25.5 C
Pontevedra
Venres, 19 de Abril de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoO RosalA U.D Ribera inaugura a tempada co IX Trofeo Vila do Rosal

    A U.D Ribera inaugura a tempada co IX Trofeo Vila do Rosal

    Antes do partido,o domingo ás 17.15 h, presentaranse todas as categorías do club e farase unha homenaxe aos xogadores da tempada 1992/93, unha das mellores da historia do fútbol rosaleiro

    A U.D Ribera e o Concello do Rosal organizan este domingo ás 18.00 o IX Trofeo Vila do Rosal no campo de fútbol A Mata, un torneo que servirá como pista de saída da tempada 21/22 e no que o clube rosaleiro medírase ao Erizana. Antes do partido, ás 17.15, presentaranse a todos os xogadores e xogadoras, case 170 mozos e mozas. A alcaldesa, Ánxela Fernández, móstrase moi feliz por este trofeo, xa que “por fin podemos volver desfrutar dun partido de fútbol con público” e agradece a U.D Ribera “o seu gran traballo polo deporte e a educación en valores no Rosal”.

    Durante a xornada tamén se aproveitará para homenaxear aos xogadores da tempada 1992/93, unha das mellores da historia do fútbol rosaleiro e que loitaron por gañar o título da primeira autonómica ata o final. O Concello recibirá xunto ao club aos 20 integrantes daquel equipo e faralles entrega dunha serie de agasallos. Desta maneira, afirma a alcaldesa, “queremos premiar e recoñecer o exemplo e a loita dos grandes futbolistas da nosa historia, así como, do indispensable equipo que tiñan detrás”.

    A rexedora espera que este fin de semana sexa o primeiro da volta á normalidade aos campos de fútbol. “Esperamos poder volver aos tempos nos que o fútbol no Rosal era unha cita habitual de todos os nosos fin de semana”, conclúe.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.