Luns, 9 Decembro de 2024

Tui acolle o sábado 21 a XXIII Feira do Libro Galego

12 postos das librarías tudenses con actividades para todas as idades ao longo do día

O Concello de Tui retoma este sábado 21 de maio ás actividades previstas para o pasado martes, Día das Letras Galegas, coa celebración da feira do libro galego que chega neste ano a súa XXIII edición e que ocupará o céntrico Paseo da Corredoira coa participación das librarías tudenses, Iris e Nobel, que de nova retornar á rúa coas novidades editoriais en lingua galega que ocuparan ata doce stands. Aínda que fóra anunciado aprazamento para o domingo 22 as previsións meteorolóxicas aconsellan adiantar a celebración ao sábado onde está garantido unha climatoloxía favorable.

A concellería de cultura que dirixe Sonsoles Vicente promove un amplo programa de actividades ao longo da xornada para a dinamización cultural e para a promoción do uso da lingua galega entre a cidadanía, unhas actividades integradas na programación cultural “Tui en letras” que ao longo de maio e xuño promove o Concello de Tui coa colaboración da Deputación de Pontevedra.

Este XXIII Feira do Libro Galego será inaugurada ás 11,30 horas pola escritora Sonia Mirón, autora de novelas especialmente dirixidas ao público xuvenil é licenciada en Filoloxía Hispánica e profesora de lingua e literatura no ensino medio e titora da Uned, xunto as súas obras literarios colabora como columnista na prensa e autora de reportaxes en diversos medios de comunicación.

Ás 12,30 h. comezan as actividades con Teatro Ghazafelhos e a súa obra “A máquina do tempo” unha peza de teatro que ilustra dun xeito ameno e pedagóxico a historia das civilizacións. Coa axuda dunha curiosa escenografía, Pepablo Patinho e Montse Piñón, farán un percorrido pola historia a través de dúas chamativas personaxes:  A doutora Mon e o seu axudante Pe.

Continua a programación de actividades ás 18,30 h.  con Bea Campos que porá en escena a obra “Os tres porquiños”, espectáculo teatral para os máis pequenos e pequenas con monicreques, teatro, xogos tradicionais e música en directo.

A programación de actividades rematará ás 21,30 h. co Concerto das letras galegas a cargo da Banda de Música Popular de Tui, Banda de Gaitas e Grupo de Baile “Lembranzas da Terra” de Guillarei.

Ao longo da xornada diversos autores asinarán ás súas obras: Sonia Mirón (n ás 11,45), Ernesto Iglesias Almeida (ás 12,30 horas), Francisco Álvarez “Koki” (ás 19,30 h.)

Para Sonsoles Vicente a celebración desta nova edición da feira do libro tras o parón derivado da pandemia é una fermosa oportunidade para achegarnos a produción editorial en lingua galega e para disfrutar nesta xornada das actividades musicais e de animación programadas.