15.9 C
Pontevedra
Venres, 22 de Setembro de 2023
Máis
    HomeBaixo MiñoTuiA Biblioteca de Tui celebra o 'Día das escritoras' cun encontro con...

    A Biblioteca de Tui celebra o ‘Día das escritoras’ cun encontro con Conchi Regueiro e María José Areal

    As dúas escritoras da Eurocidade ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres

    A Biblioteca Pública Municipal de Tui celebra o vindeiro luns, 18 de outubro, o Día das escritoras coa celebración dun encontro de dúas escritoras, Conchi Regueiro e María José Areal, no que nos ofrecerán a súa visión da creación literaria e do papel da literatura, especialmente a creada por mulleres. Este encontro terá lugar na Biblioteca Municipal tudense ás 20 h.

    María José Areal é unha escritora de Valença cunha ampla traxectoria, especialmente no ámbito poético, a súa última obra é Assim me deito, Assim me levanto, profesora xubilada é tamén a coordenarida do Club de Lectura ‘Chá con Palavras’ de Valença, así como dos de Caminha e Vilanova de Cerveira.

    Outras obras súas son: Pedaços de mim, -1999 – Poesia, À deriva, -2004 – Poesia, Sabor a sal e a mel, – 2006 – Poesia, Coordenadora e Co-autora dos Vol. I e II de “Pedaços de memórias – Itinerários no Tempo e no Espaço”, – Narrativas – 1999/2000, Na eira dos pardais, – 2014 – Contos, Há dias que não sei de mim e outros que pouco de mim sei, – 2015 – Poesia ou Rendas do meu decote, – 2016 – Contos.

    Conchi Regueiro (1968) posúe unha ampla obra literaria, tanto en galego como en castelán. A súa obra está realizada dende unha perspectiva feminista. A súa primeira publicación, en galego, en 2002 foi unha novela para adultos Tempos agradables, continuando logo unha ampla traxectoria literaria tanto de libros de xénero non realista, ciencia ficción e fantasía, tamén para o público infantil e xuvenil con obras como Un marciano neste mundo (2004), O tesouro das ánimas (2011),  A herdanza do marqués (2009), e a súa continuación A cerna do segredo (2014). Ten publicadas más de quince obras e foi gañadora de diversos certames literarios.

    O Día das Escritoras é unha iniciativa promovida pola Biblioteca Nacional de España en colaboración coa Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e coa Asociación Clásicas y Modernas. Desde 2016 búscase reivindicar o labor e o legado das escritoras a través da historia. Como en edicións anteriores, a data elixida é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A VI Edición celébrase este ano 2021 o 18 de outubro baixo o lema “Ler as idades da vida”. Marifé Santiago Bolaños, é a comisaria esta VI Edición do Día das Escritoras 2021. “Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda.”

    Esta actividade enmárcase na programación do ‘Mes da Biblioteca’ que organiza a Biblioteca Municipal tudense. Para a concelleira de Ensino e Cultura, Sonsoles Vicente, é unha magnifica oportunidade para visionar o papel da muller no ámbito da creación cultural e a achega que realizan á vida colectiva dende a creación literaria. Unha oportunidade, engade, para achegarnos a coñecer a súa obra e motivación e para animar aos novos valores literarios que existen no noso municipio.

    COLABORACIÓNS

    Alberto Mancebo, «O que me quedaba por dicirche»

    Poderiamos afirmar que nos últimos meses algo se está a mover na literatura galega pola aparición de novos autores que nos sorprenden gratamente pola frescura das súas propostas.

    Antón Riveiro Coello, «Hotel Carioca»

    Antón Riveiro Coello volve a demostrar a súa rara habilidade para a construción de historias nas que xoga a mantenta coas personaxes e mais co lector.

    Branca Novoneyra, «As cunchas baleiras»

    Logo dunha longa década de escrita íntima e de reflexión, Branca Novoneyra decide facer público un novo poemario de clara vocación estética e simbólica como é «As cunchas baleiras», que ela mesma concibe como unha «antoloxía» dos versos que saíron da súa pluma ao longo de todo este tempo.

    Fabio Rivas, «A pintura debida»

    Ás veces atopamos sorpresas inesperadas que nos fan sorrir e confiar na saúde da nosa literatura.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    89 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    42 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    8 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS