Luns, 13 Xaneiro de 2025

Mos clausura o obradoiro de emprego ‘Mocidade no Camiño’

A Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, participouna entrega de diplomas aos 16 alumnos/as-traballadores/as participantes e destacou "a intensa actividade municipal en materia de formación para a inserción laboral e loita contra o desemprego"

A secretaria territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, acompañada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Emprego, Julia Loureiro, presidiu a entrega de diplomas ás e os participantes no Obradoiro de Emprego Mocidade no Camiño. Esta acción formativa chega ao seu fin tan só dúas semanas despois do remate do Mos Peregrino e a poucos días do comezo dun novo Obradoiro, SomosMoS, que impartirá especialidades de albanelería e atención sociosanitaria a un total de 20 persoas en situación de desemprego.

Na súa intervención, Ortiz destacou “a intensa actividade municipal en materia de formación para a inserción laboral e loita contra o desemprego”.

[su_image_carousel source=”media: 46931,46930,46928,46927,46932,46934,46929,46926,46925,46924″ crop=”5:4″ link=”lightbox” autoplay=”0″]

Mocidade no Camiño estaba dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe). Para a realización deste Obradoiro de Emprego o Concello de Mos contou coa concesión dunha subvención por parte da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89 %.

A axuda ao Concello de Mos, ascende ao importe global de 369.492,32 euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Emprego e Igualdade, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego e os salariais derivados dos contratos de traballo que se subscriba co alumnado, sendo a contía destinada para a gastos salariais de alumnos/as-traballadores/as de 235.553,12 euros.

O Programa de emprego denominado Mocidade no Camiño deu emprego durante un ano a 16 alumnos/as traballadores/as, persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e distribuídas nas especialidades formativas de deseño de produtos gráficos e multimedia (8 mozos e mozas) e xardinería e auxiliares de conservación de montes (8 alumnos e alumnas).

Os obxectos de actuación para a execución do desenvolvemento do proxecto foron a actuación na Senda do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos mediante saneamento e poda de árbores, limpeza arredor dos árbores, mantemento de macizos e plantas, operacións de control fitosanitario, reposición de elementos e pequenas obras de mantemento; e a posta en valor do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos a través de actuacións de marketing e publicidade, a través da realización de materiáis gráficos e multimedia, que puxeron en valor a zona, e deron a coñecer aos peregrinos, e á poboación en xeral, a riqueza natural e etnolóxioca existente ao longo do Camiño.