8.6 C
Pontevedra
Domingo, 2 de Abril de 2023
Máis
    HomeLouriñaMosMáis de 200 participantes na iniciativa ‘As nosas Rosas nas Parroquias’ enchen...

    Máis de 200 participantes na iniciativa ‘As nosas Rosas nas Parroquias’ enchen de cor as asociacións mosenses

    Os obradoiros comezaron onte como preámbulo á Festa da Rosa do mes de xuño e prolongaranse ata o día 10 do mes que vén

    Máis de 200 persoas participan nos obradoiros ‘As nosas Rosas nas Parroquias’, que desde o Concello de Mos organizáronse como preámbulo á Festa da Rosa 2022 que se celebrará durante todo o vindeiro mes de xuño (do día 3 ao 26).

    Onte comezaron os obradoiros na AVV Santa Baia de Mos cun curso de elaboración de xabóns de rosas. E esta tarde impártese o meso obradoiro na Asociación San Martín de Tameiga en Costoias. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e as concelleiras mosenses Sara Cebreiro e Julia Loureiro achegáronse para coñecer de primeira man as técnicas de fabricación de xabóns artesanais coa flor emblema do escudo municipal.

    Desde o 18 de maio ao 10 de xuño 14 asociacións culturais e veciñais acollerán os cursos de: Secado de Rosas, Xabóns de Rosas e Estampación de Rosas pintadas en tea. Todos/as os/as alumnos/as participarán destes cursos presentando rosas das súas parroquias na asociación.

    Coas fotografías desas rosas énchense as redes sociais municipais potenciando o símbolo do escudo do Concello. Deste xeito foméntase unha rivalidade e competitividade sá entre as rosas das 10 parroquias, que competirán tamén o propio día 13 de xuño, xa que nesta edición do Concurso de Rosas incluirase a novidade do premio á mellor rosa de cada unha das 10 parroquias mosenses, de entre as que se elexirá a mellor de todo Mos, e unha mención especial á parroquia con maior participación. As 14 asociacións participantes nesta iniciativa son:

    Obradoiro de Elaboración de Xabóns de Rosas

    • 18 de maio AVV Santa Baia
    • 19 de maio San Martín de Tameiga
    • 24 de maio AVV Chan do Bosque
    • 1 de xuño CSCD As Pedriñas
    • 4 de xuño CCS Herville

    Obradoiro de Secado de Rosas

    • 23 de maio A Cividade de Louredo
    • 30 de maio CC Abrente
    • 31 de maio AVV Santa Ana de Veigadaña
    • 7 de xuño CRC Torroso
    • 10 de xuño ARC Guizán

    Obradorio de Estampación de Rosas en Tea

    • 27 de maio AVC Ledicia de Sanguiñeda
    • 28 de maio AVV Celado
    • 1 de xuño AVV Nosa Terra de Pereiras
    • 3 de xuño AVV Dornelas

    Se hai algunha persoa interesada en participar nalgún dos cursos aínda pode incribirse directamente nas asociacións. Para solicitar máis información sobre a iniciativa pódese chamar ao teléfono 986 33 94 04.

    COLABORACIÓNS

    Miguel Sande, «Brinde e desespero»

    Miguel Sande está a presentar o seu novo poemario, «Brinde e desespero», co que recentemente acadou o XXV Premio Johan Carballeira. Xa falamos noutras ocasións neste mesmo espazo de como se están a diluír a cotío as xa febles liñas que separan os distintos xéneros literarios. «Brinde e desespero» é unha proba máis pois, a pesar da súa inequívoca cadencia lírica, Sande xoga a brincar con habilidade sobre as lindes da poesía para adentrarse no terreo da narrativa e darlle forma a unha prosa poética ben particular.

    Arantza Portabales, «O home que matou a Antía Morgade»

    Abad e Barroso chegaron un día para quedar, para alternar con Leo Caldas, Frank Soutelo e algúns dos outros detectives de referencia da literatura galega dos últimos anos.

    “Nigeria 70”, una trilogía para escuchar

    El Sello inglés Strut nace a finales de los 90. En el año 2008 es adquirido por el Sello !K7 Music, con sede en Berlín, Londres y Nueva York. Strut tiene como misión desenterrar las joyas perdidas del pasado de la música de baile.

    Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá»

    Realidade e ficción conflúen na última proposta narrativa de Xosé Monteagudo, «Vémonos mañá», na que presenta o que poderiamos considerar unha dupla biografía novelada.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    14 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    81 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    41 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    6 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS