11.6 C
Pontevedra
Martes, 19 de Marzo de 2024
Máis
    HomeÉ NoticiaA Deputación organiza un paseo imaxinario (ou non) pola obra de Xela...

    A Deputación organiza un paseo imaxinario (ou non) pola obra de Xela Arias

    O roteiro pola “Poesía Reunida” da autora terá lugar o domingo 31 de outubro e as inscricións xa están abertas

    A figura de Xela Arias segue a formar parte da programación cultural da Deputación de Pontevedra cun paseo imaxinario (ou non) pola obra da autora no Parque do Castro de Vigo a través da súa “Poesía Reunida” (1982-2004). O roteiro terá lugar o último domingo de outubro e comezará ás 11.00 horas da man da escritora vilagarciá Susana S. Arins, quen comentará o percorrido que finalizará cunha actuación musical de Clara Pino. Deste xeito, durante dúas horas conxugaranse literatura, patrimonio e música nunha actividade que xa ten aberta a inscrición participa.cultura@depo.es.

    O paseo sairá da Fonte do Castro e as persoas que asistan visitarán a escavación que hai nese lugar para logo dirixirse ao miradoiro sobre o porto. O percorrido continuará cara o miradoiro de Vigo con dúas paradas intermedias: unha delas no banco no que Xela Arias deixou o seu primeiro fanzine e a outra nunha zona de árbores na que achega o universo máis persoal da poeta. O roteiro tamén dará a coñecer á Xela Arias máis nova, con inquietudes e curiosidades propias da xuventude, así como á nai que ve como o seu fillo comeza a camiñar. Rematará nos Galeóns de Rande, dende onde se pode ver a praia na que a poeta axudou a limpar os restos de chapapote tras o afundimento do Prestige.

    Unha vez finalizado o roteiro a cantante Clara Pino musicará xunto a Pablo Vidal tres poemas de Xela Arias para desfrute do público: “Nacín Soa”, “Teremos terás” e “Non me conteño”. Este concerto, en formato acústico, terá lugar nos propios Galeóns de Rande e achegará a obra da poeta dende a perspectiva da amizade xurdida entre ela e Clara Pino durante a súa etapa universitaria.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.