20 C
Pontevedra
Mércores, 24 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoMondariz“Degusta Europa” chega a Mondariz nunha nova cita gastronómica

    “Degusta Europa” chega a Mondariz nunha nova cita gastronómica

    O programa da Deputación de Pontevedra “Degusta Europa” continúa a súa ruta polos mercados da provincia cunha nova parada en Mondariz. Os e as visitantes do mercado municipal, así como as persoas traballadoras do mesmo, tiveron a oportunidade de descubrir as tapas elaboradas polo alumnado do CIFP Carlos Oroza. Unha cita que non se quixeron perder, ademais, a deputada de Proxectos Europeos, Iria Lamas, e a de Promoción Económica e Emprego, Raquel Giráldez, así como o alcalde de Mondariz, Xosé Emilio Barros. Alí tiveron a oportunidade de degustar tapas e bebidas típicas de Grecia, Dinamarca, Italia e Francia que os e as alumnas do Carlos Oroza elaboraron empregando produtos do mercado de quilómetro cero.

    Pan de pita con roupa vella de matanza (a base de lacón, polo, tenreira e chourizos) e queixo galego foi a adaptación do pan aireado típico de Grecia, mentres que o smoreebrob de troita estaba inspirado nas tostas de pan branco e peixes afumados ou mariñados típicos de Dinamarca. A degustación rematou cunha panacota de requeixo con mirabeis e moras, baseado na típica sobremesa italiana a base de nata fresca e xelatina. Para acompañar os pratos, o alumnado do CIFP Carlos Oroza elaborou unha reinterpretación do cóctel francés Negroni, a base de vermú de camelia, xenebra galega e laranxa sanguiña. Foi un menú moi ben recibido por todas as persoas que decidiron achegarse ao mercado municipal a descubrir estas propostas gastronómicas europeas.

    Aínda quedan citas co programa “Degusta Europa”. A próxima será hoxe, día 20, no Mercado de Pontevedra (11.00 h.), coa degustación de sopa de goulash de tenreira con pan de manteiga (República Checa), maatjesharing (Países Baixos), moules frites (Bélxica) e un cóctel Black Velvet (Irlanda), nun menú elaborado de novo polo alumnado do CIFP Carlos Oroza.

    O resto das propostas terán lugar nos mercados de Gondomar (24 de maio), do Progreso en Vigo (26 de maio) e A Guarda (31 de maio), todas ás 11.00 horas, e o alumnado do CIFP Manuel Antonio será o encargado de elaborar os menús europeos. Así, poderanse probar propostas gastronómicas como a cunca da horta de cabaza asada, escuma de patacas e aire de ceboliño; tosta de cabala afumada; risotto cremoso de grelos con brochetas de galiña; desfiado de porco a baixa temperatura en pan de pita; tirabuzóns de calamar crocantes sobre produtos da terra; vasiños de iogur e crema de marmelo; enreixado de cabelo de anxo, melindres e torta das Rías Baixas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.