proxecto formado Lorena Arévalo, Cristina Navia, Susana Maceiras e Vanesa Álvarez, dando vida a unha iniciativa froito da sinerxía entre un grupo de mulleres con experiencia e formación en socioloxía, xénero, deseño, comunicación, arte mural, arte participativo e activismo, dotando a ‘Expostas’ dun sentido máis alá do urbano e máis alá do representado.
Esta nova intervención artística forma parte do proxecto Revolucionando Mentes, posto en marcha polo Concello para dar esa “sacudida” ás veces necesaria para que as personas continúen evolucionando e avanzando.
A ponte da Hispanidade foi todo un “éxito” para o sector turístico da provincia de Pontevedra. Así o constatou o observatorio de Turismo Rías Baixas que vén de confirmar unha ocupación hoteleira media superior ao 75 % que confirma a tendencia rexistrada durante o verán que consolida á provincia como líder en Galicia e destino top de España.
A comarca de Vigo foi a que acadou a maior porcentaxe, cun 82 % de ocupación media nos establecementos hoteleiros, seguida do Salnés e O Morrazo, cun 75 %. A comarca do Baixo Miño superou o 72 %, a de Pontevedra o 71,5 %, as comarcas de Deza e Terra de Montes o 68 %, a de Caldas o 58,5 % e as do Condado e da Paradanta o 47 %. Por concellos, Baiona superou o 82 %, Vigo o 81 %, Sanxenxo e Pontevedra o 78 % e O Grove o 69,5 %.
No que respecta aos establecementos de turismo rural, a ocupación media na provincia durante a ponte foi do 65 %. Por comarcas a do Morrazo foi a que acadou a maior porcentaxe, cun 79 % de ocupación en casas rurais, seguida do Condado e A Paradanta, cun 78 %. A comarca de Pontevedra chegou ao 77 %, a do Baixo Miño ao 72 %, a do Salnés ao 67 %, as comarcas do Deza e Terra de Montes ao 54 %, a de Vigo ao 52,5 % e a comarca de Caldas ao 50 %.
Mención aparte merece a ocupación media das vivendas turísticas que acadaron un 87% durante a ponte, cunha forte presenza do turismo nacional do sur de España e da Comunidade Valenciana. Puntos concretos como Vigo, Sanxenxo, O Grove, Pontevedra, Cambados, Nigrán e Baiona chegaron ao 100% de ocupación.
Tamén foi significativa a asistencia de persoas ao Castelo de Soutomaior que, pese a estar pechado o luns 11 de outubro, chegou a recibir a 790 persoas. No que respecta ao perfil das persoas turistas que se achegan ás oficinas da Rede Info Rías Baixas tratáronse de visitantes maioritariamente españoles/as (93 %) procedentes de Madrid, Barcelona, Vizcaya e Valladolid. No caso das persoas estranxeiras (7 %) proviñan de Portugal, Alemaña, Estados Unidos, Suecia, Francia e Reino Unido. A porcentaxe maioritaria tiña entre 35 e 60 anos, aloxáronse en hoteis cunha estancia media de entre 4 e 6 días e visitáronos pola oferta cultural e de ocio.
Novo premio internacional para Sigue o teu Instinto
A provincia volve a estar de parabéns tras coñecerse que o audiovisual “Sigue o teu instinto”, co que a Deputación promocionou o turismo no 2020, ven de acadar o seu sétimo galardón ao alzarse co terceiro premio na categoría de produto turístico no Festival de Turismo de Riga (Letonia). Deste xeito, a peza producida por Esmerarte e protagonizada pola actriz Celia Freijeiro, volve a situar o territorio no mapa internacional.
“Sigue o teu instinto” comparte palmarés con unha produción grega e outra italiana nunha edición deste festival, que cumpre xa 14 anos, na que se presentaron 300 películas de 40 países. En todas elas as persoas do xurado valoraron a presentación dos filmes en diferentes categorías como a de servizos turísticos, destino turístico -nas modalidades de cidade, rexión ou país- ou vídeo de viaxe independente, ademais da xa citada categoría de produto turístico.
Con este recoñecemento a peza segue a estela de “Fame de Experiencias”, que logrou 14 galardóns, e continúa o seu percorrido polos festivais audiovisuais más prestixiosos do sector. O premio en Letonia súmase ao do “The Golden City Gate” de Berlín, como un dos mellores audiovisuais de ecoturismo do mundo; o Ouro no Festival ITTF África (Cape Town); o mellor vídeo de promoción de produto turístico no Fitur Travel Video Competition de Madrid eo Ouro no Tourism Film Festival de Turquía, ademais dos recentemente concedidos primeiro premio en Produto Turístico na categoría Blue Danubeno Silafest de Serbia e o Premio “Ouro en Produtos Turísticos / Destino Rural” no Terres Festival de Tortosa.
A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Redondela, que xestiona Alberto Álvarez, manterá durante esta semana novos encontros coa veciñanza para dar a coñecer as vantaxes da compostaxe como alternativa á xestión tradicional de residuos sólidos urbanos. Amais das actividades encamiñadas ao fomento do uso dos composteiros domésticos, os técnicos manterán reunións con veciños e veciñas para informar sobre a compostaxe comunitaria.
Así, tanto no Centro Cultural de Soutoxusto, o luns 18 de outubro, ás 19:30 horas como no Centro Cultural de San Estevo de Negros o mércores 20 de outubro, repartiránse os composteiros domésticos entre a veciñanza que o tivera solicitado e, ao mesmo tempo, os técnicos impartirán unha pequena charla informativa sobre a súa utilización e como sacarlle un maior rendemento.
Doutra banda unha actividade similar levarase a cabo o martes 19 de outubro no Círculo Recreativo Cultural de Redondela; o xoves 21 de outubro no Multiúsos do Piñeiral do Crego de Chapela e o martes 26 de outubro no Multiúsos da Xunqueira, todos ás 20 horas. Nesta ocasión, amais da entrega de composteiros, ofrecerase información sobre a compostaxe comunitaria.
A compostaxe comunitaria permite, entre outras cousas, que poidan participar na reciclaxe de residuos orgánicos domésticos aquelas persoas que non poidan optar á compostaxe doméstica –por non cumprir os requisitos ou calquera outra circunstancia– ou que simplemente non desexen contar cun composteiro individual.
Trátase, explica Alberto Álvarez, de ofrecer á cidadanía todas as ferramentas que precisan para “ben de xeito individual ou comunitario, realizar un cambio de tendencia no tratamento tradicional do lixo orgánicos conseguindo, a cambio, un abono de primeira calidade e contribuíndo a unha redución dos residuos sólidos urbanos”.
Allá por el año 2014, el lema de una gran compañía “gallega” se dejó sentir por nuestro pueblos y ciudades. Si os fijáis, lo he puesto entre comillas lo de gallega porque, de eso, lo único que tiene es el dinero de todos nosotros. Comencemos por el principio y no vamos a dar nombres porque la mayor parte de nuestros lectores ya saben o empiezan a intuir a lo que nos vamos a referir.
Año 2010, España estaba sumida en plena crisis de las subprime y Galicia no era una excepción. Se decide que para salvar a una de sus principales entidades financieras –curiosamente con sede en A Coruña y en quiebra técnica–, había que fusionarla. Candidata, la otra gran entidad gallega que, aunque no estaba bien, tampoco estaba mal. Es decir, cogemos una entidad arruinada, la fusionamos con una que está manteniendo el equilibrio por los pelos para así conseguir una entidad grande y fuerte. Quedaba claro que el día que hicieron esa ecuación en clase de matemáticas, no habían ido.
En resumidas cuentas, el resultado no fue otro que el que la lógica imponía así que no quedó otro remedio que regalarla al mejor postor; seamos francos: así fue y el resultado se está viendo ahora, porque aunque allá por el 2014 cuando apareció el actual nombre comercial de dicha entidad, que no vamos a nombrar, su lema era ‘Sentir común’ porque era el banco para todos los gallegos.
Ahora me pregunto, ¿de todos los gallegos?, si es así, ¿por qué a nuestra gente mayor le obligan a que utilicen el cajero automático para sacar el dinero de sus pensiones que tanto esfuerzo han tenido que pasar para poder cobrarlas? ¿por qué están cerrando las oficinas de los pueblos pequeños? Porque queridos lectores, no es una empresa gallega, sus dueños son de un país sudamericano, y además de eso, aunque su sede siga en Galicia, su funcionamiento es como el de la gran banca y por lo tanto, sólo buscan maximizar su beneficio y para ello, las recetas clásicas de siempre.
Para el que no las sepa, son muy sencillas. Por un lado, reducir personal –primera ley de las grandes empresas aunque tenga beneficios multimillonarios–. Segundo, prescindir de lo que se considera menos rentable, ojo, he dicho, menos rentable, porque las oficinas pequeñas de los pueblos si son rentables. Muchos locales, por no decir todos, son en propiedad por lo que no tienen gastos en alquiler, están atendidos en la mayor parte por una sóla persona, por lo que el gasto en personal es mínimo y por encima tiene el ahorro de los habitantes del pueblo, por los cuales pagan unos réditos del 0 %, si han leído bien, del 0 %, y por encima, cobrando una barbaridad en comisiones por el simple hecho de tener una cuenta abierta, así que me demuestren que no son rentables, pero claro, no se van a hacer grandes operaciones financieras que son las que dejan enormes margenes comerciales, entonces, pues no sirven.
La verdad, que cuando pienso en las antiguas cajas, un halo de nostalgia me invade, sobre todo al recordar aquellos cerditos hucha dónde se iba metiendo moneda a moneda para conseguir unos pequeños ahorros, aquellas libretas que había que llevar para actualizar, las historias que contaban con los vecinos que te encontrabas dentro del la oficina, las protestas al director cada vez que te cobraban una comisión y eso que no tenían nada que ver con las de hoy en día y alguna mala experiencia que aquí no se puede contar. Pero en el fondo, todos recuerdos, que ahora estas multinacionales se están consiguiendo cargar en su búsqueda del mayor beneficio y después por encima, presumen de ser una entidad gallega. Cada vez está más claro, las monedas en la hucha y después se van gastando en cafés y el resto de operaciones, en cualquier entidad online que no te cobre comisiones, da igual su origen, porque el sentir común, es que ya no tenemos ninguna entidad financiera gallega.
Lo que si me sigue diciendo el sentir común, es el deseo de hacer buenas recomendaciones musicales. Por un lado, una colaboración entre Deepak Chopra, kabir Sehgal y Paul Avgerinos que han creado una pequeña delicia para nuestros sentidos. Por otro lado, Andrew Colyer, un maravilloso viaje con el piano. Espero que los disfrutéis.
Cuando artistas del nivel de Deepak Chopra, kabir Sehgal y Paul Avgerinos se juntan pues surge algo cómo ‘Home’ y ¿qué es? Pues estamos ante una colección de 12 temas y 34 poemas inspirados en grupo de inmigrantes en los EEUU, desde Yo-Yo Ma, pasando por Audrey Hepburn, pasando por Albert Einstein hasta Celia Cruz.
Cómo se puede comprobar, gente de muy diversos intereses culturales, pero que han aportado grandes cosas a su país de acogida en diferentes aspectos, desde la ciencia, a la cultura.
Los compositores, o bien ellos mismos, os sus padres, también son inmigrantes y éste trabajo es un reconocimiento y agradecimiento a lo que han aportado su país.
Decir, que en éste trabajo, también colabora gente tan importante y reconocida como Jeff Oster, todo un placer escucharlo, o Kevin Braheny, otra pequeña maravilla.
Sin lugar a dudas, un precioso trabajo que merece la pena escuchar y poder tener en las manos, ya que al disco le acompaña un libreto con todos los poemas, un precioso disco para degustar con todos nuestros sentidos.
Tengo que reconocer que desconocía a Andrew Colyer hasta que cayó este trabajo en mis manos, pero cuando te pones a investigar un poco y te enteras que ha trabajado y colaborado con artistas del rock / pop de al categoría de Tony Levin, Jon Anderson, The Tubes, Frank Wyaatt, Max Flyer, Rian Adkinson, Awaken y con las bandas de Rock Circuline y Downing Grey, pero además, cómo excelente pianista que es, también ha sacado trabajos en solitario dentro de otros estilos cómo el caso del disco que hoy os presentamos.
‘Mists of Time’ es un trabajo que se podría englobar en el estilo de artistas como George Winston o Peter Kater, es decir, dentro de la música instrumental contemporánea o cómo muchos la conocen también, cómo new age.
Dividido en doce composiciones, algunas de ellas de Brian Eno, otras improvisadas, el disco se va moviendo entre temas más ambientales (los inspirados en Brian Eno) y otros temas donde el pianos es el rey y el instrumento predominante. He de reconocer, que personalmente los temas dónde se ha unido las partes más ambientales con el piano, han quedado muy bellos, creandos preciosos paisajes musicales, de esos que apetece escuchar en unos tiempos tan convulsos como los que estamos viviendo.
Sin lugar a dudas, un precioso trabajo para degustar tranquilamente y cerrar los ojos, para dejarse llevar y olvidar lo que nos rodea.
PS.: Todavía no hay ningún vídeo disponible, así que os dejo con otro precioso de piano.
Todo comenzó hace muchos, muchos años, cuando Caracola aun vivía feliz, en el fondo del mar. De todas las princesas marinas que habitaban en las profundidades, ella era la más querida y la preferida de Océano, el Señor de todos los mares, y como tal, poseía todo aquello que pudiera desear: Perlas nacaradas de tonalidades increibles, tesoros submarinos, barreras de coral, playas infinitas de arenas finas; incluso bandadas de peces multicolores, capitaneados por delfines, que desfilaban ante ella, mientras realizaban complicados ejercicios acrobáticos.
Bien cierto es, que aunque se tenga todo, nunca es suficiente. Poco a poco, Caracola comenzó a languidecer. Ya no disfrutaba con nada y todo le aburría. Buscaba algo más; algo diferente; algo lo suficientemente fuerte e intenso, que la sacudiese de la cabeza a los piés y rompiese aquella sensación de felicidad falsa, plácida y prefabricada, que la rodeaba por todas partes.
Caracola siempre había cantado muy bien y cada vez que lo hacía, las criaturas del fondo marino se congregaban a sus pies para escucharla. Sin embargo en los últimos años, sus melodías se habían ido tiñendo de un aire triste y melancólico, semejante al de un viejo blues.
—¿Porque estás triste, si todos te queremos? —Preguntaban los habitantes marinos. Entonces Caracola callaba y una sombra cruzaba el rostro de Océano.
Fué entonces cuando apareció Ácido, aunque este no era más que uno de los muchos apodos, quizás el más popular, con el que se le conocía en todo el mundo. Su verdadero nombre no era otro, que Luz y Sonido Diferente, abreviado habitualmente como LSD. Su llegada al reino de Caracola, fué algo que siempre permaneció envuelto en el misterio. Unos decían que había sido arrojado de un barco mercante en el que viajaba con destino a algún puerto lejano, ante el abordaje inminente de una patrulla militar; otros, que había sido el mismo, quien había decidido largarse, al convencerse de que los seres humanos no estaban preparados para recibir sus dones. El caso es que cuando apareció, todo cambió a su paso. Las gotas del mar irradiaban un brillo fluorescente, las medusas semejaban un poco más transparentes que antes; incluso las olas, parecían moverse a un ritmo diferente. Esos y otros muchos prodigios se sucedieron a su llegada. Fué entonces, cuando los peces aprendieron a volar; aunque ahora, ya sólo sean unos pocos, los que aun conservan el secreto.
Caracola percibió los cambios y quedó prendada del recién llegado. Luz y Sonido Diferente era justo lo que buscaba, alguien distinto, capaz de sorprenderla y de hacer de cada momento, un instante único e irrepetible. Durante un cierto tiempo, recuperó la felicidad perdida y los dos vivieron en perfecta armonía. La realidad semejaba no tener más límites que los de su propia fantasía. L.S.D. chasqueba los dedos y como por arte de magia aparecían catedrales rosas, que se elevaban desde las profundidades abismales, hasta la superficie del mar; melodías sublimes, compuestas a base de colores y poemas con olores y sabores, que flotaban en el agua, como nubes de algodón.
Pero por desgracia, la felicidad no duró mucho. Casi nunca lo hace. Océano es un amante demasiado celoso y posesivo, que no admite rival posible y la única ley que acata, es la suya propia. Su amor tenía fecha de caducidad fija. Los dos sabían que más temprano que tarde, Luz y Sonido Diferente, estaba condenado a desaparecer, a disolverse en él agua, igual que ella, igual que todos.
Sucedió durante una de las peores tormentas que se recuerdan, desde el principio de los tiempos. Fué un combate épico, como nunca antes se había visto, y seguramente, como nunca más se verá. La derrota estaba anunciada, de antemano. Pero antes de que sucediese el fatal desenlace, Luz y Sonido Diferente tuvo tiempo de despedirse de Caracola y de todos los allí presentes, con un espectáculo sin igual. A las olas que lanzaba Oceano, enormes como rascacielos, opuso murallas de colores fluorescentes, como nunca antes se habían visto; a los rayos, truenos y vientos huracanados, escalas musicales, con instantes de calma y felicidad plena. Oceano enfureció y lanzó a la carga, a sus terribles corrientes submarinas. Ácido no se inmutó y respondió con una bandada de peces voladores y acróbatas, que danzaron sobre ellas. Durante unos segundos pareció incluso que podía ganar. Pero sólo fué un espejismo. Poco a poco, las fuerzas de Ácido menguaron y comenzó a disgregarse, a disolverse en la inmensidad marina; hasta que finalmente, terminó por desaparecer la última de sus moléculas. Entonces Océano supo que había ganado y bramó durante tres días y tres noches, con la furia y la alegría que producen las grandes victorias.
Desde entonces, ya han transcurrido muchos años y Caracola continúa cantando, al mismo tiempo que llora. Tantos años, que la amargura que brota de su interior ha terminado por convertirl su preciosa voz, en algo semejante al graznido de un cuervo. El blues resuena ronco y triste, y a buen seguro, que mañana lo será un poco más. De vez en cuando, una fugaz sonrisa atraviesa su rostro. El recuerdo de un instante pasado con él. Entonces, Océano frunce el ceño. Se produce un instante de silencio y el blues, un poco más triste y ronco que antes, vuelve a comenzar.
As vilas e cidades que recuperan o seu espazo público para as persoas son “máis eficientes” e xeran “dinámicas ascendentes” que se retroalimentan: canto máis atractivas son para vivir, máis poboación incorporan, máis melloran economicamente, son máis interesantes para os investimentos e ademais funcionan de maneira máis cohesionada e con maior inclusión social.
Esa foi unha das principais conclusións do noveno seminario da Facultade Ágora sobre o espazo público, que hoxe levou o título de ‘Localidades atractivas’, e que fixo unha clara defensa dos cambios que se producen na vida da cidadanía cando se aposta por estratexias de vilas compactas, complexas e nas que se busca a calidade urbana e unha vida “visible” nas rúas e prazas.
“En que cidades queremos vivir?” foi unha das preguntas que se puxeron sobre a mesa e o punto de partida para as intervencións do técnico estadounidense Jeff Speck, o catedrático en Economía José Luis García Delgado, e o enxeñeiro Jesús Gómez Viñas, que coincidiron ao asegurar que o deseño urbano condiciona de maneira drástica o desenvolvemento da economía e a sociedade.
Jeff Speck, o recoñecido urbanista autor do libro ‘Walkable cities’, dirixiuse ás persoas asistentes á Facultade Ágora dende Boston na que foi a súa primeira intervención en exclusiva para España. Subliñou que as cidades europeas teñen moitos pasos gañados ás cidades americanas pola súa concepción urbana e puxo sobre a mesa exemplos do que non se debe facer, que resumiu no concepto das cidades dispersas que precisan do automóbil para todo.
Speck, ante unha fotografía na que se vían persoas entrando nun ximnasio subidas a unha escaleira mecánica, apuntou que é preciso que a cidadanía volva dar sentido a camiñar, tanto por cuestións de saúde, de ecoloxía e de economía. Indicou que nos USA a cultura do motor está a decrecer e, en termos de liderado, comezando a darse conta de que é preciso darlle a volta ao modelo e apostar pola camiñabilidade.
En canto ás localidades atractivas, Speck destacou que as cidades que máis invisten en recuperar os seus centros e espazos urbanos son “as que conseguen maior eficiencia”. Indicou que “se as cidades se deseñan arredor dos coches o resultado será que acabarán chocando uns cos outros”, algo que en EE UU provoca ademais que “o soño americano torne en pesadelos, porque as clases máis desfavorecidas destinan o 40% da súa renda ao transporte”.
En canto á mellora na economía grazas á aposta por cidades ‘vivibles’ e recuperadas para as persoas, Speck relatou que os centros comerciais que os Estados Unidos exportaron dende hai décadas a outros países, agora mesmo -incluso antes da COVID- están morrendo e na bancarrota mentres que o comercio local está a despuntar. O motivo, segundo explicou, é que os modos de compra están a mudar: a xente que merca por prezo faino en liña a través de internet e a que compra pola experiencia busca espazos atractivos para facelo.
“O pasatempo número un dos americanos é ir de compras (…) e queren estar nun ambiente que resulte emocionante, que resulte auténtico, que estea cheo de vida, e non parece ser tan interesante hoxendía esa experiencia artificial dun centro comercial. Compran por pracer e están máis interesados na vida, na variedade e na autenticidade dunha rúa de compras no centro. O comercio de venda polo miúdo, incluso despois da COVID, está a volver ás nosas rúas principais de forma eficaz, mentres que os centros comerciais están en declive”, insistiu.
O catedrático García Delgado explicou na Facultade Ágora que o espazo público de calidade é chave, xunto á vivenda, para atraer poboación ou expulsala dunha localidade. Segundo o economista, cando se dan pasos para a mellora dos espazos creando localidades atractivas prodúcese unha dinámica ascendente xeneralizada: a calidade urbana atrae a persoas mellor formadas, o capital humano alto atrae investimentos, e estes e as persoas profesionais atraen a localización de sectores de alta tecnoloxía. “Canto mellor calidade do espazo público, mellor calidade da cidade, máis atracción de persoal moi cualificado e máis acumulación de capital humano que atrae sectores máis puxantes, máis produtivos, con densidades tecnolóxicas maiores”, salientou.
Pola súa parte, o enxeñeiro pontevedrés Jesús Gómez Viñas, responsable técnico da reforma urbana en Pontevedra, relatou que o goberno local da cidade do Lérez tiña o obxectivo de mellorar a calidade urbana e a vida da cidadanía cando chegou á Alcaldía en 1999 e implicou a todos os departamentos municipais e a todas e todos os funcionarios: non só á equipa de enxeñería urbana, senón tamén á parte xurídica, á Policía Local, ao servizo de Cultura, Deportes, e Festas que organizan eventos na rúa, e a todos e cada un dos servizos. Dende entón o municipio de Pontevedra sumou poboación, conta cunha das maiores proporcións de xente moza de Galiza, ten un goberno local que resiste mellor que noutros puntos fronte ao comercio electrónico e está considerada unha das cidades exemplo de modelo urbano en todo o mundo.
Jeff Speck: Canto máis se conduce, máis posibilidades de divorcio
O urbanista Jeff Speck puxo por diante que o enfoque das cidades que primou a mediados do século XX nos Estados Unidos, con zonas de usos únicos en lugar de mixtos, estaba claramente equivocado. “Temos zonas de colexios, zonas de vivenda, zonas de comercios, zonas de traballo… que cada vez estaban máis lonxe unhas doutras e cada vez precisaban aparcamentos máis grandes que as propias instalacións pola obriga de ir sempre en coche. Iso é de volverse tolo, frustrante. Temos estudos que nos din que canto máis conducimos máis posibilidades temos de divorcio”, afirmou.
O custe deste modelo a nivel económico, criticou, esixe ademais investimentos persoais, custes administrativos “xigantescos” en infraestruturas. “A solución é que se conduzan menos coches e que haxa transporte dispoñible. A revolución nas cidades americanas hoxendía está a ser a bicicleta e a creación de instalacións protexidas reducindo os carrís de circulación”.
Speck fiou o cambio de modelo e de preferencias de mobilidade á concienciación dos líderes políticos, pero tamén ao cambio xeracional que nos USA está buscando volver ás cidades fronte ás urbanizacións diseminadas. “Hai que conseguir que a xente volte aos centros urbanos en lugar de construír máis. Temos que intentalo e investir máis en restaurar máis eses centros e espazos públicos”, sentenzou.
José Luís García Delgado: Mellorar a calidade da cidade é mellorar a democracia
O catedrático en Economía García Delgado coincidiu con Speck na obrigada elección da cidade compacta e complexa que deben facer as Administracións públicas para potenciar que todos os servizos estean preto, os administrativos e recreativos, os profesionais e os domésticos, fronte á cidade dispersa.
Subliñou que o espazo público -do que dixo “afortunadamente a Rede Ágora e a Facultade Ágora insisten en que é un dereito equivalente á sanidade ou educación”- é un test para a cidade. “Dígame vostede que calidade de espazo público ten e direille que cidade é, e falo da calidade tanto por configuración como por uso, entendido como o xeito que ten a cidadanía de apropiarse do espazo público e participalo, de facer do espazo público un lugar de encontro e creativo no que ter relacións sociais e ordes de convivencia”, insistiu.
Neste sentido, fixo un chamamento ás e aos responsables políticos presentes no seminario Ágora, asegurando que “mellorar o espazo público, a habitabilidade é mellorar as relacións entre as persoas e polo tanto a democracia”.
Delgado engadiu que a cidade compacta e complexa, para ser unha “cidade desexable”, debe ter tamén outro ‘C’, o da cohesión social. Segundo afirmou, o grande reto de hoxe non só é o climático, para o que a cidade compacta e complexa pode axudar, senón tamén a loita contra a desigualdade. “Ata agora a evidencia empírica é que cando máis medra a cidade máis desigualdade hai e máis tendencia aos enclave ou guetos”.
Terminou o seu relatorio cun eloxio da cidade de Pontevedra, da que dixo ten un patrimonio histórico extraordinario, “pero tamén cunha dimensión e unha calidade de servizos moi alta como se recoñece reiteradamente nos últimos anos con distincións de orde internacional”. “Alguén dixo que o futuro non será Tokio senón Pontevedra, serán máis cidades como esta. Ogallá sexa así. Porque Pontevedra é capital, berce de grandísimos arquitectos do século XX, Alejandro de la Sota, de Antonio Palacios… e aínda que só sexa por iso Pontevedra ten que puxar por ser unha cidade exemplar”, finalizou.
Jesús Gómez Viñas: O espazo público, unha cuestión de mentalidade
O técnico do Concello de Pontevedra presentou en Ágora o programa técnico que se aplicou no municipio en 1999 buscando cumprir co programa de goberno do equipo chegado á Alcaldía: mellorar a calidade de vida das persoas habitantes de Pontevedra a través da mellora da calidade urbana. Pero unha calidade urbana entendida non só a través dos espazos e materiais empregados, senón tamén a través da mellora da situación económica, de recuperar o patrimonio histórico, fomentar a autonomía dos rapaces, mellorar a mobilidade das persoas maiores e discapacitadas ou mellorar ambientalmente.
Segundo dixo, o obxectivo de mellorar a vila nunca está acadado, xa que agora mesmo en carteira 12 proxectos de reforma de rúas , ademais de que dende hai anos estase a estender o modelo urbano ás parroquias do rural fomentando as áreas de centralidade.
Sobre as reticencias á hora de implantar un modelo como o de Pontevedra ou o equivalente modelo Ágora da Deputación, Gómez Viñas fixo fincapé en que “é unha cuestión política e de mentalidade da poboación”. “O alcalde de Pontevedra tivo a valentía de asumir o compromiso adquirido coas persoas votantes e puxo en marcha o seu programa sabendo que aos catro anos ían examinalo”, explicou, para indicar que o persoal técnico está preparado para facer o que se fixo en Pontevedra e o contrario, que haxa máis espazos para o automóbil.
Salientou que a recuperación do espazo público non é unha cuestión ideolóxica, senón unha cuestión de mentalidade. “Hoxe case ninguén pon en dúbida que o que se fixo en Pontevedra é o que hai que facer no resto de cidades, pero cando comezamos ninguén pensaba así. Hoxendía ningún cidadá de Pontevedra estaría disposto a dar marcha atrás”, finalizou.
Oia continúa coa súa aposta polo embelecemento de espazos públicos a través dos coloridos traballos do artista Flix, quen vén de rematar unha nova creación en Torroña (Burgueira). Trátase dun mural con alusións aos traballos do agro e situado no recinto do antigo xogo de bolos.
Esta nova mostra de arte urbana en Oia é a segunda obra de Flix en Torroña e a sétima que o artista realiza no municipio. A temática inspírase nalgúns dos traballos tradicionalmente desenvolvidos polas mulleres e homes do rural, con alusións a labores agrícolas (medas, hórreos) e gandeiros (ovellas).
Entre 2017 e 2020 a colaboración entre o Concello de Oia, o artista Flix, o colectivo ProxectoEwa e Pinturas Proa tense materializado na realización dun total de 6 pinturas murais en diferentes puntos da localidade: dúas na baixada ao Mosteiro (nas bases da ponte sobre a que pasa a estrada xeral PO-552), outras dúas no colexio Mestre Manuel García, unha no campo de fútbol municipal e outra no lugar de Torroña.
Agora, en 2021, o repertorio amplíase cun novo traballo, tamén en Torroña. Este conxunto de pinturas conforma toda unha ruta para visitar o concello a través da súa colección de mostras de arte mural.
A florista mosense Noelia Sías Villaverde, traballadora de Floristería Lola, participou do 29 de setembro ao sábado 2 de outubro no ‘MAF’, concurso nacional do Mellor Artesán Florista que se celebrou en Burgos; obtendo o segundo posto, por detrás do sevillano Julio Boza.
Foi unha final complicada, con pouco tempo para un traballo difícil e uns contrincantes de nivel. Sías logrou así a segunda prata nesta competición, tras ter quedado subcampioa en 2019 (no ano 2020 non se celebrou por mor da pandemia da COVID-19). E para felicitala por este novo éxito o Concello de Mos organizou unha recepción na súa honra que se celebrou esta mañá no salón de sesións da Casa Consistorial mosense coa presencia da alcaldesa, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, Juan Lago de Floristería Lola e demais membros da Corporación Municipal.
Así que, tras o parón do ano pasado, este ano a mosense Noelia Sías volveu participar no ‘MAF’ volvendo a facerse co título de segunda mellor florista de España.
Noelia Sías é veciña da parroquia de Mos e traballa en Floristería Lola. A florista mosense destaca da súa empresa “as facilidades e colaboración que sempre me dan para que poida formarme, facer cursos novos, participar en competicións como esta… é algo moi de agradecer e que non é frecuente en todas as empresas”. Floristería Lola leva máis de 37 anos en activo en Mos e, tal e como declaraba a rexedora local mosense, “é un referente en toda a provincia de Pontevedra, do que nos sentimos enormemente orgullosos”.
Arévalo declarou sobre este novo título de Noelia que “é un orgullo para Mos, sendo ademais o Concello da rosa, contar entre a nosa veciñanza coa segunda mellor artesá florista de España en dúas edicións consecutivas do concurso nacional”. A alcaldesa felicitouna por presentarse e quedar novamente 2ª nesta importante competición e animouna a seguir levando o nome da localidade mosense ao máis alto do mundo da flor.
Sías, que é veciña da parroquia de Mos, leva 22 anos vinculada ao mundo da floristería. Actualmente, e dende fai case 15 anos, traballa en Floristería Lola, tamén de Mos, e formouse nalgunhas das mellores escolas nacionais do sector florista.
Entre os seus mestres figuran nomes tan destacados a nivel nacional como os de Juan Chamorro, Roberto Silbosa, Daniel Santamaría ou María Jesús Miranda e tamén algúns referentes internacionais como Gregor Lersch, Per Benjamin ou Vadim Kazansky.
O xurado do MAF avalía en cada unha das probas do concurso aspectos como a técnica, a limpeza, a rapidez, a cor, o estilo actual, a dificultade de elaboración, a actitude dos floristas ou o compañeirismo. Dúas das probas son en grupo e os participantes teñen un tempo máximo especificado para completar cada unha delas.
A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra o vindeiro luns, 18 de outubro, o Día das escritoras coa celebración dun encontro de dúas escritoras, Conchi Regueiro e María José Areal, no que nos ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres. Este encontro terá lugar na Biblioteca Municipal tudense ás 20 h.
María José Areal é unha escritora de Valença cunha ampla traxectoria, especialmente no ámbito poético, a súa última obra é Assim me deito, Assim me levanto, profesora xubilada é tamén a coordenarida do Club de Lectura ‘Chá con Palavras’ de Valença, así como dos de Caminha e Vilanova de Cerveira.
Outras obras súas son: Pedaços de mim, -1999 – Poesia, À deriva, -2004 – Poesia, Sabor a sal e a mel, – 2006 – Poesia, Coordenadora e Co-autora dos Vol. I e II de “Pedaços de memórias – Itinerários no Tempo e no Espaço”, – Narrativas – 1999/2000, Na eira dos pardais, – 2014 – Contos, Há dias que não sei de mim e outros que pouco de mim sei, – 2015 – Poesia ou Rendas do meu decote, – 2016 – Contos.
Conchi Regueiro (1968) posúe unha ampla obra literaria, tanto en galego como en castelán. A súa obra está realizada dende unha perspectiva feminista. A súa primeira publicación, en galego, en 2002 foi unha novela para adultos Tempos agradables, continuando logo unha ampla traxectoria literaria tanto de libros de xénero non realista, ciencia ficción e fantasía, tamén para o público infantil e xuvenil con obras como Un marciano neste mundo (2004), O tesouro das ánimas (2011), A herdanza do marqués (2009), e a súa continuación A cerna do segredo (2014). Ten publicadas más de quince obras e foi gañadora de diversos certames literarios.
O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VI Edición celébrase este ano 2021 o 18 de outubro baixo o lema “Ler as idades da vida”. Marifé Santiago Bolaños, é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021. “Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda.”
Esta actividade enmárcase na programación do ‘Mes da Biblioteca’ que organiza a Biblioteca Municipal tudense. Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, é unha magnifica oportunidade para visionar o papel da muller no ámbito da creación cultural e a achega que realizan á vida colectiva dende a creación literaria. Unha oportunidade, engade, para achegarnos a coñecer a súa obra e motivación e para animar aos novos valores literarios que existen no noso municipio.
A Deputación de Pontevedra continúa engadindo valor ás estradas provinciais ao dar luz verde a un proxecto que servirá para mellorar a seguridade viaria nos concellos do Porriño e Gondomar. En concreto, as obras realizaranse na EP-2403 Mosende-Morgadáns e na EP-2404, que dá acceso a Chenlo, contan cun orzamento de 487.900 euros e se enmarcan no modelo de mobilidade sostible, segura e amable da institución provincial.
O proxecto ten un prazo de execución de catro meses e con el mellorarase a seguridade viaria en case 12,3 quilómetros de estrada posto que se actuará en 11,5 quilómetros da EP-2403 e en case 0,8 da EP-2404. As obras comprenden o fresado da estrada, reposición do firme, sinalización -tanto horizontal como vertical-, mellora da drenaxe e instalación de sistemas de contención de vehículos, coa fin de salvagardar a debida prestación do servizo público viario e de mellorar a seguridade viaria.
A Deputación é titular de 377 estradas que contan con case 1.700 quilómetros de lonxitude, o que supón a metade da rede viaria da provincia, e traballa para que todas elas se atopen nas mellores condicións posibles para as persoas usuarias. A través de proxectos como o aprobado nesta última Xunta de Goberno, a institución provincial posibilita o mantemento das mesmas e trata de que todas elas sexan máis sostibles e seguras para as persoas que transitan polas mesmas.
Durante os meses de setembro e outubro a Biblioteca Xela Arias de Chapela organizou unha serie de actividades de animación á lectura dirixidas ao público infantil e familiar. As iniciativas desenvolvidas foron todo un éxito de participación –as entradas esgotáronse– e de satisfacción do público asistente.
Para os máis pequenos, cativas e cativos de 1 a 4 anos, o narrador Caxoto ofrecíalles o seu contacontos ‘Levántate Xan!’.
Mentres, para os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, a Biblioteca Xela Arias ofrecía un extraordinario obradoiro de ciencia da man de Ciencia Divertida que se desenvolvía baixo o título ‘20.000 leguas de Lectura Divertida’.
A sede da biblioteca de Chapela escollía o espectáculo de Raquel Queizás, polo novidoso da súa proposta, e polo éxito que tivo o pasado ano na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.
Cinema marabillas: ver para ler é un espectáculo fantástico e cheo de maxia que atrapa aos espectadores, nenos e grandes, achegándolles os contos clásicos á vez que os descoñecidísimos primeiros filmes do cinema mudo.
Deste xeito, Raquel Queizás da a coñecer como foron os comezos do cinema, sen son e con música e voces en directo e achega este patrimonio cultural a nenos, nenas e adultos. Paralelamente, é tamén un xeito de animar a nenos e grandes a buscar estas historias nos libros que as recollen, e poñer de novo estes títulos no noso imaxinario.
A biblioteca de Chapela, que leva o nome da autora homenaxeada deste ano polas Letras Galegas, ven experimentando un aumento notable dos seus usuarios e da súa actividade dende a volta do verán, polo que a festa do Día das Bibliotecas, que celebrouse o día 14 por adiantado e que ten lugar oficalmente este mes, resultou un baño de ledicia para todos.
En definitiva, aseguran dende a Biblioteca Xela Arias “unha festa para animar a achegarse aos libros, que é o noso obxectivo”.
O Museo de Pontevedra encheuse o venres ata onde o permitía o aforo do 90 % para a presentación do libro de banda deseñada Regreso á Illa de San Simón, a primeira publicación sobre memoria histórica editada pola pola Deputación de Pontevedra para chegar á xente moza. O éxito non parou aí: a deputada María Ortega anunciou que se fará unha próxima reedición dada a alta demanda recibida tanto no Servizo de Publicacións provincial como na escola do Garaxe Hermético nos días pasados.
A peza, que conta diferentes historias baseadas nos feitos acontecidos na Illa de San Simón dende 1936 ata 1943 como campo de presos da ditadura, foi coordinada polo ilustrador Kiko da Silva e creada por autoras e autores formados na escola de banda deseñada O Garaxe Hermético: Miguel Rojo e Pablo Prado, Fernando Llor e Ana Pumares, Fonso Barreiro e Antonio Recuna, Eli García, Miriam Iglesias, Iago Fernández Falcón e Damián Gómez Figueras, Zaida Novoa, Mara Méndez, Fernando Llor e Olalla González, Lorena Nikoli, así como Fernando Iglesias ‘Kohell’ e Miguel Porto.
O obxectivo da iniciativa, segundo explicou a deputada María Ortega no Museo, foi achegarse á xente moza cun formato atractivo e diferente aos que se soen empregar no ámbito da memoria histórica, con colectivos e asociacións formadas principalmente por persoas de maior idade. Neste sentido, a nacionalista amosouse especialmente satisfeita e emocionada polo éxito acadado incluso antes da presentación, que ao seu entender amosa que hai interese por coñecer os feitos do pasado escuro na historia do país e tamén por reflexionar sobre o papel que rapaces e rapazas poden xogar nas reivindicacións de “verdade, xustiza, reparación”.
Pola súa banda, o coordinador da publicación, Kiko da Silva, falou na presentación da idoneidade de utilizar a banda deseñada (BD) para falar da memoria histórica. Lembrou que a BD acadou a súa madurez a finais do século XX coa obra ‘Maus’ de Art Spiegleman, que fixo que “comece a cambiar todo no gremio” por abordar o holocausto a partir das lembranzas do seu pai, xudeu que sobreviviu a Auschwitz. “Esa obra empezou sendo ‘underground’, pero hoxendía xa é mundialmente coñecida e best seller porque é a única BD que acadou o Pullitzer de xornalismo”, apuntou Da Silva.
O ilustrador tamén fixo unha reflexión sobre o termo postmemoria da autora Marianne Hirsch, referido á relación entre dúas xeracións e a herdanza do trauma persoal e o colectivo recollido a través a imaxes inquietantes, obxectos, historias, comportamentos e afeccións transmitidos dentro da familia e da cultura xeral.
Segundo explica Da Silva, o libro sobre San Simón foi feito por autores e autoras que non viviron os feitos na familia directa salvo a excepción de un, Antonio Recuna, familiar do preso coñecido como o ‘Reisiño’, de quen lle chegou o seu interese polo debuxo. “Coñécense as cousas por pesquisas. O terror e o medo facían que non se falase disto na casa, polo que este é un libro desa postmemoria, falar da historia dende a investigación e documentos históricos que fan que non se perda o relato”, subliñou o autor.
A presentación da BD ‘Regreso á Illa de San Simón’ finalizou coas intervencións das autoras Zaida Novoa e Fonso Barreiro, que explicaron o proceso de creación das historias reunidas na publicación. Neste sentido, o propio Kiko da Silva salientou a calidade e profesionalidade do traballo, que se fixo nun tempo récord.
No medio da loita por preservar unha saúde rural digna, o Concello de Arbo tamén se fixo eco deste problema e foi o grupo municipal do Partido Popular quen presentou unha moción pola saúde. O principal obxectivo é garantir unha atención de saúde rural de calidade e local.
Por toda a preocupación xerada, o Partido popular de Arbo presentaba unha moción ao Pleno do Concello que foi aprobada cos votos a favor do grupo do goberno do PP e a abstención do grupo de Goberno Agrelar, donde se solicita ao Goberno de España unha habilitación, de forma extraordinaria, dos centros de saúde necesarios para que teñan a consideración de centros acreditados para a formación, así como aos profesionais especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria precisos para que poidan actuar como titores na formación de residentes, a convocatoria extraordinaria de prazas MIR que permita incorporar mais profesionais ao noso sistema sanitario e resolver o déficit de médicos en primaria e á Xunta de Galicia que cubra a totalidade desas prazas acreditadas e financie o 100% destas prazas con cargo aos seus orzamentos.
No ano 2017, o ‘Estudo sobre Demografía Médica’ elaborado pola Organización Médica Colexial e o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Medicina arroxaba unhas conclusións contundentes.
Froito desas advertencias, reiteradas por parte de organizacións profesionais e xestores sanitarios, o Goberno de España creou un grupo de traballo sobre déficit de profesionais cuxas conclusións se expuxeron ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde a comezos do 2018. Como resultado este estudo, o pleno do Consello Interterritorial do 24 de abril de 2018 adoptou diversos acordos que ata o momento non foron cumpridos
Galicia solicitou reiteradamente en todos os foros institucionais en materia de Función Publica a eliminación das taxas de reposición, porque son o factor que determinou a situación de alta temporalidade no emprego público, a estas solicitude tamén quere sumarse o Concello de Arbo.
Nese escenario, a combinación da escaseza de novos especialistas incorporados mediante formación especializada coa limitación da dotación de prazas derivada dos límites nas taxas de reposición provocan unha carencia de persoal médico especialista dispoñible que dificulta de xeito moi notable, no inmediato, o reforzo de prazas e a cobertura de substitucións ou vacacións….Un malestar que os veciños e veciñas de Arbo, teñen trasladado ao equipo de goberno de Arbo
Asemesmo na moción aprobada e que xa foi remitida ao goberno, tamén se solicitou que o goberno cumpra os acordos do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde de abril do ano 2018 relativos ás reformas estruturais precisas para flexibilizar e axilizar o procedemento de acreditación de unidades docentes e os seus requisitos, permitindo a formación anual de máis profesionais especialistas e c os acordos do Pleno do Congreso dos Deputados e do Parlamento de Galicia sobre a necesaria eliminación das limitacións impostas para as taxas de reposición de efectivos nos sistemas sanitarios públicos autonómicos.
O programa ‘A Veciñanza Conta’ chega ao seu final. O vindeiro luns 18 de outubro alcaldesa e equipo de Goberno estarán no Calvario, na Escola do Couso a partir das 20.30 horas na derradeira reunión desta iniciativa de participación cidadá que busca percorrer os barrios para presentar aos rosaleiros os proxectos xa en marcha e coñecer de primeira man as súas necesidades como veciños e veciñas.
Con este programa o Concello percorreu unha decena de barrios do Rosal para “escoitar cales son as cuestións e necesidades a proirizar na xestión dos recursos e darlle voz aos rosaleiros e rosaleiras para que sumen no crecemento paulatino do noso pobo. Porque temos o convencemento de que xuntas e xuntos podemos construír un Rosal mellor”, salienta a rexedora, Ánxela Fernández Callís. Dende o Concello fan un balance moi positivo da rolda de reunións mantidas nesta nova edición do programa, xa que contou co respaldo e participación de boa parte da veciñanza de cada un dos barrios visitados.
Tres novas xornadas para doazón de sangue en Ponteareas. A concellaría de Saúde, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, informa que a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na vila os vindeiros días 21, 22 e 23 de outubro para todas as persoas que desexen achegar a súa pinga de solidariedade.
O autobús estará situado na Avenida de Galiza, na parte traseira da Casa do Concello, o xoves 21 de 10.00 a 14.30 horas, o venres 22 en quenda de tarde de 16.00 a 21.00 horas e o sábado 23 de 10.00 a 15.00 horas. Para maior axilidade recoméndase pedir cita previa chamando ao teléfono gratuíto 900 100 828.
É importante lembrar que poden doar sangue toda as persoas maiores de 18 anos e cun peso mínimo de 50 kg e que se recomenda non acudir a doar se nos últimos 15 días se tivo febre, tose ou problemas respiratorios. Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas. Ademais, é importante levar a tarxeta de doazón, o DNI ou documento similar e informar ao médico de que se está a tomar algún medicamento.
Cada día a Axencia despraza 10 unidades móbiles e mantén abertos sete puntos fixos de doazón nos hospitais galegos, que precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade. “A nosa colaboración é fundamental para garantir a asistencia a moitas persoas que son sometidas a intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes, que padecen hemorraxias… Investindo tan só 10 minutos da nosa vida podemos axudar a salvar a doutras persoas”, salientou Fernández Davila.
O Concello do Porriño informa que o vindeiro luns día 18, sempre que o tempo o permita, procederase a realizar traballos de sinalización horizontal na rúa Xogo da Ola e no treito entre esta vía coa rúa Leandro Diz ate a intersección coa rúa Manuel Rodríguez.
“Na rúa Xogo da Ola procederase a sinalización viaria horizontal de aparcamento en batería na marxe esquerda en sentido descendente. E na rúa Leandro Díz ate a intersección coa rúa Manuel Rodríguez, eliminarase a liña de aparcamento da marxe dereita da calzada para habilitar dous sentidos de circulación”, segundo explicou Pedro Pereira, concelleiro de Infraestruturas.
“Esta nova sinalización viaria, habilitando dobre carril na rúa Leandro Diz, lévase a cabo para poder realizar as obras de humanización e peonalización do treito da rúa Manuel Rodríguez desde a rúa Xogo da Ola ate a Praza de San Sebastián”, informou Pereira Fernández.
A Policía Local e a agrupación de Protección Civil procederán a sinalización de prohibido aparcar na rúa Leandro Díz para poder realizar os traballos de pintado.
No caso de que o tempo non o permita os traballos de pintado nas rúas anteditas, “a mesma empresa procedería o mesmo luns a colocación da sinalización vertical na rúa Aloques”, segundo comunicou o concelleiro responsable.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acudiu esta semana a doar sangue ata a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que visitou o Edificio administrativo da Consellería de Sanidade en San Lázaro. No acto estivo presente a directora da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue, Marisa López García.
A Consellería de Sanidade salienta a importancia de doar sangue, posto que a necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos supón obter unha cifra de entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias, para posibilitar, deste xeito, o axeitado desenvolvemento do intenso labor asistencial dos hospitais da rede sanitaria pública galega.
Xenerosidade da cidadanía galega
A Consellería de Sanidade remarca o carácter solidario da cidadanía galega que, mesmo no pasado ano que estivo marcado pola pandemia sanitaria da covid, non freou a xenerosidade e compromiso das galegas e galegos, xa que a nosa Comunidade consolidouse como a terceira do Estado en taxa de doazón de sangue.
O departamento sanitario galego agradece a todas e todos os doantes de sangue a súa inestimable colaboración e compromiso co solidario xesto da doazón, e lembra que se trata dun chamamento xeralizado a todos os doantes de sangue.
Así mesmo, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue subliña que pon a disposición de toda a cidadanía a súa web http://ados.sergas.gal; o enderezo de correo electrónico, [email protected]; o teléfono de información gratuíto 900 100 828; e as súas páxinas en redes sociais, como xeito de comunicarse con ADOS ou resolver calquera dúbida relacionada coa doazón.
Doar, moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa con máis de 18 anos, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar a vida.
O fútbol volve a Tomiño esta fin de semana. E como di a canción, volve a casa, pero a unha casa renovada e mellorada. O Concello investiu durante os últimos meses 500.000 euros para mellorar os campos do municipio. No do Alivio substituíuse a herba natural pola artificial por 321.000 euros, e tamén se crearon novas redes de drenaxe, rego, iluminación e adquiriuse novo equipamento deportivo. No campo do Regatiño de Goián investíronse 205.000 euros para instalar un novo céspede artificial de nova xeración, repoñer bancos ausentes e substituír os deteriorados.
O concelleiro de Deportes, Francisco Campo, destaca que todas estas intervencións fan “dos nosos campos de fútbol lugares perfectos para a práctica deportiva e para desfrutar dos partidos”. O edil explica que á hora de realizar estas intervencións no Concello teñen presente tanto “ao xogador como o aficionado”, e desexa “os mellores éxitos” aos equipos de Tomiño que competirán este ano para estar no máis alta das táboas.
O Tomiño Feminino volve a competición despois dun ano
O campo do Alivio acolle este domingo ás 17.00 horas o partido entre o Tomiño Feminino e o Sárdoma B. Será un partido especial para o club, xa que non compiten dende marzo de 2020. O seu presidente, Agustín González, está “emocionado” pola volta da liga, este ano, o Tomiño FCF compite na primeira división galega, e asegura que comezan “con moita ilusión”.
No equipo están en plena campaña de socios e animan á veciñanza a unirse para apoiar ao Tomiño Feminino na súa volta á competición. A tarifa de adultos é de 10 euros mentres que a de xuvenís é de 5 e, a cambio, as persoas socias poderán acceder a descontos en establecementos de Tomiño e poderán viaxar gratis no autobús do equipo senior nos partidos fóra da casa.
O goberno municipal de Ponteareas, formado polo BNG e PSdG-PSOE, avaliou hoxe o proxecto de orzamentos presentado polo goberno do Estado para o seu debate e aprobación no Congresos dos Deputados. No documento non figura ningunha partida específica para a seguridade viaria na N-120 ao seu paso por Ponteareas, para a variante prevense só 100.000 euros e respecto á ampliación da depuradora orzaméntanse 10 millóns de euros.
A alcaldesa Cristina Fernández, e a segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote, consideraron “inaceptábeis para Ponteareas” as previsións do Ministerio de Mobilidade e esixiron que se recolla unha partida específica para o proxecto de mellora da seguridade na N-120, cuxo custo está cifrado no proxecto do Ministerio nuns 4 millóns de euros. “O goberno do Estado debe cumprir o seu compromiso con Ponteareas e esa cantidade debe figurar expresamente nos orzamentos para a seguridade viaria en Ponteareas”, sinalaron Fernández e Garrote.
A alcaldesa e a primeira tenente de alcaldesa confían en que o trámite de emendas aos orzamentos permita corrixir ese erro. “Para Ponteareas é algo irrenunciábel e innegociábel, é unha débeda histórica que se debe cumprir e os compromisos do Estado con Ponteareas deben ter o seu reflexo nos orzamentos”, sinalaron Fernández e Garrote.
Respecto á variante, nas previsións dos orzamentos para 2022 unicamente figuran 100.000 euros. “Esiximos que de xeito inmediato o Ministerio concrete e entregue ao Concello un calendario coas actuacións necesarias para executar a obra nos vindeiros anos e coas contías que deberán figurar no orzamento de 2022 e dos seguintes anos para verificar o seu cumprimento”, sinalaron Fernández e Garrote, que lembraron que “esta información foi solicitada en agosto e reiterada hai dúas semanas”. A alcaldesa e a segunda tenente de alcaldesa adiantaron que “se está a xestionar unha reunión urxente cos máximos responsábeis do Ministerio para obter esta información antes de que conclúa o trámite de aprobación dos orzamentos”.
Dende o goberno local traballarase nos vindeiros días en tres direccións: por unha banda cos representantes do goberno do Estado e do Ministerio de Mobilidade, por outra cos grupos parlamentarios e, por último, cos colectivos sociais que recentemente, a iniciativa do Concello, se organizaron nunha fronte social e política para reivindicar e lograr eses investimentos para Ponteareas. Co goberno do Estado e cos grupos parlamentarios negociarase a inclusión das partidas nos orzamentos e cos colectivos sociais acordaranse as medidas de presión social a adoptar para lograr ese obxectivo.
Por último o goberno local destaca que os orzamentos recollen 10 millóns de euros para executar a obra de ampliación da estación depuradora da Moscadeira que porá fin á contaminación do Tea en Ponteareas e permitirá acometer as obras de saneamento nas parroquias que carecen deste servizo esencial. “Trátase dun investimento histórico que evidencia como nestes anos o goberno municipal traballou con seriedade para resolver un problema arrastrado dende hai 25 anos”, salientaron Cristina Fernández e Chus Garrote.
Redondela recupera, pouco a pouco, a importancia que en materia turística corresponde ao cuarto concello da provincia de Pontevedra, segundo se desprende dos datos aportados pola Concellería de Turismo, que xestiona María Castro. As cifras destacan que a Oficina de Turismo atendeu, no período comprendido entre abril e outubro de 2021, a un total de 3.349 persoas, fronte ás 1.003 que solicitaron información ao longo de todo o ano 2020.
No que ao número de persoas peregrinas fai referencia –en Redondela conflúen o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa– o incremento supera o 22 % con 2.602 visitas das que 1.936 foron de persoas procedentes doutras comunidades autónomas do Estado e 666 estranxeiros. En canto á procedencia, un 23,1 % (448) procedían de Andalucía (448), un 22,3 % % de Madrid (431), seguidas pola Comunidade Valenciá (260), Galicia (164) e Cataluña (146). Polo que á peregrinaxe estranxeira fai referencia, un 38,1 % (254) eran de nacionalidade portuguesa, seguidos por Alemania (92), Italia (92), Francia (30) e EEUU (19).
En canto a visitantes e turistas non peregrinos, 469 persoas pasaron pola oficina de turismo entre abril e outubro fronte ás 237 que o fixeron ao longo de todo o ano 2020. Por procedencia deste turismo interior, as persoas chegadas de Madrid foron as que máis información solicitaron seguidas polas que viñan doutros puntos de Galicia, Andalucía, Cataluña e Castela e León.
Doutra banda e no que respecta ao turismo estranxeiro, as persoas chegadas de Portugal, Alemania e Francia foron as que máis información solicitaron na Oficina de Turismo de Redondela. Cómpre salientar un importante crecemento tamén do turismo local, persoas de Redondela que se achegaron ás dependencias de turismo que subiron ata as 378 fronte ás 182 do 2020.
A estes datos “esperanzadores logo dunha época de pandemia na que o sector turístico foi, xunto co comercio e a hostalaría, un dos máis afectados”, afirma a concelleira, engádese o feito da ocupación hostaleira que rondou en Redondela o 100 %. En todo caso, os datos, subliña o Goberno local, fan referencia tan só ás persoas que pasaron pola Oficina de Turismo que “sempre supoñen unha baixa porcentaxe respecto á totalidade de persoas, peregrinas ou turistas, que visitaron Redondela”
O feito que en Redondela conflúan o Camiño Portugués e o Camiño Portugués pola Costa –este último cun crecemento exponencial dende a súa oficialización– e que o 2021 sexa Ano Santo Compostelá, contribuíron á dinamización turística do municipio.
Nese sentido, tanto a concelleira María Castro, como a alcaldesa Digna Rivas, destacan a importancia de “reforzar a oferta turística do municipio –tanto histórica como patrimonial, cultural e paisaxística– para aproveita o fluxo de persoas peregrinas que, logo, se converten nos nosos mellores embaixadores de volta aos seus fogares”.
O Museo Meirande non foi alleo ao crecemento do turismo en Redondela rexistrando, ata outubro 2021, 1.180 visitas máis que no mesmo período do 2020. Os datos, evidentemente, están moi lonxe dos que se acadaban no 2019, antes da pandemia da Covid-19. Non se pode esquecer, explica a alcaldesa de Redondela, “que antes da pandemia o museo organizaba visitas guiadas con grupos de ata 50 persoas mentres que, ata hai uns días, tan só se podían facer cun máximo de 10 participantes.
O patrimonio cultural, histórico, artístico e natural de Redondela é incuestionable, asegura a alcaldesa redondelá e nesa liña “estamos a traballar para que o municipio pase de ser un lugar de paso para as persoas peregrinas, a unha etapa no camiño na que parar, visitar e coñecer para, logo, continuar cara a Santiago”.
Despois dun intenso verán onde o Concello de Baiona ofreceu un sen fin eventos de todo tipo chega unha nova a programación para gozar da cultura no outono.
Este completo programa, organizado pola Concellería de Cultura de Baiona, combinará diversas disciplinas culturais. Ademais, en outubro, haberá unha programación dedicada en exclusiva á memoria histórica: un concerto pola memoria histórica do compositor e músico Seso Durán, quen interpretará temas do seu traballo Son da Memoria e un taller de música represaliada de Xurxo Soutoque pretende servir para tomar conciencia de como o imaxinario que impuxo a ditadura franquista segue definindo o presente.
Así mesmo, a finais deste mesmo terá lugar o Circuíto Galego de Teatro Amador.
A primeira das actividades terá lugar o próximo 22 de outubro no auditorio municipal V Centenario ás 21:00h. Trátase da obra de teatro cómico Feminísimas, unha representación que parte dun congreso feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que hai anos que non se ven. Tres amigas que teñen tres xeitos ben distintos de entender o “feminismo”… Por exemplo: feminismo radical, feminismo liberal e teoría queer.
Esta é a base de Feminísimas, unha peza con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba mentres analizamos -dende a comedia- de que maneira as mulleres estamos a con-vivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas.
O sábado 23 de outubro o auditorio municipal acollerá ás 21.00 horas, un concerto pola memoria histórica no que o compositor e músico Seso Durán, acompañado de catro músicos máis, interpretará temas do seu traballo Son da Memoria. Deste xeito, o Concello de Baiona continúa coa programación da memoria histórica que iniciou o equipo de goberno actual.
Xosé Manuel Durán, coñecido a nivel artístico como Seso Durán, asegura que o seu traballo Son da Memória naceu do contacto que tivo na súa infancia con persoas vítimas da represión.
“Está centrado nas persoas que sufriron esa dor, do contacto directo que tiven de pequeno coas súas historias, estou seguro que sen ese contacto eu non sería quen de realizar este traballo”, asegura o músico e compositor.
Trátase dun disco escrito e producido polo propio artista e xira ao redor do que aconteceu a partir do golpe de estado de 1936, especialmente nas comarcas de Pontevedra, Ou Morrazo e Vigo.
O domingo, 24 de outubro, ás 20:00h no mesmo espazo celebrarase un concerto da Orquestra de Cámara Galega, un concerto de cámara no que será incluída música de compositores galegos, facendo especial incidencia na obra do mestre Rogelio Groba e que incluirán unha acción especial que poráen en valor os 26 anos na escena musical da Orquestra de Cámara Galega.
A última semana de outubro, o xoves 28, ás 20:00h, no Multiusos Mercado de Sabarís terá lugar o taller de música represaliada deXurxoSoutoque pretende servir para tomar conciencia de como o imaxinario que impuxo a ditadura franquista segue definindo o presente. Buscarase descubrir o esplendor musical que lle roubaron á sociedade facendo un percorrido polos proxectos musicais destruídos tras o golpe de estado do 36 e reivindicar a dignidade das e dos artistas que sufriron a represión.
O Circuíto Galego de Teatro Amador 2021 chegará á Vila os días 30 e 31 de outubro e 1 de novembro. Todas as funcións serán representadas no Auditorio V Centenario e unha delas nos xardíns da Casa da Navegación.
O Circuíto Galego de Teatro Amador da FEGATEA(Federación Galega de Teatro Afeccionado) consiste nunha programación de catro funcións teatrais por sede. Este catro espectáculos son repartidos por toda Galicia. Desta forma, preténdese que as compañías actúen fora do seu círculo xeográfico. Ademais, esta iniciativa promove a mobilidade xeográfica dos grupos de teatro.
As catro funcións das que poderemos gozar en Baiona son:Confinados, Historias pequenas de xente que non lle importa a ninguén , Mouras e Nobeiros e Un vals para Cincinati.
A primeira obra do programa é Confinados da compañía A Tequerete que será posta en escena o sábado 30 de Outubro ás 20:00 horas. Trátase dunha comedia das situacións vividas nestes anos de pandemia.
Ademais, o domingo 31 de outubro teremos dobre programación. En primeiro lugar os xardíns da Casa da Navegación acollerán ás 12:00 horas a Lohengrin Teatro que nos lembrarán que é Xamain cos seus contos Mouras e Nobeiros. Ás 20:00 horas no Auditorio V Centenario de Baiona será a quenda de Teatro Antas De Ulla. Esta compañía faranos gozar coa súa obra Historias de xente que non lle importa a ninguén.
Por último, o luns 1 de Novembro, festivo,Novo Teatro do Ar, pechará a programación coa obraUn vals para Cincinatitamén no auditorioás 20:00horas.
“Esta programación foi deseñado co obxectivo de desestacionalizar as actividades culturais e de lecer e promocionalas durante todo o ano, optimizando recursos, dinamizando á súa vez a actividade socioeconómica do municipio e para o goce de toda a cidadanía” , sinala o Alcalde, Carlos Gómez Prado.
Os traballos de acondicionamento, que tiveron unha duración aproximada de 10 días, iniciáronse coa limpeza e desbroce do perímetro onde se ubica o invernadoiro, tanto no interior como no exterior, posteriormente realizouse a reparación da estrutura e o cambio do plástico da cuberta.
Trátase dunha rehabilitación que reviste un especial interese para poder desenvolver o programa de accións formativas e de concienciación no que se está a traballar dende as concellerías de emprego e formación, que dirixe a propia alcaldesa, e medio ambiente, responsabilidade do concelleiro Rubén González. Ambas concellerías traballan conxuntamente para o desenrolo de actividades de educación ambiental.
Con isto, Verónica Tourón, alcaldesa de Salceda, declarou que “continuamos traballando no aproveitamento dos espazos e instalacións das que dispoñemos para mellorar e aumentar os servizos á veciñanza, neste caso tendo como obxectivo a educación ambiental, a formación e a mellora da empregabilidade.”
O invernadoiro que se encontra na zona do CDL será tamén unha das instalacións que se utilizará para o desenvolvemento do Obradoiro Dual de Emprego “Sustentable” que dará comezo nos vindeiros días. Un obradoiro que se levará a cabo xunto co concello de Salvaterra de Miño e que recibiu unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade.
O obradoiro executarase na súa parte formativa no Centro de Desenvolvemento Local O Torrón de Salceda , e na súa parte de alternancia de traballo e práctica profesional en espazos dos dous concellos.
A rehabilitación do invernadoiro, que se atopaba nun estado de deterioro importante, permitirá que as persoas que participan na especialidade de Forestal-xardinería do Obradoiro teñan as mellores instalacións para a posta en práctica dos seus aprendizaxes.
Concello de Nigrán, Comunidade de Montes de Chandebrito e Asociación de Veciños ‘O Castro’ conmemoran este domingo 17 de outubro na parroquia o ‘IV Aniversario dos Incendios’ cunha prantación desde as 11:30 horas na zona de ‘Chans de Rapadouro’ de 200 especies autóctonas doadas polo CFEA de Lourizán dependente da Axencia Galega de Calidade Alimentaria da Xunta. Ao finalizar haberá un xantar popular para os participantes, a continuación entrega de presentes a entidades colaboradoras e, finalmente, actuación do grupo de música da terra ‘Os Escaravellos’. En caso de choiva, a comida e o concerto trasladarase ao pavillón do Colexio Estudio.
As parroquias de Chandebrito e Camos viviron o 15 de outubro un dos momentos máis tráxicos da súa historia ao sufrir uns gravísimos incendios que se levaron a vida de dúas mulleres nunha evacuación fallida, Angelina Otero e Maximina Iglesias, e máis de 600 hectáreas arrasadas.
“As vida humanas son irreparables, esa dor e ese recordo sempre estarán aí, pero despois dos incendios tamén xurdíu en todos nos unha nova mentalidade ecoloxista e a esperanza e a ilusión de xestionar o monte doutro xeito, Chandebrito e Camos son o mellor exemplo delo”, explica Juan González, alcalde de Nigrán.
A figura de Xela Arias segue a formar parte da programación cultural da Deputación de Pontevedra cun paseo imaxinario (ou non) pola obra da autora no Parque do Castro de Vigo a través da súa “Poesía Reunida” (1982-2004). O roteiro terá lugar o último domingo de outubro e comezará ás 11.00 horas da man da escritora vilagarciá Susana S. Arins, quen comentará o percorrido que finalizará cunha actuación musical de Clara Pino. Deste xeito, durante dúas horas conxugaranse literatura, patrimonio e música nunha actividade que xa ten aberta a inscrición [email protected].
O paseo sairá da Fonte do Castro e as persoas que asistan visitarán a escavación que hai nese lugar para logo dirixirse ao miradoiro sobre o porto. O percorrido continuará cara o miradoiro de Vigo con dúas paradas intermedias: unha delas no banco no que Xela Arias deixou o seu primeiro fanzine e a outra nunha zona de árbores na que achega o universo máis persoal da poeta. O roteiro tamén dará a coñecer á Xela Arias máis nova, con inquietudes e curiosidades propias da xuventude, así como á nai que ve como o seu fillo comeza a camiñar. Rematará nos Galeóns de Rande, dende onde se pode ver a praia na que a poeta axudou a limpar os restos de chapapote tras o afundimento do Prestige.
Unha vez finalizado o roteiro a cantante Clara Pino musicará xunto a Pablo Vidal tres poemas de Xela Arias para desfrute do público: “Nacín Soa”, “Teremos terás” e “Non me conteño”. Este concerto, en formato acústico, terá lugar nos propios Galeóns de Rande e achegará a obra da poeta dende a perspectiva da amizade xurdida entre ela e Clara Pino durante a súa etapa universitaria.
O Presidente da Câmara Municipal de Vila Nova de Cerveira cessante, Fernando Nogueira, foi recebido, esta quinta-feira, pelos membros do executivo do Concello de Tomiño, liderada pela Alcaldesa Sandra Gonzalez, numa cerimónia simples, mas emotiva, para assinalar o fim de um ciclo autárquico que, nos últimos oito anos, ficou marcado por um reforço da amizade institucional e social entre Cerveira e Tomiño e pelo impulso da cooperação transfronteiriça existente.
Fernando Nogueira e Sandra Gonzalez partilharam o forte sentimento de trabalhar em conjunto em prol da Eurocidade Cerveira-Tomiño e a convicção de terem contribuído para aprofundar os princípios da fundação da União Europeia.
“Foi um prazer tê-lo como companheiro nesta viagem, pessoa comprometida, afetuosa e com um profundo espírito europeísta”, disse a alcaldesa Sandra González a Fernando a Nogueira.
Onte pola tarde ás 19.30 horas celebrouse no salón de sesións do Concello de Mos a recepción a tres xogadores do Club Xadrez Mos polos logros acadados durante o pasado verán nesta disciplina deportiva.
Miguel Senlle, Xabier Pérez e Carmen Gallardo, acompañados por familiares e representantes da directiva do Club Xadrez Mos, foron recibidos e felicitados na Casa Consistorial mosense por Nidia Arévalo, alcaldesa de Mos, Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo, Participación Cidadá e Política Social e Igualdade, José Areal, concelleiro de Deportes e demais membros da Corporación Municipal.
Miguel Senlle Caride, que é Mestre FIDE e adestrador dos grupos de maior nivel do Club Xadrez Mos, erixiuse campión do VII Open Internacional Hotel Cemar (Mondariz) o pasado 22 agosto, proclamándose campión cun total de 8 puntos sobre o total de 9, facendo unha actuación brillante.
Pola súa banda Xabier Pérez Sousa e Carmen Gallardo García, foron subcampións de España representando a Galicia no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Infantil o pasado 20 de xuño.
No devandito Campionato de España, celebrado en Gijón, a Selección Galega Sub-14 proclamouse Subcampioa cun balance de 4 victorias, 1 empate e 1 derrota; e contando no equipo galego cos mosenses Xabi e Carmen.
A Asociación Érguete dentro do programa Coñece-Decide da Deputación de Pontevedra acaba de comezar un plan de reforzo da personalidade cos nenos de Salceda de Caselas. As educadoras da entidade impartirán formación a 84 alumnos e alumnas do CEIP Altamira e as súas familias para axudar á mocidade “a reflexionar sobre a importancia das súas decisións e dotarlles de ferramentas para enfrontarse á presión do grupo, as modas, as redes sociais…”.
A técnica de prevención da Asociación Érguete, Andrea Pérez, explica que esta formación é “moi importante” no contexto actual no que as e os rapaces “se enfrontan as consecuencias da pandemia”. “O que máis nos importa é facer destes talleres espazos seguros onde poder aprender a coñecerse e a respectarse”, explica.
Esta formación non só é eficaz no día a día dos nenos e nenas, tamén o é no seu futuro. Unha personalidade sa axudaralles a previr problemas de acoso, de falta de identidade, e tamén de adiccións, feitos nos que Érguete afondará con eles e elas durante as intervencións.
A programación para o outono/inverno deseñada pola Concellería de Cultura do Concello de Redondela que xestiona Iria Vilaboa ofrece, para esta fin de semana historia e música a partes iguais. O sábado 16, o inicio da oitava edición da conmemoración da Batalla de Rande e, o domingo 17 de outubro, a música máis tradicional da man da segunda edición do festival Casto Sampedro.
Dende as 19 horas do sábado 16, as rúas e prazas de Redondela encheranse historia co ‘primeiro acto’ do desfile e representación da Batalla de Rande que chega da man da ACD Rande coa colaboración do Concello de Redondela, e na que a vestimenta de época das tropas hispanofrancesas e inglesas poñerán a cor a un máis que atractivo desfile no que as tropas escoltan os ‘tesouros das indias’ logo da descarga dos galeóns. Un episodio salientable da historia na que Redondela e a enseada de San Simón foron, unha vez máis, testemuñas de privilexio.
Xa a vindeira fin de semana e nas inmediacións do Meirande, en pleno estreito de Rande lugar da batalla, terá lugar a representación que, ano tras ano reforza o seu poder de convocatoria converténdose nunha cita imprescindible do sur de Pontevedra.
O domingo 17 de outubro, a partir das 20 horas e con entrada totalmente de balde, a música collerá o relevo á historia da man do II Festival Casto Sampedro, en memoria do folclorista e investigador de arqueoloxía, nado en Redondela. No festival, organizado polo Concello e o Carballo das Cen Polas, participarán os grupos Os fillos da Pile e O Carballo das Cen Polas.
A denuncia, a reivindicación e as iniciativas en favor da igualdade en diferentes concellos do estado protagonizaron as dúas mesas de debate coas que rematou esta tarde a primeira xornada do I Encontro Nacional de Políticas Públicas que, organizado pola Deputación, se celebra ata o mediodía do venres na Escola María Vinyals no Castelo de Soutomaior. “O bo da política municipal é que é capaz de poñer ás mulleres no centro de atención”. Esta frase da exdirectora do Instituto das Mulleres e exconcelleira de Fuenlabrada, Silvia Buabent, foi plenamente compartida esta tarde na mesa sobre “Políticas Públicas Locais” que protagonizaron, amais de Buabent, as alcaldesas Núria Parlon de Santa Coloma de Gramanet, Sandra González de Tomiño e Marta Giráldez de Meis, mesa moderada pola xornalista do Diario de Pontevedra, María Varela.
As relatoras explicaron os distintos proxectos que desde os seus ámbitos municipais estanse a levar a cabo en defensa da igualdade e para visibilizar ás mulleres como o caso da CIBA, ou “fábrica da igualdade”, que xa funciona en Santa Coloma de Gramanet como centro de atención ás mulleres, “non só para recibilas, como dixo a alcaldesa Núria Parlon, senón como centro integral no que reciban a atención adecuada e que aporten ideas para transformar a cidade o que reverte na mellora da economía da cidade”. Parlon falou deste centro como “unha habitación propia” onde, amais de atención digna ás vítimas de violencia machista, estase a realizar un intenso traballo nos eidos da formación, sensibilización e onde se proxecta unha cátedra de políticas feministas. Silvia Buabent fixo fincapé na necesidade de que as políticas de igualdade municipais estean dotadas de recursos económicos, “porque sen diñeiro non facemos nada”, e de recursos “humanos especializados, se son feministas mellor que mellor”. “E logo os espazos son primordiais, estamos acostumadas a conformarnos con todo e acabouse, debemos reclamar os nosos espazos, porque a rúa tamén é nosa, pero os espazos institucionais igual”, engadiu. Para a exdirectora do Instituto das Mulleres, “as políticas feministas teñen que servir para que as mulleres se sintan protagonistas, que ocupan o seu espazo, que non son máis nin menos que ninguén, e que a cidade tamén é súa”.
As alcaldesas de Tomiño e Meis, as primeiras mulleres en presidir estes dous concellos, incidiron na dificultade que teñen os municipios de menor tamaño para dispoñer de recursos e abordaron o esforzo que están a levar a cabo para poñer en marcha iniciativas a prol da igualdade. Sandra González subliñou que “hai que seguir poñendo as gafas violeta para facer política” e resumiu en tres liñas a labor que está a desenvolver o seu concello: visibilización, transversalidade e a posta en marcha da Oficina de Igualdade. Incidiu no feito de que as mulleres rurais, que por exemplo supoñen o 80 % da man de obra nos viveiros, “antes non existían e o noso obxectivo é poñer o foco nelas para que a sociedade as vexa”.
Pola súa banda, Marta Giráldez lembrou as moitas vicisitudes que viviu coa súa chegada á alcaldía de Meis, tamén antes como concelleira da oposición, e incidiu na importancia dos Servizos de Axuda no Fogar como forma de desafogo “para que as mulleres teñan tempo para saír de casa e dedicarse ao traballo que queiran”. Giráldez alertou “que queda moito por facer, por exemplo en colectivos como as comunidades de montes que son o noso campo de batalla, porque non entra nin unha muller nin como vocal; pero esperamos conseguilo e que unha muller sexa incluso presidenta”.
A realidade nos medios informativos
A necesidade dunha axenda feminista na comunicación e a denuncia da desigualdade na información centrou as intervencións de Ana Bernal Treviño, María Xosé Porteiro e Emelina Fernández.A profesora de Comunicación Audiovisual e expresidenta do Consello Audiovisual de Andalucíadestacou que “a opinión xerada inflúe na percepción das cousas e basta con crear un clima de opinión para que a maioría acabe condicionada por el”. Neste eido, denunciou que os medios “proxectan unha imaxe das mulleres estereotipada, sexualizada, que non se corresponde coa realidade que vivimos as mulleres” e isto, segundo Emelina Fernández, ten moito que ver coa “enorme desigualdade que se produce no campo da comunicación e do que se deriva que a narración do que acontece na sociedade sega espallando os estereotipos e que o que acontece ao noso arredor permaneza nesgado polo patriarcado”. Fernández, que denunciou o tratamento dalgúns medios de casos como o de Diana Quer, “absolutamente insoportable”, tamén remarcou con respecto ás políticas públicas, que en canto aos medios de comunicación é preciso “ter unha autoridade competente, un Consello do Audiovisual a nivel nacional que se dedique ao que marca a lei, a velar para que se cumpran as leis da comunicación, polo importante papel que esta ten para a sociedade”.
Pola súa banda María Xosé Porteiro, directora do Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega, coincidiu na necesidade de “avaliar e regular o que está enchendo de borralla as cabezas de xente nova”, e na urxencia de que as mulleres que traballan nos medios “se asocien, se xunten, e nos axuden a impulsar unha axenda feminista na comunicación”. A xornalista destacou o papel que está a desenvolver o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega ou a Deputación de Pontevedra, que está a poñer en marcha políticas públicas que inciden na comunicación como as iniciativas para visibilizar a mulleres escurecidas no pasado, a posta en valor das mulleres xornalistas que opinan ou poñendo en valor ás mulleres do cine. Tamén subliñou a necesidade de “coñecer como os medios nos teñen que servir ás mulleres como altofalantes tendo en conta a conciencia de repeler, e tomar medidas contra a guerra que hai contra as mulleres”.
Finalmente, Ana Bernal Triviño, profesora da Universidade Aberta de Cataluña e xornalista, subliñou que para convencer á cidadanía da necesidade de impulsar políticas de igualdade precísase aos medios de comunicación porque son os que xeran a opinión pública e logran convencer de que estas políticas son necesarias. A xornalista remarcou que é normal que unha importante porcentaxe de mozos pensen que a violencia de xénero non existe tendo en conta o que sae nos medios de comunicación, onde se atopa “o discurso machista”. Por iso incidiu en que a igualdade comeza na redacción e na importancia de combater a desinformación e os bulos. Bernal tamén falou de outras cuestións que inciden directamente nas políticas públicas no ámbito da comunicación como o negacionismo, a violencia mediática ou a institucional e a ridiculización do feminismo contra os que se debe loitar dende dentro e fóra das redaccións, impulsando formación laboral e universitaria no ámbito da igualdade, ampliando o concepto de medio de comunicación e impulsando unha política que garanta a calidade da información.
As políticas públicas nacionais e autonómicas foron analizadas durante as dúas primeiras mesas do I Encontro Nacional de Políticas Públicas nas que interviñeron Soledad Murillo, profesora de Socioloxía da Universidade de Salamanca e ex secretaria de Estado de Igualdade; Beatriz Gimeno, ex directora do Instituto das Mulleres; Izaskun Landaina, directora xeral do Instituto Vasco da Muller; Nuria Varela, directora xeral de Igualdade do Goberno do Principado de Asturias; e Eva Istúriz, directora xerente do Instituto Navarro para a Igualdade.
Para Beatriz Gimeno “estamos nun momento de reformulamento das políticas públicas no que hai que ir máis aló da lexislación e estudar como levar esa lexislación á práctica, usando as leis para transformar o estrutural”. Ao respecto a ex directora do Instituto das Mulleres destacou que en políticas públicas “sempre estamos co urxente e cómpre ir ao estrutural, porque as resistencias ao estrutural son enormes e é aí onde hai que actuar”. Por elo, apelou á necesidade de traballar no ámbito educativo e na importancia de espallar a igualdade de xeito transversal. Tamén destacou que “hai cuestións que dende as políticas públicas debemos facerlles fronte urxentemente” como “reideoloxizar” o feminismo, abordar de xeito estrutural a problemática das violencias machistas, “que seguirán existindo mentres haxa patriarcado”, ou analizar e debater sobre as masculinidades, a división sexual do traballo, a feminización da pobreza, a fenda salarial e os chans pegañentos.
Ao igual que Gimeno, Soledad Murillo tamén fixo fincapé na importancia e necesidade de actuar no estrutural e impulsar de xeito transversal a igualdade. Así, a ex secretaria de Estado detallou que a Lei de Igualdade “propuxo a transversalidade institucionalizando, dando lexitimidade para o que se precisan persoas, funcionarias, técnicas, que entendan esa axenda política como parte fundamental da súa xestión”. Neste eido, incidiu en que “a transversalidade non é organizar actos con motivo do 25 de novembro ou do 8 de marzo, senón orzamento e relación de postos de traballo”. Tamén afondou Murillo na necesidade de que as mulleres academos recoñecemento e reciprocidade, e, para conseguilo, formulou como retos integrar os discursos feministas diferentes e separar a axenda da igualdade da diversidade. Finalmente destacou a necesidade de establecer posición con respecto aos coidados e amosou a súa preocupación polo liberalismo dixital.
Políticas públicas autonómicas
Na mesa dedicada ás “Políticas Públicas Autonómicas” moderada pola xornalista e directora de Nós Diario, María Obelleiro, Nuria Varela, directora xeral de Igualdade do Goberno do Principado de Asturias, puxo o foco na necesidade de que a Universidade se implique na loita pola igualdade: “É o gran pozo negro, tanto por acción como por inacción –lamentou-. Hai un baleiro incrible a estas alturas. Aínda non temos ámbito de coñecemento de estudosfeministas e iso imprégnao todo porque nos fai ir por detrás. Imos por detrás sempre. Os e as interventoras non saben de políticas de igualdade, incluso traballadoras dos organismos de igualdade, porque nin sequera temos axentes de igualdade normalizadas na súa actividade”.
Varela amosouse crítica ao sinalar que se están a facer “políticas de substitución, pero non de igualdade; en xeral o noso mandato é para facer políticas de igualdade, que parece unha cousa clara, cando o que facemos son políticas sociais”. Neste senso citou as políticas contra a violencia de xénero, que están a ser “asistenciais”. “Estamos ao final do proceso, poñendo os coidados e asistindo ás vítimas, falando de recursos habitacionais como se as vítimas foran todas pobres. O que necesitan son recursos vitais, que lles xeremos todos os instrumentos e lles poidamos ofrecer políticas públicas para retomar as rendas da súa vida”.“Temos a teoría, boas leis, e temos que evitar que se estraguen –engadiu Varela- Temos que dar o seguinte paso de mellorar os procedementos, evitar que se nos bote do terreo de xogo antes de que comece a partida, que é o que sufrimos agora desde as políticas de igualdade
Click para ampliar
Pola súa banda, Izaskun Landaia, directora xeral do Instituto Vasco da Muller, detallou as diferentes normativas que teñen feito de Euskadi un referente en políticas de igualdade, pero incidiu na necesidade de “estar alerta, porque os dereitos conquistados poden poñerse en perigo”. “A sociedade está máis concienciada pero é necesario recordar que a inercia que ameaza á igualdade é poderosa e co avance da ultradereita están a abrirse debates que críamos superados, e se cuestionan avances consensuados. A chegada de Vox, subliñou, está escorando cara a posicións máis conservadoras a outros partidos coa compra dos seus discursos e todas sabemos que efectos teñen”. “A única forma de facer fronte a esta realidade é facelo desde a unidade, alianzas e pactos estratéxicos, cada unha desde o noso ámbito de influencia, e impulsar os pactos entre mulleres, a sororidade”. Concluíu sinalando a necesidade de falar de igualdade en “termos de innovación social”. “O traballo pola igualdade non ven de cero. Existe unha xenealoxía feminista e debemos manter ese compromiso para impulsar a transformación, sendo conscientes de que o traballo en equipo vai ser beneficioso para toda a sociedade”.
Finalmente, Eva Istúriz, directora xerente do Instituto Navarro para a Igualdade, subliñou a necesidade que de “a axenda política estea vinculada coa axenda feminista; non hai outra” . “Levo escoitando a hostilidade xa desde que estiven no ámbito local –contou-. Ao traballar en políticas públicas de igualdade non nos van recibir cos brazos abertos. No 8M do 2018 pensamos que ía mudar… Pero non foi así”. “Os organismos de igualdade teñen que volver á orixe, son produto do feminismo e aí teñen que volver -destacou-. Os organismos necesitan persoal especializado en políticas públicas de igualdade feministas que permitan construír autoridade e xerar condicións para a súa sostibilidade mentres establecen alianzas co movemento feminista. E temos que innovar, unha innovación social que se ten que axustar coa dixitalización”.
Sinalou que hoxe seguimos a ver os “síntomas” da desigualdade como a violencia contra as mulleres ou a crise de coidados, “pero hai que ver as causas, que son o patriarcado e a misoxinia, que lonxe de ir a menos vai a máis e máis”. A experta lamentou que aínda “aínda non están recoñecidas as axentes de igualdade” que nos seus inicios eran coñecidas como “as comisarias de Bibiana Aído”. E concluíu citando a Concepción Arenal coa frase “todas as cousas son imposibles mentres o parecen” e lembrando que a pesar de que se ten acadado moito”.
Eurocidade Cerveira-Tomiño, afondamento na cooperación transfronteiriza, estreitamento de lazos entre as poboacións veciñas, utilización compartida de servizos e recursos públicos, etc., foron algúns dos principios reitores da relación entre as dúas localidades na última década.
Así o puxo de manifesto o presidente saínte da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerveira, Fernando Brito Nogueira, ante a súa homóloga tomiñesa no transcurso dunha sinxela pero emotiva recepción celebrada hoxe no salón de plenos do concello tomiñés, na que ambos os dous mandatarios agradeceron a posibilidade de traballar xuntos dende a Eurocidade Cerveira-Tomiño e avanzar no camiño da cooperación.
“Foi un pracer telo de compañeiro nesta viaxe, persoa comprometida, afectuosa e con un fondo sentir europeísta”, comentou a alcaldesa Sandra González referíndose a Nogueira quen, pola súa banda, fixo entrega dunha extensa e sentida carta de agradecementos e saúdos a todos os veciños e veciñas de Tomiño.
Recibido tamén por outros membros do goberno local de Tomiño –entre eles Uxío Benítez, concelleiro e deputado de Cooperación Transfronteiriza e vicedirector do AECT Río Miño– Brito Nogueira aceptou o convite da alcaldesa para escribir no Libro de Honra do Concello e foi agasallado cunha figura de artesanía galega.
A secretaria territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Emprego, Julia Loureiro, presidiu a entrega de diplomas ás e os participantes no Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño. Esta acción formativa chega ao seu fin tan só dúas semanas despois do remate do Mos Peregrino e a poucos días do comezo dun novo Obradoiro, SomosMoS, que impartirá especialidades de albanelería e atención sociosanitaria a un total de 20 persoas en situación de desemprego.
Na súa intervención, Ortiz destacou “a intensa actividade municipal en materia de formación para a inserción laboral e loita contra o desemprego”.
Mocidade no Camiño estaba dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe). Para a realización deste Obradoiro de Emprego o Concello de Mos contou coa concesión dunha subvención por parte da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.
Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89 %.
A axuda ao Concello de Mos, ascende ao importe global de 369.492,32 euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Emprego e Igualdade, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego e os salariais derivados dos contratos de traballo que se subscriba co alumnado, sendo a contía destinada para a gastos salariais de alumnos/as-traballadores/as de 235.553,12 euros.
O Programa de emprego denominado Mocidade no Camiño deu emprego durante un ano a 16 alumnos/as traballadores/as, persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e distribuídas nas especialidades formativas de deseño de produtos gráficos e multimedia (8 mozos e mozas) e xardinería e auxiliares de conservación de montes (8 alumnos e alumnas).
Os obxectos de actuación para a execución do desenvolvemento do proxecto foron a actuación na Senda do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos mediante saneamento e poda de árbores, limpeza arredor dos árbores, mantemento de macizos e plantas, operacións de control fitosanitario, reposición de elementos e pequenas obras de mantemento; e a posta en valor do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos a través de actuacións de marketing e publicidade, a través da realización de materiáis gráficos e multimedia, que puxeron en valor a zona, e deron a coñecer aos peregrinos, e á poboación en xeral, a riqueza natural e etnolóxioca existente ao longo do Camiño.
A iniciativa, desenvolta coa colaboración de Cineclub Val Miñor Alice Guy, arrinca este venres coa proxección do primeiro título que recolle o programa ‘Gondocultura Outono’, ao que se sumará o sábado unha nova cita co teatro, coa produción de Señora Supina titulada No Golfo.
O Auditorio Lois Tobío será a instalación que acollerá esta fin de semana ambas as citas que arrincan ás 21.00 h. deste venres 15 de outubro coa proxección da película 9 fugas, do director Fon Cortizo. A longametraxe, co premio Mestre Mateo á mellor Banda Sonora Orixinal, ou o nomeamento á mellor fotografía, tamén foi distinguida como mellor película na última edición do Festival de cinema de Xixón.
Xa o sábado 16, de novo quenda para o teatro en Gondomar. Sobre o escenario do auditorio municipal as actrices Alba Outeda e Raquel Ferraz, darán vida ás protagonistas de No Golfo, obra dirixida por Javier Lojo, na que ambas se verán atrapadas nunha lancha varada que lles obrigará a enfrontarse á súa propia historia como parella, e en que momento atópase.
A U.D Ribera e o Concello do Rosal organizan este domingo ás 18.00 o IX Trofeo Vila do Rosal no campo de fútbol A Mata, un torneo que servirá como pista de saída da tempada 21/22 e no que o clube rosaleiro medírase ao Erizana. Antes do partido, ás 17.15, presentaranse a todos os xogadores e xogadoras, case 170 mozos e mozas. A alcaldesa, Ánxela Fernández, móstrase moi feliz por este trofeo, xa que “por fin podemos volver desfrutar dun partido de fútbol con público” e agradece a U.D Ribera “o seu gran traballo polo deporte e a educación en valores no Rosal”.
Durante a xornada tamén se aproveitará para homenaxear aos xogadores da tempada 1992/93, unha das mellores da historia do fútbol rosaleiro e que loitaron por gañar o título da primeira autonómica ata o final. O Concello recibirá xunto ao club aos 20 integrantes daquel equipo e faralles entrega dunha serie de agasallos. Desta maneira, afirma a alcaldesa, “queremos premiar e recoñecer o exemplo e a loita dos grandes futbolistas da nosa historia, así como, do indispensable equipo que tiñan detrás”.
A rexedora espera que este fin de semana sexa o primeiro da volta á normalidade aos campos de fútbol. “Esperamos poder volver aos tempos nos que o fútbol no Rosal era unha cita habitual de todos os nosos fin de semana”, conclúe.
En Galicia máis de 80.000 persoas contan con certificado de discapacidade por enfermidade mental, máis de 24.000 delas na provincia de Pontevedra, sendo xa a segunda causa de discapacidade despois da física. Uns datos que reflicten que se trata dun problema cunha amplísima repercusión tanto nos propios veciños e veciñas como nas súas familias. Dende hai case 25 anos a Asociación Avelaíña traballa para potenciar a inclusión das persoas con problemas de saúde mental mediante a promoción da súa calidade de vida e da dos seus familiares. Só no que vai de ano, a entidade atendeu en Ponteareas a 37 persoas e familias ás que se lle prestou o servizo de información e asesoramento, de apoio psicolóxico ou de apoio comunitario.
Ao longo de 2020, a asociación traballou en Ponteareas con 46 usuarios e usuarias e 27 familias levando a cabo un conxunto de intervencións dirixidas a previr a exclusión social das persoas con problemas de saúde mental de forma presencial, telefónica ou en domicilio. Este xoves, dentro da campaña de visibilización e sensibilización realizada ao abeiro do Día Mundial da Saúde Mental, Avelaíña estivo cunha mesa informativa no Centro Social de Ponteareas para achegar a saúde mental á veciñanza, dando como agasallo unha chapa co lema deste ano: ‘Saúde mental, un dereito necesario’.
A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, e o de Mocidade e Voluntariado, Miguel Bouzó, visitaron a mesa e agradeceron unha vez máis o importante labor que están a desenvolver dende Avelaíña no municipio e na comarca do Condado. “A crise sanitaria foi especialmente dura coas persoas con problemas de enfermidade mental, polo que Avelaíña e todo o equipo de profesionais que ten detrás converteuse nun apoio imprescindíbel para estas persoas e as súas familias”, salientou a edil.
Mesa informativa de Avelaíña en Ponteareas
O Concello de Ponteareas colabora coa asociación no financiamento do Programa de integración de persoas con enfermidade mental no seu ámbito comunitario, que inclúe unha serie de obradoiros que teñen como obxectivos mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade mental e dos seus familiares e mellorar a súa atención na súa contorna psicosocial e comunitaria máis próxima. Un proxecto piloto no que un equipo de profesionais se desprazan ata os domicilios das persoas que polas características da súa enfermidade teñen algunha limitación que lles impida acceder a outros recursos da propia comarca, con atención e intervención de proximidade especialmente no ámbito rural e acompañamento comunitario ás familias, potenciando o desenvolvemento dunha rede de axuda mutua. Soamente no 2020 ao abeiro deste programa Avelaíña realizou 411 actuacións individuais na comarca, 167 coordinacións, 40 servizos de acompañamento comunitario e 32 actividades.
Avelaíña é unha entidade sen ánimo de lucro declarada Entidade de Utilidade Pública en 2010 que traballa dende 1997 para potenciar a inclusión das persoas con problemas de saúde mental mediante a promoción da súa calidade de vida e a dos seus familiares. Tras 24 anos de traballo, na actualidade a asociación está integrada por 18 profesionais e máis de 400 persoas socias con enfermidade mental, familiares, coidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde. Na actualidade presta na comarca do Condado, entre outros, servizos de información e asesoramento e de atención sociosanitaria a través do Programa Achego, que conta cunha Unidade de Apoio Comunitario en Saúde Mental pensada para a poboación eminentemente rural, adaptándose ás súas necesidade e horarios, con atención a domicilio, soporte psicosocial, apoio a familiares e persoas coidadoras e coordinación dos servizos sociosanitarios e comunitarios dispoñíbeis.
O Concello da Guarda acordou a súa adhesión ao convenio de colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia, a FEGAMP e SEAGA en materia de prevención e defensa de incendios forestal, recibindo a principios do mes de febreiro o Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais.
Unha vez sometido a aprobación provisional na sesión plenaria do pasado 26 de marzo, e despois de pasar o prazo de exposición pública e audiencia dos interesados, examinadas as consultas e incorporadas as alegacións ou suxerencias que se estimaron pertinentes levouse a votación dos grupos políticos na sesión plenaria do venres día 1 de outubro, sendo aprobado definitivamente por unanimidade.
O Plan Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais elabórase, en cumprimento do establecido na Lei 3/2007, co obxectivo de definir a rede de faixas secundarias de xestión de biomasa, formadas por un conxunto de parcelas lineais do territorio estratexicamente localizadas e garantir o control e a eliminación total ou parcial da biomasa forestal mediante técnicas silvícolas axeitadas.
O fin principal é o de reducir o risco de incendio e protexer a seguridade das persoas, para iso é necesario ter as franxas definidas e poder requirir a súa limpeza aos propietarios. Os titulares das parcelas incluídas nesta rede de faixas secundarias, localizadas arredor dos núcleos de poboación, vivendas illadas ou edificacións están obrigados a xestionar a biomasa forestal.
A biomasa en ditas franxas deberá estar xestionada antes da finalización do mes de maio de cada ano, é dicir, sen eucaliptos, acacias, piñeiros, silvas, toxos, fentos, etc. favorecendo a descontinuidade vertical e horizontal destas. Dita xestión será de obrigatorio cumprimento polos propietarios destas parcelas e, no suposto de incumprimento, a administración pública competente, de oficio ou a solicitude de persoa interesada, enviará á persoa
responsable unha comunicación no que se concederá un prazo de quince días para a execución da mesma, con apercibimento de execución subsidiaria con repercusión dos custos da xestión, e no seu caso, comiso das especies prohibidas, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.