10.7 C
Pontevedra
Venres, 26 de Abril de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasO festival das Letras Galegas continúa en Guillade

    O festival das Letras Galegas continúa en Guillade

    O festival das Letras Galegas continúa esta fin de semana na parroquia de Guillade. O Centro Cultural acolle este sábado 21 de maio dúas novas actuacións de balde nas que público de todas as idades poderá gozar da música e do teatro. A primeira actividade será ás 20.00 horas coa actuación do grupo de pandeireteiras ‘As Fiuncheiras’, de Guillade.

    Tras a música tradicional será a quenda da interpretación ás 21.00 horas cunha obra do grupo de teatro ‘Pedra do Cabalo’, de Celeiros. Este espectáculo teatral forma parte do programa Cultura24, unha iniciativa posta en marcha polo Concello de Ponteareas “para achegar a actividade cultural ás 24 parroquias que compoñen a nosa vila, promocionando a arte das agrupacións ponteareás, potenciando a súa visibilización e o seu funcionamento”, salienta o concelleiro de Cultura, Fernando Groba.

    O edil convida a participar a toda a veciñanza nesta nova xornada de lecer nas parroquias e a gozar da música e do teatro das agrupacións da vila.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.