Domingo, 8 Xuño de 2025

O Centro de Saúde Val Miñor e os concellos poñen en marcha un proxecto de fomento do uso correcto dos parques biosaudables

0

A idea do proxecto “Fomento do uso axeitado dos parques biosaudables no Val Miñor” surxe na Unidade de Fisioterapia de Atención Primaria do Centro de Saúde de Val Miñor, coa colaboración do persoal de Enfermeiría Comunitaria, ante a necesidade de achegar a súa labor á poboación. O obxetivo é mellorar o nivel de saúde da comunidade, fomentando o exercicio físico.

“Neste aspecto traballamos tódolos días na nosa unidade, intentando concienciar ás persoas do importante que é que nos responsabilicemos da nosa propia saúde, fomentando o cambio dos hábitos de vida; de ahí o logo das xornadas “A túa saúde nas túas mans”, sinala Ana María Tiago González, Fisioterapeuta da Unidade de Fisioterapia de Atención Primaria do Centro Saúde de Val Miñor.

Este proxecto foi elaborado íntegramente pola Unidade de Fisioterapia do Centro de Saúde de Val Miñor pero, coma outras actividades comunitarias postas en marcha dende o centro de saúde, requiren e contan coa colaboración dos concellos de Baiona, Gondomar e Nigrán para que se poidan levar a cabo.

Por iso, a sanitaria non dudou en contactor cos concellos do Val Miñor para exporlles este proxeto pioneiro e solicitar a súa colaboración. A resposta por parte das administracións locais de Baiona, Nigrán e Gondomar, non se fixo esperar e de seguido mostraron o seu apoio alabando a iniciativa.

Os parques biosaudables son un recurso accesible para a meirande parte da poboación, que ó mellor por incompatibilidade de horarios ou falta de recursos económicos non poden acudir a un centro para realizar actividade física. Polo que por un lado, hai  que fomentar o uso xa que só os utiliza unha pequena parte da poboación, e, por outro lado, ensinarlle á poboación a forma axeitada de utilizalos para evitar lesións. De ahí, o nome do noso proxecto “Fomento do uso axeitado dos parques biosaudables no Val Miñor”.

Está dirixido á toda a poboación adulta, pero sobre todo ós nosos maiores, buscando un envellecemento activo que mellore a súa calidade de vida e lles axude a previr patoloxías.

Para  a unidade de fisioterapia este proxecto supón achegar o noso traballo diario na búsqueda de mellorar a función das persoas, fóra das paredes do noso centro, achegándonos á poboación. Para o centro de saúde este proxecto supón a continuidade da actividade na comunidade, que fai tempo se iniciou con outros proxectos: andainas, marcha nórdica…

O acto de presentación doproxecto tivo lugar hoxe, no Complexo Deportivo “O Aral” Fontiñas, no concello de Baiona. Ana María Tiago González, Fisioterapeuta da Unidade de Fisioterapia de Atención Primaria do Centro Saúde de Val Miñor, explicou detalladamente cada un dos usos das diferentes máquinas. Tamén interviron Roberto Devesa, Subdirector Médico de Atención Primaria da Área Sanitaria de Vigo, Carmen Soto,Subdirectora de Enfermería de Atención Primaria da área sanitaria de Vigo,  o Alcalde de Nigrán, Juan González, e o e Alcalde de Baiona, Carlos Gómez, que exerceu de anfitrión.

 Entre o público numeras persoas participantes no proxecto de marcha nórdica que tanto éxito tivo entre a poboación da comarca.

Nos centros de saúde do Val Miñor informaráse sobre o proxecto de fomento do uso axeitado dos parques biosaludables. Haberá tamén charlas explicativas en cada un dos concellos. Así en Gondomara sera: O 30 de maio ás 10:30h e o 06 de xuño ás 11:30h no parque dás ánimas. En Nigrán, O 31 de maio ás 11 no parque biosaludables de Panxón (ó carón do pavillón municipal) e o 07 de xuño no parque biosaludable de Priegue (ó carón da rotonda de Prado). En Baiona serán: o 14 de xuño e o 21 de xuño ás 11:00 no parque biosaludable do Aral.

Para participar na actividade basta con presentarse en calquera destos lugares a hora sinalada, non é necesario inscrpción previa.

A depuradora de Vilasobroso, unha obra mal proxectada que precisa de máis recursos municipais para comezar a funcionar

0

O Goberno de Mondariz continúa traballando para dotar de conexión eléctrica á estación depuradora de augas residuais construída a finais do ano pasado en Vilasobroso para dar servizo a unha decena de vivendas dos barrios da Pena e do Cruceiro. Esta necesaria actuación para poñer en funcionamento a nova instalación do servizo municipal de saneamento non estaba incluída no proxecto orixinal, financiado polo Plan Concellos 2018-2019 da Deputación de Pontevedra e iniciado, porén, durante a lexislatura anterior.

“Esta obra deu moitísimos problemas ao Concello porque foi unha obra mal proxectada. Houbo que construír cinco pozos filtrantes que non estaban planificados inicialmente para cumprir coas esixencias da CHMS en materia de filtración de augas residuais e acadar a autorización pertinente para poder proceder á licitación da obra”, explica Xosé Emilio Barros, alcalde de Mondariz.

As modificacións esixidas para acadar autorizacións sectoriais supuxeron atrasos e solicitudes de prórrogas para rematar a obra en tempo. Malia que a subvención concedida para esta obra ascendía a 157.718 euros, as empresas que concursaron durante o proceso de licitación rebaixaron ata 20.188 euros ese importe. Executada e xustificada a obra, o Concello de Mondariz solicitou o reinvestimento desta cantidade na electrificación da instalación, mais a Deputación non o permitiu porque xa se tiñan esgotado todas as prórrogas. “Isto aconteceu en moitos concellos con proxectos arrastrados desde 2018. En Mondariz tamén ocorreu cunha obra na antiga escola unitaria de Redo, na parroquia de Vilar”, sinala Barros.

Cando comece a funcionar, a depuradora de Vilasobroso dará servizo de saneamento a non máis de dez vivendas dos barrios da Pena e do Cruceiro. Trátase dunha estación depuradora que funciona con humedais artificiais. Como a necesaria electrificación da instalación non estaba incluída no proxecto orixinal financiado pola Deputación de Pontevedra, o Concello de Mondariz traballa agora na contratación dunha segunda obra de conexión eléctrica con recursos propios. “Segundo os orzamentos solicitados, esta actuación requerirá un investimento adicional superior aos 10.000 euros”.

No marco do mesmo programa de financiación, o ano pasado tamén foi construída unha depuradora de augas residuais na parroquia de Mouriscados para dar servizo a vivendas do barrio de Poñe. “Neste caso tampouco estaba incluída a electrificación da instalación no proxecto orixinal, pero puidemos poñela en funcionamento porque coincidiu que había un transformador eléctrico ao lado”, sinala o alcalde.

O desenvolvemento do saneamento de Mondariz pasa por conectar a rede municipal á EDAR de Mondariz-Balneario

En materia de saneamento, o Goberno de Mondariz continúa insistindo na necesidade de conectar o colector xeral de augas residuais á Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) construída en Mondariz-Balneario hai máis de quince anos para dar servizo a uns 6.000 habitantes, a poboación conxunta dos dous concellos. “Malia que seguimos incluíndo máis barrios na rede de saneamento municipal –recentemente aproveitamos unhas obras de mellora de asfaltado en Queimadelos para deixar instalado o saneamento nesa zona–, é necesario ter acceso á EDAR para que todo funcione e non se acabe vertendo ao río”, comenta Barros.

O Centro Cultural da Guarda acolle este venres a presentación do libro “Camiño Portugués da Costa. Busca e atopa no Camiño de Santiago”

0

O vindeiro venres día 20 de maio ás 20:00 horas o Centro Cultural da Guarda acolle a presentación do libro “Camiño Portugués da Costa. Busca e atopa no Camiño de Santiago”.

Trátase dun libro ilustrado e escrito por Ramón Quintas e Noelia Muíños e publicado por Hércules de Ediciones en tres idiomas: castelán, galego e inglés.

Dirixido aos máis pequenos e ás súas familias, os autores agochan nas páxinas deste libro personaxes célebres, festas tradicionais, monumentos, ingredientes máxicos da gastronomía galega e o Apóstolo Santiago.

Todos os nenos e nenas que acudan á presentación levarán de agasallo un póster de colorear da Guarda.

O libro conta con ilustracións das poboacións do Camiño portugués da costa onde hai un ir e vir de persoas, accións, vehículos, edificios, etc. Mentres se observan os debuxos poderanse buscar e atopar diferentes persoas, personalidades importantes da zona, monumentos… e descubrir en cada mirada unha nova historia. Percorrerase o Camiño a través das paisaxes de cada localidade e descubriranse as diferentes personalidades relacionadas con estes lugares. Algúns exemplos: un castrexo na Guarda, o trovador Mendiño en Redondela ou o loro Ravachol en Pontevedra. En cada parada do Camiño agóchase ademáa o Apóstolo Santiago. Serás quen de atopalo?

Noelia Muiños e Ramón Quintas forman xuntos Papelier, un proxecto de creación de ilustración e deseño con sede en Baiona.

Noelia (Ponte Caldelas, 1986) é licenciada en Publicidade e Relacións Públicas. Con experiencia no ámbito do deseño gráfico e editorial traballou tamén como docente no campo artístico e creativo con nenos e adultos.

Ramón (Gondomar, 1983) é Licenciado en Belas Artes e desenvolve a súa actividade profesional principalmente no ámbito docente con xóvenes e nenos.

Coñecéronse estudando o Máster de Profesorado polo itinerario artístico en Pontevedra e logo emigraron a Austria, onde viviron durante os últimos sete anos. Alí deron forma á marca „Caixa de Mistos“, proxecto de ilustración con  colección de papelaría e complementos propios. Baixo este nome realizaron exposicións, participaron en feiras de arte e artesanía, organizaron obradoiros creativos e realizaron numerosos encargos de deseño gráfico e ilustración.

Dende 2018 Caixa de Mistos pasou a denominarse Papelier, tomando toda esa experiencia anterior, pero buscando novos camiños.

O libro sobre o Camiño de Santiago portugués da costa coincide tamén coa volta á terra dos dous autores, que despois da estadía en Austria, decidiron volver para crear dende Galicia.

A Confederación Hidrográfica Miño Sil colabora coa Cañiza para dar solución á problemática das depuradoras

0

O presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, reuniuse esta mañá co alcalde da Cañiza, Luis Piña, para explicarlle polo miudo os traballos que o organismo está a desenvolver no Concello da Cañiza, así como as futuras inversións que se realizarán no Municipio en materia de medioambiente.

Esta colaboración comeza cun estudio en profundidade das alternativas reais capaces de optimizar os actuais sistemas de depuración do Concello e a redacción dos proxectos que se deriven destes análisis.

O rexedor da vila agradeceu ao presidente Quiroga a axuda prestada pola Confederación adxudicando este primeiro traballo á empresa coruñesa ANTEA IBEROLATAN SLU por un importe de 86.720,00 €.

Esta mercantil será a encargada de redactar o estudo de alternativas de saneamento e depuración no Concello despois de ter analizado íntegramente a problemática das Edar Urbana, Industrial, de Valeixe, Luneda e Achas. A actuación tamén contempla a redacción dos proxectos para a mellora destas instalacións.

Segundo comunicou o alcalde esta mañá “é a primeria vez que CH MIÑO-SIL coopera co Concello para tratar de dar solucións aos verdadeiros problemas que afectan aos sistemas de depuración actuais e que provocan os incumprimentos en materia de verquidos e polo tanto a imposición de continuas multas superiores aos 30.000 € por cada expediente sancionador aberto”.

“Conseguimos que dende a Confederación se solidaricen coa situación de indefensión en materia de verquidos na que actualmente se atopa o Concello, sendo imposible depurar as augas residuais nos términos que nos obrigan as respectivas autorizacións”.

“O Concello da Cañiza ven sufrindo esta situación de desamparo dende hai máis dunha década, por iso a actuación que hoxe presentamos é a mellor noticia en materia de depuración dos últimos anos”.

Para poder determinar qué pasa exactamente cos sistemas de depuración do Concello, en concreto coa EDAR INDUSTRIAL, EDAR URBANA e a EDAR de VALEIXE, a empresa ANTEA IBEROLATAN SLU, adxudicataria da actuación promovida pola CHMIÑO-SIL, comezou o pasado 11 de abril os traballos de estudo integral da situación actual destas EDARS.

Este traballo está basado nun estudo inicial promovido polo Concello e redactado por unha enxeñería externa que o Alcalde presentou ao Presidente da Confederación.  Tras diversas reunións de traballo entre o Concello e Confederación, conseguiuse o compromiso deste Organismo para colaborar na evaluación da situación actual dos sistemas de saneamento e depuración municipais, redacción de proxectos e  aplicación de medidas correctoras.

A raíz deste estudo inicial do Concello, técnicos da propia Confederación retomaron a evaluación para determinar as posibles causas dos problemas de verquido derivadas das EDARS municipais.  Exceso de caudal de chegada á EDAR Urbana, baixa carga da EDAR Industrial e problemas con verquidos de metal,  problemas de desbordamentos nas EDAR de Achas e Valeixe, etc.  Á difícil orografía do Concello e tamén a existencia de numerosos saneamentos construidos polo propio Concello no pasado sen autorización nin proxecto, nin control de obras, son outras posibles causas da actual situación.

Unha problemática que agora a empresa ANTEA IBEROLATAN SLU terá que estudiar en profundidade para dar unha solución e redactar os proxectos que sexan necesarios para correxir os sistemas.

O Porriño dinamiza a súa praza de abastos co “MercaPorri”

O Concello do Porriño quere dinamizar a súa praza de abastos e achegalo á cidadanía. Con este propósito, o vindeiro sábado 28 de maio, organiza “MercaPorri”, unha actividade dirixida aos nenos na que poderán canxear o seu “diñeiro MercaPorri” por regalos e sorpresas nos diferentes postos da praza, á vez que coñecen como funciona o mercado e os produtos que este ofrece.

O Porriño súmase así á campaña da Xunta, “Quere o teu mercado”, que a nivel internacional está organizada pola World Union of Wholesale Markets (Unión Mundial de Mercados Mayoristas) con motivo do Día Internacional do Mercado.

“Seguimos apostando pola posta en valor do noso mercado”, explicou a concelleira Antía Carrera, “Con actividades como esta queremos incentivar o consumo de productos frescos entre os máis pequenos e promover a compra local, así como a profesionalidade e o bo facer dos nosos praceiros e praceiras”.

Para participar é necesario inscribirse enviando un email a [email protected].

“Depo Auga” abre a inscripción para a primeira actividade

A Deputación de Pontevedra xa ten aberto o prazo de inscrición para a primeira das actividades desta segunda edición de Depo Auga, o programa de deporte sostible de rutas guiadas por ríos ou praias de diferentes concellos da provincia nunha táboa de paddle surf ou nun kayak. A primeira sesión deste ano terá lugar o domingo 5 de xuño nas Salinas do Ulló no concello de Vilaboa cunha ruta de paddle surf. Esta actividade dispón de un total de 45 prazas, que se distribuirán en 3 quendas de 15 persoas en cada unha.

Este programa da Deputación dá resposta a prácticas deportivas que cada vez contan cun maior número de persoas afeccionadas e a unha das formas máis divertidas de coñecer e sentir o deporte na natureza. Depo Auga está dirixido por iso a persoas amantes dos deportes da natureza e aventura, maiores de 18 anos ou menores (mínimo 14 anos) acompañados pola súa nai, pai, titora ou titor. As e os participantes deberán desprazarse ao lugar de inicio da actividade, onde recibirán información sobre o funcionamento do programa e entregaráselles todo o material necesario para realizar as actividades.

As persoas interesadas en participar nestas travesías guiadas de aproximadamente unha hora e media de duración, xa poden inscribirse a través do formulario que atoparán na páxina web da Deputación. En caso de que se completen as prazas habilitarase unha lista de agarda de ata un máximo de 50 persoas.

Despois desta ruta polas Salinas do Ulló en Vilaboa, as seguintes excursións do programa Depo Auga terán lugar nos concellos de As Neves, Poio e A Illa de Arousa.

A mocidade ponteareá achégase este venres ao brilé, o gran sobrevivente dos xogos

Nova xornada de lecer ao abeiro do programa Mocidade Viva. Este venres 20 de maio, o parque das Pombas acollerá unha xornada de brilé ou balón prisioneiro, un xogo tradicional que aínda é moi practicado hoxe en día nos centros educativos pero que case non se ve nas rúas. O Concello quere recuperalo e achegar á mocidade ponteareá a este deporte que “permite inculcar aos mozos e mozas os valores do compañeirismo e do traballo en equipo”, como explica Miguel Bouzó, concelleiro de Mocidade.

A actividade, de balde, comezará ás 20.00 horas. As persoas interesadas en participar poderán solicitar máis información ou realizar a súa inscrición enviando un correo electrónico ao enderezo [email protected].

Bouzó convida a toda a rapazada a participar neste encontro de lecer, así como en todas as actividades que o Concello organiza dentro do Mocidade Viva, “un programa estábel con iniciativas lúdicas e formativas dirixidas para a xente nova. O que buscamos é ofrecerlles a todas e todos espazos de lecer e socialización saudábeis con actividades divertidas, pero tamén didácticas e que fomenten novos valores”.

A película documental “A poeta analfabeta” chega a Redondela e Ponteareas

O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará os vindeiros días 21, 27 e 28  a súa terceira sesión coa proxección nos concellos de Forcarei, Poio, Redondela, Ponteareas e Cambados do documental “A poeta analfabeta”, finalista na candidatura desta categoría nos premios Mestre Mateo. O ciclo, que busca dotar aos concellos da provincia  dunha programación estable de cinema en galego, exhibirá ao longo do ano o resto das películas premiadas e finalistas dos Mestre Mateo 2022, polo que amais de “A poeta analfabeta” tamén se proxectararán nos próximos meses o documental “Welcome to ma maison” así como as longametraxes “Tres”, a premiada, e as finalistas “Cuñados”, “Jacinto” e “Malencolía”.

A proxección do filme “A poeta analfabeta” terá lugar o sábado 21 ás 18 horas no Multiusos de Soutelo de Montes de Forcarei; ás 19:30 no Multiusos da Xunqueira de Redondela e ás 20 horas no Centro Cultural Xaime Illa de Poio; o venres 27 de maio ás 20:00 na Sala Multiusos do Auditorio de Ponteareas; e por último, o sábado 28 ás 20 horas no Auditorio municipal de Cambados.

 O documental “A poeta analfabeta” retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño, poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria.  Aos seus 88 anos é unha das voces vivas da emigración galega, da que volveu pobre, pero cunha fonda consciencia da súa identidade, a súa lingua e o seu xénero. O relato xira en torno ao seu retrato: a súa historia de vida, a súa loita política e a súa obra poética, pero tamén amosa aquelo que Luz xera ao seu redor e que conforma o seu legado o cal a converte nunha icona para moita xente. O filme é unha produción de Cósmica Producións e está dirixida por Sonia Méndez.

O Rosal creará unha bolsa de emprego para o posto de auxiliar administrativo

0

O Concello do Rosal acaba de poñer en marcha un proceso selectivo para a formación dunha bolsa de emprego para o posto de auxiliar administrativo mediante sistema de oposición. O obxectivo desta convocatoria é “dispoñer dunha listaxe de traballadoras e traballadores que nos permita cubrir as necesidades temporais de persoal que poidan xurdir, como baixas, o reforzo puntual dun servizo, a acumulación puntual de tarefas… Deste xeito podemos garantir o bo funcionamento de todos os servizos administrativos municipais”, explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.

As persoas interesadas en participar neste proceso poden presentar xa a súa instancia durante 10 días hábiles a partir do día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra, que foi este 16 de maio.

A presentación da solicitude realizarase preferentemente a través da Sede Electrónica do Concello a través do trámite xa habilitado para o proceso, onde tamén se poderá atopar a documentación que se deberá presentar segundo as bases reguladoras. Tamén poderá presentarse de forma presencial no Rexistro Xeral do Concello en horario de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas.

Parabéns á poeta ponteareá Teresa Ríos polos galardóns no Certame Vilariñas e no aRitmar

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, traslada os parabéns en nome de todo o Goberno local á poeta ponteareá Teresa Ríos, que acaba de engadir nestes días dous novos galardóns á súa traxectoria.

Alumna de todos os obradoiros de escrita creativa do Concello de Ponteareas e membro do Club de Lectura da biblioteca municipal, a poeta vén de conseguir o primeiro premio no VI Certame Vilariñas, un concurso no que as obras presentadas constitúen unha orixinal mestura de micro poemas con imaxe que se converten nunha especie de haikus á galega. A escritora ponteareá recollerá o premio no acto de clausura do II Festival de Poesía Guitirica o vindeiro 3 de xullo na Casa Habaneira de Guitiriz.

Por outra banda, Ríos tamén acaba de conseguir o terceiro posto na categoría de  ‘Mellor poesía do ano 2021 na Galicia’ nos premios aRitmar Galicia e Portugal, un proxecto que busca difundir a música e a poesía e aproximar a cultura e a lingua galega e lusa.

O concello da Guarda súmase ao Día Mundial das Enfermidades Inflamatorias Intestinais

0

O Concello da Guarda, a petición da asociación de pacientes que padecen enfermidade inflamatoria intestinal ACCU Vigo, súmase este 19 de maio ao Día Mundial das Enfermidades Inflamatorias Intestinais acendendo a fachada do consistorio municipal de cor morada.

As Enfermidades Inflamatorias Intestinais máis relevantes son a enfermidade de Crohn e a Colitis Ulcerosa.

Estas patoloxías supoñen una gran perda de calidade de vida das persoas que o padecen Só en España temos o redor de 10.000 novos casos diagnosticados cada ano, número que cada vez se ve mais incrementado.

O camiño do Carreiro de Patos xa conta cunha rede de saneamento total

0

O Concello de Nigrán ven de dotar de saneamento o camiño do Carreiro, en Patos, ao carón da Praia de Abra, tal e como tiñan demandado os veciños. O Concello investíu nestes traballos adxudicados a ‘COVSA’ un total de 61.427 € a cargo do Plan Concello 2020 que inclúen a renovación por completo do pavimento, que xa se atopaba en moi mal estado e sen segregación do sentido da circulación. En concreto, instalaronse 224 metros de colectores con dous tramos separados por un sistema de impulsión mediante electrobomba sumerxible (por iso tamén foi preciso dotalo de conexión de baixa tensión) co fin de elevar a cota e que sexa posible o tránsito por gravidade. O firme será reposto con asfalto previo fresado de toda a superficie.

“Dará servizo a todas as vivendas desta rúa que ata agora se servían de fosas sépticas individuais, cos conseguintes riscos medioambientais que iso supón, máxime estando ao carón do mar”, explica o alcalde, Juan González, quen reafirma o obxectivo do goberno local de completar o saneamento en todos os barrios.

Os veciños deberán acudir á oficina de Aqualia na Avda.Val Miñor, 2 (de luns a venres, de 09:00 a 13:00 horas) para solicitar a conexión ao mesmo.

A depuradora de Vilasobroso segue sen funcionar 10 meses despois do remate das obras

0

Os concelleiros Xoán C. Montes e Tino denuncian que a EDAR, pensada para dar servizo aos barrios da Pena e O Cruceiro, segue sen servizo despois de investir máis de 137 000 € 

Estas actuacións consisten na construción dunha depuradora de augas residuais, mediante humidais artificiais para fluxo subsuperficial de aireación forzada. Este proxecto foi redactado no mandato anterior, sendo alcalde Montes Bugarín.

Ambos os dous edís consideran que, cando se contratou a obra, xa se debería ter incluído no orzamento a conexión eléctrica da instalación para aforrarlle cartos ao concello e para acelerar a súa entrada en servizo, o que evitaría a situación actual, na que as obras executadas non permiten solucionar o problema da depuración de augas sucias á veciñanza: 180 veciños do barrio da Pena.

Conexión inmediata

O concelleiro de AporM Tino Menéndez e o portavoz municipal Xoán C. Montes Bugarín veñen de visitar a depuradora que ía prestar servizo aos barrios da Pena e O Cruceiro, na parroquia de Vilasobroso. Alí comprobaron que, case un ano despois da súa recepción por parte do Concello de Mondariz, segue sen entrar en funcionamento. O goberno municipal leva 10 meses sen contratar a conexión eléctrica desta instalación, polo que a depuradora non pode entrar en servizo.

As obras executadas, nas que se investiron 157.718 euros, incluíron unha baixa de 20.188 € a cargo da empresa contratista, de tal forma que o investimento final foi de 137.530 euros. Por esta razón, o noso grupo esixe que eses 20.188 € sexan investidos á maior brevidade na dotación da conexión eléctrica da depuradora “para que poida entrar en servizo canto antes”.

Os edís municipalistas defenden que, “á maior brevidade posible sería necesario construír o colector que permita conectarse a esta depuradora aos veciños e veciñas do barrio do Cruceiro”, algo que neste momento non está previsto.

¡El mago de la electrónica, ha muerto!

El personaje de la portada, es probable que a muchos lectores no le suene, quizás algunos al ver los cachibaches que está utilizando, se puedan hacer una pequeña idea, pero los seguidores de la música electrónica clásica y el Krautrock, seguro que si lo conocen perfectamente. Estamos hablando del mago de la electrónica, uno de esos pioneros que elevaron este estilo musical y la forma de hacer música al grado de celestial. Esta semana nos ha dejado el gran e inigualable, Klaus Schulze.

Nacido en Berlín en Agosto de 1944, comenzó en la música de joven estudiando guitarra clásica y participando con el bajo en un grupo de Düsseldorf llamado “Les Barons”. Desde un comienzo, se muestra con un compositor con ideas muy modernas para la época y como músico cercano a las teorías de la Universidad de Berlín, que es precisamente donde se inicia su carrera como músico profesional, como percusionista formando parte de grupos pertenecientes a la escena alternativa de la ciudad alemana de finales de los ’60, principios de los ’70. Comenzó como integrante de Psy Free (1967-1968) para poco después fundar los Tangerine Dream junto a Edgar Froese y Conrad Schnitzler (1969 – 1970).

Poco después dejaría la formación y crearía Ash Ra Tempel jutno con Manuel Göttsching y Hartmut Enke.

Después pasaría por Teh Cosmic Jokers para empezar a colaborar con otros artistas como Harald Grosskopf o pasar por grupos como Go con artistas como Stomu Yamashita, Steve Winwood, Michael Shrieve y Al Di Meola.

En el año 1972 publcia su primer trabajo en solitario Irrlicht, considerado como visionario por incluir máquinas grabadores de cinta magnéticas y organo electrónico. Otros discos destacados de la época son Timewind de 1975 y Moondawn de 1976 en los que ya utiliza sintetizadores, algo que se convertiri en su sello.

En los años 80, a raíz de tener nuevos instrumentos digitales lanza varios trabajos sobre el pseudónimo Richard Wahnfried dónde su música es menos experimental y más accesible para otros públicos.

Resumir la carrera de un compositor de este nivel en pocas palabras es casi imposible. A lo largo de su carrera ha publicado más de 60 albumens e incluso, padenciendo una larga enfermedad, había firmado contrato con un nuevo sello para publicar su nuevo trabajo, un disco que llevará por título “Deus Arrakis” y que será publicado a principios de Junio, su adelanto es este tema titulado “Osiris Pt#1”

Sin lugar a dudas, una mago de la electrónica se ha marchado, un hombre que ha sido fundador de la Escuela Berlín y del Krautrock, que ha sido maestro para muchos otros compositores de su generación y de generaciones posteriores (Brian Eno, Michel Huygen, David Bowie, …) Un hombre, que hasta el último momento, ha sido fiel a su estilo (nunca quiso publicar una revisión de sus clásicos al estilo de lo que han hecho algunos de sus contemporáneos (Oxygenes, Tubulars,…) Cómo el mismo dijo en una entrevista en 1997, “Si un artista ya no puede sorprender a la gente, ese es el final”

Una estrella ha dejado la tierra para pasar a brillar en el cielo, seguramente, estará disfrutando de la música cósmica que él mismo tantas veces creó y aunque siempre quiso estar en un segundo plano y que la música fuera la que destacara, en estos momentos, seguro que brilla por encima de todas las demás.

Klaus Shulze, R.I.P.(26 Abril 2022)

Xestión de axudas para as empresas, seguinte paso tras o inicio da demolición das naves incendiadas

0

A directora da Área de Investimento do Instituto Gallego de Promoción Económica, Igape, Raquel Rodríguez Espiño, e o técnico responsable da Oficina Sur do Igape, Miguel Fidalgo Iglesias, reuníronse na Axencia de Colocación do Concello de Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, o concelleiro de Urbanismo, José Areal, a concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro, técnicos municipais, representantes das 6 empresas afectadas polo incendio do Polígono do Rebullón e da Mancomunidade á que pertencen, e membros da directiva da Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, entre eles o seu xerente, Franciso Domínguez.

Onte comezaron os traballos de demolición das naves industriais afectadas polo incendio do pasado 27 de marzo para os que a semana pasada se aprobou en sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local do Concello de Mos a devandita licenza de demolición concedida á Mancomunidade de Propietarios Portela.

A continuación a Mancomunidade debe tramitar a licenza para a nova construción das mesmas.

O desgraciado suceso acaecido no Polígono do Rebullón ocasionou terribles consecuencias para empresas e traballadores. É por elo que desde a data do lume, Mancomunidade de Propietarios, AEMOS, Concello de Mos e Xunta de Galicia traballan da man para apoiar e axudar aos afectados o máximo posible.

Neste senso celebrouse a xuntanza desta tarde, para que cada unha das partes implicadas permanezan debidamente informadas en tempo real da evolución da situación das empresas afectadas. Tratouse dunha reunión de seguemento para analizar en detalle as necesidades das empresas, tanto desde o punto de vista municipal como autonómico.

Algúns dos puntos abordados foron a xestión de posibles bonificacións fiscais por perda ou ralentización da actividade, bonificación do ICIO, da taxa do lixo, etc.

Tamén se trataron as solucións urbanísticas viables para a situación actual destas 6 empresas, que pasa pola aceptación da Mancomunidade, integrada polo total das 17 empresas que integran o polígono, que foi creada fai anos.

Da reunión desta tarde extraeuse a folla de ruta para unha intervención integral no polígono, en aras de que sexa viable a reconstrución da zona afectada. Así, tramitaranse unha serie de axudas, que implican importantes xestións previas, e traballarase nun plan de revitalización paralelo á reconstrución, no que estean involucrados Xunta, Concello e empresas.

Transcorrido mes e medio tras o incendio, reuniuse de novo nesta mesa de traballo o comité de seguemento, que ten como finalidade manter informadas a todas as partes implicadas dos pasos que se van dando cara unha unha solución definitiva. Nestas mesas de traballo o comité de seguemento recolle a evolución das distintas fases previas á consecución da solución final; polo que periódicamente continuaranse a celebrar reunións como a realizada esta tarde na Axencia de Colocación.

A provincia de Pontevedra exhíbese ante o cinema de EEUU como o mellor plató de rodaxes

“Un escenario de rodaxes inmellorable”. Unha provincia conectada co mundo, con espazos de alto valor paisaxístico e monumental, cunha interesante combinación de costa atlántica con acantilados, rías e praias de área fina con paisaxes verdes de interior que permiten atopar en poucos quilómetros de distancia excelentes localizacións constituíndo así un inmellorable escenario de rodaxes. Estes  foron algúns dos elementos nos que a Deputación de Pontevedra fixo hoxe fincapé na xornada “Focus on USA”, que celebra a Spain Film Commission en Sevilla coas principais produtoras e estudos cinematográficos de Estados Unidos da talla de Amazon, HBO, Netflix, NBC Universal, Paramount, Warner Bros, Sony Pictures, MGM Studios ou Elefantec Global. As produtoras estadounidenses mostraron tamén interese nas vilas mariñeiras e aldeas abandonadas no medio de bosques centenarios, ao consideralos elementos singulares que diferencian a nosa provincia doutros territorios estatais.

No Real Mosteiro de Santa Clara de Sevilla, a directora de Cultura da Deputación, Paula Cabaleiro, explicou tamén na súa intervención os múltiples escenarios e posibilidades de toda a provincia como o seu clima suave, excelente para rodaxes exteriores dende abril ata novembro; pazos e castelos con xardíns de Excelencia; as illas con inigualables espazos naturais; pontes históricas na fronteira con Portugal que atravesan o río Miño; adegas e extensións de viñedos a pé de mar; cascos históricos para escenas urbanas; instalacións industriais e navais; xacementos arqueolóxicos e o seu importante patrimonio, sobre todo do Románico. Para apoiar os recursos e espazos empregáronse imaxes e exemplos de rodaxes realizadas xa na provincia como a serie “Un asunto privado” de Amazon Prime Vídeo, nominada a Ninfa de Ouro do Festival de Monte Carlo; “Ons” ou “A illa das mentiras”, de Filmin; e “Infesto”, de Netflix.

A delegación da Deputación de Pontevedra tamén informou de todas as facilidades que se prestan dende a Pontevedra Provincia Film Commission, como a colaboración cos pequenos concellos na tramitación de rodaxes e permisos para axilizar as autorizacións para as producións audiovisuais; a axuda na procura da localización idónea de espazos ou reserva de hoteis; ou a posta a disposición de forma gratuíta de edificios históricos da propia Deputación para as rodaxes.

O Concello saca a licitación a concesión de catro postos nos mercados de Tomiño e Goián

0

No camiño de continuar dinamizando os mercados municipais, o Concello vén de sacar a licitación a concesión de uso de catro postos distribuídos nas prazas de abastos dos núcleos urbanos de Tomiño e de Goián.

Trátanse de tres postos en Tomiño, dous na planta baixa destinados a actividades de peixaría e tenda de alimentación e un no primeiro andar de uso alimentario e venda polo miúdo. Pola súa banda, na praza de abastos de Goián sae a licitación un posto de uso comercial en xeral, tanto alimentario como non alimentario.

As persoas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro martes 24 de maio no rexistro do concello de Tomiño en horario de 09.00 a 13.00 horas de luns a venres ou por correo certificado, anunciando a remisión e a xustificación de data por fax, telefax ou telegrama no mesmo día do envío.  

Coa ocupación destes catro postos o Concello procura seguir ampliando a oferta a disposición da veciñanza en ambos os dous mercados, que contan con espazos acolledores, modernos, céntricos e ben acondicionados para satisfacer as necesidades tanto de praceiros e praceiras como das propias persoas consumidoras.

Iniciadas as obras do camiño escolar que transformarán a rúa Trobador Xoán García de Guillade e outras da contorna

O Concello de Ponteareas iniciou as obras de transformación da rúa Trobador Xoán García de Guillade, que se converterá nun espazo público de calidade para as persoas. Os traballos abranguerán algo máis dun quilómetro e permitirán crear o primeiro espazo escolar seguro da vila ata o CEIP Ramiro Sabell e triplicarán o espazo para a veciñanza. “Esta actuación transformará por completo un longo percorrido moi utilizado por escolares, deportistas e persoas para o paseo, converténdoo nun espazo seguro, atractivo, sombreado e amábel”, salienta a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

As obras teñen un prazo máximo de execución de 8 meses e nelas invístense case 731.000 euros financiados nun 75% a través do plan ReacPon da Deputación de Pontevedra e nun 25% con fondos propios do Concello. O proxecto permitirá conectar a pé o centro urbano con parroquias como Fontenla e Arcos, e mellorará o tramo da rúa Nardos entre Xoán Trobador e o Paseo Matutino, así como nesta última rúa entre a saída de Nardos e a entrada a Feliciano Barrera, onde se atopan os institutos Val do Tea e Pedra da Auga.

A rúa Trobador Xoán García dende a Avenida de Galicia até o parque Ferro Ucha, de 200 metros, será de uso peonil en plataforma única para o paseo e a estancia, con abundante arborado e mobiliario e circulación de vehículos a motor reducida a residentes, garaxes e servizos.

“Esta obra vai transformar de xeito extraordinario unha rúa e unha estrada degradada, con beirarrúas estreitas, sen arborado e inhóspita, nun espazo público de calidade para o paseo, o desprazamento a pé e a relación social”, salienta o concelleiro de Mobilidade, Roberto Mera.

As persoas que desexen facer consultas ou expoñer incidencias poderán facelo ben enviando un correo electrónico a [email protected] ou ben chamando ao teléfono 986 64 00 00.

A Deputación leva aos concellos do Baixo Miño, Condado Paradanta, Val Miñor e Redondela o espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’

As actividades das Letras Galegas organizadas dende os servizos de Lingua e Memoria da Deputación de Pontevedra chegarán a 35 concellos de todas as comarcas da provincia para dar a coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán grazas ao espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’.

  • Na área de Redondela as representacións estarán o 3 de xuño no concello homónimo e en Pazos de Borbén o 8 de xuño.
  • Na comarca do Condado-Paradanta as representacións serán en A Cañiza  29 de maio, en Ponteareas o 2 de xuño, Mondariz o 4 de xuño e Salvaterra o 13 de xuño.
  • Na zona do Val Miñor a representación chegará a Baiona o 10 de xuño e a Gondomar o 3 de xullo.
  • No Baixo Miño a representación realizarase en Oia o mesmo día das Letras Galegas, o 17 de maio, ás 18 h no Centro Sociocultural de Pedornes, en O Rosal estará o 26, en Tomiño o 29 do mesmo mes ás 17.30h no Auditorio de Goián, e en Tui o 7 de xuño.
  • Na zona do Val Miñor a representación chegará a Baiona o 10 de xuño e a Gondomar o 3 de xullo.

Trátase dun espectáculo familiar para divulgar a biografía do poeta valdeorrés Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987), homenaxeado pola Real Academia  Galega (RAG) co  Día das Letras  Galegas 2022. A deputada de Lingua e Memoria María Ortega considera que o autor é unha das voces máis senlleiras da literatura do exilio polo que nas actividades de realce da súa figura organizadas dende o organismo provincial era precisa unha programación que tivera como protagonismo á cativada. “Por iso ideamos da man da afamada empresa de contacontos ‘Polo correo do vento’, unha actividade que, de xeito ameno e participativo, lles achegue a figura do homenaxeado como exemplo de amor á Terra e mantemento da loita polos ideas, mesmo nas peores das circunstancias”, subliñou a nacionalista.

Na actividade alternarase a narración da biografía de Delgado Gurriarán, coa creación dunha ilustración  e a interpretación de distintas pezas musicais. Contará ademais con tradución en lingua de signos, para que sexa accesible a todas as crianzas, e rematará cun pequeno coloquio adaptado ás súas idades e un obradoiro no que cada participante realice a súa propia caricatura  do autor.

Foron adxudicatarios das obras os 35 primeiros concellos que presentaron instancia de solicitude, esgotándose os espectáculos dispoñibles apenas en tres horas. Para a deputada María Ortega o interese amosado polos concellos é mostra de que cada vez máis hai consciencia da necesidade de que as administracións locais traballen a prol da lingua e da memoria, achegando a cativada formatos atractivos para tratar os temas segundo a idade.

Ademais das obras sobre Florencio Delgado Gurriarán, a Deputación tamén achegará ás bibliotecas municipais e aos centros de ensino pequenas biografías destinadas á cativada. Para o alumnado de Primaria o servizo Editorial da Deputación editou a peza ‘Levar paisaxes nos ollos’ e para a xente moza editou unha banda deseñada coordinada por Kiko da Silva, con guión de Fernando Llor e ilustracións do alumnado de ‘O Garaxe Hermético’. Cadansúa das publicacións tivo unha tiraxe de 1.000 exemplares.

Máis representacións

No Salnés estarán o 7 de xullo en Sanxenxo, o 19 de xullo en O Grove, e o 27 do mesmo mes en A Illa de Arousa, quedando por axendar data aínda en Meis e Ribadumia. Na comarca de Caldas estarán o 1 de xullo en Cuntis, o 2 en Pontecesures, o 7 en Caldas, o 12 en Portas, o 14 en Catoira, o 21 en Moraña. No Morrazo a única representación será en Cangas o 20 de maio ás oito da tarde, aínda pendente de ubicación a confirmar polo Concello.

Na área de Pontevedra as representacións realizaranse este venres 13 no Concello de Poio, ás 17 horas no Centro Cultural Xaime Illa de Raxó, o 24 ás 11h no CEIP de A Lama, o 25 de maio en Ponte Caldelas (19h na Casa da Cultura), o 26 en Cerdedo-Cotobade,  e o 5 de xuño en Campo Lameiro. No Deza-Tabeirós, a xeira comezará o 23 de maio en Dozón ás 16 horas no CEIP Pio Cabanillas Gallas, o 29 de xuño estará en Rodeiro, o 6 de xullo en Vila de Cruces e o 22 do mesmo mes en Agolada.

Música e divertidas actividades para todos os públicos na I Festa das Asociacións

0

O Rosal quenta motores para a primeira edición da Festa das Asociacións, unha xornada festiva coa que render homenaxe ao tecido asociativo rosaleiro, un dos eixos fundamentais do desenvolvemento do municipio. O encontro celebrarase o vindeiro martes 17 de maio, Día das Letras Galegas, no parque de Pías, onde haberá música, talleres, espectáculos e actividades para todos os públicos de 11.30 a 21.00 horas.

A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, convida a toda a veciñanza a participar nesta xornada que busca “achegar a todas e todos os participantes as actividades que están a facer as asociacións rosaleiras que traballan nos diferentes ámbitos no concello e, ademais, promover vínculos e colaboracións entre elas e asociados e asociadas”.

As persoas interesadas en asistir á festa poden comprar xa os tíckets de comida e bebida que se venden de forma anticipada en calquera das asociacións e entidades participantes ou na propia Casa do Concello.

Xa o día 17, o inicio das actividades virá marcado pola entrada no parque do Trebón dos Xidos. Pola mañá haberá ximcana ciclista, portería de precisión, talleres e xogos tradicionais, para rematar ás 12.00 h con actuacións a cargo da Agrupación Musical do Rosal e ás 13.00 h coa de Tremelique. Ás 14.00 h será tempo de comida e as actividades reactivaranse a partir das 16.00 horas con xogos populares. Ás 18 h será a quenda do espectáculo de monicreques de Tarabelos Teatro, ‘Sabela e o paxaro máxico’, que dará paso ás 19.00 horas ás actuacións musicais de Orballo e Brassica Rapa.

“As asociacións son un dos motores do dinamismo do Rosal a nivel cultural, deportivo, educativo ou social, cunha capacidade de adaptación impresionante a todas as circunstancias dos últimos anos, algo que dende o Concello non podemos máis que louvar”, lembra a rexedora, que salienta que “sentimos moito orgullo de poder celebrar unha festa na que recoñecer o seu labor e dar a coñecer a todos os rosaleiros e rosaleiras o traballo que están a desenvolver no municipio”.

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra obtén un balance positivo do mes de abril

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra ratifica a boa acollida que ten o seu contido museográfico entre veciños e foráneos.

Case duascentas persoas visitaron, no pasado mes de abril, as súas punteiras e interactivas instalacións tras a ampliación de horarios de atención ó público e o establecemento de visitas  audioguiadas. En prol dunha maximización dos recursos tecnolóxicos dos que dispón o museo as visitas realízanse, nestes momentos, mediante unha aplicación que o visitante poderá descargar no seu teléfono ou dispositivo móbil. Un sistema que permite ó usuario non só coñecer de primeira man todos os contidos do museo senón tamén, información dos principais recursos turísticos do municipio.

O elevado volume de visitantes que se achegan ó museo reflicte o gran interese que o turismo enolóxico está a espertar na xente que ven a coñecer o noso territorio. É polo tanto, o enoturismo, un eixe dinamizador da nosa economía local, da nosa gastronomía, do noso patrimonio e da nosa tradición. Unha proposta capaz de xerar redes invisibles de valor engadido.

Os días de apertura ó público do Museo da Ciencia do Viño do Condado son de mércores a domingo, en horario de 11h a 14h e de 17h  a 19h.

Non será preciso a inscrición previa agás para os grupos de máis de 15 persoas ou aqueles que desexen unha visita guiada.

As reservas para grupos deberán efectuarse a través do teléfono 617.14.88.66 ou no enderezo electrónico: [email protected].

A ilustradora María Silva González gana o concurso de deseño para a camiseta das Letras Galegas en Tomiño

0

MARÍA SILVA GONZÁLEZ de 23 anos e veciña da Guarda, resultou gañadora do CONCURSO DE DESEÑO DA CAMISETA DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2022 de Tomiño.

Estudante de ilustración, galegofalante dende cativa e apaixonada do mundo do tatuaxe, recorreu a el neste deseño facendo referencia ao tribal. “A idea deste deseño xurdiu dunha situación que tiña gardada na miña memoria cando marchei estudar fóra. O noso profesor de galego non concibía o feito de que mais da metade dos alumnos fosen capaces de pronunciar palabras en inglés cun fonema similar ao x ou mesmo o nome de Shakira e deseguido amosasen complicacións para verbalizar palabras como xantar, xogar ou nomes como Sanxenxo. Sempre tiraba da retranca un pouco para saír do paso e son recordos que teño moi presentes”, explica María en relación ao seu traballo.

Por outra banda, o 17 de maio (Día das Letras Galegas 2022, adicado ao poeta Florencio Delgado Gurriarán este ano) de 10h a 14h na praza do Seixo de Tomiño, repartiranse 800 camisetas DE BALDE (tallas dende 1 ano a XXXL) entre as persoas que participen activamente en todos os obradoiros organizados polo grupo de voluntariado da OMIX TOMIÑO. A oficina municipal agradece a participación de todas as persoas que enviaron os seus deseños (máis dunha ducia), cos que se realizarán adhesivos que tamén serán repartidos de balde.

Ademais, ofertaranse obradoiros variados para todos os públicos, organizados polo grupo de voluntariado da OMIX. As persoas que participen en todos levarán de balde unha camiseta co deseño gañador deste ano 2022, coas tallas dispoñibles (dende 1 ano ata XXXL).

Así mesmo, haberá un súper desconto achegado polo Concello (40%) e polas librerías do municipio (10%), co que durante esa xornada poderán mercarse LIBROS E CDs EN GALEGO á metade de prezo.

Por último, a Agrupación Musical de Goián, actuará en concerto na Praza do Seixo de Tomiño, como acostuma a facelo cada ano no Día das Letras Galegas.

Música e teatro en Galego

RILLA RILLA TEATRO, de Xarope Tulú é a actividade pedagóxica de fomento da lingua a través do teatro que terá lugar no Auditorio de Goián o sábado 14 de maio ás 21.00h. Dirixido a todos os públicos, a peza tenta pór de manifesto a variedade dialectal do noso idioma.

“A oferta desta actividade nace coa intención de dinamizar as Letras Galegas 2022, facendo partícipes da experiencia aos diferentes centros educativos da zona, co fin de difundir o interese sobre a nosa lingua, para aprender máis sobre ela e normalizar o seu uso”, explica a concelleira de Cultura, Ani Fernández Carrera.

Outra actividade organizada para celebrar as Letras é o concerto “Queremos galego”, de Pablo Díaz e os seus músicos. Algunhas das súas cancións son himnos para moita rapazada que descubre con este artista que os animais falan ou as estrelas cantan. Será no Auditorio de Goián o domingo 15 de maio ás 17.30h e para todos os públicos.

Os deseñadores noveis poden inscribirse no concurso das Palilleiras de Mos ata o 24 de maio

0

As novas xeracións do deseño de moda teñen ata o 24 deste mes para inscribirse no Concurso de Noveis Deseñadores convocado pola Asociación de Palilleiras de Mos por segundo ano consecutivo.

Os interesados en participar poden contactar a través do enderezo de correo electrónico [email protected].

A entrega de premios e desfile de exposición das coleccións presentadas a concurso realizarase na contorna do Pazo de Mos o 17 de setembro, nunha cita coa moda e o encaixe de bolillos bautizada xa na pasada edición como ‘DESFILAMOS’.

A iniciativa ten o obxectivo de poñer en valor o encaixe no Camiño de Santiago, está organizada polas Palilleiras de Mos e en 2021 contou con preto de 300 persoas entre o público.

Esta iniciativa enmárcase dentro dunha proposta da Asociación de Palilleiras de Mos na contorna do Pazo de Mos, que acollerá en setembro o desfile con prendas do Concurso de Noveis Deseñadores.

Esta iniciativa das Palilleiras de Mos ten por obxectivo impulsar a vertente artística, tradicional e cultural do municipio, e tamén ser un revulsivo para a recuperación turística da zona tras as consecuencias da crise sanitaria da COVID-19.

A Guarda continúa co Ciclo Medioambiental “Sostendo o Futuro”

0

Dentro do Ciclo medioambiental Sostendo o futuro, a OMIX da Guarda, en colaboración con Medio ambiente e o Consello Climático Xuvenil, programa diversas actividades nos meses de maio e xuño entre as que destacan os “Obradoiros Balcóns Verdes”, tres obradoiros diferentes coa intención de aproveitar os balcóns ou terrazas para crear zonas verdes para gozar, para espertar o interese en cultivar á propia saúde e acadar momentos de alegría tanto para nós como para a comunidade en xeral todo coa axuda do mundo vexetal e a súa diversidade.

Os obradoiros teñen unha duración de 10 horas cada un, repartidas entres os venres pola tarde e os sábados polas mañás e poderán realizarse todos ou cada un por separado.

Os cursos van dirixidos a persoas con ou sen experiencia nos cultivos de plantas, só terán interese na creación de espazos verdes, na diversidade de colores, olores e colleitas.

Para información e inscrición todas as persoas interesadas deberán poñerse en contacto con OMIX A Guarda  no mail [email protected].

Segundo coa programación do Ciclo Medioambiental “Sostendo o Futuro” os centros educativos da vila participan ao longo deste mes de maio na actividade “O Bosque musical”,  un obradoiro medioambiental que consiste na creación de xoguetes sonoros con elementos naturais que podemos encontrar nun bosque. Trátase de reemprego de materiais e obxectos cotiás, procurando a musicalidade a través de recursos tanto naturais (canas, noces, avelás…) coma de refugallo ( chapas, tubos caixas…) para transformalos en verdadeiros instrumentos musicais

Esta dirixida a nenos de entre 5 e 12 anos, participando os centros educativos da Sangriña, Sinde e Solanas.

Ten como obxectivos a difusión dos valores do nosos patrimonio natural, o respecto a natureza, evitar o consumismo, desenrolar a imaxinación as habilidades musicais, infundir valores de respecto e convivencia co noso entorno…

Xa no mes de xuño, o domingo día 5, terá lugar unha “Xornada de Plogging” coincidindo co Día Internacional do Medio Ambiente  e co apoio do Consello Climático Xuvenil.

Esta actividade terá lugara partires das 10:30h con saída e chegada Museo do Mar no porto da Guarda, onde se une a actividade física coa recollida de residuos, co obxectivo claro de promover un estilo de vida saudable e respectuoso co medio ambiente, concienciando sobre o problema da recollida de residuos a toda a comunidade.

Serán dous os percorridos entre os que se poderá escoller, dependendo do estado físico de cada participante:

  1. Carreira + trote: volta ao monte Trega con aproximadamente 8 km de percorrido
  2. Andaina polo Camiño portugués da costa

A proba estará limitada a un máximo de 100 participantes por percorrido ( 200 personas en total) e poderán anotarse persoas de 16 anos en diante(carreira) e a partir de 8 anos de idade, sempre acompañados por un titor/a ou persoa responsable(andaina). As inscricións para esta actividade poden realizarse a través do seguinte link: https://www.deporticket.com/web-evento/7007-plogging-sostendo-o-futuro

Xa para rematar este Ciclo, o día 23 de xuño celebrarase un “Contacontos na praia do Muiño” dirixido os mais pequenos onde temos dúas propostas :

Está baseado no libro “Os nosos bosques” de temática medioambiental da editorial Miudiño, onde nos amosan a riqueza da vida que agochan os diversos bosques galegos, invitándonos a esculcalas e coñecermos as fragas atlánticas, as devesas luguesas, as carballeiras e soutos repartidos polo territorio… para descubrirmos a realidade que cubre boa parte do país, falarase do respecto pola natureza a posta en valor dos bosques como recurso…

A segunda proposta é “Os nosos mares”, onde nos amosa a riqueza de vida que agocha o mar galego, invitándonos a esculcalas e coñecer os bosques somerxidos e os diferentes fondos mariños… para descubrirmos a realidade que temos nunha boa parte das augas salgadas do país .

Este contacontos se complementara con algún xogo que vaia na temática e co entorno da praia do Muíño onde se realizará esta actividade.

Para rematar daráselle uns ramiños de agasallo os nenos das flores de San Xoán, para fomentar as nosas tradicións e que  será feito en colaboración coa Asociación de Alfombras da Guarda.

Ponteareas elabora un plan integral para converter a área fluvial da Freixa-San Roque nun excepcional espazo natural e de ocio

Ponteareas quere converter a área fluvial da Freixa-San Roque, no río Tea, nun excepcional espazo público, natural e de ocio. O Concello traballa na elaboración dun plan integral para que este amplísimo espazo acade os niveis de calidade e excelencia á altura das mellores áreas destas características existentes no país ou no norte de Portugal. Para o goberno do BNG-PSOE existe dende sempre a necesidade de valorizar este espazo, integralo e conectalo de xeito atractivo coa zona urbana e protexer os seus valores ambientais e patrimoniais. “Agora chegou o momento de facelo con rigor, estudo, planificación e con proxectos ambiciosos que convertan este lugar de enorme potencial na área fluvial de referencia no sur de Galicia”, salientou a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.

A rexedora lembrou que a área da Freixa-San Roque é un espazo de altísimo valor ambiental, cun interesante patrimonio cultural e arquitectónico, con enormes posibilidades para o lecer, o xogo, o deporte, o turismo ou a educación ambiental, “pero onde hai moito por facer.  Do que se trata agora é de definir con claridade como queremos que sexa nun futuro moi próximo a área da Freixa-San Roque e traballar a reo para facelo realidade nos vindeiros anos cunha boa xestión dos recursos económicos, especialmente os da Unión Europea, que Ponteareas ven aproveitando con éxito nos últimos anos”, engadiu Cristina Fernández. A alcaldesa lembrou ademais a aposta do Concello pola descontaminación do río Tea coa próxima ampliación da Estación Depuradora da Moscadeira.

Para decidir como será ese espazo de futuro, o Concello quere contar coa opinión da veciñanza, das persoas usuarias e do sector turístico. Para iso púxose en marcha unha enquisa en liña a través da que toda a poboación poderá achegar as súas ideas e suxestións. Este proceso participativo arrancou xa coa presentación a diferentes colectivos sociais, clubs e asociacións deportivas das liñas xerais do proxecto, que suporá “un antes e un despois neste entorno natural, cunha acción que estará presidida pola protección dos valores ambientais e patrimoniais, a mellora e creación de novos espazos de ocio e deporte, a conexión atractiva e segura co centro urbano e a potenciación económica mediante a recuperación do cámping ou a mellora da praia fluvial”, destaca a concelleira de Promoción Económica, Eva Gil.

Entre outras accións a levar a cabo, Ponteareas preparará a súa candidatura para acadar un Plan de Sostibilidade Turística en Destino, unha ferramenta do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo coa que se busca impulsar a transformación dos destinos turísticos cara a sostibilidade. Este plan, do que se poderá beneficiar o espazo da Freixa-San Roque estará centrado na recuperación de espazos, na mellora da oferta de aloxamento e restauración, na gastronomía con produto local e na xestión do espazo e permitirá optar aos fondos europeos Next Generation para a financiación do proxecto.

Homenaxe en Arbo aos matrimonios que cumpren as vodas de ouro

0

O Concello de Arbo, un ano máis, quere agasallar o amor que durante 50 anos levan compartido os matrimonios arbenses, e un ano máis queren celebrar o tradicional evento “Vodas de Ouro”.

Todos aqueles matrimonios que cumpran ou que cumprisen os 50 anos de casados (Vodas de Ouro)dende o  31 de xullo de 2021 ata o 31 de xullo de 2022,  pódense anotar nas oficinas municipais do Concello de Arbo, para a homenaxe que se vai a celebrar o vindeiro 6 de agosto.

Tamén poderanse anotar todas aquelas parellas que o ano anterior non poideron participar. A data límite para anotarse será ata o vindeiro 15 de xullo.

Este ano o acto vén marcado pola crise sanitaria, e tivose que cambiar a data de febreiro a xullo o igual que no ano 2021, e o escenario do acto que pasa de ser no auditorio a ser na Praza do Concello.

Dende o Concello animan a todos os matrimonios que este ano cumpran os 50 anos o xa o cumpriran, a anotarse e participar neste acto, no que se tomaran todas as recomendación e medidas sanitarias.

O alumnado da ESO da provincia mostra o seu talento na clausura de “DepoEMPRENDE”

A zona exterior da Praza de Abastos de Pontevedra viviu unha xornada especial da man do programa da Deputación “DepoEMPRENDE na ESO”, que levou a case 140 escolares e 13 docentes de 7 centros educativos de Moaña, Pontevedra, Vilaboa, Cangas, Redondela, Gondomar e Tui a instalar postos de venta cos que puxeron o broche de ouro ao programa provincial de emprendemento. Neles ofreceron produtos ecolóxicos e artesáns cuxos beneficios estiveron destinados a distintas ONG da provincia centradas na loita contra o cancro, as persoas con diversidade funcional, a consecución os dereitos das nenas e nenos ou protectoras animais. Entre as persoas que se achegaron a este mercado solidario e entregaron ao alumnado os diplomas acreditativos da súa participación, estiveron a presidenta provincial, Carmela Silva; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; a deputada Raquel Giráldez; a concelleira Yoya Blanco; o concelleiro Iván Puentes e representantes do sector comercial.

Foi unha xornada festiva na que tanto as persoas que pasaban pola rúa como as e os propios comerciantes do mercado se interesaron polos artigos que a rapazada tiña nos seus stands. Moitas e moitos foron animados polo propio alumnado, que repartiu folletos polas rúas adxacentes para atraer ao maior número de persoas a esta feira. En cada un dos postos os alumnos e alumnas das 10 cooperativas que se constituíron ao abeiro deste programa explicaron as características dos seus produtos e fixeron as labores propias dun posto de traballo destas características, poñendo así en práctica o aprendido ao abeiro de “DepoEMPRENDE” e axudándose entre si. Entre os artigos destacaron os de alimentación ecolóxica como chocolate, marmelada de amorodo, mel de alcrique ou bicas. Nos stands tamén se podían atopar produtos de artesanía como carteiras, chaveiros ou colares, algúns deles realizados por persoas con diversidade funcional usuarias de COGAMI. Con este mercado, as alumnas e alumnos tamén puxeron en práctica as súas habilidades creativas ao decorar a man os stands para chamar a atención das e dos posibles compradores.

[su_image_carousel source=”media: 57301,57300,57299,57298,57297,57295,57294,57293″ crop=”5:4″ captions=”yes” link=”lightbox” autoplay=”0″]

Carmela Silva amosouse moi interesada polos produtos que ofrecía a rapazada e comprou varios deles en compañía do alcalde de Pontevedra. Visitaron todos os postos do mercado de “DepoEMPRENDE”, programa que a presidenta provincial definiu como “un proxecto fermoso que -engadiu- dá moito traballo pero logo é moi satisfactorio”. Esta iniciativa “pretende crear cultura emprendedora e facer que os centros educativos sexan un espazo onde a rapazada aprende a crear actividade económica á vez que afonda nos valores humanos”, sinalou, en relación ao carácter social do mercado que destina os seus beneficios a “diferentes causas sociais e, polo tanto, ten moito de compromiso coa sociedade na que van a vivir e na que se van a desenvolver como traballadoras/es ou empresarias/os”. Neste senso, animou a todas as persoas a deterse nos postos e adquirir os artigos xa que “comprar estes produtos é comparar solidariedade”. A presidenta lembrou tamén que con “DepoEMPRENDE” a rapazada aprende “como se constrúe unha empresa e cales son os postos imprescindibles para poñela en marcha así como cuestións de márketing, de comercialización e de internacionalización en traballos que teñen que ver coa creación de ideas que responden ás novas demandas”.

Pola súa banda, o alcalde Fernández Lores deulle os parabéns á Deputación “por facer este esforzo de formación e sacar adiante este proxecto que permite a moitas alumnas e alumnos meterse na mecánica do emprendemento”. Destacou que “elas e eles son o futuro do noso país e esta experiencia enriquecedora pode estimular futuros emprendementos”. O alcalde de Pontevedra secundou as palabras de Carmela Silva ao subliñar que o carácter solidario do proxecto e puxo en valor a implantación da Responsabilidade Social Corporativa “un concepto novidoso que fai reverter o aproveitamento económico das empresas na súa sociedade”.

Os centros e as cooperativas

Deste mercado formou parte alumnado e profesorado do IES Plurilingüe A Paralaia (Moaña) coa cooperativa “ECOGZ”; do IES Luís Seoane (Pontevedra) coa cooperativa “LUSECOOP”; do CIP do Toural (Vilaboa) coa cooperativa “Vilaboa Inicia”, do IES de Rodeira (Cangas) coas cooperativas “IVIs coop” (Iniciativa de Valientes e Inteligentes) e “Riss & Ross Cooperative”; do IES Illa de San Simón (Redondela) coa cooperativa “Cabriola”; do IES Plurilingüe Terra de Turonio (Gondomar) coa cooperativa “TuronioBio, S.coop.”; e do IES San Paio (Tui) coas cooperativas “GaliVedra”, “Sweetcoperative” e “Chocosorpresa, S.coop”. Elas e eles decidiron a que entidades destinar os beneficios deste mercado deste xeito elixiron favorecer á Asociación Española Contra o Cancro (AECC); Asociación de Redondela de Ayudas a Personas con Dolencias Psiquicas (LENDA); Asociación de Ayuda a Niños Oncológicos de Galicia (ASANOG); Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) en Mos; Asociación de Apoio a Mulleres con Cancro de Mama (ADICAM); Asociación SOS Tomiño Baixo Miño; e Fundación Balms para la Infancia. Ademais beneficiaron a tres iniciativas de protección animal: a Protectora de Animais do Morrazo, Asociación Protectora de Animais Bai Senpulgas, e Aloia Protectora de Animais.

O programa provincial “DempoEMPRENDE” arrancou no ano 2016 e nel xa teñen participado 132 centros educativos e 3.464 alumnas/os nas modalidades de Escola, ESO e FP. Todas elas están destinadas a fomentar o emprendemento no marco do sistema educativo e impulsar que o alumnado sexa protagonista. Neste senso, as alumnas e alumnos de 4º da ESO crearon cooperativas coas que adquiriron os produtos que se logo venderon neste no mercado e puxeron así en práctica as capacidades de negociación, toma de decisións, comunicación e resolución de conflitos.

O alcalde de Nigrán despede ao ‘Acro Club Nigrán’ antes de participar na ‘Maia International Acro Cup’

0

O alcalde de Nigrán, Juan González, despedíu onte na Casa do Concello ao ‘Acro Club Nigrán’ antes de partir cara a Portugal para participar na ‘Maia International Acro Cup’, a competición máis importante do mundo de ximnasia acrobática e á que por vez primeira asiste o clube nigranés. O rexedor entregoulles unha bandeira do municipio e desexoulles sorte neste evento ao que acuden os mellores equipos de toda Europa e de países como Israel e Brasil. Precisamente, o ‘Acro Club Nigrán’ ven de consolidar o seu liderazgo en Galicia ao subir ao podium a pasada fin de semana con prácticamente todos os equipos no Campionato Galego Absoluto e na Copa Galicia Escolar.

“É un orgullo que o nome de Nigrán esté presente nesta copa mundial grazas a unha ducia de ximnastas novas, veciñas do municipio, e que son auténticas deportistas de élite”, subliña o rexedor, quen louba o bo traballo do seu adestrador, Aaron Castro. A aposta do Concello por este deporte é absoluta dado o gran interese que desperta entre a mocidade desde que primeiro se establecera como actividade extraescolar no CEIP Humberto Juanes e no 2016 se consolidase xa como clube, colaborando o Concello coa adquisición do tatami de competición de 200 metros cadrados de 14.700 € para poder adestrar no colexio. A ximnasia acrobática, tamén coñecida como acrosport, é unha modalidade deportiva incluída na Federación Internacional de Deportes Acrobáticos (fundada en 1973) e forma parte da Federación Internacional de Ximnasia desde 1999. É unha disciplina na que existen distintas modalidades. O exercicio debe conter elementos acrobáticos e ximnásticos de flexibilidade, equilibrio, saltos e xiros, así como movementos en cooperación entre os compoñentes do grupo realizando figuras e pirámides corporais. En todo momento debe existir harmonía e coordinación nas accións realizadas polo grupo. Valórase a dificultade, a técnica e a dimensión artística.

Salvaterra conmemora o Día das Letras Galegas

O próximo 15 de maio o Coro Cantemos de Salvaterra de Miño organiza, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño, o seu concerto das Letras Galegas xunto a Coral Polifónica Santa María de Salceda, no salón de actos da Casa de Cultura de Salvaterra.

O 18 de maio a Biblioteca Municipal organiza un gran xogo sobre as letras, no Recinto Amurallado.

E para rematar o vindeiro sábado 21 de maio ás 19.00h no Salón da Casa de Cultura de Salvaterra, a agrupación de teatro afeccionado DRAMIÑO, estrea a súa primeira obra “O Achado do Castro” do escritor galego Manuel Núñez Singala. Trátase dunha representación cómica apta para tódolos públicos e que nos trasportará no tempo e no espazo a antiga Roma

Oia organiza un concurso escolar de debuxo co gallo das Letras Galegas

0

O Concello de Oia organiza un concurso escolar de debuxo co gallo do Día das Letras Galegas, o cal premiará os mellores retratos do escritor homenaxeado este año, Florencio Delgado Gurriarán. Poderá participar no certame o alumnado dos colexios CEIP Mestre Manuel García e CEIP Refoxos.

Cada estudante poderá presentar ao concurso un só traballo, que consistirá nun retrato do homenaxeado realizado en folio ou cartolina en tamaño A4. Deberá ser obra orixinal e inédita, e a técnica artística a empregar será libre (acuarela, lapis de cores, rotuladores, ceras, brillantina, adhesivos, etc.)

Os traballos deberán entregarse nos centros educativos e cada participante indicará no reverso do folio que conteña o debuxo o seu nome, apelidos e curso escolar. O prazo de presentación remata o próximo día 16 (incluído).

Cada colexio elixirá o seu xurado e seleccionará os mellores debuxos en cada unha das tres categorías previstas: 1) Infantil, 2) a correspondente a 1º-2º-3º de Primaria e 3) a correspondente a 4º-5º-6º de Primaria.

En total, repartiranse tres premios en cada colexio, un por cada categoría. O galardón consistirá nun diploma e máis un lote de libros.

O teatro volve ao Auditorio Municipal de Salceda polas Letras Galegas

Este venres 13 de maio, encadrada nos actos polas Letras Gañegas organizados pola Concellería de Cultura, poderemos gozar do teatro profesional no Auditorio Municipal de Salceda de Caselas da man da compañía Amorodio Teatro presentando a súa obra “Reino da Extinción”.

Reino da extinción é unha comedia hilarante que conta a perspectiva de catro persoas de diferentes épocas da Historia galega que, forzadas a convivir nun Alén moi distinto do que imaxinaban, poñen a proba a nosa idea do que significa ser galegos, vivir en Galicia e falar a nosa lingua. Que define a Galicia? Será a comida excelente, a dúbida constante ou… Quizais a xente? E que é ser galega ou galego? Como é posible que unha personaxe da Prehistoria sexa tan galega coma unha do Século das Luces? Foi Galicia o mesmo en tódolos momentos da súa Historia? Cando comezou e cando rematará Galicia? Todo isto e máis descubrirémolo coa axuda dos nosos catro personaxes, bandeira de cadansúa época, a través dos seus divertidos encontros e desencontros neste Alén tan axitado que, por veces, paréceselle moito ao inferno!

As entradas están dispoñibles na Casa da Cultura Castelao a un prezo de 2,50€, ou no mesmo Auditorio Municipal antes da función.

A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística que dirixe Álex Rodríguez completa os actos polas Letras Galegas o martes 17 de maio ás 12.00, cunha lectura continuada de textos do homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán, e a exposición de maios na que participan diferentes asociacións de todo o Concello.

O Concello de Tui solicita un obradoiro dual de emprego para recuperar a senda do río Furnia

0

O concello de Tui vén de presentar á Consellería de Emprego e Igualdade a solicitude de subvención, dentro da convocatoria de Obradoiros duais de emprego 2022, para a execución do proxecto “Senda río Furnia”, nas parroquias de Malvas e Pexegueiro.

O obxectivo é recuperar a riqueza natural e cultural da conca do río Furnia no termo municipal de Tui.

O obradoiro solicitado polo Concello de Tui, por un período de 12 meses, incluiría dúas especialidades, unha forestal de  “Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes” e outra de madeira de “Montaxe e instalación de construcións de madeira”. O alumnado, 10 persoas por especialidade, obtería o correspondente certificado de profesionalidade, en dous oficios que contan con gran demanda laboral na actualidade. 

O orzamento do obradoiro ascende a preto de 660 mil euros dos que preto de 500 mil serían aportados pola Xunta e 160 mil polo Concello de Tui. No caso de que a resolución sexa favorable esta actividade formativa podería comeza o próximo 1 de xullo. A subvención solicitada contempla a contratación dunha persoa para o cargo da dirección, outra para  titoría, outra a tempo parcial para auxiliar de oficina, e dúas persoas como docentes. O alumnado deberá estar en posesión do graduado en ESO ou superior, ser maior de 18 anos e estar inscritas na oficina do Servizo Público de Emprego de Tui. Para a selección tanto do persoal de administración como para o alumnado, o Concello solicitaría á oficina do SPEG unha listaxe de persoas que cumpran as condicións e realizaría o proceso de selección seguindo as instrucións da Consellería.

Unha senda fluvial de 4.650 metros en Malvas e Pexegueiro

O proxecto inclúe por unha banda a integración ambiental do propio curso fluvial e por outra unha senda peonil de 4.650 metros de lonxitude na zona de servidume de tránsito do río nas parroquias de Malvas e Pexegueiro. Para a súa execución contémplase a limpeza de vexetación, colocación de tocos de sinalización, paneis informativos, varandas e pontellas de madeira. Coa execución desta senda o concello dará resposta a unha vella aspiración da veciñanza destas dúas parroquias tudenses.

O río Furnia, que nace no Parque Natural do Monte Aloia e desemboca no río Miño en Tomiño, destaca pola importancia da súa flora e pola súa riqueza patrimonial xa que ao longo do seu percorrido e contorna existen numerosos muíños, pontes e outros elementos patrimoniais de consideración.

Para poder executar esta senda, tras a elaboración do proxecto foron solicitadas as preceptivas autorizacións a outras administracións para poder afrontar a súa execución.

A cesión dun tramo de 5 metros de servidume das 130 parcelas é un paso imprescindible para poder abordar esta actuación. Por iso dende o Concello de Tui quérese amosar o agradecemento aos propietarios que xa realizaron a cesión, e realízase un chamamento a aqueles que están pendentes de dar este paso.

A Deputación dá un novo impulso á estrada de Puxeiros

0

A Deputación de Pontevedra, que xa dispón dun convenio acordado co Concello de Mos para executar as obras do primeiro dos catro tramos da estrada provincial EP-2601 Mos-Puxeiros, deu hoxe un novo paso para continuar avanzando na transformación desta importante vía presentando o avance do proxecto do segundo tramo, que chegará ata Dornelas. O deputado de Infraestruturas, Gregorio Agís, así llelo expuxo á alcaldesa, Nidia Arévalo, durante a xuntanza celebrada hoxe na sede da Administración provincial en Pontevedra.

O tramo de Dornelas abrangue entre os PQ 2+250 e o PQ 3+550. Contempla a mellora da seguridade viaria incluíndo a creación dunha senda peonil de 2,5 metros de anchura, a renovación integral do firme e a incorporación de redutores de velocidade na calzada, así como pasos de peóns elevados, que irán colocados nos puntos acordados entre a Deputación e o Concello. Ademais, Gregorio Agís comprometeuse a valorar a petición de Arévalo de que se estude a ampliación adicional das paradas de autobús, unha vez que o Concello garanta os terreos necesarios. O importe final deste segundo tramo, á espera dos últimos axustes, estará en torno aos 700.000 euros.

Unha vez concluída a xuntanza deuse xa a orde de facer os últimos axustes no proxecto final desta segunda fase. A Deputación enviará ao Concello as fichas dos 56 terreos afectados polas obras. Gregorio Agís afirma que a reforma integral da estrada entre Mos e Puxeiros é unha obra “especialmente complexa” e que, unha vez acordada esta segunda fase, quedarán aínda por redactar os proxectos das fases de Tameiga e Torroso.

O pasado mes de decembro a Deputación presentou xa o proxecto da primeira fase das obras, dende o comezo da vía ata o PQ 0+600, cun orzamento total de 446.545 euros, dos que a Deputación farase cargo dun 70% (312.582 euros) e o Concello deberá responder do 30% restante (133.963 euros). Este tramo, que coincide co Camiño de Santiago e serve de acceso a servizos e equipamentos como o pazo de Mos, disporá tamén dunha senda peonil de 2,5 metros de ancho e medidas de calmado de tráfico.

A EP-2601 ten un trazado total de 5.678 metros e a Deputación ten intención de abordar a súa transformación total, no marco do modelo de mobilidade integral e do século XXI que caracteriza tódalas obras que se acometen na rede provincial de estradas. Diante da envergadura da obra acordouse dividila en catro frases diferenciadas.

#haztevoluntario do Banco de Alimentos e participa no Maio Solidario de Gadis en Mos, Nigrán e Tui, os vindeiros 27 e 28 de maio

A Fundación Provincial Banco de Alimentos necesita voluntarios para poder desenvolver con éxito o #mayosolidario en supermercados Gadis de toda a provincia, incluído o situado en Sanguiñeda (Mos).

Persoal da nosa ONG participará na devandita campaña, que leva activa todo o actual mes, achegando voluntarios a fin de semana do 27 e 28 de maio para animar aos clientes para doar alimentos básicos de primeira necesidade. Durante o #mayosolidario, poderanse realizar achegas económicas ao pasar por caixa e tamén entregar alimentos físicos.

Previsiblemente, mobilizaremos a voluntarios en Vigo, Mos, Nigrán, Tui, Pontevedra, Cambados, Lalín, Marín, Sanxenxo e Vilagarcía. Se tes catro horas do teu tempo e se, ademais, considérasche unha persoa empática coa necesidade máis próxima, querendo vivir unha experiencia solidaria, non cho penses máis: #haztevoluntario. Podes darche de alta a través da nosa web: www.bancoalimentosvigo.org ou chamarnos á nosa delegación de Pontevedra: 986 26 30 22.

Tras practicamente dous anos de parón pola pandemia, vanse recuperando nosas tradicionais Operacións Quilo que supoñen un importante impulso no que a provisión inmediata de produtos de primeira necesidade refírese, co correspondente abastecemento dos almacéns de Vigo e Pontevedra.

Actividade, 2021 A Fundación Provincial Banco de Vigo repartiu máis de 2 millóns de quilos de comida durante 2021, a través das máis de 150 ONG e entidades homologadas coas que traballa. Con carácter apolítico e aconfesional, na actualidade axudamos a unhas 22.000 persoas en situación de vulnerabilidade na provincia.

Todos os nosos esforzos van encamiñados a velar polo cumprimento dun dos dereitos humanos máis fundamentais: o acceso a unha alimentación suficiente, segura e saudable.

Máis de 100 persoas en 3 días reciben Coidados Porta a Porta en Mos

0

O autobús de Coidados Porta a Porta chegou a Mos onte e estará ata mañá ao carón do Multiusos das Pozas para ofrecer servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria aos maiores. En total atenderanse a 102 persoas nestes 3 días: 35 usuarios do servizo de podoloxía, 27 de memoria e 40 de audición.

Esta mañá visitaron o bus no momento da súa apertura ao público o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, e o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Javier Puente, acompañados pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro.

O autobús de Coidados Porta a Porta regresará a Mos noutras 2 ocasións máis, dada a alta demanda e para que ninguén quede sen o servizo no que estaba interesado/a.

Nel aténdese de maneira gratuíta ás persoas maiores de 55 anos en horario de 09.00 horas a 20.00 horas.

O autobús de Coidados Porta a Porta, promovido pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, ofrece servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria ás persoas maiores da localidade de maneira gratuíta.

O programa Coidados Porta a Porta, posto en marcha pola Consellería de Política Social, leva xa atendido a numerosas persoas en diferentes localizacións das catro provincias da xeografía galega.

En cada un dos concellos polos que pasa, este autobús permanece tres días ofrecendo servizos destinados aos maiores de 55 anos.

A Xunta de Galicia inviste 10 millóns de euros nesta iniciativa pioneira, que permite achegar a todos os galegos revisións e valoracións auditivas; atención podolóxica para prevención, diagnose e tratamento das principais patoloxías dos pés; e realización de probas de valoración cognitiva ou exercicios de estimulación para a prevención de Alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas.

Ernesto Iglesias Almeida presenta mañá o seu novo libro “Dicionario de palabras galegas antigas”

0

Mañá xoves, 12 de maio, ás 20 h a Biblioteca Municipal de Tui acollerá a presentación do novo libro do investigador tudense Ernesto Iglesias Almeida, cronista oficial da cidade, titulado “Dicionario de palabras galegas antigas, moitas delas en desuso, tomadas de documentos medievais”.

No acto contarase coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e do historiador Xosé Manuel Suárez, xunto ao propio autor.  

Nesta obra o cronista oficial tudense recolle ata 481 palabras tomadas dos documentos, principalmente de época medieval, que enriquecen o coñecemento do noso pasado e moi especialmente da nosa lingua, e que son deste xeito rescatadas e conservadas. Como sinala Xosé Manuel Suárez no limiar desta obra: Ernesto Iglesias “ven darnos unha potente achega documental; realizada coa pericia, a paciencia e a persistencia do ourive, traballando ouro en filigrana”.

Este novo libro de Ernesto Iglesias completa a súa inxente achega á historia da cidade de Tui e ao territorio tudense ao que ten dedicado máis dunha vintena de libros e innumerables artigos de investigación en revistas especializadas e divulgativas.

Esta actividades forma parte do programa, que baixo a denominación “Tui en letras”, promove o Concello tudense para a dinamización cultural e lingüística ao longo dos meses de maio e xuño, coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

A primeira escola infantil en entramado lixeiro en 3D de toda España ten selo porriñés

A empresa ENPEZAS, sita no polígono industrial A Granxa, é pioneira neste sistema construtivo modular que acorta prazos, reduce a inversión económica e permite falar de arquitectura ecolóxica e instalacións eficientes.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visitou as instalacións da empresa acompañado polo seu co-CEO e co-fundador, Alejandro J. Bacelo, onde se estaban a dar os últimos pasos para finalizar unha escola infantil modular en 3D que se instalará en Cantabria. Onte cargáronse 5 camións, que esta noite chegarán a destino para comezar a montaxe, que está previsto finalizar na mañá do venres.

“Trátase dunha gardería modular de entramado lixeiro de madeira de 180 m2, á cal optamos por licitación pública”, explicou Alejandro J. Bacelo, “Os tempos da escola infantil en fábrica foron de 1 mes e 15 días e xunto co traslado, instalación e remate acumulamos un tempo de obra final de 3 meses”

Con estas cifras, podemos asegurar que EnPezas é quen de edificar en fábrica 2000 m2 ao año en construción 3D. Ademais, construíse cunha alta eficiencia enerxética, clasificación A, con chan radiante, aerotermia, fiestras de aluminio , recuperador de calor e fachada ventilada de altas calidades.

“A edificación modular en entramado lixeiro é garantía de rapidez, versatilidade e eficiencia enerxética”, asegurou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Unha fórmula pioneira que temos o orgullo de poder dicir que é un porriñés e dende  O Porriño quen a implementa no noso país. Unha vez máis somos exemplo de innovación e vangarda”.

EnPEzas creouse en xaneiro do ano 2020 no Porriño. Tras desempeñar a súa profesión como arquitecto técnico en varias empresas do sector da vivenda industrializada e ver a alta demanda do mercado fronte á pouca oferta, Alejandro J. Bacelo decidiu asociarse co seu pai que, tiña unha construtora tradicional e coincidía con él en que o modelo actual da construción non era sostible.

“Tiñamos que apostar pola madeira máis a industrialización”, conclúe Alejandro J., “Na actualidade contamos cun cadro de persoal de 7 traballadores en nómina e con previsión de incorporar máis persoal nos próximos meses. Somos proxectistas, constructora e dirección facultativa todo nun. Seguiremos traballando e crecendo”.

Lucenza-Ateneo de Nigrán organiza este venres unha conferencia de Xesús Alonso Montero sobre Florencio Delgado Gurriarán

0

Lucenza – Ateneo de Nigrán organiza este venres 13 de maio, ás 20.00 horas, no Auditorio municipal, unha conferencia do profesor Xesús Alonso Montero, que leva por título “Florencio Delgado Gurriarán: republicano, galeguista, exiliado”.

Filólogo, ensaísta e polígrafo, cunha longa traxectoria de docencia e investigación no ámbito da lingua e da literatura e cunha obra extensa, o profesor Alonso Montero é catedrático emérito da USC e membro do Consello da Cultura Galega e da Real Academia Galega, institución da que foi presidente.

Xesús Alonso Montero ven de publicar un estudo monográfico sobre o escritor homenaxeado neste Día das Letras Galegas, co título “Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio”. Publicado pola Editorial Galaxia, o libro poderá ser adquirido no propio acto da conferencia.

O profesor Alonso Montero estará acompañado nesta actividade polo presidente do Ateneo de Nigrán Xabier Méndez Martínez e pola profesora e integrante da directiva Camiño Noia Campos, que abrirán o acto e presentarán ao conferenciante.

Mondariz celebra o mes da lingua cunha intensa programación de actividades socioculturais

0

O Concello de Mondariz continúa este mes de maio cunha intensa programación primaveral de actividades socioculturais para celebrar a nosa lingua. Ademais de proxectarse varios filmes en galego nas instalacións do auditorio municipal, habilitado desde o ano pasado cun equipamento audiovisual de calidade cinematográfica, están programados varios obradoiros de teatro comunitario e espectáculos de artes escénicas para todos os públicos. Na semana das Letras Galegas tampouco faltarán homenaxes ao poeta da diáspora Florencio Delgado Gurriarán.

Ciclo de cinema galego

O Concello de Mondariz segue comprometido un ano máis coa programación cinematográfica no auditorio municipal. Despois do éxito de público acadado polo ciclo de filmes inspirados en obras literarias do mes de abril, en maio ofrécese un ciclo de cinema galego que inclúe títulos como “Bella e o circo máxico” (8 de maio, 19:00 horas), “Eroski Paraíso” (20 de maio, 22:00 horas) e “Valentina” (27 de maio, 10 horas, exclusivo para o alumnado do CPI de Mondariz).

Espectáculos de artes escénicas

O 16 de maio, en véspera do Día das Letras Galegas, chegará ao auditorio municipal de Mondariz a obra de teatro “A parábola do angazo”, da compañía galega Talía Teatro. A elección deste espectáculo non é casual. “A parábola do angazo” preséntase como unha ollada ao noso pasado, a través da nosa lingua, que ten moito que dicir.

Nesa mesma semana dedicada ás Letras Galegas tamén haberá espectáculos familiares como “O galego, que riquiño” (17 de maio, ás 19:00 horas, nos Xardíns do Concello) e unha homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán a través dun espectáculo de contacontos (21 de maio, ás 19:30 horas, nos Xardíns do Concello).

Mais o teatro non se reduce a estes eventos. Na programación cultural de maio figuran outras dúas representacións protagonizadas por veciños e veciñas da localidade, no marco de dous obradoiros de teatro social comunitario realizados entre os meses de abril e maio. O día 15, as persoas participantes no obradoiro “Acciona o rural” promovido pola Deputación de Pontevedra ofrecerán unha representación no centro urbano de Mondariz sobre as 12:00 da mañá, coincidindo doa feira dominical. O día 29, a partir das 19:30 horas, as persoas participantes no obradoiro de teatro a prol da igualdade que dirixe Avelina Pérez realizarán a súa representación final no auditorio municipal.

A estas actividades súmanse os obradoiros de teatro comunitario iniciados este mes nas parroquias de Sabaxáns e Toutón para recuperar a memoria da vida no rural desde as artes escénicas.

Trail Orixes e Entroido de Verán para completar o mes

A programación do mes de maio complétase con eventos socioculturais de gran popularidade que a pandemia deixara en suspenso, como a cuarta edición do Trail Orixes Mondariz (21 de maio, a partir das 08:00 horas) e o Entroido de Verán (28 de maio, a partir das 18:00 horas).

Para este sábado, 14 de maio, está programada unha actividade de escapismo e orientación urbana titulada “Noite Meiga” que xa ten as súas prazas cubertas. O período de inscrición para participar no concurso de carrozas e comparsas do Entroido de Verán remata este venres, 13 de maio, mentres que o prazo para inscribirse no IV Trail Orixes Mondariz conclúe o próximo luns, 16 de maio, ás 23:59 horas.

Grande acollida dos composteiros individuais repartidos entre a veciñanza da parroquia de Fontenla

Grande acollida por parte da veciñanza de Fontela dos novos composteiros individuais repartidos nesta parroquia polo Concello, que aposta polo incremento do compostaxe en Ponteareas como ferramenta para mellorar a xestión de residuos e eliminar a materia orgánica que remata no colector verde. Tras un encontro informativo na casa cultural, a Concellaría de Medio Ambiente repartiu unha nova remesa de COINs entre todas as persoas asistentes e algunhas das inscritas na lista de agarda. 

O obxectivo desta iniciativa é poñer en marcha unha nova experiencia de compostaxe individual na vila, como a que xa se levara a cabo en Arcos, “para reducir a xeración de residuos dos nosos fogares, camiñando así cara a unha xestión sostíbel do lixo, reducindo o impacto económico do seu transporte e da súa eliminación e, ao mesmo tempo, obtendo un abono natural de excelente calidade para empregar nas hortas”, salienta a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo.

A posta en marcha destas iniciativas de forma estruturada por parroquias permitirá ao Concello facer un seguimento de canto se reducen os biorresiduos nos colectores verdes “traballando con datos reais para analizar o impacto que ten este novo modelo de xestión do lixo nas distintas zonas da nosa vila”.