10.2 C
Pontevedra
Venres, 29 de Marzo de 2024
Máis

    Tag: verónica carrera

    A mocidade ponteareá faise oír no X Foro de Participación Infantil Parlamento de Galicia-Unicef

    Traballar a fondo para garantir o benestar da cidadanía en xeral e da infancia e mocidade en particular. Esa foi unha das reclamacións que fixeron os representantes do Consello da Infancia e Mocidade de Ponteareas, ‘Mentes Novas’, durante a súa participación este martes en Santiago no X Foro Infantil Parlamento de Galicia-Unicef.

    Concello de Ponteareas e Avelaíña continúan traballando xuntos no servizo de información e asesoramento en saúde mental

    O Concello e a Asociación Avelaíña continúan traballando da man para mellorar a calidade de vida e favorecer a integración social das persoas afectadas. A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e a presidenta da asociación, Mª Fernanda Orduna, renovaron o convenio de colaboración entre ambas entidades por un importe de 5.000 euros que permite apoiar o “Servizo de información e asesoramento en saúde mental para previr a exclusión social”.

    Ponteareas exporta a súa terapia educativa con cans para menores con necesidades específicas

    O alumnado con necesidades específicas do CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera de Ponteareas leva catro anos aprendendo xunto a cans. Con eles e un equipo especializado avanzan no seu percorrido educativo, reforzan a súa autoestima e melloran as súas capacidades físicas e de concentración. Resultados constatados polo Concello e o equipo educativo do centro, e que, en palabras da alcaldesa e concelleira de Educación, Cristina Fernández Davila, mostran que “a terapia con cans é moi exitosa”.

    O BNG presenta iniciativas no Parlamento para mellorar a situación do Centro de Saúde de Ponteareas

    O BNG, a través do seu deputado Luís Bará, denunciou nunha visita ao Centro de saúde de Ponteareas a situación “grave de deterioro e desmantelamento da sanidade pública, especialmente no que afecta á Atención primaria”.

    A Xunta sanciona á residencia de maiores de Ponteareas por prestar servizos a persoas desatendidas pola propia administración autonómica

    O Concello de Ponteareas “lamenta profundamente” as sancións impostas pola Xunta de Galicia á residencia de maiores do municipio. O Goberno autonómico alude que o centro “acolle a usuarias e usuarios dependentes candos as prazas son para persoas con autonomía”, pero o que “non consideran é que estas persoas non teñen outra alternativa asistencial”, denuncia a concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera.

    O Concello de Ponteareas dota á residencia municipal de maiores ‘Santa Ana’ de novo equipamento

    O Concello de Ponteareas acaba de dotar de novo equipamento á residencia municipal de maiores Santa Ana, co obxectivo de continuar mellorando as instalacións e prestar así un servizo de calidade. A concellaría de Benestar Social, dirixida por Verónica Carrera, subministrou a este centro 25 novos colchóns viscoelast e dúas camas articuladas con carro elevador e somier eléctrico, colchón visco, trapecio e varandas metálicas.

    Ducias de persoas concéntrase en Ponteareas polos dereitos da comunidade LGBTQ+

    Ducias de persoas concentráronse este luns 28 diante da Casa do Concello de Ponteareas para conmemorar o Día Internacional do Orgullo, unha xornada que busca reivindicar os dereitos da comunidade LGBTQ+, loitar pola diversidade e denunciar as actitudes homófobas.

    O pleno infantil de Ponteareas aborda o acoso escolar, un dos temas que máis preocupa nas aulas

    O Concello de Ponteareas acolleu unha nova sesión presencial do Pleno Infantil presidida pola concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, acompañada polo concelleiro de Mocidade e Deportes, Miguel Bouzó, e na que participaron seis centros educativos de primaria e secundaria do municipio. As e os representantes do CEIP Nosa Señora dos Remedios, CPR La Inmaculada, CPR Santiago Apóstol, CEIP Feliciano Barrea, IES Val do Tea e IES Barral abordaron nesta ocasión un dos temas que máis preocupa nas aulas, o acoso escolar.

    Este domingo, ‘Poemas de Outono’ para Xela Arias dende a Asociación de Maiores de Ponteareas

    Hoxe domingo, véspera do Día das Letras Galegas 2021, as concellarías de Cultura e de Benestar Social do Concello e Ponteareas –que dirixen os nacionalistas Fernando Groba e Verónica Carrera– e a Asociación de Maiores de Ponteareas presentarán o libro colaborativo Poemas de Outono. O acto realizarase na sala multiúsos do auditorio municipal ás 19 h.

    A Escola Infantil de Ponteareas abre á solicitude de praza dende o luns 5 de abril ao 7 de maio

    A Concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, Verónica Carrera, vén de poñer en coñecemento dos interesados e interesadas que na páxina web do Concello xa están a disposición das familias os impresos para solicitar praza na escola infantil municipal.

    Ponteareas saca a concurso o Servizo de Axuda ao Fogar por máis de 900 mil euros ao ano

    O Concello de Ponteareas sacará a concurso a continuidade na xestión do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), por un valor estimado de 5.249.520 euros por un período máximo de 5 anos, dous de contrato inicial e outros tres en prórrogas dun ano cada un. Unha vez rematado o período de concesión da anterior empresa adxudicataria, o Goberno ponteareán convocou o procedemento para a renovación deste servizo.

    Ponteareas recoñecerá ás mulleres que romperon barreiras no mundo do deporte

    A Concelleira de Igualdade, Verónica Carrera, retoma a Homenaxe á Muller que por mor da pandemia hai un ano, non puido celebrarse. A Homenaxe deste ano, adáptase por responsabilidade á situación sanitaria que estamos vivindo, dando a coñecer ás mulleres da nosa vila cunha exposición polo casco urbano. O obxectivo é o recoñecemento da labor realizada polas mulleres de Ponteareas, tanto a nivel persoal, laboral ou social, así como pola súa repercusión no termo municipal, no núcleo urbano ou no rural.

    A Escola Infantil de Ponteareas suspende o uso de dúas aulas pola decisión da Xunta de sancionar unha ampliación realizada polo anterior Goberno do PP

    O goberno municipal de Ponteareas informou das súas decisións en relación á polémica ampliación da Escola Infantil realizada no ano 2006 e que supuxo a posta en marcha de dúas aulas sen autorización da Xunta de Galicia. A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, lembrou que “dende 2006 e durante 14 anos a Xunta tolerou o funcionamento desas dúas aulas con pleno coñecemento de que carecían da súa autorización”. Durante todos eses anos, continua a concelleira nacionalista, “a Xunta non abríu ningún expediente sancionador e so requiríu ao Concello a legalizar a ampliación.

    O día 15 de febreiro ábrese o prazo extraordinario de matrícula para o curso 2020/2021 da Escola Infantil Municipal de Ponteareas

    A concellaría de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, informa da apertura do prazo extraordinario de solicitude de matrícula na escola infantil municipal para este curso 2020-2021. O prazo de presentación de solicitudes será dende o 15 de febreiro ao 1 de marzo, ambos os dous incluídos.

    A Xunta expedienta ao Concello por ampliar a Escola Infantil en 2006 sen autorización e infrinxindo a normativa

    O goberno municipal anunciou a incoación dun expediente sancionador por parte da Xunta de Galicia en relación co funcionamento de dúas aulas da Escola Infantil Municipal. A decisión da administración autonómica afecta a 29 prazas dun centro que conta con 111 e ten unha elevada demanda de matrícula.

    Ponteareas reforza o apoio a entidades sociais asinando convenios con Afaga e Avelaíña

    A alcaldesa accidental de Ponteareas, Cristina Fernández Davila mantivo encontros co presidente de Afaga, Juan Carlos Rodríguez, e cunha representación da directiva da Asociación Avelaíña, de cara á sinatura de senllos convenios que supoñen un apoio económico municipal para desenvolver os programas que ambas entidades levan a cabo en Ponteareas.

    Ponteareas retransmitirá na canle de YouTube o manifesto contra as violencias machistas

    Ponteareas rexeita as violencias machistas e así o deixará claro no manifesto, consensuado por toda a Corporación, ao que se dará lectura mañá mércores día 25 ás 13 horas. A lectura de manifesto por parte de tódolos grupos da Corporación poderá seguirse a través da rede social Facebook do Concello de Ponteareas e da canle de YouTube do Concello.

    Ponteareas investirá máis de 300.000 euros na mellora do centro do obradoiro ocupacional Asprodico e da Asociación de Veciños de Canedo

    O acalde de Ponteareas, Xosé Represas, informou nunha recente reunión do Consello Sectorial Social do proxecto de mellora do centro municipal ubicado en Canedo que acolle o obradoiro ocupacional de persoas con discapacidade coñecido por 'Asprodico' así como os locais da Asociación de Veciños de Canedo e tamén da Asociación Adapta. O obxecto do proxecto, que ten un custo total de 305.186,30 euros, é mellorar o edificio coa reforma da envolvente térmica e dotar de instalacións de climatización para mellorar a confortabilidade das instalacións e a redución das emisións de CO2.

    O Concello de Ponteareas da por rematadas as obras de mellora da eficiencia enerxética na Escola Infantil Municipal

    O goberno de Ponteareas do BNG e do PSOE informa do remate das obras de rehabilitación enerxética da escola infantil municipal que tiveron un custe total de 104.342,01 €. Con esta iniciativa o goberno "reafírmase nos compromisos de acadar unha vila máis sustentábel, de mellorar os servizos ofrecidos á cidadanía e de traballar por e para a infancia".

    O Concello de Ponteareas adxudica 8.000 euros en axudas ás entidades sociais

    O Concello de Ponteareas ven de conceder as axudas a entidades sociais que desenvolven actividades no municipio. Así o anunciou a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, que destacou o labor que realizan os diferentes colectivos que desenvolven programas para promover o benestar social da cidadanía.

    A Concellería de Benestar Social pon en marcha a enquisa ‘Ponteareas orgullosa’ para deseñar actividades relacionadas co colectivo LGTBIQ+

    A concellaría de Benestar Social e Igualdade, que dirixe Verónica Carrera, convida a toda a cidadanía interesada en participar na elaboración do programa de actividades relacionadas co colectivo LGBTQI+. Trátase de realizar unha programación axeitada ás necesidades e demandas destas persoas, ademais de profundizar na concienciación para acadar unha sociedade en igualdade.

    Ponteareas reafírmase na súa aposta pola sustentabilidade coa creación da rede urbana de calor con biomasa

    O Concello de Ponteareas vén de dar inicio ás obras que, unha vez remadadas, formarán a rede urbana de calor con biomasa destinada solventar as necesidades enerxéticas nos edificios e instalacións municipais. As obras foron adxudicadas por 717.823 € a través dun concurso público transparente que garantíu a igualdade de oportunidades e ao que se presentaron sete empresas.

    Ponteareas restrinxe as visitas á residencia de maiores e os paseos das persoas residentes como medida preventiva ante os rebrotes da COVID19

    O Concello de Ponteareas, diante da situación de novos contaxios de coronavirus noutras zonas, vén de tomar diferentes medidas de contención para minimizar os riscos de contaxio na residencia de maiores municipal 'Santa Ana'; medidas que se adoptaron de forma coordinada coa responsable da Covid-19 no PAC de Ponteareas da Consellería de Sanidade.

    A veciñanza de Ponteareas xa pode consultar a listaxe de alumnado admitido na Escola Infantil Municipal

    A concellaría de Benestar Social, que dirixe Verónica Carrera, vén de dar conta da exposición pública da listaxe de nenos e nenas de admitidas na escola infantil municipal. Todas as familias poderán consultar o documento na nesta ligazón da páxina web do Concello.

    Ponteareas convoca axudas para colectivos de carácter social

    O Concello de Ponteareas publicou no Boletín Oficial da provincia o anuncio da convocatoria de subvencións, por procedemento de concurrencia competitiva, a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para a realizaciòn de programas de carácter social no presente ano 2020. O prazo de admisión de solicitudes será de 20 días naturais contado a partir do día seguinte ao do levantamento do estado de alarma.

    O 1 de xuño ábrese o prazo para solicitar plaza na Escola Infantil Municipal de Ponteareas

    A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, deu conta hoxe que na páxina web do Concello xa están a disposición das familias intereadas os impresos para solicitar praza na escola infantil municipal. O prazo abriráse o día 1 de xuño e rematará o 15 do mesmo mes.

    Ponteareas reafirma a súa aposta pola eficiencia enerxética co investimento de máis de 100.000 euros na Escola Infantil

    O Goberno municipal do BNG-PSOE de Ponteareas anuncioua adxudicación das obrasde rehabilitación enerxética da escola infantil municipal, traballos que contarán cun investimento de 104.342,01 € e que dan contiuidade aos esforzos do Concello ponteareán "de conseguir melloras na calidade de vida da cidadanía".

    Ponteareas reafirmase no seu apoio ás familias máis vulnerables dotando de máis medios á área de Benestar Social

    O Concello de Ponteareas reforzou os Servizos Sociais municipais para atender a quen máis o necesita como consecuencia da crise sanitaria provocada polo COVID-19. A concelleira de Benestar Social, a nacionalista Verónica Carrera, explicou que o Centro de Reparto de Alimentos municipal xa repartíu máis de 9.000 quilos...

    A Escola Infantil de Ponteareas ofrece divertidas propostas para as familias con nenos e nenas menores de 3 anos

    A concellería de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, que dirixe Verónica Carrera, vén de proporcionar a todas as familias ferramentas lúdico didácticas e consellos útiles para facer do tempo de quedar na casa, un tempo de calidade no que fortalecer os vínculos familiares. Conscientes da complexidade de afrontar estes días de estado de alerta con pequenos e pequenas de 0 a 3 anos, a escola infantil municipal trasládalle as familias pautas e propostas para estes días.

    Ponteareas suspende todas as actividades educativas, culturais e deportivas, o mercado do sábado e cursos de formación

    Nunha reunión mantida coa representación do cadro de persoal o alcalde Xosé Represas comunicou que "o primeiro é a saúde do persoal municipal e da cidadanía, polo que o desenvolvemento do traballo no Concello supeditarase ás precaucacións necesarias para evitar contaxios".

    Olga García e Verónica Carrera entregan os diplomas do Curso de Artesanía en Coiro

    A concelleira de Benestar Social e Igualdade do Concello de Ponteareas, Verónica Carrera, e a deputada provincial Olga García Ballesteros, entregaron os diplomas do curso 'Artesanía en Coiro' impartido no Centro Artístico Sportivo no marco do programa Conectadas da Deputación Provincial e organizado pola asociación de Mulleres do Rural do Tea de Ponteareas.

    Ponteareas reafírmase na súa loita contra a violencia machista

    Facer que a mocidade se dea de conta do que está a acontecer na sociedade na que vivimos reivindicando a igualdade e a loita contra as violencias machistas foron os obxectivos da acción de 'Mulleres en acción. Violencia Zero' da Deputación de Pontevedra levada a cabo onte en Ponteareas.

    A Ludoteca de Ponteareas, motivo dun novo enfrontamento entre o PP e o Goberno local

    As declaracións formuladas polo PP nas que aseguraba o Goberno local –co apoio por certo de todos os grupos agás o PP– aprobaba un regulamento no que excluía "aos nenos e nenas de 2 a 5 anos", vén de marcar un novo enfrontamento entre os populares e o Goberno ponteareán que, indignado, lémbralle á concelleira Balén Villar que "nunca se admitiu a nenos e nenas de esas idades, tampouco na época de Goberno do PP".

    O Centro de Reparto de Alimentos de Ponteareas recollerá axuda na entrada dos supermercados

    A concelleira de Benestar Social do Concello de Ponteareas, Verónica Carrera, pon en coñecemento dos veciños e veciñas que o Centro de Reparto de Alimentos recollerá axuda na entrada dalgúns supermercados de Ponteareas.

    Ponteareas da un paso adiante na instauración da normalidade e a igualdade de xénero

    "Ponteareas da un paso máis para acadar a igualdade e a normalidade", así o resume a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, que puxo en marcha os cursos de linguaxe inclusiva programados no Plan de Igualdade e desenvoltos no marco da estratexia EDUSI financiada cos Fondos de Desenvolvemento Rexional (FEDER) da Unión Europea e con fondos propios.

    Ponteareas, sempre solidaria

    O Goberno de Ponteareas, representado polo Alcalde Xosé Represas e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, mantiveron un encontro coa presidenta de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, Maite Isla, para a sinatura do convenio que permite desenvolver no concello o programa 'Vacacións en Paz' que cada ano facilita o acollemento de nenos e nenas saharauís.

    Ponteareas terá aberto ata o 8 de novembro o prazo de solicitude de axudas para entidades sociais

    A concellería de Benestar Social do Concello de Ponteareas que dirixe Verónica Carrera informou que dende onte venres 25 de outubro e ata o vindeiro venres 8 de novembro estará aberto o prazo para solicitar as axudas dirixidas a entidades sociais.

    Ponteareas inicia os trámites para a mellora de eficiencia enerxética da Escola Infantil

    Co obxectivo de mellorar a calidade do servizo a concellería de Benestar Social do Concello de Ponteareas, que dirixe Verónica Carrera, e a concellería de Vías e Obras, que xestiona Chus Garrote, informan que está aberto o proceso de licitación para a mellora da eficiencia enerxética da escola infantil municipal.

    Ponteareas, presente nas xornadas da Comisión de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental

    A tenente de alcalde e concelleira de Saúde do Concello de Ponteareas, Cristina Fernández e a concelleira de Benestar Social e Igualdade, Verónica Carrera, participaron nas accións de promoción da saúde organizadas pola Comisión de Discapacidade Intelectual e Saúde Mental do concello de Salamanca.

    A Ludoteca Municipal de Ponteareas comeza as súas actividades

    A ludoteca municipal de Ponteareas, dependente da concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera, vén de poñer en coñecemento de todos os interesados e interesadas que o mates, 1 de outubro, comeza a actividade abrindo as súas portas de 16 h a 20 horas de luns a venres.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.