21.2 C
Pontevedra
Sábado, 3 de Xuño de 2023
Máis
    HomeComarcasRedondelaÉxito das actividades de animación á lectura para público infantil e familiar...

    Éxito das actividades de animación á lectura para público infantil e familiar da Biblioteca Xela Arias de Chapela

    Durante os meses de setembro e outubro a Biblioteca Xela Arias de Chapela organizou unha serie de actividades de animación á lectura dirixidas ao público infantil e familiar. As iniciativas desenvolvidas foron todo un éxito de participación –as entradas esgotáronse– e de satisfacción do público asistente.

    Para os máis pequenos, cativas e cativos de 1 a 4 anos, o narrador Caxoto ofrecíalles o seu contacontos ‘Levántate Xan!’.

    Mentres, para os nenos e nenas con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos, a Biblioteca Xela Arias ofrecía un extraordinario obradoiro de ciencia da man de Ciencia Divertida que se desenvolvía baixo o título ‘20.000 leguas de Lectura Divertida’.

    Finalmente, Raquel Queizás levaba ata a biblioteca o seu espectáculo de narración oral e cinema ‘Cinema marabillas: ver para ler’.

    A sede da biblioteca de Chapela escollía o espectáculo de Raquel Queizás, polo novidoso da súa proposta, e polo éxito que tivo o pasado ano na Biblioteca Valle-Inclán de Redondela.

    Cinema marabillas: ver para ler é un espectáculo fantástico e cheo de maxia que atrapa aos espectadores, nenos e grandes, achegándolles os contos clásicos á vez que os descoñecidísimos primeiros filmes do cinema mudo.

    Deste xeito, Raquel Queizás da a coñecer como foron os comezos do cinema, sen son e con música e voces en directo e achega este patrimonio cultural a nenos, nenas e adultos. Paralelamente, é tamén un xeito de animar a nenos e grandes a buscar estas historias nos libros que as recollen, e poñer de novo estes títulos no noso imaxinario.

    A biblioteca de Chapela, que leva o nome da autora homenaxeada deste ano polas Letras Galegas, ven experimentando un aumento notable dos seus usuarios e da súa actividade dende a volta do verán, polo que a festa do Día das Bibliotecas, que celebrouse o día 14 por adiantado e que ten lugar oficalmente este mes, resultou un baño de ledicia para todos.

    En definitiva, aseguran dende a Biblioteca Xela Arias “unha festa para animar a achegarse aos libros, que é o noso obxectivo”.

    COLABORACIÓNS

    Aperitivos de hojaldre sin gluten

    Mayo es el mes de las personas celíacas. El día 16 se celebró el Día Internacional de la Enfermedad Celíaca y hasta este año, el 27 de mayo se celebraba en España el Día Nacional (este año nos unimos al resto de los países y lo celebramos el día 16).

    Ponteareas diante das eleccións (II): a Xeración do cambio, un recordo para que a Historia non se repita

    “De onde vimos? quen somos? onde imos?”. O título do cadro de Paul Gauguin e a letra da coñecida canción de Siniestro Total son interrogantes filosóficos que, aplicados ao mundano proceso electoral no que estamos inmersos, serven para lembrarnos que os procesos histórico-políticos son dinámicos e, polo tanto, teñen unha xénese no pasado que explica un presente que, á súa vez, condicionará o futuro decorrer dos acontecementos. A recente historia de Ponteareas non é unha excepción e, a poucos días das eleccións municipais, convén lembrala para non estar condenados a repetila.

    Ponteareas diante das eleccións (I): David contra Goliat e a utopía feita realidade

    Botando unha ollada atrás un non pode deixar de sorprenderse da rapidez coa que transcorre o tempo e a vida. Unha velocidade vertixinosa que tamén acompaña aos acontecementos e procesos sociais e políticos e que explica a facilidade coa que a sociedade pode esquecer tan axiña o seu pasado e, sobre todo, en política, ignorar de onde vimos, onde estamos e cara onde nos diriximos. Esquecemento dos que viviron eses procesos, mais tamén descoñecemento comprensíbel por razóns biolóxicas e xeracionais dos que daquela non naceran ou eran uns cativos.

    “The Last Of Us”

    Hace unos días, terminé de ver la primera temporada de la serie "The Last Of Us", una serie basada en la historia de un videojuego inspirado en un mundo apocalíptico.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    83 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS