29.9 C
Pontevedra
Mércores, 6 de Xullo de 2022
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán abre ata o 13 de xuño o prazo...

    O Concello de Nigrán abre ata o 13 de xuño o prazo de solicitude para facer fogueiras en San Xoan

    O Concello de Nigrán abre o prazo ata o 13 de xuño inclusive para solicitar autorización para facer unha fogueira en San Xoan. As persoas físicas ou xurídicas deben dirixirse ao Rexistro Xeral do Concello ou Sede Electrónica, onde farán constar na solicitude o lugar elixido para facela, así como nome e datos dos responsables da mesma (os solicitantes serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceiros.). Compre destacar que a posibilidade final de facer a fogueira está suxeita a posible normativa que xurda, incluíndo a relativa á Covid-19.

    O Concello de Nigrán ven de dictar un bando onde fai constar tódolos aspectos que se deben ter en conta á hora de confeccionar a fogueira. Este inclúe as seguintes directrices:

    • O material inflamable da fogueira deberá estar amontonado con un día de antelación á súa queima, para poder levar a cabo a súa revisión.
    • O volume do material combustible da fogueira non superará os 5 metros de diámetro nin os 3 metros de altura.
    • A separación entre as fogueiras e os edificios, árbores e demais obxectos que poidan resultar danados, será como mínimo de 12 metros. Porase especial coidado de non situalas baixo tendidos eléctricos ou telefónicos, así como que nos arredores non haxa almacenados productos inflamables nin zonas forestais.
    • Prohíbese a queima de pneumáticos, plásticos, aceites, etc., e en xeral calquera outra substancia que desprenda fumes tóxicos; así mesmo coidarase de non botar ao lume recipientes que conteñan líquidos inflamables ou gases a presión (sprays) aínda que estean baleiros.
    • Ao finalizar a fogueira e, antes de abandonar o lugar desta, os/as responsables da organización coidarán que as cinzas queden totalmente apagadas.
    • En todos os casos os/as solicitantes serán responsables dos danos que puideran ocasionar a terceiros. – Ademais do indicado, deberá terse en conta que a posibilidade de realizar a fogueira, e as condicións da mesma, dependerán tamén do que poidan sinalar as normas xerais de aplicación, incluídas as de carácter sanitario referidas ao COVID- 19, asi como do que en aplicación das mesmas se consigne na correspondente resolución administrativa.

    COLABORACIÓNS

    ¡Hogueras de San Juan!

    Ha pasado la noche de San Juan y parece que todo vuelve a la normalidad. Si, porque se han vuelto a ver grupos de gente en las playas como si el virus no hubiera existido nunca. Me pregunto, si también será culpa de Rusia que el virus hubiera desparecido, porque ya todo el mundo está actuando como si nada. ¡Ah! espera, en los hospitales sigue habiendo gente ingresada con el covid y que todos los días sigue falleciendo enfermos a causa de esta enfermedad... pero ya no es noticia porque en la prensa apenas aparece en letra pequeña.

    Marilar Aleixandre, «Unha presa de terra»

    Se fai só algunhas semanas dabamos conta neste mesmo espazo dunha reedición ampliada da novela «Sobrevivindo», coa que Arantza Portabales gañara un coñecido premio de novela por entregas organizado por un xornal galego, o que hoxe traemos é un caso que semella calcado daquel.

    Nueva oportunidad para las aguas del río Tea

    Aprovechar nuestros recursos y sacar de ellos el mayor rendimiento posible es una estrategia de gestión que conviene seguir. De manera sencilla, se trata de potenciar aquello que ya tenemos, intentando hacerlo mejor y más atractivo, sin necesidad de comprar o importar elementos nuevos o extraños. Se trata de aplicar, por tanto, la eficiencia.

    Summer is coming

    Últimamente me está costando ser constante y escribir el último domingo de cada mes (aún gracias que ser puntual fue uno de los numerosos propósitos que me marqué para este 2022), así que os dejo el texto que correspondería al mes de mayo.

    Colaboradores

    Alberto Aliaga Sola
    20 POSTS0 COMMENTS
    Bea Sanfa
    13 POSTS0 COMMENTS
    Manrique Fernández
    66 POSTS0 COMMENTS
    Paz de la Peña
    40 POSTS0 COMMENTS
    Ricardo Canosa Bastos
    14 POSTS0 COMMENTS
    Roberto Mera
    4 POSTS0 COMMENTS
    Avatar
    1 POSTS0 COMMENTS